15 ene 2009

Entrevista en XORNAL DE GALICIA, 15-1-09
Marcos Valcárcel: "A vida cultural galega venceu as dificultades"
O escritor e historiador é un dos maiores expertos actuais na cultura galega dos primeiros anos do século XX.
A literatura e o teatro, como dixo hai anos Méndez Ferrín, son campos nos que ha nación xa existe.

A. Losada / XORNAL.COM I A Coruña.- Marcos Valcárcel (Ourense, 1958), é un dos maiores expertos actuais na cultura galega dos primeiros anos do século XX, e un intelectual galeguista á vella usanza, erudito e oteriano. Colabora en prensa dende hai máis de 30 anos e dende hai tres mantén un dos blogs en galego máis visitados, As uvas na solaina. Antonte, levou a sorpresa de recibir o Premio PEN 2009 outorgado pola sección galega do International PEN Club de escritores, pola súa labor a prol da liberdade de expresión e da difusión cultural, o mesmo galardón que na anterior edición –en 2007– gañaron Isaac Díaz Pardo e Francisco Fernández del Riego.
Texto completo da entrevista

2 comentarios:

Anónimo dijo...

En Fervenzas literarias As uvas na solaina é nomeado mellor blog do ano 2008. NORABOA outra vez.

Anónimo dijo...

Parabéns tamén. Mais pódese saber quen vén ou veñen sendo o/os de "Fervenzas literarias"? Disimulen, se poden, a miña ignorancia.