14 feb 2009

debate electoral

Vieja nueva derecha, de ANTÓN BAAMONDE, El País 13/02/2009
Los estrategas de la derecha, conscientes de lo que se juegan, habían colocado su campaña sobre dos raíles: la denuncia del gasto ostentoso del presidente Touriño -los muebles en la picota- y la campaña de Galicia Bilingüe -la ley del embudo lingüístico contada con trompetas celestialmente liberales-. El objetivo: buscar un electorado castigado ya por la crisis que puede encontrar obsceno el lujo en época de vacas flacas y jalear a ese núcleo duro que se levanta todas las mañanas para confirmar -después de haber leído la prensa correspondiente- que nos amenaza el Finis Hispaniae. Socialistas ladrones y nacionalistas totalitarios: el cóctel perfecto del imaginario de la moderna derecha española.
Y es que el PP necesita el poder en Galicia. Lo necesita porque siempre lo ha tenido y porque, sin Galicia, será muy difícil que retornen con confort al gobierno de Madrid. Lo necesitan porque si no consiguen recuperar el poder ahora, habrán de despedirse de él en mucho tiempo. La progresiva pérdida de peso del campo, donde antaño gozaba de buena salud electoral, la realidad de que Galicia es un país de trabajadores, un lugar en el que la inmensa mayoría de la población es hoy asalariada -un dato nuevo en la historia del país que, a mi parecer, no ha suscitado todavía la atención que merece- y, finalmente, el mero cambio vegetativo, el dato de que los nuevos votantes votan popular en menor porcentaje que los que mueren, todo ello sugiere que si el PP no encuentra un mecanismo -el gobierno y sus dineros- que compense esas tendencias de fondo se irá deshilachando poco a poco.


Feijóo09 el silencioso, Antón Losada, El País 14-2-09
El candidato Feijó09 da su palabra de acabar con el clientelismo en la Administración pública. Tampoco estima oportuno desvelarnos su opinión sobre el largo historial de su partido a la hora de convertir el dedo en principal mérito para acceder al servicio público.
El candidato Feijóo9 entierra su pasado y el de su partido al frente de la Xunta bajo un muro de silencio. Su campaña y su discurso se basan en la ficción de que los populares nunca gobernaron y él mismo nunca fue vicepresidente. Por eso elude el debate. Para no verse forzado a relatar lo que no quiere explicar. Necesita seguir refugiado en su monólogo hasta el 1-M para que su pasado no le alcance.

136 comentarios:

Anónimo dijo...

O CAFÉ MA TRINCHEIRA, A.BAAMONDE

12 Feb 2009 Touriño

Hai tres factores que hai que ter en conta á hora de determinar o peso de Emilio Pérez Touriño no PSdeG. En primeiro lugar, Touriño non aspira a controlar ese partido nin a determinar a súa dirección futura. Abóndalle con que o aparato non interfira nas súas decisións de goberno. Segundo ese criterio Touriño, como fixera Beiras no seu tempo, rodeouse dunha garda pretoriana que está formada, no esencial, por conselleiros e cargos do goberno de escasa influencia no partido. Fóra dese cinto de seguridade o PSdeG é un territorio comanche, con diferentes baróns de escasa coherencia entre eles.Hai que supoñer que obedecerían, no seu caso, á chamada de Pepe Blanco.



Segundo, Touriño non é visto con especial simpatía no PSdeG. Dado que os membros do seu partido saben que a cooptación non ten que ver coas inexistentes estruturas dun partido carente, por outra parte, de identidade política propia -os catro últimos anos foron baldíos dende este punto de vista- senón cun mundo paralelo de relacións, Touriño non é, nin pode ser, a aposta estratéxica de ninguén. Só o temor a quedar apartado evita que o malestar alcance expresión pública ou que se fraguen coalicións internas diversas. Todos os que teñen a ambición de substituílo -e non faltan- agáchanse e esperan a súa hora con paciencia de mandarín chinés.



Terceiro. Non hai un mercado de futuros en relación a Touriño. A diferenza de Quintana, que por idade e ambición tería moito percorrido no BNG, mesmo se este quédase apartado do goberno, a influenza de Touriño acabarase o mesmo día en que deixe a presidencia. Tamén o poder daqueles que o rodean, salvo que organicen a súa supervivencia. O valor de Touriño dentro do PSdeG limitase á súa acción como presidente. De feito, os catro anos que pasaron dende que foi investido non determinaron un cambio xeracional, nin un grado maior de organización do PSdeG, nin a asunción dunha nova identidade política. Se nas próximas elección a súa figura quedara debilitada -un mal resultado do PSdeG despois dunha campaña tan personalizada en torno a súa figura- comezaría o tempo atrás para atopar a nova figura emerxente. ¿ Sería Pepe Blanco o próximo candidato despois de ter pasado antes polo Ministerio de Fomento, como aseguran diversas fontes?. Non sería a peor das posibilidades.

Anónimo dijo...

Primero, el 1 por Ourense; ahora, el 1 por A Coruña

Menudo ojo clínico tiene Feijoo, al que le crecen los corruptos

ELPLURAL.COM

De cuatro provincias, dos cargos sospechosos. La polémica vuelve a sacudir las listas populares para las elecciones autonómicas gallegas. El Tribunal de Cuentas investiga a un nuevo cabeza de lista, en esta ocasión a Carlos Negreira, número uno en A Coruña. La investigación se centra en su gestión como presidente de Puertos de Galicia. Según ha sabido la Cadena SER, entre las presuntas irregularidades que está revisando el Tribunal, se incluyen adjudicaciones a dedo a la empresa SEGURISA, implicada ahora en la trama de los espías en Madrid. El dueño de esta empresa de seguridad, Enrique Sánchez fue uno de los acompañantes del vicepresidente de Aguirre, Ignacio González, en el polémico viaje a Sudáfrica.
Según la información que está investigando el Tribunal de Cuentas, la empresa Portos de Galicia adjudicó bajo la presidenca de Negreira un contrato de seguridad a la empresa SEGURISA a pesar de que esta no cumplía los requisitos del pliego de condiciones.

Conexión con espías
Resulta altamente relevante que el máximo accionista de SEGURISA sea el empresario Enrique Sánchez. Su nombre salió a relucir precisamente durante la trama de espionaje en Madrid tras desvelarse que había acompañado al vicepresidente del gobierno de Aguirre, Ignacio González, en un viaje privado a Sudáfrica. González aseguró que había pagado los 8.000 euros de ese viaje en metálico porque, dijo, "le venía bien pagarlo en mano". Enrique Sanchez es uno de los empresarios más cercanos a Ignacio González quien como presidente del Canal de Isabel II también le ha adjudicado contratos.

Suma y sigue
No debe de estar tranquilo un Alberto Núñez Feijoo que ve, además, cómo su partido se aleja de la mayoría absoluta. Carlos Negreira es uno de los hombres de confianza del candidato del PP a la Xunta. El candidato popular está viendo cómo sus cabezas de lista por provincia van cayendo en desgracia. Núñez Feijoo forzó hace hoy una semana la renuncia de su número 1 por Ourense, Luis Carrera, al saber que la Cadena SER estaba investigando un fraude fiscal de su candidato que no había declarado a Hacienda una comisión cobrada a traves de un paraíso fiscal.

Anónimo dijo...

"Van a levar o nabo" ? Como dijo una vez Beiras.........

Anónimo dijo...

Un nabo de carallo

Anónimo dijo...

