caderno aberto, GALICIA HOXE 9-1-09
MIGUEL ANXO FERNÁN VELLO
Exotismo histórico
José María Aznar, sempre tan expresivo e membro de honor da confraría O Falar non ten Cancelas, cualificou a vitoria electoral de Obama, en declaracións á revista Vanity Fair, como un "exotismo histórico". Como vostedes saben, o termo "exotismo" provén do grego "exotikós", que significa estranxeiro, "o que vén de fóra", e seguramente o ex presidente español, tan informado e diplomático el, ve a Obama como chegado do corazón profundo da África negra. ¿Racismo? ¡Quiá! "Exotismo histórico", simplemente. Mais é certo que o ex presidente español ten certa querencia pola, chamémoslle, crítica racial. En máis dunha ocasión, fagamos memoria, tense mostrado contrario ao que el chama "indigenismo radical" en Latinoamérica, en clara alusión, neste caso, ao presidente de Bolivia, Evo Morales, fillo dunha familia de etnia aimara. Para Aznar, está claro, os movementos indíxenas son "inimigos de Occidente" e non dubida en meter todo o indixenismo con expresión política no mesmo saco: populismo e militarismo. Mais volvamos ao caso Obama e á aznariana definición de "exotismo histórico" aplicada ao futuro presidente dos Estados Unidos. Nun ensaio titulado Historia antropológica del racismo en España, o seu autor, José María del Olmo, define a "racioloxía" (antropoloxía física) como o intento de clasificación dos homes segundo as diferenzas somáticas colectivas que neles se observan. E velaquí a Aznar convertido nun experto raciólogo, vendo a Barack Obama como un ser exótico, o que "vén de fóra", e apóndolle a calidade de "histórico", talvez porque os descubrimentos máis importantes sobre xenética poboacional datan de setenta anos atrás. E, chegados a este punto, mágoa é que o ex presidente -"Yo soy el milagro", que dixo no seu día- non sexa coherente tamén co expresado por el mesmo na súa prodixiosa carreira verbal: "Me encanta inspirarme en el silencio, como Leonardo da Vinci. Leonardo amaba el silencio, y los resultados de su silencio fueron marabillosos". Os seus, señor Aznar, son patéticos.
LA BELLEZA
-
Paisaxes con música
de
Emilio Blanco "Milucho"
La belleza
Segundos fuera (1989)
*Luis Eduardo Aute*
Hace 5 días
15 comentarios:
Non votei en Obama. Ía votar McCain, ata que meteu a chanca a Sarinha Palin. Tamén influíu o que me comentou a miña muller, o facto de ser McCain traumático ex-prisoneiro de guerra.
Abstívenme.
Evidentemente, as declaracións do colonizado Aznar dan máis pena que noxo, máis compaixón que rabia.
Só nun lugar como o Reino de España pode chegar a presidente un exótico colonizado acomplexado e carpetovetónico, fóra de pouco intelixente, inculto integral e cerril mesetario como Josemari.
E, madia leva, en Washington nin ouviron falar nel.
Cumprimentos galeguistas.-
Quero dicilo alto e claro: Aznar é un cretino de tomo e lomo.
O señor Apicultor ten toda a razón. Detesto os insultos, mais teño que me defender.
E é que o aznarismo é indignante. Parece que teima en tirar o peor de todos e cada un, de todo o peor do reino de las Españas.
E o malo é que o consegue.
Que político infame!!!
Aínda lembro cando regresou do pazo de Bush, alá en Texas, co seu sotaque Tex-Mex. Lémbrame os meus veciños de Lobeira que marchaban para Barcelona no setembro e regresaban no nadal falando 'andaluz'.
Que exótico colonizado, mi madriña.
Que vergoña!
Medelaaaaaa!!
Qué pasa en Lobeira, que non hai lus no concello!!!
jajajajajajajajajaja
Poisssssssssssssssss!
É certo!!!!!!!!!
Un grupo electróxeno deses das obras... E non chega para nada.
Parece a casa consistorial de Nukus.-
olvidacheste de dicir o que dixo o asqueroso do aznar sobre o bush : Marabilloso estadista. Marabilloso presidente.
Por Deus!!!!!!!!
Moi recomendable o video humorístico de Mariano Rajoy na portada da Voz de Galicia virtual. Xa temos un compañeiro para tonechear.
E logo sí, resulta que o Aznar non vai poder dicir que OBAMA é un exotismo histórico.
Coñecendo o persoaxe, sabe perfetamente que non debe deixar de falarse del, e para que os periodistas, e nós, lle adiquemos o noso espazo, fai declaracións como a subraiada, que só busca N O T O R I E D A D E .
