Fírgoas 2. Memorias escolares
Marcos Valcárcel, La Región 26-01-2009
Nos Maristas. Continúo esta xeira polas miñas memorias escolares, que iniciei aquí hai dúas semanas. Despois da experiencia do Colexio Pilar, os meus pais decidiron levarme ós Maristas, case fronte a miña casa e que levaban unha década no novo edificio. Falo de 1968, pois alí botei uns oito anos, creo, incluído todo o Bacharelato, que daquela era de seis cursos. Paseino ben naquel tempo e integreime en moitas actividades do colexio, dende os campionatos de xadrez ata as excursións e os campamentos. Era un centro disciplinado e na liña das estratexias da época. Tamén pegaban, cando menos algúns profesores. Un deles, laico, tiña un sistema propio para torturar coa regra os dedos dos cativos. Outro, relixioso, se sorprendía ós rapaces correndo polos corredores, agarraba a dous deles e facíaos chocar coa cabeza. Pero a maioría non chegaban a eses extremos. A min, que era bo alumno, de notas e comportamento, nunca me tocaron, agás unha labazada por detrás un día no salón de actos, por rirme dunha película das Misións. Dérama un Hermano alcumado Pinueve, pequeno, pero terrible: por suposto, non dixen nada en casa porque os meus pais de sabelo cambiaríanme de colexio de novo e eu tiña alí os amigos e non quería moverme.
Competencia. Dende os cursos máis baixos había unha exaltación da competitividade polas notas. O titor colocaba unha lista na parede dos mellores alumnos e iso creaba mal ambiente ente os pequenos. Tamén nos daban banderolas de cores polas mellores notas, que logo colgabamos nas paredes da nosa casa. Tiven bos profesores, como os Hermanos Vecino, de Literatura Española, ou Sandoval, de Latín e Grego, que pousaba as pernas na mesa estilo John Wayne por problemas de circulación. Tamén había outros patéticos por negadiños como un de Filosofía, do que por piedade omitirei o nome, ou algún de Ximnasia que humillaba con saña ós alumnos que non daban feito os exercicios: "gordo, que no subes la cuerda, que te estás cagando...."
Pouco sabiamos de política daquela. Tres anécdotas ó respecto. O día que mataron a Carrero Blanco, tres alumnos tiñamos que falar co Secretario do colexio. Estaba apesarado e díxonos esta frase: Siempre cae la mancha en el traje más blanco, engadindo que se fose preciso el ía buscar un sable para salvar a España. Cando os Maristas foron finalistas do concurso de TVE Cesta y Puntos, fun un dos moitos que acompañou a excursión. Os Hermanos leváronos de visita turística ó Zoo de Madrid, ó Santiago Bernabeu, ó Museo do Exército e ó Valle dos Caídos, que entón era só o mausoleo do fundador de Falange, pois o ditador seguía gobernando.
Levei unha gran sorpresa cun profesor de Formación del Espíritu Nacional (FEN): debía ser nacionalsindicalista de verdade, porque un día lle botou unha bronca impresionante a un alumno dicíndolle que era un hijo de papá e que lle estaba roubando o pupitre ó fillo dun obreiro.
LA BELLEZA
-
Paisaxes con música
de
Emilio Blanco "Milucho"
La belleza
Segundos fuera (1989)
*Luis Eduardo Aute*
Hace 1 semana
9 comentarios:
Tiveches sorte, amigo Marcos, con ires a un "bo" colexio. Eu non estiven escolarizada dos seis aos catorce anos e creo que aínda tiven máis. Aquel ensino era penoso. E hai xente que o bota de menos. Non é que este non me pareza mellorable, que o é en moitos aspectos, pero as persoas teñen dereitos.
Teño un libro "in mente" arredor da educación que recibín de todas as sociedades: familiar, social, escolar..., e que tamén impartín nas mesmas, pero non o escribirei por falta de tempo para tanta reflexión.
Non sei se foi sorte ou non, era o que me tocou.