Etxe o que hai.....?

Anónimo dijo...

Caramba, pero estas persoas que escriben en español na sección galega de "El País", non poderían ser un pouquiño reivindicativas e insinuarlles aos seus chefes en Madrid que desexarían escribir en galego?
Ou é que non queren escribir en galego?
Vamos que non se sinten frustrados, e apostan polo español.
Non sería sorprendente, pois, velos o outro día na manifestación de Galicia Bilingue (Galicia española).

Eu aprecio o traballo de Baamonde, teño lido os seus libros, e paréceme unha perspectiva interesante, pero a súa praxe co idioma só a podo entender, como o comportamento dun cara dura e un traidor( por moi antigo que soe este termo).

Anónimo dijo...

Ostias, traidor. Había tempo que non escoitaba isto.

O raro é que, escoitando tal xentileza, non se pasen en masa os escritores galegos ao castelán. Directamente. A min me chaman traidor despois do que fixo polo galego o Baamonde e pido empadroamento en Rodrigatos de Obispalía. E que lles dean.

Anónimo dijo...

Traidor-oris: O que entrega.

Se estas persoas non tivesen previamente feito algo polo galego, non terían cousa que traizoar.

Xa sei Arume que a súa mentalidade postmoderna horrorizase ante termos como este, mais ao fin é unha cuestión de significado, de raigame coa referencia.

Anónimo dijo...

Se non lle incordia, voulle facer unha pregunta ao señor Bender.

Sei eu dun escritor en galego de obra moi escasa que, a pesar de manter ultimamente un discurso algo semellante ao seu, é incapaz de escribir cun mínimo de corrección en galego, manifestando a cotío un desprezo absoluto pola nosa lingua cada vez que tenta escribir algo. Daquela, negándose como se nega a estudar a lingua e a perfeccionar a que debería ser a súa ferramenta primordial, pídelle sempre a unha persoa que lle corrixa as súas innumerables grallas, típicas dun alumno de 1º da ESO máis que mediocre.

Se non é traición, palabra que se me antolla excesiva, que calificativo lle merece este proceder tan fóra do común? "Cara dura" aproximaríase bastante? Pode un escritor que se teña por tal ir así pola vida?

Anónimo dijo...

Pode ser que eses escritores xa lle tuveran insinuado eso aos seus xefes, e que este lle dixeran que o xornal "é en castelán", como ""Galicia Hoxe", é en galego ou "Franfurter Allgemeine" é en alemán. Outra cousa sería, imaxino, que toda a separata da edición galega estuvera en galego.
Imaxino que si eu escribo para "Le Figaro", publicaranmo en francés.

Anónimo dijo...

Si eu fora o director do xornal, diríalle ao escritor, cando viñera cobrar o seu artigo:
-EL PAÍS no paga a traidores!.

JAJAJAJA.

A mín gústame moito a expresión "double cross", "doble cruz", que en inglés significa "traición". Igual ten que ver con escribir en duas linguas.

Nos chachachás sempre se falaba moito de "traisión".

Adiviñade cales dos seguintes títulos de canción hipotéticos poderían corresponder a un pasodoble, un tango, un chachachá, un rock&roll, un bolero, un reggae, un spot publicitario, un blues,unha canción popular galega, un corrido mexicano,...

- "María la arrabalera".
-"María la molinera".
-"Pásame la maría, María".
-"EL diablo se llama María".
-"María la traisionera".
-"María lava ye-yé".
-"Amante María".
-"María y el mar".
-"Rebelde María".

Anónimo dijo...

Agardo expectante as suxerencias e previsibles melloras do Medela.

Non corridos mexicanos tamén se fala moito de "traisión", entendida como infidelidade amorosa. Noutros tempos o asunto tiña bastante de "sagrado", pero hoxe fainos esperrechar coa risa,xa superada a sensación de mal gusto machista. Máis ou menos o mesmo esperreche que me provoca oir falar de "traisión" por escribir noutra lingua que non sexa o galego, xa superado o ...xa me entenden.

Anónimo dijo...

Preguntas e mais preguntas:

Por que o Apicultor ten que facerlle preguntas, pór a proba, submeter a xuízo, examinar, interrogar, pouco menos que pedirlle explicacións, etc etc etc, a todo canto novo blogueiro ousa verter as suas opinións nas Uvas? Síntese acaso O´Inquisidor da Solaina?

Dígoo porque agora, "se non lle incordia", tocoulle a Bender.

Anónimo dijo...

Señor Apicultor, se encontrou algún escrito dese autor con grallas, cousa que dubido porque hoxe as editoriais, revistas ... teñen un grao de profesionalidade moi respectábel, creo que debería diferenciar o que é a corrección normativa na escrita, e a creatividade do tal autor, e non condenar unha cousa pola outra.
Pode que ese autor sexa semianalfabeto, pero ser capaz de poñer os seus pensamentos por escrito e ser ademais creativo e amar a súa língua, malia as súas deficiencias.
A corrección na escrita non garantiza, a creatividade, nin a orixinalidade do pensamento nin o amor a lingua e cultura proprias. Tampouco o contrario, pero dende logo que as grallas de ortografía non invalidan a calidade de ningún autor.

É preferíbel un galego analfabeto que conserve a lingua a un galego culto se é infiel ao seu idioma, por moi correctamente que poida escribilo.

Que se lle di aos alumnos cando poñen a escusa de que non falan galego porque se expresan mal?
Que falen galego aínda que o falen mal.

Se ese escritor é un bo escritor, eu diríalle que siga escribindo aínda que sexa con grallas, discernindo o fundamental do accesorio e subsanábel para a literatura.

A alguén se lle ocurriría invalidar un soneto de Shakespeare porque o escribise do seu puño con grallas de ortografía, pode que haxa mentes tan limitadas que si, e lle chamasen caradura, ou traidor, pero todos sabemos que a referencia deses calificativos orientanse nunha dirección ética máis que ortográfica que só os simples confundirian medíndoo todo polo mesmo raseiro.
E se ese escritor como vostede di ten alguén que lle corrixa, pois, que quere, mentres non o pague vostede ou o diñeiro publico, que lle podemos obxectar?

Señor XDC na sección galega de "El país" teñen aparecido artigos en galego.

Anónimo dijo...

En EL PAíS de antonte publicaban as propostas dos distintos partidos sobre un asunto de campaña. Non lembro cal. O curioso é que o texto do BNG ía en español e ao final viña unha paréntese que dicía: o BNG enviou a contestación en galego.
E máis adiante, nunha entrevista con Bieito Lobeira (nada menos), indícase que o entrevistado desexa sexan transcritas as súas respostas en galego. Vana pretensión: alí aparecen todas en español.
Todo esto no mesmo número.

Anónimo dijo...

Vaia para "El País".
Pensas que a ofensiva vén pola dereita e supérana os "progres" de España.
Ratifícome: Traidores.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Por aquí han pasar.

Anónimo dijo...

Para o señor das 04:31:00 PM. Eu podo preguntar o que me dea gaña, faltaría máis. E quen sexa pode responder ou non, segundo lle dea tamén a real gaña. É así de sinxelo.

Iso si, vostede xa axiña tira a pedra e agocha a man chamándolle a un inquisidor. Non, home, non. Fale, cale ou bote un sardana. A convenciencia. Nada máis.

Para Bender: a comparación con Shakespeare non é moi axeitada. Non coñece vostede a ese escritor, se non non diría iso.

Anónimo dijo...

