Crise e barbarie
Xosé M. Sarille, ECG. 30-12-08
Leo no informe dun organismo da ONU, serio, científico, que para soster o actual nivel de consumo e ao mesmo tempo chegar ao ano dous mil trinta, farían falta os recursos de dous planetas como a Terra. Outra institución, tamén da ONU, publicou hai un tempo que con este ritmo de depredación non haberá vida nos océanos en dous mil trinta ou dous mil corenta, non lembro ben a data exacta, pero tanto ten.
Calquera que vaia mercar a un supermercado pode decatarse do que está a suceder; a maioría dos peixes teñen nomes rarísimos e formas descoñecidas; estamos devorando os intragábeis, despois de esgotarmos os máis saborosos. Eu non entendo nada de economía pero temo que nos estean enganando igual que nos últimos anos. Non querían dicirnos que a crise actual estaba a piques de chegar. Atreverse a facelo antes de que estoupase implicaba delatar aos grandes estafadores, aos que se forraban con operacións especulativas alucinantes, pero que en realidade dominaron a economía mundial mentres lles durou. Que lobby socialdemócrata sería capaz de semellante valentía? Agora dinnos todos os poderes que hai que incentivar o consumo para recuperar a produción e saír da crise. Pero claro, a cousa ten mala pinta. Como se por primeira vez non se soubese por onde tirar. O esgotamento da Terra non vai permitir que se repitan as vellas fórmulas de sempre. Regalan diñeiro público a moreas para reiniciar o ciclo. Talvez a nova burbulla especulativa se produza no horrendo Complexo militar-industrial, porque manda o curto prazo, que é un dogma inalterábel do becerro de ouro; daquela haberá que observar o valor das bombas de fragmentación no Dow Jones. Radian e televisan as bolsas como se emitisen os resultados dos partidos de fútbol. Ao mellor a solución sigue estando nos retorcementos especulativos dos brokers.
Ninguén ten unha vara máxica para resolver o problema, dirán vostedes. Non, nin sequera Obama, o rei Baltasar de estética Walt Disney que se foi perfilando no espectáculo mediático do último ano. Dá a impresión de que aínda vivimos na calma que precede á tormenta.
LA BELLEZA
-
Paisaxes con música
de
Emilio Blanco "Milucho"
La belleza
Segundos fuera (1989)
*Luis Eduardo Aute*
Hace 5 días
1 comentario:
Eu amo cada vez máis a miña aldea.
Nela viviamos con ben pouco. Non se trata de volver atrás, pero sí de retomar o bó que desbotamos, cos aportes da sociedade actual
Sí, e con "socialismo" nunha microescala. Sen "socialización" e moita xenerosidade eu tampouco vexo futuro.
Publicar un comentario