
MAINO POLA HERBA
-
Paisaxe túa
Son unha ponla túa mesmamente
xesta amantiña no serán do peito
regueiro novo onde os peixes cantan
chuvia da túa man amorosiña
Maino ventiño m...
Hace 14 horas
Na vella Auria un recuncho para a reflexión, o lecer e o pensamento. Unha fiestra aberta ao mundo dende aquela vella sentenza de don Vicente Risco: "Ser diferente é ser existente".
13 comentarios:
Despois de manifestar a miña admiración por "Cinema Paradiso" e "El mundo está loco, loco, loco, loco", quero nomear dúas películas:
"El General de la Rovere" de R.Rosselini e "Trenes rigurosamente vigilados" de Jiri Mezel. O mesmo de "Mi dulce pueblecito" e "Yo serví al rey de Inglaterra" que aínda podemos ver en http://www.cinetube.es/peliculas/h2o_la_pelicula.html
Ao meu ver, "Cinema Paradiso" é unha película sobrevalorada, moi tramposa pola súa forzada nostalxia e sensibleira de máis. É, naturalmente, a miña discutible opinión.
A primeira é "El chico, ladrón de bicicletas", cando o inspector Lestrade de Scotland Yard pilla ao rapá "in fraganti".
A segunda é fotograma de "Orgullo e prexuizo", cando a muller tenta convencer ao home de que non lle deixe herencia ningunha ás sobriñas.
A terceira é aquel famoso fotograma de "Un home tranquilo", onde a muller está animando ao seu home a que lle zurre aos outros,sen saber que foi un famoso boxeador e que pode matalos a todos de un golpe.
Non sei. Digo eu.
fRÍO, FRÍO, XDC.
Só acertou parcialmente a primeira, pero non a escena concreta: aquí é o pai co seu fillo,que limpa a bicicleta con agarimo e detalle, antes de saír ó traballo...
A segunda coido que é "Lo que queda del día" con Emma Thompson e Anthony Hopkins.
Acertou Balonga, extraordinaria película.
NON ME digan que non identifican a terceira, con Víctor McLaglen de protagonista?
Pois ten a mesma pinta que este:PREMER.
Por tanto, é Charlie Chaplin na famosa escea na que come un zapato cocido cós cordeles...como era?..."La tijera de oro"...non...esa é unha sastrería que hai debaixo da miña casa.
Perdoen. Teño as neuronas feitas cisco.
Esto do "came up" do fotograma anterior, lémbrame unha reflexión que me fixen o outro día, e que lla conto ós expertos filólogos do blog.
Estaba tentando explicarlle a unha persoa extranxeira, via internet, o senso da expresión galega "acabar por" como na frase "tanto lle insistiu, que acabóu por ter que collelo". Resulta que o "verbo frasal" inglés equivalente é "end up". Penséi,qué curioso, no galego tamén hai "verbos frasales" (verbo+preposición) que alteran, ás veces sustancialmente, o senso do verbo inicial. O que xa non sei, e aí pídolle axuda ao Medela, é si en castelán estaría ben dito "Acabó por... tener que cogerlo", ou si é "castelán de Galicia" (con substrato galego), como di o Arume.
Xa saben. Eu fun por Cencias.
Cinema Paradiso ten o mérito de suscitar emocións aos espectadores, especialmente a aqueles que viven con nostalxia a desaparición dun modo de vida, dunha forma de mirar o mundo. Pero, fóra desa innegable virtude, a película non ofrece gran cousa.
Por se quedan dúbidas, a terceira foto é da obra mestra de John Ford, O DELATOR.
CINE DE CALIDADE SUPERIOR: La vida por delante 1 e La vida por delante 2.
Xa sei que é moi vella esta escea, pero a mín encántame:PREMER.
Foi así nun xuizo:
Digame o seu nome!
Pepepedro Pepepérez
É vostede zarabeto?
Non o son. O zarabeto era o meu pai e o do Rexistro Civil un fillo de puta.
Publicar un comentario