O que é certo é que El País é o único xornal dos que se editan en Galiza que non admite colaboracións en galego; todo ten que ser en español. A única excepción é o suplemento luzes que é en galego. É unha opción lexítima, pero que non deixa de ser toda unha declaración a respecto do papel que procuran para o español e o galego neste país. Sentados eses principios quen escriba no devandito xornal ou pasa polo aro ou non publica, e o mesmo para quen acepte unha entrevista, tal é o caso antes citado de Bieito Lobeira.
Un amigo.

Anónimo dijo...

O Apicultor non entende, ou fai que non entende. Bender non comparou nada, puxo un exemplo do que sería unha lectura dunha persoa de poucas luces. Como vai comparar un escritor que non coñece con Shakespeare?.
O Apicultor anda falto de reflexos, nótase demasiado o seu afán intoxicador e dá a imaxe dun "manco de mollera".

Anónimo dijo...

Señor Apicultor se o escritor do que fala é malo non vai ser mellor por escribir nun galego moi correcto.
A cuestión en ningún dos casos é ortografía.
Non bote a lingua a pastar tan irreflexivamente, rectifique con algo de "clase" e retírese con intelixencia.

Anónimo dijo...

Non sei por que se mosquea(n) cunha simple pregunta de seu inocente. Desde logo que os insultos non din nada bo de quen os profire.

Polo demais faime moita gracia que o anónimo das 09:52:00 PM me chame intoxicador (sic) e, sen embargo, non comente nada da intoxicación do señor Bender respecto de Baamonde. E el non será que son parentes, o anónimo e Bender, ou cando menos almas xemelgas?

Anónimo dijo...

Curioso, realmente moi curioso.

Anónimo dijo...

Iso é todo o que ten que dicir Apicultor?
Pouca "clase" e cuestionada intelixencia.
E non hai insultos, salvo no seu "entendemento".

Anónimo dijo...

Coido que vostede debería ir a clases particulares para que lle aprendesen a discernir o que é e o que non é un insulto.

Anónimo dijo...

... para que lle ensinasen...

Anónimo dijo...

E non me faga reproducir algún post seu no que, efectivamente, demostra moita "clase".

Anónimo dijo...

Pois se aprendo algo novo por suposto que irei, sempre que vostede Apiculteur non sexa o que me ensine a discernir entre creatividade e ortografía.

Anónimo dijo...

"E non me faga reproducir algún post seu no que, efectivamente, demostra moita "clase."

Definitivamente Apiculteur non ten vostede ningunha clase.

Anónimo dijo...

"Coido que vostede debería ir a clases particulares para que lle aprendesen a discernir o que é e o que non é un insulto... para que lle ensinasen..."

Apiculteur Apiculteur, que doado é ver a palla no ollo alleo...

Anónimo dijo...

Apiculteur, fumareime un Vega Fina a súa saude.

Anónimo dijo...

Señor Apicultor:

"Polo demais faime moita gracia que o anónimo das 09:52:00 PM me chame intoxicador (sic) e, sen embargo, non comente nada da intoxicación do señor Bender respecto de Baamonde".

Reproduzo este texto para indicarlle que a verba "sen embargo" escrita por vostede é unha incorrección en galego normativo, debe dicirse porén.

Anónimo dijo...

"O que é certo é que El País é o único xornal dos que se editan en Galiza que non admite colaboracións en galego"


Eis un exemplo de tolerancia lingüística por parte dun xornal.

Anónimo dijo...

A Nosa Terra admite colaboraciós en castelán?. Vaia. Qué tolerantes.

Anónimo dijo...

Antón Baamonde, Antón Reixa, Suso de Toro, X.C. Caneiro...:
Vendidos!

Anónimo dijo...

XDC,Pero "El Pais" edita para Galiza un suplemento sobre a cultura galega en español.
Non sei se se decata da diferencia, ademais, estamos na Galiza.
Seus amigos de Democracia Orensana empregan o galego, o español, ou bilinguean esquizofrenicamente entre os dous?

Anónimo dijo...

Eu nin son nin vou de profesional da lingua, mais, se non entendo mal, "sen embargo" está permitido en galego normativo. Aínda que sexa máis recomendable "porén" ou "no entanto". Ou sexa, que debería revisar as normas vostede.

Anónimo dijo...

Estimado señor Anónimo dom feb 15, 11:07:00 PM
Detesto a inquisición lingüística, lémbrame as aulas de 'lengua española', no bacharelato... Mais, xa postos...
*Sen embargo, no entanto, porén: Sinónimos absolutos e perfectamente admisibles todos eles, alén de intercambiables.
*Verba: Non é sinónimo de palabra. Verba traduce o castellano 'labia' ou 'verborrea'.
*Polo demais: Utilizado por Apicultor, non é forma plenamente galega. Débese utilizar 'do resto', locución, por outra parte, moi utilizada no castellano falado en Galiza. Como non detectou Vde. este horrible crime perpretado por Apicultor??
Cos meus cumprimentos.-

Anónimo dijo...

Coido que a algunha xente lle regalaron a oposición, amiga dona Wilma Medela.

Anónimo dijo...

Grazas, dona Wilma Medela. Dá gusto aprender de quen si sabe.

Anónimo dijo...

Ben, recoñezamos que "sen embargo" é un castellanismo como unha catedral, que mesmo colisiona co significado que ten en português. Ben, está ben. Mais se nos poñemos a buscar nos erros dos demais...
Miña madriña!!!
Que máis terá...

Anónimo dijo...

E que é horroroso iso de prexuzgar as persoas polos erros que cometen.
Non sei, lémbrame o colexio de curas, os xoves aqueles pola tarde, sempre chovendo e chapando latín... Sempre coa ameaza do castigo... EL HORROR!!!

Anónimo dijo...

En todo o caso, está permitido nas normas, non? Máis unha vez, grazas.

Anónimo dijo...

Vendidos, traidores, inquisidores, intoxicadores: formas plenamente galegas.

Anónimo dijo...

Verbo dalgúns comentarios con ángulo de visión de non máis de 90º, quixera aportar algúns datos para maior panorámica e reforzar o principio de realidade. Vai. El Pais leva na súa cabeceira esta lenda: "El periódico global en español". Logo, non engana a ninguén. El País publica todos os días dúas editoriais nas que toma posición sobre os asuntos polémicos. El País publica un suplemento de cultura en galego, o Luces. Ese espazo, sendo escaso, supón máis ferrados de cultivo en galego que o que publican toda a semana algúns xornais "autóctonos". Por outra banda, o principal rotativo galego non só inclue unha maioría de artigos de escritores galegos en castelán (¿traidores?, ¿despistados?, ¿chiripitiflauticos?, ¿biosbardos?) senón que tamén ten unha lista negra de "desaparecidos" e perseguidos que moito se parece curiosamente aos "desaparecidos" do fraguismo. Claro que iso non o ven ("nós non sabíamos nada!", dirán algún día) os alegres colaboradores dese xornal nin tampouco algúns dos oblicuos analistas deste foro. Hai xente mesmo á que se lle nega a publicación de cartas aclaratorias na sección dos lectores. Mais o problema é...El País. O rotativo do que falo, LVG, é o máis lido de toda Galicia, máis que todos os outros xuntos. Pero é...dos "nosos"! Ciao, queridos. Adeus a todo isto.

Anónimo dijo...

Universais Arume, universais.

Anónimo dijo...

Pobre Apicultor.

Anónimo dijo...

