14 dic 2008






PRESENTACIÓN DE HISTORIA DE OURENSE

Afonso Vázquez-Monxardín Fdz.

29/XI/2008. Liceo de Ourense

É unha honra para min que Xerais e o autor me escollesen para esta presentación. Graciñas ao Liceo por acollernos e a todos vostedes por viren.

Estou feliz entre a miña xente. Entre os tres profesores da mesa.

Feliz entre tres profesores.

Manuel Bragado, profesor en Bande, antes de editor, foi o responsable de que o centro de ensino de alí se chamara Xoaquín Lorenzo Fernández, e iso só é moito.Xocas.

Francisco Rodriguez, 1984, primeiro director meu no Carballiño, non deu chegado pola neve, pero está connosco, Ana Garrido,. concelleira de educación e amiga con quen tantas viaxes fixen a Compostela cando estudabamos “Historia de Galicia”, que debeu ser en 1989.

E Marcos Valcárcel, 1984, amigo, compañeiro de oposicion e logo no primeiro destino, no que il aínda segue, no IES A Carballeira de Ourense..

Feliz porque nunha ocasión como esta, estea connosco , aínda que por representación, a máxima autoridade política da cidade á que se lle dedica un libro e que nos honra, deste xeito, coa súa presenza activa neste nun acto que sen dúbida é a primeira parte da homenaxe cívica que hoxe lle rendemos, os amigos, atreveriame a dicir, a a cidade e Galicia enteira, a Marcos Valcarcel. (E tamén a provincia, pois vexo ao Presidente da Deputación e ao subdelegado do goberno na primeira fila, graciñas a eles tamén).

E quero lembrar a última vez que coincidimos con Paco –permítame o Sr. alcalde esta familiaridade excesiva. Foi pouco días antes das eleccións, nun momento no que foramos falar Marcos e mais eu en nome dunha comisión cidadá, nacida nesta casa, neste Liceo, en favor do uso cultural do edificio do Banco de España como acontece en compostelá ou noutros lugares. O tema estaba daquela no aire, no aire segue, pero parécenos, agardamos, que pouco e pouco vaia baixando ao ser e sabor da terra. Sen dúbida que o Sr. alcalde turrara do sedeño para amarralo ben ao nosos intereses, quero dicir aos da cidade, claro.

Ben. Como estamos na presentación dun libro, permítanme empezar facendo un índice de tres items ao redor dos que xirará a miña pequena intervención. No primeiro farei unha gabanza dos libros en xeral non deste en concreto, senón de todos. (Elaboreino orixinalmente Certo que a fixen para outra ocasión, pero por ecoloxista, irei vou adiante coas tres erres de, reducirzo, reutilizaro e reciclaro. Segundo, falarei do libro que nos ocupa e Terceiro falarei do autor, pouco, porque hoxe halle chegar ben quen fale dil.

Item I. O libro e a liberdade.Digo do Libro.

E por unha marabillosa evolución histórica, nas linguas latinas a palabra libro e liberdade son irmás. O liber, (liber-libris) a codia interna da árbore, da primeira materia escriptoria sobre a que se enfiaban letras e palabras, ou sexa ideas e sentimentos, acabou dándolle nome –vía librum- ao conxunto das follas escritas e á súa culta familia de libreiros, librarías e libretas.

Pero “liber” (liber-libera-liberum) en latín tamén significaba tamén “libre”. Se cadra porque o feito de extraer o “liber” da árbore fose a orixe remota da primeira “liberación” (liberatio-liberationis). E desta libérrima póla naceron os libertos, as liberdades, os libertos e os liberais e os libertarios..

O caso é que desde os primeiros tempos da escritura latina, as grandes ramas familiares dos libros e das liberdades se confunden (fúndense unha con outra), se entrefreban (tecen entre elas os seus fíos, as súas febras) e frutifican (dan xuntas o seu froito). Os lLibros e as liberdades. Por iso os amantes dos libros tamén o son das liberdades e os amantes das liberdades sempre o son dos libros.

E o líbro fíxonos libres porque nos puxo deabriu o corpo corpo aberto ao coñecemento das ideas e reflexións dos outros. O líbro fíxonos libres de esquecer os seus pensamentos e da condena do eterno volver a empezar, dese paso adiante e paso atrás da historia.

Así, as memorias prestadas, escritas efixadas, investigadas, remoídas, forman parte desa esencia de nós que nos outorgadá dimensión propia e e universal e futura.