Seguro que OBAMA, non-o declara persoa non grata, nin cousa parecida.
É certo, esquecíao, a terra dos meus antepasados: Lobeira;terra-de-lobos. Para que ían querer "loutricidade", se lles abonda cos tocos.
Toqueira;terra-de-lobos.
Catálogo de cousas e xentes exóticas:
1.- A ministra de fomento do Reino de España ("Plan Galicia de mierda"... e efectivamente, o plan Galicia foi á merda), que merece unha boa patada no cu de despedida por inepta, faltona cos galegos e chula.
2.-Catro millóns de parados. Un dos estados con maior taxa de desempregados de Europa pero aquí vivimos moi ben e até recibimos inmigrantes.
3.- A crise económica, que vai por parroquias. Para que logo digan algúns que xa non hai clases sociais.
4.- O financiamento que fai o goberno de ZP: máis para os máis ricos e menos para os pobres, vellos e desperdigados habitantes dos castros.
5.-O grande choio do voto exterior. Un 30% do censo da provincia de Ourense en mans de persoas que viven fóra da Terra e non saben nada do que se coce por aquí. Grande beneficiado: o partido político que hai 4 anos se laiaba desa situación, mais que agora pode "gañar" as elecións grazas a ese mesmo voto.
6.-Os medios galegos de comunicación escrita que temos: parroquiais, fillos da señora comenencia e casados co mellor postor.
Exótico, non?
El guerrero de las Azores ha difundido un comunicado amenazando con querellarse contra quienes han criticado sus lamentables palabras sobre Obama, cuya victoria definió en Vanity Fair como un “exotismo histórico” y “un previsible desastre económico”. Sé que los terminos “Aznar” y “mentira” son sinónimos, pura redundancia, pero merece la pena analizar el asunto con cierto detalle.
El hombrecillo sostiene lo siguiente:
1) Que sus palabras han sido malinterpretadas.
2) Que en el reportaje también asegura que la victoria de Obama es un “cambio extraordinario”, que demuestra que “el sueño americano todavía existe”.
3) Y que resulta obvia “la burda intencionalidad política de unas acusaciones efectuadas en relación con un reportaje publicado hace casi un mes para tratar de desviar la atención de los problemas reales del país, como lo son los más de tres millones de parados que ya hay en España”.
Y ahora los hechos. O sea, la verdad. Vamos, lo contrario de lo que afirma el hombre que se nutría de falsedades:
1) El párrafo literal de Vanity Fair que contiene las declaraciones racistas del hombrecillo es el siguiente:
Es cierto que concede poquísimas entrevistas, pero de una forma u otra deja claro lo que le gusta y lo que no. Con frases o con silencios. Con un asentimiento aprobador o con una media sonrisa reprobadora. En mítines o en actos donde los asistentes le piden una opinión, una señal. ¿La victoria de Obama? “Un exotismo histórico, un previsible desastre económico”. ¿El proteccionismo? ¿La intervención del Estado? “El demonio de nuestra época”. ¿Las declaraciones de la Reina a Pilar Urbano? Silencio. Insisto. Más silencio. ¿La política española? “Yo con políticos españoles hablo muy poco. Desde luego, no les llamo. Suárez tenía una regla que me parece muy interesante, los ex presidentes no están más para llamar sino para que les llamen”. ¿La situación del Partido Popular? Silencio. Y pista: “Las renovaciones de los partidos se hacen integrando, no excluyendo. Así lo hicimos al menos en mi época y salió bien”.
¿De qué contexto se puede sacar una respuesta cuyo contenido único y literal es: “un exotismo histórico, un previsible desastre económico”?
2) En su falso desmentido, el hombrecillo no niega que haya pronunciado esas palabras y tampoco pide a Vanity Fair que rectifique. ¿Por qué? Probablemente, porque la entrevista está grabada.
3) La noticia llegó a las redacciones de los medios de comunicación por medio de un teletipo de Europa Press, a media mañana del jueves. Esa agencia de noticias no parece que pertenezca precisamente a la Internacional Comunista. Así que resulta obvio que el hombrecillo manipula como un bellaco cuando atribuye a “intencionalidad política” el hecho de que las declaraciones se difundan ahora, a pesar de que fueron publicadas “hace casi un mes”.
Hasta aquí los hechos. Y ahora una opinión: qué pena que los dirigentes del PP se alegren tanto de que haya tres millones de parados, qué pobreza argumental demuestran utilizando los datos del desempleo para responder a cualquier tema, da igual que les pregunten por los sondeos electorales de principios de año o por las palabras racistas sobre Obama.