La Voz de Galicia sempre foi española, nunca apostou pola lingua nin a cultura galega, pero non chega aos límites represivos, polo que aquí se mostra de EL PAIS. O Pais ven a innovar, a dar unha pancada mais alá.

Medela estou con vostede:
"E que é horroroso iso de prexuzgar as persoas polos erros que cometen."
Polo que me horroriza a burda perfidia espasmódica do Apicultor.

Anónimo dijo...

Claro que son universais. Como todo.
O de plenamente galegas sempre me fai gracia.
Pero non llo diga ao Medela que me mata.
Aínda que el ben sabe que canto máis plenamente galego (Brais, Breixo)... e que siga el coa súa tese sobre sheilas, dylans e joshuas.

Anónimo dijo...

Cónstame que algún dos que escriben na lingua da madre patria o fan tapando os narices. Na prensa catalana en español, é moi común ver artigos e Quim Monzó ou doutros escritores (mediáticos ou non) botándolle en español panexíricos ao catalán, ou fustigando os que non saben falalo e/ou escribilo.

Baamonde, cuxos pinchacarneiros ideolóxicos non son santo da miña devoción, ten un blog en galego, cando menos.

Hai que comer, amiguiños, e a ser posible todos os días, e iso de erguerse ás 7 da mañá para darlle clase a trinta mamelucos e mamelucas non é moi agradecido, mesmo con 3 meses de vacacións e os trienios correspondentes.

Anónimo dijo...

Non MS, a ningún dos colaboradores lle soluciona a vida o que cobran do EL Pais.
Non é esa a razón.

Anónimo dijo...

Pobres dos anónimos que aproveitan o anonimato para amosar as súas anónimas inquinas froito das súas tamén anónimas frustracións.

Anónimo dijo...

A Lingua Galega pretende establecerse como unha nova relixión, ou coma unha nova secta?. No primeiro caso, a estratexia é "universalizarse", captar á "ovella descarriada", abrirse a "heterodoxias". No segundo caso, a estratexia é cerrarse en "ortodoxias", plantexala cara os neófitos como unha colección de enigmas ortográficos,sintácticos ou semánticos que resolver. Dolorosos "ritos de iniciación". É neste último contexto no que teñen senso palabras como "traición". Do primeiro son máis propias expresiós como "pecado".

Tanto nun caso coma no outro, a batalla está bastante perdida. O "espíritu envanxélico", a necesidade de creer en algo, xa está satisfeita na inmensa maioría da xente có fútbol, coa moda e cós programas do corazón. Por ese lado non hai nada que facer. É o que os teóricos do marketing Ries&Trout chamarían "un cúmio ocupado". A batalla habería que plantexala por outro "flanco", como estes autores explican en "Posicionamiento" ou "Marketing de guerra". Libros demoledores que lles recomendaría aos que de verdade pretenderan fomentar o galego, porque tratan de leis pragmáticas xeráis a seguir para fomentar "calquera cousa".

Discutir sobre as secciós galego-castelán de certos xornáis, ou sobre o carácter "traditor" de certos escritores,só podio entendelo como un gusto por a discusión como un fin en sí mesmo, e non como un medio pra resolver realmente o problema. Que pasaría por un enfoque totalmente diferente.

Si eu fora un abanderado da defensa do castelán, fomentaría nas filas dos galegofalantes esa clase de disputas bizantinas. A "cizaña", coma no Evanxeo e nunha historia de Astérix. E logo, non lle pagaría á "Cizaña", claro.

Anónimo dijo...

Por certo. Eu, no que vai de día, xa son "Pentalingüista". O da esquizofrenia quédame lonxe, xa a estas horas da mañá. Fai un anaco, despedinme con un "multumesc" de un rumano que me ven limpar os cristáis.

Anónimo dijo...

"Pobres dos anónimos que aproveitan o anonimato para amosar as súas anónimas inquinas froito das súas tamén anónimas frustracións."

Pobre, este anónimo mais!

Anónimo dijo...

XDC: NPI
nótase que debe de ilustrarse con Rafa Reporter.

Anónimo dijo...

O Rafa fai tempo que sólo acepta conversas sobre certas cuestiós de física fundamental, cousa que a mín aburríume xa fai anos. E a mín góstame na actualidade falar de musicoloxía, cousa que a él lle aburre dese fai moitos máis. Eu envidio a sua capacidade de interpretar partituras a simple vista en calquera tonalidade, i a él gostaríalle entender o álxebra dos operadores cuáticos, que eu odio porque tuven que ir tres veces ao exame no seu día para aprobar. Total, que as nosas conversas consisten en "Pásame el pan", "Vas a pedir carne o pescado?" nas nosa comidas dos venres. En castelán, que é o que fala el. Así e todo, é unha das persoas máis interesantes que coñezo, e das que acepto gustoso a sua amizade.

Anónimo dijo...

A megalomanía sae barata.

Anónimo dijo...

Por certo. Íballe decir en qué anda ocupado o Rafa Reporter adastora, pero non llo digo, porque lle faltaría a vostede tempo de advertir aos seus amigos do BNG.

Anónimo dijo...

Para Apicultor, que debe saber moito de regalar oposicións, e a Medela, díganme onde encadramos "sen embargo": dentro das conxuncións adversativas dende logo que non. Onde ?
Señor medela é ou non é un castelanismo? Non será que mirou unha normativa en desuso?.
Aínda por riba o que teño que aguantar.
Collan as normas ortográficas e morfolóxicas do Idioma galego do ano 2003 e digan onde está "sen embargo"!!!
Non teño vocación de inquisidor iso déixollo a Apicultor e tamén o de insultador, semencionei o erro foi precisamente para demostrar que non se debe ir de "pureta",pois outras veces nos tocará a nós.
Boas tardes!

Anónimo dijo...

Eu son das que pensa que un escritor debe mimar e coidar a lingua na que escribe. Pois é a materia prima coa que constrúe a súa obra. Nos tempos actuais xa non hai escritores semianalfabetos. Polo tanto, non ten sentido usar esa desculpa para o desleixo e o descoñecemento. Hoxe non hai esa suposta antinomia creatividade/ignorancia da ortografía. É unha falacia soster iso.
Cando a escolarización e a albafetización chegou xa a todos, cando menos en occidente, é materialmente imposíbel concebirse como escritor e como ignorante da lingua. Ou se é escritor de verdade, ou se é outra cousa que vostedes xa suporán. Porque de escritores estamos falando: aqueles que viven e se pronunciar por e a través da linguaxe.

Anónimo dijo...

SE É CURSI COMA VOSTEDE !!!!!!!!

Anónimo dijo...

Estimado Anónimo
lun feb 16, 03:46:00 PM

De inicio, ten Vde. toda a razón no que di sobre 'sen embargo'.
Non aparece na normativa de 2003. Ben, cando menos nunha delas, porque eu coñezolle tres edicións sumamente diferentes (dúas 'en papel', e maís outra máis electrónica).

Unha dúbida: Podíame dicir en que data foi publicada no DOG a tal nova normativa (que eu, dentro da miña suma ignorancia nestes temas procuro seguir)???
É dicir, a normativa 2003 é 'oficial'?? De obrigado cumprimento ou 'recomendable'???
Podíame tamén indicar en que data foi publicado o último dicionario da RAG?? Caso ter sido derogada esta entrada, podía documentar cando?
"s Sen embargo.loc. conx. A pesar de, non obstante. Estudiou moito e, sen embargo, suspendeu. SIN. así a todo, con todo, pero.CF. emporiso.", ou, cando menos, a data da súa derogación??
Dicionario RAG 1988.-

Non estaremos nun 'rexime transitorio no que respecta á normativa do galego'??