Nós tamén somos, Calpurnia Abana Aeboso, aquela primeira ourensá coñecida, de nome romano e apelidos célticos, que puxo o seu nome oferente sobre unha ara ás nifas na Burga.

Somos o bispo Lourenzo que reconstrúe a ponte romana e ergue a catedral. Somos, somos aos cidadánss que viñan ao rianxo á cidade e vendían os seus produtos na vella Praza da Magdalena ou na Barreira..

Somos, nas memorias prestadas e investigadas, por exemplo, por Marcos Valcarcel, o crego liberador e incendiario Basilio Alvarez, o xornalista Blanco Torres, o noso alcalde martir, Manuel Suárez, ou o patriarca que tantas veces falou nesta casa, Ramón Otero Pedrayo. Por iso os libros da historia, como este Historia de Ourense, axudan a formar identidade a que nos coñezamos mellorforman identidade.

Pero o libro liberounos tamén da nosa condición humana. Os escritores de libros, deuses creadores, puxeron ao alcance de todos, mundos novos, países imaxinarios, situacións imposibles, adáns e evas nacidos só delescreados de novo, sentimentos e sensacións se cadra nunca vividas antes.

O libro fainos libres porque nos permite, só con ler, vivir esoutras vidas, saborearsentir esoutros sentimentos e descubrir, se cadran dúbida, aqueloutros nosos máis agochadosfondos.

E é que o libro, así, nos liberalibéranos dunha realidade que nos axuda a entender.

Podemos ser piratas en Indonesia, estivadores ou boxeadores na Coruña, canda a guerra. Podemos ser Felipe de Amancia e Cunqueiro e ver o mundo de cor azul ou estirar un camiño de quita e pon... Podemos angustiarnos con Adrián Solovio dando voltas arredor de si, e da súa identidade, ou rirmonos dos banquetes ridículos coas inxenuidades daquel baldreu, alcalde de Ourense, un auténtico porco de pé, grazas áda pluma man irónica de Risco... Podemos ser, en fin, nenos de novo, con Andersen, ou demos de calquera caste, ou detectives privados compañeiros do Inspector Maigret.

Somos capaces, grazas aos libros, de facer, ser, vivir, sentir o que queiramos e cando queiramos. Todo de todos os tempos e todos os espazos habidos e por haber. Históricos, posibles ou imaxinarios.

Podemos en calquera caso, sentir na cara ese vento de seda, o tempo que pasa, que dicía Cunqueiro e nos lembraba Bieito Iglesias hai anos, porque os libros, como as doas dun grande rosario da vida .están enlazadas.

E aínda que os libros ardan mal, e aínda que sempre haberá quen os queira queimar, hai sempre pero tamén quen os ama, mima, e adora... aínda que non lle caiban na casa.quera rescatar e mimar.

A liberdade e os libros, pois, coa súa grande e plural familia de librarías, libertarios, libertinos, libreiros, liberais, librarías, libreiros, libretas, liberacións, libertadores... sempre nos congregarán ao seu redor, sempre gañarán a partida ao lume do paso do tempo.

Item II. Histoira de OurenseE agora tócalle ao libro este en cuestión, ed. Xerais de Galicia, 2008.

Como ven, é un libro de capa ben fermosa, que nos fala dun Ourense idializadoidealizado, coa forza do branco e negro, se cadra dos inicios dos anos sesenta. A ponte é, seguramente sen querelo, un metáfora da persoa de Marcos, comunicando permanente camiños e beiras, e pairando sobre un río que representa o eixo e corazón dinámico de Ourense. A portada resulta, pois sumamente atractivaE que por iso nos resulta, de partida sumamente atractivo. Collémos o libro, un libro de historia, na manlo na man... e alivio!. Pesa pouco. Dámolo lido. Pasámoslle as follas rapidadmente, e vemos moita foto de caras e lugaressitos coñecidos. É de nós, de Ourense, de quen fala.

Folleámolo cun pouco de vagar e topamos setenta páxinas e 54 ilustracións. Podémoslle chamar “libriño” afectivamente. Pero non é un libro pequeno, -engánase o autor na entrevista de hoxe da Rexión- nin moito menos, é só . É tan delgado. Pero fondo e como fondo e útil. Lemos na contracapa: bla bla bla, “Este é un convite para descubrir xuntos, os lectores e tamén os estudantes dos instituso, as raíces da cidade que acobillou figuras tan relevantes da nosa historia como Curros Enriquez, Lamas Carbajal, Vicente Risco, Otero Pedrayo, Florentino Cuevillas, EBA, Antón Tovar, Carlos Casares e X.L. Méndez Ferrín”.

