27 ene 2009


Un deus que soña
Imaxe, O soño de Jacob, José de Ribera, 1639.

"O home é un deus cando soña, un esmoleiro cando pensa, e cando o seu entusiasmo o abandona, aseméllase a un neno malo a quen o seu pai botou fóra de casa”
J.F.C. HÖLDERLIN
Ben cabrón é o cerebro este que seica dirixe a nave das nosas vidas!
Polo de agora case nunca soño que estou enfermo. Moi pola contra, o cerebro quedouse en maio do 2008 e sigo soñando que ando en solitario pola rúa, que podo saltar un muro ou nadar nun mar infindo, actividades que hoxe me son negadas. E soño ás veces cos alumnos e alumnas, dándolles clase e contándolles as miñas anécdotas literarias.
O espertar devólveme á realidade, cun certo sentido da frustración, non o quero negar. Pero cando menos mentres soño, como na cita do poeta romántico, síntome un auténtico rei, un emperador do universo capaz de iniciar calquera empresa ou aventura ...

2 comentarios:

Trebi dijo...

Como era.....?: La vida es sueño y los sueños, sueños son
Non/sí
Estamos equí.....
Trebi

Anónimo dijo...

A mín, este texto encolléume un pouco o corazón, porque foi exactamente o mesmo que Ramón Sampedro lle contara a unha entrevistadora de Informe Semanal, fai moitos anos.

Eu non sei qué decirlle, Marcos. A xente como vostede ten moitísimos mecanismos intelectuáis para superar esa frustración. A sua actividade e as suas inquietudes non están especialmente asociadas á movilidade física como lle sucede, por exemplo aos deportistas. Pero vostede é agora tamén un atleta nunha olimpiada particular. Din que os grandes atletas son grandes porque non seu fuero interno non compiten contra os demáis, senón contra sí mesmos. Ou contra un cronómetro, un listón ou unha montaña que os representa a sí mesmos. Os que escalan o Everest non tratan de "vencer" ao Everest. O Everest está alí tan tranquilo, "pasando" de eles. O reto está na cabeza de un. A vida é feliz cando hai un reto por o que loitar. E, cando a vida é feliz, os soños son felices, como parece ser o seu caso. Cando hai tristezas profundas, un ten pesadelos.