'Sen embargo' é, evidentemente, un castelanismo. 'Tortilla', tamén; 'tortilha', tamén. A condición de castelanismo anula a 'corrección no uso' dunha palabra??

Saúdos.-

P.D.: Si, xa sei, grazas, existe o dicionario Ir Indo, na rede.

Anónimo dijo...

Pido desculpas: Dicionario RAG 1998

Anónimo dijo...

É dicir, que houbo disposicións dalgúns departamentos da Xunta para adaptar, por exemplo, logotipos á nova normativa, mais o voto negativo do PP e a abstención do PSOE provocaron un 'limbo normativo' en que entran en colisión o dicionario RAE vixente, as normas aprobadas e non publicadas, o dicionario oficialista 'Ir Indo' e o VOLG.
Ah, non é tamén a primeira vez que un tribunal admite como 'axustado á normativa' un texto oficial redixido en mínimos ou reintegracionista.-

Anónimo dijo...

Outro lapsus: Dicionario RAG

Anónimo dijo...

Pois iso, Normas do 2003 publicadas pola Real Academia da Lingua e o Instituto da Lingua Galega.
Creo que o señor Apicultor me debe unha desculpa, agardo por ela.

Anónimo dijo...

Espera en vano

Anónimo dijo...

Publicadas polo ILG e a RAG. Non sancionadas pola publicación oficial no DOG, non esqueza.

Anónimo dijo...

Por iso todos nos reximos por elas

Anónimo dijo...

Non, home, digo que non teñen rango legal, e que, por exemplo, para apostar un cocido sobre a 'pertinencia' ou non dunha palabra, podiamos chegar ata o tribunal de Estrasburgo!

Anónimo dijo...

Onte escribín que o xornal El País é o único dos que se editan en Galiza que non admite colaboracións en galego. Vai todo en español bardante as páxinas do suplemento cultural dos venres que van en galego. Eis a realidade. Tamén dixen que é lexítimo; os donos da empresa son moi libres de facelo así. Mais tamén dixen que é toda unha declaración ao respecto do papel que lle asignan ao español e ao galego por parte do grupo Prisa. La Voz de Galicia que foi citada neste fío si admite colaboracións en galego, cartas, entrevistas, mesmo nas noticias veñen algunhas no noso idioma ou recollen declaracións vertidas en galego. E igual que de LVG podemos dicir o mesmo de Faro de Vigo, El Correo Gallego, la Región, El Progreso,... El País neste asunto é un caso único.
Cuestión distinta é a calidade dos xornais, o que máis lle gusta a cada quen,...ou quen fai máis pola lingua galega. A min particularmente LVG non me gusta nada, case o único que procuro cando cae nas miñas mans é o artigo de Barreiro cando ven, por certo en español; en troca do El País leo moito. Con respecto á lingua, LVG non fai moito, só unha mínima parte do xornal ven en galego, ao igual que Faro de Vigo, El Correo Gallego, la Región, El Progreso,... El País tampouco fai, porén foi un paso máis adiante ao non permitir o galego non sendo no devandito suplemento.
Ao respecto de traidores e demais cualificacións, non penso xulgar a ninguén, e si tal cousa fixese gardaríaa para min e non a poría por escrito nin detrás da sinatura "un amigo" que me garda no anonimato, polo que non me sumo a ningunha acusación. Seguindo tal criterio tamén se pode acusar de traidor ao Bieito Lobeira por deixarse entrevistar nun xornal que se fai para distribuír en Galiza e que sabe que lle vai traducir as súas palabras ao español. Eu son monolingüe neste país (sigo aquilo de na Galiza en galego) mais penso que non podemos ignorar a realidade por pouco ou moito que guste.
Un amigo.

Anónimo dijo...

Arume, caro senhor professor doutor: Eu estou com Vossa Excelência!!!
(lun feb 16, 10:03:00 AM)


É plenamente galego, infinitamente máis galego, 'plenamente' galego... "Del resto, yo no te tengo problema ninguno en irle hablar al Dylan" ... Do que isto...
"Polo demais, eu non teño ningún problema e ir a falar con Breixo".

É infinitamente máis galega Jennifer Love Hewitt ás voltas cos seus defuntiños a toda a hora, que Luz Casal a interpretar na TVG a 'Negra sombra'.

E pensándoo ben, que importancia ten o facto de ser ou non ser galego/a???

Anónimo dijo...

Yo también soy monolingüe, porque pienso que, en España, en español. Y, de momento, Galicia es España. Miren el mapa.

Anónimo dijo...

Traidor pode ser utilizado como insulto, mais aquí téntase precisar un comportamento con ese termo. Ainda que escoza.

Mirei o mapa satelite e non hai fronteiras.

Nereida NPI, lea devagar.

Anónimo paréceme moi ben que faga o que lle pareza e que borre do seu vocabulario a palabra traidor.

Anónimo dijo...

señor Medela:
sabería dicirme
que norma empregan en Normalización lingüística,ou cando se dan os cursos de galego? CELGA 1,2,3...
que norma utilizan nos institutos?
En que normativa se publican os documentos oficiais, en que normativa o DOG...?

Na normativa que se aprobou en xullo de 2003 pola RAG, e que se publicou en decembro de 2003, coñecida popularmente como a "normativa de concordia" que fixo que se revisara o VOLGa ( VOCABULARIO ORTOGRáfico da lingua galega)
Por outra banda:
Tortilla é un préstamo como chocolate, cacique, futbol, paella, nao, esquerda, etc, etc ....se denominan préstamos necesarios porque en galego carecemos de palabras propias para referirnos a esas novas realidades. Pero iso non é o que sucede co termo "sen embargo" que é innecesario xa que no noso idioma temos porén, no entanto..e polo tanto se considera incorrecto.
De todas formas non era este o tema do fío, e non quero distraelos do principal, a actitude cara o idioma propio da Galiza por parte de algunhas persoas que debían ter posturas exemplificadoras.

Anónimo dijo...

Van vostedes aviados se tentan casar o que din as Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego (A Coruña: RAG, 2003)(ou mesmo as que había antes desas) co que di o cativo (ruín, pequeno) dicionario que a propia RAG publicou en 1997, e que está "pendurado" aquí:
http://www.edu.xunta.es/diccionarios/index_rag.html

Nin eles mesmos se poñen de acordo.

Debe servir isto excusa para que algúns columnistas e/ou escritores cometan erros na súa escrita? Non, queren pasar por profesionais.

Anónimo dijo...

Iso quería dicir eu, don MS: O dicionario RAG e as novas normas ILGA; a esas contradicións me refiría.-

Anónimo dijo...

señor apicultor estou agardando unha desculpa súa, ou obrigarame a crer na súa falta de bonhomía e a pensar que vostede é un falabarato.

Anónimo dijo...

si porque mentres uns galegos teñen que apandar cos porrazos e a violencia policial por defender o galego outros (que non considero galegos) se venden por unha cunca de lentellas, só por unha fatua megalomanía. Non é por ganarse a vida, é por vaidade persoal.Eu penso denunciar sempre que poda estas posturas, que se xustifican aducindo relativismo, tolerancia....

Anónimo dijo...