Falta Marcos na lista. Pero claro, el escribiu o libro e non estaba ben que se incluíse. Pero como nós sabemos que debe estar aí e podemos, despois de compralo, engadirllo a man.

E efectivamente, este libro, esta “achega breve pero rigorosa á historia de Ourense traza a crónica do percorrido vital dunha cidade de longa historia e moi poderoso legado cultural”.

Se lles digo que debería ser de lectura obrigatoria nos institutosInstitutos, pensarán que me paga aquí o editor, e non... pero polo creo, que deso non hai nadamenos ata onde eu sei. Aínda así, Pero creo que debería ser de lectura xeral, porque o que aquí sintetiza Marcos de forma como só un fondo coñecedor da historia da cidade e das súas xentes pode facer, é o que cando menos, deberíamos saber todos. Como naceu a cidade de Ourense, como se desenvolveu nos tempos medievais, e que pasou nos tempos de hoxe. De feito, nótase que o que máis lle interesa ao autor, e creo que en xeral a inmensa maioría da xente, é o mundo de hoxe, o contemporáneo. Así, os capitulos dedicados á cidade contemporánea –incluíndo a segunda república e a posguerra- ocupan a metade do libro... Pero empecemos polo principio.

O primeiro capítulo, “Marcada pola xeografía”, resume o acontecer do mundo prehístórico e romano, ou sexa o nacemento da cidade ao calor da burga, no fondo dun val moi fértil, e nunha encrucillada de camiñose para iso achega lecturas das últimas novidades das escavacións arqueolóxicas na Burga. No segundo, “Sede Auriense”, sintetiza en nove páxinas, o acontecido en trece séculos e polas páxinas desfilanpor alí desfilan os portos e portas da cidade, os artesáns, os xudeus, o viño, o propio Afonso X dicindo aquilo do “Así como eu bebería bo viño de Ourens...” na única referencia que hai á cidade na poesía medieval. Incluso hai unha simpática errata na páxina 27 –non imputable, obviamente, ao autor do libro senón ao excesivo cariño dos editores que porían os pés das fotos. S con el, pois sinala unha delas traidor pé de foto, unha “Vista da Catedral de Ourense dende a actual Praza de San Marcos”. E Marcos Valcarcel, en quen estaría pensando o que redactou o pé, é, claro, boa xente pero de momento nin santo, nin creo moito menos, podae substituír ao San Martiño. Non ten capa nin cabalo.

E nosNos tres últimos capítulos, os que tratan do mundo contemporáneo, o autor amósase máis falangueiro. No primeiro deles, repasa a evolución da fisionomía urbanada cidade, coa apertura da Rúa do Progreso, o pPaseo, a chegada da auga corrente ás casas, os iniciosa apertura da Ponte Nova en 1918... No capítulo da II República –unha das especialidades da casado autor- vemos pasar os nomes de axentes culturais e políticos que son aínda memoria viva: Basilio Alvarez, Luís Fábrega, un xoven Celso Emilio Ferreiro, os irmáns Cándo e Armando Ferández Mazas, Maneul Gomez del Valle, Otero Pedrayo, Peña Rey, Albino Núñez, Manuel Suárez o noso alcalde mártir... e unha lista de moitos dosos que sufriron a invención ourensá do verbo o verbo claudiar –maldita achega ourensá ao vocabulario galego- , en primeira persoa.

O penultimo capítulo, antes da bibliogafía agrupada en “PAra Para saber moito máis”, creo leva un nome excesivo. Titúlase “Ourense na posguerra” e en grandes pinceladas, trata da vida urbana desde 1939 aos tempos actuais e desfilan en procesión, a revista Misión, o Ateneo, a Auriense, Xocas, Ferro, O barrio do Couto.... e vai finalizar a actualidade, ánas placas de Manolo Figueiras no roteiro da Esmorgaen memoria de Blanco Amor. O capítulo remata cun comentario a propóstito destaa ruta da Esmorga que sen dúbida tamén se pode aplicar coa máxima corrección ao presente libro:

É sen dúbida este camiño, a identificacióin co noso patrimonio e a nosa identidade, o que pode garantir un futuro mellor para esta cidade e unha maior autoestima e coñecmento de noso para todos os ourensáns”.

Así pois,do libro chega.

No último título, para sabe moito máis, cinta 46 entradas entre libros e artigos.

En definitiva. é un Libro útil para iniciarse na achegarse á historia local desde unha obra de difusión que conta cunha narración amena e áxil sen por iso perder un ápice de científismo. Xerais debería facer isto mesmo para todas as cidades.