Noutra entrega falarei do cambio radical que supuxo o meu COU no Instituto.
Amiga Criselda, o dr. Rodríguez De la Fuente andou por os montes de Burgos, en Poza de La Sal, analfabeto ata os oito anos. E mire que personalidade desenvolveu.
Eu cheghei a conclusión que a moita formación deforma. Rixideces. Precisamos cecais de "libertarios". De feito as grandes creacións nun eido veñen de persoas formadas noutro. Véxase a "Estructura das revolucións científicas" de Kuhn.
Tivo vostede sorte de que non lle "informaran" ó "cérebro" ata a idade de 14 anos. Seghuro que é vostede ben máis orixinal que si for a un colexio "elitista" desde cativa.
No ancienne règime, a educación era liberadora. Era o xeito en que as clases baixas e medias baixas podían aspirar a subir no escalafón social. Admirábase a xente "que sabía moito". Os pais non estaban metidos en "asociaciós de pais", pero iso non impedía que estivesen preocupados polo que os seus fillos aprendían. Daquela importaba tanto "aprender" coma "aprobar".
Hoxe temos unha sociedade violenta, competitiva (onde estudiar non che garantiza gañar moita "pasta") e na que o estudo/a cultura/o esforzo non son valores fundamentais, a educación xa non pode ser liberadora. Algúns pais o que queren é que os seus fillos aproben. O demáis dálles igual.
O modelo educativo da Ilustración xa non funciona e a esquerda non sabe qué facer, pois o que cómpre é cambiar de modelo social, non educativo, por moitas LOGSEs que monten en vintecatro horas.
O tema é bastante manido, pero non por eso deixa vostede de ter toda a razón.
Nalgunha das últimas entradas de Marcos Valcárcel no blog, vexo un amago de facer unhas memorias.
Adiante coa idea. Serán moi interesantes porque seguro que ten moito que contar.
En Cesta y puntos sempre gañaban os maristas de León. Que tiñan eses tipos?
MS, En realidade Marcos escomenzou a contar as súas memorias antes do vrau do 2008. O Marcos tiña unha rara intuición e aguzáraselle a sensibilidade. Eu cheguei a comentar nun post que non se meteran con él porque estaba velliño. Pensaba eu que eran os 50 anos, unha marca de tránsito.
Xa daquela.
O blog é depositário do que digo.
Pois benvidas sexan esas memorias do pasado, do presente e do porvir.
E a Marcos vai dedicado este, o meu poema preferido, que tamén é unha canción, e que nos ensina a seguir para adiante e ter fe en algo "máis grande" dentro de nós.
Faith in Something Bigger - The Who (Peter Townshend)
Faith in something bigger
It may be warm but the snow is going to fall,
It may be warm but the snow is going to fall,
Enough to cover us all.
Enough to cover us all.
Weve gotta be strong men and follow a path again.
Weve gotta be strong men and follow a path again.
Weve got to have faith in something bigger,
Weve got to have faith in something bigger,
Faith in something bigger,
Faith in something bigger,
Faith in something big inside ourself.
Faith in something big inside ourself.
It might be cold but the heat of our love will melt,
It might be cold but the heat of our love will melt,
The snow we never felt.
The snow we never felt.
Were young and hardy again, we bow to weaker men.
Were young and hardy again, we bow to weaker men.
Weve got to have faith in something bigger,
Weve got to have faith in something bigger,
Faith in something bigger,
Faith in something bigger,
Faith in something big inside ourself.
Faith in something big inside ourself.
The more we learn, the less we believe to be true.
The more we learn, the less we believe to be true.
The more we prove, the more remains to be proved.
The more we prove, the more remains to be proved.
Weve gotta be strong men and follow a path again.
Weve gotta be strong men and follow a path again.
Weve got to have faith in something bigger,
Weve got to have faith in something bigger,
Faith in something bigger,
Faith in something bigger,
Faith in something big inside ourself, inside ourself.
Faith in something big inside ourself, inside ourself.
Publicar un comentario