Home, anónimo, para mín que se está a pasar un pouco. Eu defendo o seu dereito a manifestarse contra quén queira, pero tamén debera respetar a miña postura.
O tema da lingua é algo que está a flor de pel, e o mesmo tempo moi recurrente , e se non-o suavizamos entre os que nos importa o noso idioma, e non entramos as provocacións dos que o combaten seguramente nos irá millor.
Ou pior, non-o sei, pero é a miña opción, e debera respetala

Anónimo dijo...

Se persoas nada sospeitosas de radicais nin de intolerantes como Marcos Valcarcel, consideran a situación do galego como mala, cumpriría que as mentes máis lúcidas,formadas e activas do país desen exemplo da súa defensa e non se pasasen ao campo contrario, por simples narcisismo. Queren aparecer entre os intelectuais do "El Pais", famosos no mundo enteiro, como van eles a renunciar á proxección da súa obra?, que perda para a cultura universal!, estes "pollitos bien", dos que xa falaba Manuel Antonio.

Pero tempo ao tempo que xa virá o tempo en que a pedra se aveña a florecer

e estes señores apareceran como ananos-paifocos, viles servidores de obscenos chulos madrileños.

España si paga traidores, pero págaos mal.

Anónimo dijo...

ADICADO ATODOS E TODAS OS/AS QUE ESCRIBEN EN CASTELAN NA EDICIÓN PARA GALIZA DE "EL PAÍS":

Lingua proletaria do meu pobo
eu fáloa porque si,porque me gusta,
porque me peta e quero e dame a gana
porque me sae de dentro, alá do fondo
dunha tristura aceda que me abrangue
ó ver tantos patufos desleigados,
pequenos mequetrefes sen raíces
que ó pór a garabata xa non saben
afirmarse no amor dos devanceiros,
fala-la fala nai,
a fala dos abós que temos mortos,
e ser, co rostro erguido,
mariñeiros, labregos da linguaxe,
remo e arado, proa e rella sempre.

Eu fáloa porque si, porque me gusta
e quero estar cos meus, coa xente miña que sufren longo
unha historia contada noutra lingua.

Non falo prós soberbios,
non falo prós ruíns e poderosos,
non falo prós finchados,
non falo prós estupidos,
non falo prós valeiros,
que falo prós que aguantan rexamente
mentiras e inxusticias de cotío;
prós que súan e choran
un pranto cotián de volvoretas,
de lume e vento sobre os ollos núos.
Eu non podo arredar as miñas verbas de tódolos que sufren neste mundo.
E ti vives no mundo, terra miña,
berce da miña estirpe,
Galicia, doce mágoa das Españas,
deitada frente ó mar, ise camiño...

CELSO EMILIO FERREIRO

Anónimo dijo...

Seguimos con A. Vilar Ponte en "A bandeira ergueita" (1916) !!!!:
Toda a nosa personalidade está na nosa lingua. Por iso os amigos da Fala queremos que avoz do pobo, gardadora providencial da nosa conciencia colectiva, veña a inxertarse na xuventude vilega....Os que se chaman galegos, renegando da lingua, non teñen máis dereito a chamarse así que os animais e as plantas que nacen nos nosos eidos. Aquí doe, irmáns.
Ser Amigos da Fala, supón espíritu desacrificio. O que se diga ou escriba en galego, non dará fama na Meseta. Por iso renegan do galego moitos rexionalistas de pan levar. Por iso o rexionalismo galego, engalego, é a nosa bandeira de redención; fronteira posta entre o mundo da farsa e o mundo da verdade

Anónimo dijo...

Proseguimos con Manuel Antonio en " Prólogo dun libro de poemas que ninguén escribiu" (1924)!!!

" ......xa lle chamou alguén arredista de acción literaria: nunca foi a madrid nin escribiu en castelán. Nin quere "triunfar" (na conxugación madrileña do verbo) nin claudicar nun idioma máis fácil e mercadeiro, pero alleo. Encol disto, pensa que someter a arte ás necesidades da vida, en troques de someter a vida ás necesidads da arte , é a forma máis engullosa do filisteísmo...."

Anónimo dijo...

Continuamos con Castelao " Sempre en Galiza"

"...todo atentado á lingua peculiar dun pobo representa un atentado á súa cultura peculiar".

Anónimo dijo...

Di alguén interesadamente por aí atrás: "De todas formas non era este o tema do fío, e non quero distraelos do principal, a actitude cara o idioma propio da Galiza por parte de algunhas persoas que debían ter posturas exemplificadoras".
Mentira. Ese non era o tema do fío. O tema do fío, como ben se le no post, era "debate electoral". Falar sobre "a actitude cara o idioma propio da Galiza por parte de algunhas persoas" foi inducido espureamente por alguén chamado Bender, que usou a palabra "traidor", xa non en termos xerais, senón dirixido expresamente contra un escritor en concreto.
Esta personalización dunha acusación pon de manifesto unha teima particular por parte de quen o fai. Que ten que haber un asunto persoal (unha ridícula vendetta detrás) semella abondo evidente. Que ese asunto sexa de envexa, de odio visceral, de vocación inquisitorial ou doutra cousa, queda ao xuízo dos lectores.
Eu o teño claro: é unha infamia agocharse tras do anonimato para atacar a persoas concretas. Criticar, pode facerse, mais usar palabras que recordan o máis triste estalinismo como é "traidor", é unha chamada ao linchamento que sería moi perigoso se non fose, por sorte, algo pateticamente deleznábel.

Un que non vai deixar de opinar.

Anónimo dijo...

Di CASTELAO.

" nós comprendemos que a un galego, a un vasco ou a un catalán que non queira ser español se lle chame "separatista"; pero eu pregunto cómo debe chamárselle a un galego que non queira ser galego, a un vasco que non queira ser vascom, a un catalán que non queira ser catalán. Estou seguro de que en Castela a estes "impatriotas" chámanlles "bos españois", "modelo de patriotas, cando en realidade son traidores a si mesmos e á terra que lles deu o ser.

Anónimo dijo...

Pois a min da lingua o que máis me gusta son as talladas do medio, nin a puntiña nin as veíñas do fondo que ás veces levan algo de cartilaxe que mesmo dá grima. Tamén me gusta moito esmagar patacas cocidas no prebe do estufado feito con aceite de oliva de grao e medio e unha areixa de pemento doce. Logo arrabañar co pan no restos do prato. Iso si,ben pasadiña mellor. Que se está rixa de máis non se saborea como debe. Regado, claro, cun mencía do Sil, coa etiqueta en lingua comprensible. E todo con pouco conto e pouca cerimonia.

Anónimo dijo...

E que Castelao tiña un asunto persoal (unha ridícula vendetta detrás)con alguén?
Por favor, non hai quen o trague... dea outras xustificacións...

Anónimo dijo...

Manda carallo. Uns pobriños, sufrindo "violencia" policial. A única violencia era a que estaban a crear eles, que pensan que por defender o galego están porriba do ben, do mal, da lei, e da democracia. Uns iluminados. Si tantas ganas teñen de vivir nun país imaxinario, que lean "O señor dos Anéis", ou que se fagan adictos a algún videoxogo de eses. Que non nos fodan ós demáis cós seus delirios.

E os que iban de flamencos, de perexel en todas as salsas. Queren estar nas suas manifas (ao parecer as únicas con dereito a existir ) e nas dos outros.


E o Ferrín, pedindo a liberdade dos detidos. O fulano eríxese en Poder Xudicial, Executivo, Lexislativo...o que faga falta. Cómos se chamaban eses que concentran todos os poderes?.