Item III e final, ¿Que quen escribiu o libro?

Pois Marcos Valcárcel. ¿E quen ven sendo? Sábeno todos vostedes tan ben coma min, por iso están hoxe aquí. Marcos é o cronista -non oficial- desta cidade, que estuda e ama. Un motor vocacional da vida cultural da vella Auria que ten aquí, no Liceo, xunto coa Casa da Xuventude, un dos seus cuarteis, hoxe podiamos ben dicir, de inverno. Marcos é un ex-militante político de longa traxectoria no nacionalismo, discreto, benintencionado, xeneroso, con criterio independente, e ignorado, sorpresivamente no recambio do poder de hai uns anos.

Pero Marcos Valcarcel é ante todo, boa xente. Bo esposo, bo pai, bo fillo, e creo que tamén bastante Espírito Santo. Polo menos bo amigo dos amigos e nunha terra de nugallaus, traballador, nun país de argallantes, organizador, e nunha terra de furafollas, dinamizador. Ou sexa, en vez de conformarse simplemente coa mantra estéril das perífrases modais de obrigación, en terceira persoa ou impersoais, (Hai que, había que, tiñan que...) é dos que escolle, para construír cidade, historia e nación, a primeira persoa do plural e as perífrases temporais de futuridade: (Vou, imos, teño que, temos que, podiamos...) e así, con facilidade fai, e engaiola a amigos e coñecidos para faceren, pois as cousas cun pouco de seriedade e traballo non son tan difíciles e ben se pode mobilizar axentes durmidos que doutra forma se deixarían ir polo tranquilo dolce far niente nunha cidade de amable vivir como esta, ou polo esteticista e estéril baduar de cafetería. Hai que tecer o país cos xuncos que hai. E Marcos é un mestre cesteiro, pois tece e ensina.

Un mestre cesteiro do que non vou facer biobiografía porque teñen un resume na lapela do libro e porque hoxe teñen nos xornais varias entrevistas con el, que sen dúbida leran.

Marcos Valcárcel López, de cincuenta aproveitados anos, é persoa moi apreciada por estas características de bonhomía e xenerosidade que tanta ocupación e preocupación lle levan dado.

Seica leva escrito máis de 3000 artigos en prensa, leva pronunciado centos de conferencias, participado na montaxe de máis dunha ducia de exposicións, a última Galicia e Europa, para festexar o cincuenta aniversario da formación da europa politica. Leva organizado encontros de escritores, congresos, xornadas, presentacións de libros.... Creo quen en todas as editoriais está o teléfono de Marcos ben memorizado e sería fácil escoitar en calquera delas “Hai que presentar este libro en Ourense, chama ao Marcos”. Porque Marcos, por varrer para casa, ou sexa para o Ourense-cultura, sempre está disposto a botar unha man. Como dicía Xoaquín Lorenzo e creo que a Marcos lle pasa o mesmo, “non sei dicir que non”. Así, non me estraña que hoxe este local estea cheo de persoas agradecidas á súa xenerosidade.

En telegrama diríavos que naceu en 1958. Que estudou nos Maristas e no Masculino, ou sexa no Blanco Amor, Que fixo Historia en Santiago. Que traballou nas agrupacións culturais como o Galo e a Auriense. Que presentou unha tese –sobresaliente, claro- dirixida por Ramón Villares. Que é catedrático de Lingua e Literatura Galega no IES A Carballeira, onde leva media vida, ou sexa vinte e cinco anos. Que é membro correspondente da RAG, das fundacions Carlos Casares e Curros Enriquez. Que publicou máis dunha ducia de libros, o primeiro hai vinte e un ano, en 1987, (A prensa en Ourense e a súa provincia) e de momento o último, –sei que ten polo menos outros dous ou tres na recámara- é esta Historia de Ourense que hoxe nos serve de disculpa para congregarno ao seu redor. Que Marcos é o web master das Uvas na Solaina, esa fervenza en forma de blog.

Hai vinte anos, o 18 de maio de 1988, o común amigo Luís Rivas Villanueva, comentando a presentación do libro Ramón Otero Pedrayo, vida, obra e pensamento, da autoría de Xosé Ramón Quintana e Marcos Valcárcel, sinalaba en La Región: “ Antes de dicir unhas vaguedades sobre o libro, quería dicir que o primeiro dos autores en falar, Marcos Valcárcel, deixou a todo o auditorio impresionado. Demostrou unha madurez pouco habitual non home tan novo coma el. Ten unhas cualidades como orador excelentes. Sabe cinguirse moi ben ao tempo ocupado. Demostraba, como é natural, que o dominaba ben, soubo facer unha síntese da obra dun xeito contundente, albiscador e incentivadora para ler o libro. O Carrabouxo, que estaba diante miña, estaba tan ledo e atento que era todo un exemplo do pracer que sentía a sala coa voce do Marcos...

