10 ene 2009


Ribadelago
pan por pan 10-1-09
Foto de Mauro A. Fuentes

A pouco máis de hora e pico da nosa cidade, xa na provincia de Zamora, os galegos temos moi perto unha marabilla natural que moitos aínda non coñecen: o fermosísimo lago de Sanabria e toda a súa contorna natural. Cantos paseos teño eu dado por eses lugares! Onte cumpríronse 50 anos da catástrofe de Ribadelago Vello: o 9 de xaneiro de 1959 o pobo de Ribadelago foi arrasado por oito millóns de metros cúbicos de auga procedentes da rotura da presa de Vega de Tera. A construción da presa tiña deficiencias que anunciaban o que logo veu. Dos cincocentos habitantes do pobo morreron 144, pero só se recuperaron 28 cor pos. Morreron familias completas e os buzos non tiñan medios para rescatar os corpos do fondo do lago. A prensa falou pouco do suceso, como doutras grandes traxedias do franquismo. O ditador acudiu logo, iso si, a inaugurar un novo pobo que se chamou, qué cousa curiosa, Ribadelago de Franco.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Eu teño estado varias veces pasando o día no Lago de Sanabria. Nos bares do (novo) Ribadelago colgan das paredes varias fotos do vello pobo asolagado. Hai estatuas e placas de lembranza aos mortos,en varios lugares da poboación. Pero a xente do lugar é reacia a falar do acontecemento. Contan que fora culpa da empresa constructora, por ter usado malos materiás. Hai páxinas web que falan do acontecemento, mesmo cós nomes dos mortos.

O meu abó, que traballóu como moitos da sua xeneración na construcción de varios encoros (tamén na "vía" e nas minas de Asturias), contóume que conocera a algún dos mortos.
Tamén me contóu, imaxino que llo contaron a él, posiblemente sexa "lenda", que un pai fuxía con duas filliñas pequenas da casa,cando se deu conta de que esquecía a carteira. Dixo "a ver si inda podio collela!", e deu volta rápidamente. A auga veu, e levoúno á el e ás rapaziñas. COntábamo con moita pena.

Anónimo dijo...

HAY VIDEOS.

Anónimo dijo...

OUTRO.