E o Quin, manda carallo, culpando ao Feijóo dos incidentes por "fomentar o odio". Menuda "culpa telepática". Logo chámanlle demagogos a outros.

Por Dios. Menudo episodio lamentable. Que terá un coste electoral para alguén, eso seguro.

Anónimo dijo...

Non estou de acordo co que di que isto, na vez de ser debate electoral, foi manipulado por un tipo para atacar persoalmente a outro. Non, home. É que algúns entenden o debate electoral así: á caza e captura do herexe.

Anónimo dijo...

PARA ETXE de Otero Pedraio:

" quen somentes sinta a Galiza como país pintoresco está collido nun sentimento de escravitude, quen soio se lembre dela diante dunha laconada ou un prato de percebes pon a despensa por riba do espírito. Poñamos: quen da Galiza garde non máis que impresións de tona, de superficie da alma como un pouquichiño de saudade entre cigarro e cigarro ocioso, ou unhas frases para se dicir cousas confidenciais, un certo gusto pola gaita ou catro poemas costumbristas será un mal galego. Galiza demanda para ser sentida coma superior presenza adicación enteira das millores esencias, da personalidade, única maneira de que o galego individual teña dereito a un ceibe vivir no mundo "

Anónimo dijo...

Estimado Juanito de la Cueva, venimos leyendo con extramada atención sus intervenciones en este blog y hemos decidido proponerle su incorporación a alguna de nuestras organizaciones:

Galicia Bilingüe, donde usted podrá expresarse si así lo desea en dialecto gallego
O también en el partido de Rosa Diez, donde podrá usted desgañitarse insultando a los nacionalistas gallegos.

Esperamos ilusionados su respuesta.

Anónimo dijo...

Estimado Comité de Reclutamiento

Ya le soy grandecito para incorporarme donde me salga de la Real Gana.
Cosa que le hago, por cierto, dese mucho antes de que le fuera grandecito.

Anónimo dijo...

Con esta antoloxía patrística e canónica vai ser difícil dicir que un non sinte a patria. Porén, no entanto, vouno dicir: non sinto a patria.

Anónimo dijo...

Estes carallos do Comité... Mira que pensar que insulto aos nazonalistas galegos por criticar a eses ...Mixturan demasiadas cousas na sua cachucha.

Anónimo dijo...

É moi respetábel o seu sentir, non é o meu caso.

Anónimo dijo...

XDC, CACHUCHA SERÁ A SÚA

Anónimo dijo...

No me hablen de la patriaaaa
No me hablen del honoooor

(Ese non era da sua terra, Arume?).

Anónimo dijo...

Perdón. Ten razón. Pretendía decir "cachamea", que era o que decía o meu avó, pero tuven un lapsus. Mea Culpa.

Anónimo dijo...

Si, si, os de Galicia bilingüe están cheos de cachuchas, non digamos os que militan no partido de Rosa Díez

Anónimo dijo...

Pero, como eses do Comité son castelanfalantes, imaxinéi que tampouco entenderían moito.

Anónimo dijo...

A mín, eso de que un galego non queira ser galego, paréceme unha patoloxía psicolóxica, non necesariamente grave. Non sei se ten nome clínico, eso de non querer ser o que se é. A ver si ven o Lobo e o aclara. Porque que un galego sexa galego é unha tautoloxía. Un galego é galego por definición.

Anónimo dijo...

Os que se chaman galegos, renegando da lingua, non teñen máis dereito a chamarse así que os animais e as plantas que nacen nos nosos eidos.

Anónimo dijo...

La patria, con razón o sin ella!!!

En eso nos parecemos, amigos nacionalistas santiqgueses!!!!

Anónimo dijo...

E qué dereito lle compre a ninguén para ser o que xa é?

A mín esas cuestiós tan "teolóxica" déixanme pampo. Pásame tamén coas cousas dos curas, o da Trinidade e cousas así.

Anónimo dijo...

(Cando lle chufro, venme mellor á cachamea o galego da miña infanza. Noutras circunstanzas, tería dito "lle fai falta", en vez de "lle compre". Qué curioso!).

Anónimo dijo...

Hai xente que, pola súa conta, se encarga de ultra-restrinxir o senso das palabras do dicionario.
Unha vez restrinxida hasta o límite a definición de "galego", quedarán no país tres ou catro "galegos auténticos", e o resto serán privados dos dereitos de cidadanía.
Ese curioso proceso de alteración do senso das palabras xa foi moi ben ilustrado en "Gran Irmao" ("Big Brother").

Pois non home,non. Ninguén se vai arrogar o dereito de decidir sin son galego ou deixo de selo en base ós criterios que lle saian a él dos collós.

Anónimo dijo...

Eu direi "non sinto a patria (galega") o día que non teñamos que dicir iso, porque a que nos veu imposta xa non existe.

Anónimo dijo...

É moi sinxelo, XDC:

- hai galegos (a secas, pero aos que obrigan a ser españois leis que eles non decidiron)
- hai galegos españois ou españois galegos ("gallegos a la española" é un termo moi simpático)
- e hai españois a secas.

Só os dous primeiros grupos se consideran galegos, e así debemos consideralos como tales.

Como dicían os hippies nos anos 60: "E ti de que lado estás?"

Anónimo dijo...

Decepción das grandes a que moitos levamos co Xoan Da Cova, é unha cousa e parecía outra.Tíñanmo dito e non daba creto, agora si que si.

Anónimo dijo...

A miña programación permíteme en certos casos sentir a patria:

1)Cando con mentiras tentan pasar por agredidos os agresores.

2)Cando empregan a violencia contra os que defenden unha indentidade como a galega que ten todo o dereito a pensarse e querer ser universal.

3)Cando personas que din ser reflexivas e atender a criterios éticos, cometen traición cuns valores que son os que lle deron até ese momento a eles o valor que locen. (Ir de galleguitos post-trans-modernitos para que os admitan en Madrid).

O sentimento da patria aparece entón na forma do "conatus" spinoziano; unha forma de indignación ante a percepción da inxusticia que sinte a necesidade de reestablecela.

Se queren saber mais pregúntenlle ao meu programadorrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrando coa pila baixa..........

Anónimo dijo...

Un español (ou un galego-español) que naceu e se considera tal non ten por qué ir por aí as 24 horas do día dicindo "Son español, falo (e defendo) o español e interésame a cultura (en) español". Non sente que todas estas cousas estean ameazadas (excepto os catro-gatos-mal-contados-moitos-deles-madrileños-vindos-á-manifestación-de-GB).

Un galego que se considera "só galego" si o ten que facer, nas actuais circunstancias.

O futuro do galego depende da lingua que decidan adoptar os galegos que viven nas cidades. Até o de agora, o proceso de castelanización foi así:

cidade > vila > aldea

Nestes intres, o galego está moi ameazado nas cidades e comeza a desaparecer nas vila. Que lingua falan os nenos en Allariz ou en Carballo?

Tanto os que nestes momentos defenden o futuro dunha Galicia bilingüe ("ahora hablo un poquito de español, e logo un pouquiño de galego porque me peta") coma os que cren que Galicia pode ser española e galega ao mesmo tempo, están traballando, mesmo de boa fe, para unha futura "España en Galicia" na que todo o mundo falará español, e onde o galego sexa unha lingua estranxeira (no sentido de que hai que aprendela "a maiores").

Anónimo dijo...