Que máis vou dicir. Que é unha sorte para Ourense e para Galicia ter homes coma el, que é unha inmensa sorte para nós, telo por amigo. Marcos, felicidades. E a polo seguinte.

11 comentarios:

maruxa dijo...

Fermosa presentación. Non esperaba menos de tí, amigo Afonso. Palabras sinceras que saen do corazón e proxectan esperanza.
Maruxa

Anónimo dijo...

Grazas polo artigo, doutor Monxardín.
Dicía a miña avoa de Lobeira (que El Señor teña na Gloria) que nunca choveu que non escampara.

P.D.: Si, xa o sei, non é 'escampara'; é 'escampase'...

Anónimo dijo...

Eu quería mercar un pen deses cachondos, coa efixie de Monxardín, ou de D. Marcos, hainos, onde os venden ?.
Nos souvernirs pé das Burgas?.
Outra trastada das súas non Medela ?

Anónimo dijo...

Anónimo, auténtico o parágrafo este: "hainos, onde os venden ?.
Nos souvernirs pé das Burgas?"


Declárome inocente dos horríbeis cargos que se me argúen. Isto non ten nada a ver comigo.

Tamén me apunto na lista de espera para ese fantástico pen-drive.

Anónimo dijo...

Non foi só esta estupenda presentación, senón todas as suas intervencións na homenaxe a Marcos. Monxardin estivo soberbio e eu satisfeito de que en Ourense siga a haber xente tan capaz.

Anónimo dijo...

Coincido coas apreciacións dos contertulios a respecto da extraordinaria presentación de Monxardín no acto de presentación da "Historia de Ourense", de Marcos, así coma no resto das actividades do día 29. Todo un exemplo de maxisterio, de brillante oratoria e, sobre todo, de xenerosidade e amizade. Moitos agredecerémosllo sempre. Saúde.

Kant de palleiro dijo...

Magnífica presentación para un magnífico homenaxeado

Anónimo dijo...

O Medela vae encarregar un pendrae feito cunha pequena imaxe da Virxe do Viso. Pasados tres mil anos, os arqueólogos atoparano, e pensarán: "Qué atrasados estaban os lobeiraos do S.XXI. Usaban fetiches pra espantar os maus espritos, e non tiñan tecnoloxía".

Dentro de uns anos,a xente estará tan vixiada mediante "chips" implantados no seu corpo que calquera acto ilegal quedará rexistrado nun superordenador. Os pecados, no caso de xente adscrita a algunha relixión, tamén. A "hostia bendita" que comulguen os fiéis levará incorporado un chip ,feito con material biolóxico, que borrará eses archivos e "perdonará os pecados".

Os pendráis evoluirán tanto que terán prácticamente calquer forma, e poderán facerse de calquer material: Unha flor, unha pedra, o vento, miles de obxectos e de fenómenos terán moitísima información codificada, en miles de formatos diferentes. Tras a destrucción da civilización, virá unha nova xeración de homes. Algúns de eles intuirán que hai "algo" escrito en todas esas cousas. Chamaránlle "Leis Naturáis", e comenzarán unha investigación de milenios pra entender o Universo.

Anónimo dijo...

O Aduardo, o mozo que eu tiña en Viana del Bollo (Orense, España) si que tiña un bo pene-drive. Cando faciamolo amor no palleiro do seu pai sempre escomenzaba cun bo swing ("Suave que me estás matando") e logo continuaba con aquilo de

Cuanto daría por ser de nuevo
como un bolero sobre tu piel.
Lluvia y misterio, canela y fuego,
un huracán dentro de un clavel.

Cando acababamos, derpois de pulirmonos uns celtas den filtro, cantábame á orella:

Quiero ser tu canción
desde principio al fin,
quiero rozarme entre tus labios
y ser tu carmín,
ser el jabón que te suaviza,
el baño que te baña,
la toalla que deslizas
por tu piel mojada.

Facíame moita gracia pois eu só me bañaba moi de vez en cando, e aínda así de cintura p'arriba.

Anónimo dijo...

Oiu anónima e canto tempo fai que non está co Con é ese. Moito non, por que ten moita ledicia no corpo.

Anónimo dijo...

Vaia. Esa era esta:PREMER.