Hai xa algúns anos e baixo outro copirrai, lembráballe eu ó Milhomes Aznar o caso da rá que quixo ser boi, segundo un dos sabios consellos que don Quijote imnpartiu a Sancho perante a xeira de gobernador de Barataria que se lle viña encima. A rá que quixo ser boi.
Ibsen ten unha obra terrible -para min, terrible-: Un Inimigo do Pobo. Un discurso desacougante sobre o imperio das maiorías. Neste caso, coma sen dúbida o ilustrado concurso solaneiro saberá, un home só mantiña a razón e a xustiza fronte ó resto da comunidade, que, desde a súa razón e a súa xustiza, e por procedementos poderiamos defirnir asemblearios, demonizaron ó xusto. Intereses. Tratábase de intereses, e desenvolvíase toda unha dialéctica de astucias e posibilismos. Facíaselle saber ó réprobo que todos querían o mesmo que el, pero que había outros medios menos radicais, menos traumáticos para os intereses comúns que os que el propoñía e pensaba levar a cabo.
O verdadeiramente exótico, máis que nun exotismo histórico, nun exostismo democrático -tomando a palabra non no sentido rigorosamente etimolóxico como fai Fernán Vello-, se non nun máis laso -raro, estraño, pouco común-, o verdadeiramente exótico, digo, é que alguén que non cré na democracia chegue ó poder valéndose dos medios que lle sirve a democracia. Aznar, esa ra que quixo ser boi, logrouno en dúas ocasións. Na primeira, moi xustiño, non tivo o menor empacho en conceder a CIU todo o que lle pediu, o que demostrou o talante moral do individuo. Na segunda fíxoo con maioría absoluta. E daquela si, daquela si que quixo ser boi de verdade.
Leo nun suplemento dominical ó inefable Juan Manuel de Prada, despotricando contra a tiranía moral das maiorías que substitúen, di, os principios éticos irrefutables, superiores e externos, a Parlamentos, Executivos, soberanías nacionais e poder do estado. Juan Manuel de Prada, imitando, talvez, a escritores como François Mauriac, declarou a súa catolicidade cuestionada desde as institucións, ó parecer, e agora dedícase a fustigarnos desde ela semana tras semana. Nada que obxectar. O debate é interesante. ¿Onde está o manancial, o chafarís, do que deben xorrar os principios que iluminen ós lexisladores? ¿Constiúen as maiorías unha ameaza certa para a moral dos pobos? ¿En que fonte ou en que pedra se asentan os alicerces da moral? ¿É perverso un sistema baseado na lei das maiorías?
Nun parlamentarismo xusto e equilibrado, xamais se menosprezarán as minorías e os grandes temas consensúanse. Sempre foi así. Non sei se agora é doutra maneira.
Pero, en fin, pido humildemente perdón por un post tan longo e farragoso. E sí, penso que só un imbécil -tamén en sentido etimolóxico- pode facer semellantes declaracións. Que un cidadán de pleno dereito resulte elixido presidente dun estado democrático, sexa considerado un exotismo histórico, retrata, sen erro posible, a que tal cousa afirma. Claro que, os únicos que se meteron alegremente na leira do millo foron Aznar e Berlusconi. ¿Quen se non?
Vostede, o mesmo, escribe de cine, ¡quén me dera!, pero admítame que ainda que estou de acordo fundamentalmente no que vostede dí, a que nos últimos oito anos, dixo ou al menos pensouno "estos americanos non deben estar ben da chencha, nomeando o presidente que elixiron".
O sistema de eleción do Presidente de USA, deberamos respetalo -e criticalo- do mesmo xeito cando sae o noso, que cando sae o oso.
Medela e eu eramos os únicos solaneiros que íamos votar a Mc Cain, ata que en efecto chegou a Sariña Pallín, e arramblou con todo e tivemos que dirixir as nosas forzas para que Anxela Bugallo recuncara, co exito que coñece, sospeito.
jajajajajajajajajajajajajajajaja
Xaime von der Stein en estado de Graza!!
jajajajajajajajajajajajajajajaja
Admítollo, Iacobus, por suposto que si. Pero, que eu saiba, Bush nin cuestionou o resultado das eleccións nin fixo comentarios de tinte racista coma fixeron eses dous peixes ós que eu aludín.
Por outra parte, e aínda que poida vir collido un pouco polo rabo, cómpre non esquecer o que pasou en Alxelia cando se tomou a decisión de anular unhas eleccións abertas que resultaron gañadas por un partido incómodo.
Aquí en Europa, en Austria, un neonazi chegou ó poder e por Francia paséase Le Pen. E na Comunidade de Madrid pretendían integrar ós capeláns católicos nos comités de ética dos hospitais.
Chove, Xaime, chove.
Publicar un comentario