No roteiro da Esmorga do Liceo, o pasado venres, participaron os alumnos do Instituto da Carballeira, como conta a crónica de LVG (máis abaixo). Eu incorporeime ó remate, cunha breve intervención diante da estatua de EBA.
Engado algunhas das fotos que me mandou o amigo Trebolle. Estaban moitos alumnos meus de 2º Bacharelato Ciencias e Letras. Tamén algúns de 4º de ESO, que lles dei o ano pasado: estes tiveron o detalle emotivo de traerme un mural nunha cartulina cun retrato meu, feito por eles, e un texto case poético dedicado ó seu profesor, xesto que por suposto agradecín conmovido (nunha das fotos vese a Leontina, unha alumna, entregándome o mural, que se titula "Botámoste de menos").
Todo isto para concluír, por este e outros detalles, que teño uns alumnos/as que non mos merezo. Graciñas a todos eles.
8 comentarios:
Con alumnas tan guapiñas e con nome tan bonito, así calquera.
Tiven a sorte de terte acompañado nun dos roteiros, sempre te admirei e te admiro, pero como sempre, e a pesares das apariencias son tímida, sobor de todo coas persoas coma ti. Por se che vale, vivin en Vigo de veciña de Xabier Rodríguez Baixeras, poeta de cabeceira, moitos amigos/as comúns, sabendo da miña adoración pola súa poesía de entonces quixeron presentarmo, nunca quixen. Confórmabame con ver a luz insomne da sua fiestra noite trás noite e imaxinar todo o seu mundo poético vivindo tras o cristal. Así te quero ver, nesa luz, na noite
O meu blog é Os Cómaros Celestes, visítame
Encontramos de menos, hoxe, a don Marcos, en Allariz.
Presentouse a edición facsimilar de "La Voz de Allariz", xornal allaricense de 1919.
Pronto.
Teresa Devesa, Antonio Blanco, Xosé Ramón Fernández e Paco García emocionáronse na distancia.
Marcos Valcárcel prologou o libro.
A edición tiña unha calidade extraordinaria.
Houbo presentación de fotografías da época.
A casa de cultura allaricense estaba a rebentar.-
A qué hora se foi ó camastro, Julius, (>=12:30) jejeeeeeeeeeeeee, aproveitou que voltase a parienta a deshoras, para quentarllelos pés, mentres, papando Uvas...
"Teño uns alumnos/as que non mos merezo"·
Só esta frase xa nos fala da cualidade moral e humana do Marcos profesor. Ese recoñecemento do valor do seu alumnado e do moito que con eles podemos aprender demostra o espírito xeneroso, aberto e sabio con que Marcos tinxíu as súas aulas.
Xabimusic
Si que os mereces, eres tan grande coma Profesor, coma Persona ou como Amigo.
Unha aperta.
Un ex_alumno.
Noutra orde de cousas, o amigo Moncho Quintana vén de gañar o premio Ramón Piñeiro de ensaio. para el os meus parabéns.
Tal como indica Galaxia no seu blog
http://www.editorialgalaxia.es/weblog/, a obra UN LONGO E TORTUOSO CAMIÑO: ADAPTACIÓN, CRISE E CAMBIO NO BLOQUE NACIONALISTA GALEGO (1982-2008), da que é autor Xosé Ramón Quintana Garrido, resulto a gañadora deste premio que organizan conxuntamente a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, a través do Centro Ramón Piñeiro para a investigación en humanidades, e Editorial Galaxia coa colaboración de Unión Fenosa. A xuntanza do xurado realizouse hoxe, día 22 de decembro, ás 11 horas, no Centro Ramón Piñeiro, en Santiago de Compostela.
O ensaio premiado nesta oitava edición do Premio Ramón Piñeiro, que está dotado con 6.000 euros e ha ser publicado por Editorial Galaxia o próximo ano, aborda o tema da evolución, entre o radicalismo e a adaptación, do BNG, desde 1982 á actualidade. O xurado - na foto - recoñece así os méritos dunha obra na que destaca a capacidade do autor para interpretar e reconstruír, con rigor intelectual e eficacia expositiva, o proceso recente do BNG. Análise feita á luz da ciencia política e dos abondosos fondos documentais empregados polo autor.O xurado, que concedeu o premio por maioría, estivo formado porLuís Alonso Girgado, María López Sández, Rosa Marta Gómez Pato, Ramón Villares e Carlos Lema, salientou a calidade dos nove orixinais presentados, así como a variedade de temas abordados neles.
Xosé Ramón Quintana Garrido (Ourense, 1957) é profesor asociado de historia contemporánea da Universidade de Vigo, e profesor de secundaria. É especialista en historia política e historia social. Ten publicado o libro “Ramón Otero Pedrayo. Vida obra e pensamento” (1988), en coautoría con Marcos Valcárcel, ademais de diversos artigos en revistas especializadas e publicacións colectivas.
Don Marcos: Penso que había que darlle máis publicidade ao roteiro esmorgán. Ben sei que a culpa é miña; só leo os nomes dos biznetos nas necroloxías de La Región, e raro vexo a TVG, mais aínda así, insisto na pouca publicidade do acto.
Saúdos!!!!!!!!!!!!
Publicar un comentario