Señor Pedro o Xoán Da Cova elle bo rapaz, pero en cuestións de língua comportase como os nosos devanceiros, ten rexistros do idioma moi interesantes, pero non é consciente do que leva. Ten que medrar, aínda que tamén pode querer quedarse de anano.

Anónimo dijo...

Corina Porro e Paco Vázquez son galegos, infinitamente galegos, plena e absolutamente galegos.
O que pasa é que non o saben. Ou non queren recoñecelo. O mesmo lle acontecía a Isabelle Pfeiffer cando andaba a traballar de caixeira nun hiper, de Arizona, penso. Mal paga, sobreexplotada, humillada, desprezada, insultada talvez. Non me estraña nada que se auto-odiase, mesmo sendo, na realidade, unha raíña do glamour.

Un saúdo para don MS {grazas polos seus magníficos escritos} e para o meu amigo don Xoán Dacova.

Anónimo dijo...

Oiga, seor Medela: está muy bien que farde delante de tanto intelectualiyo de tres al cuarto que meanda por aquí y que pase por muy preocupao polas clases sociales supermegaexplotated tipo franciscano de la liberación, pero menda no necesita de sus sesiones de análisis sociológico. Lerenda autoodia lo que le da la gana.
En Arizona aún tenemos dignidad. Y en el Eroski de Tucson mucha más.

Anónimo dijo...

A mín as únicas definiciós que me interesan son as do diccionario. E tanta "Taxonomia Inventada" do que é galego ou o que non é galego o único que me fai é rir. RIr,un anaco, como os chistes. Ao cabo dun cacho xa me cansa. Mira que hai xente emperrada en definir as palabras según o que a eles lle saian dos collós.

E estou hasta os collós de que alguén me diga que é máis galego ca min por ir reventar unha manisfestación a Santiago ou calquera outra carallada similar.

E ao contertulio que di que o decepcionéi: Trate de non decepcionarse a vostede mesmo, como eu trato de non decepcionarme a mín mesmo. Nunca se fíe de ninguén, xa ve o que lle pasóu conmigo, home. Cousas da vida. O mundo non se acaba, porque eu sexa algo distinto do que vostede pensaba.

Hasta a noite, que eu teño que traballar toda a tarde. Non teño o privilexio de certos funcionarios, que deixan de exercer unha actividade pagada por todos os cidadáns ,e ao servizo dos cidadáns para ir servir ós intereses particulares de un partido, en campaña.

Anónimo dijo...

O sentimento da patria aparece entón na forma do "cogñazo" benderiano.

Anónimo dijo...

Por certo, os que teñen que medrar algo, e "aprender a andar por o mundo", como decían na miña aldea" son ese tipo de xente "reventamanifas". Pero bueno, igual o máis seguro é que non aprendan xa, e queden "ananos" sociáis. Como decían na miña aldea, o primeiro é ser "persona". Para mín, quen non é "persona", xa pode ser o queira. Galego, Premio Nobel, ou o que lle de a gana.

Anónimo dijo...

jajajajajajajajajajajaja
Benquerida señorita Pfeiffer: Simplemente comparaba a súa situación no SPAR de Tucson (Arizona)... A súa opresiva situación... Coa presión sicolóxica que padecemos os galegos como tales galegos.
Non se me enfade, bonita. Nin quero sicoanalizala (quen me dera). Só unha cousiña: Substitúa "franciscano" por "xesuíta", se fai favor, miña reina.-

Anónimo dijo...

Danke, Herr Maetela.

A miña admiración para Xan da Cova, falante-utente-escribinte de galego ambiental, aínda que nos últimos anos normativizouse unha miga (nembargantes o facto de que lle volve saír o galego ambiental cando se enrabecha).

Estoutro día souben da existencia esta páxina:
http://www.circogalego.co.cc/

Propoñen, para estas elecións, o voto nulo.

Anónimo dijo...

Irmán Medela: que ten vostede contra os franciscanos da liberación perpetua? Acaso débelle cartos aos da sociedade de xesús?

Anónimo dijo...

CONTENCION!

Anónimo dijo...

Contra os franciscanos, eu?? Home vai... Se debo cartos aos xesuítas? Home, teño amizade cun deles, mais nunca nada me pediu nin lle eu pedín nunca nada.
Mi madriña, hoxe debín tomar LSD sen me decatar!

Anónimo dijo...

A mín fíxome moita graza que ese amigo ao que decepcionéi por eu ser coma son , usara a vella expresión "a mín xa mo dixeran, e non quería creelo".

Usábana moito os mozos dos anos sesenta coas noivas, cando ela non quería "facelo". Tras insistir un tempo razoable, pasaban á "chantaxe emocional", decindolle , apesumbrados: "A mín xa mo dixeran, e eu non quería creelo". Ante a insistencia da muller para que lle contara qué era o que decían de ela, el remataba por "confesar": "Dixéronme que eras fríxida...".

A cousa adoitaba a dar resultado, naquela altura. Ou non, Medela?. JAJAJ.

Anónimo dijo...

Ti tamén, Dacova, tiveches que contar o meu.

Anónimo dijo...

cando se lle acaba a pila a Bender tamén remata o interese do fío

Anónimo dijo...

Si, ten razon. Dende logo que e un grande descobremento o dito Bender. Facia moito que non via unha mente tan averta, unha lucided tan impresionante, unha capacidade de explorar as cousas tan orixinalmente perfecta. Sin duvida que ten muito interese, é un pensador orixinal, non coma outros que son a voz de su amo. Independiente, culto e con ideias esgrevías e proprias. Por él vale a pena ver este blogue.

Anónimo dijo...

Son Bender, Bender a secas, non Narcís Bender. Son un robot fabricado en serie e non me emocionan nin a louva nin a ironía de baixa calidade.
Xoguemos!

Anónimo dijo...

Vostedes tamén se ciscan na Quintana?

http://www.youtube.com/watch?v=YhS2nQAx1mM&eurl=

Anónimo dijo...

Non estaba na miña intención, XDC, anoxalo deste xeito. Se ben é moi certo que lendo os seus últimos comentarios, todos na mesma liña, levei un bo chasco. Ademais, e partindo da miña escala de valores, non me casa que tendo nacido, vivido e sentido no rural desta terra, manifeste que foi gañado para a "causa do galego" despois dos corenta . Que causa?Pero mire no pecado vaille incluída a penitencia. E falando de penitencia, ha precisar cumprir unha ben especial se quere verse redimido do pecadiño da envexa. Como demo quere participar co status de funcionario-liberado na feira ambulante da campaña electoral se milita ou simpatiza, que non o sei, nen me importa, nun partido de tan pouco calado e non ten superadas ou non quixo superar, que tanto me ten, as pertinentes probas que lle darían acceso a entrar na sacrosanta orde funcionarial?

É unha sorte que viva na Idade de Pedra e que os anos sesenta representen, para min, un futuro a moi longo prazo, porque así afórrome opinar sobre a súa "non anécdota" da frixidez feminina.

Toda esa chea de máximas que me brinda devólvollas resumidas : Non dé consellos a quen non llos pediu e menos a quen non os precisa.

Au revoire.

Anónimo dijo...

Señor Pedro Picapedra.
A razón por a que nunca tentéi ser funcionario é a mesma por a que nunca me caséi: danme náuseas certos compromisos "vitalicios". É unha cuestión case fisiolóxica.Gústame demasiado facer "o que me salia dos c...". Salvo extrema necesidade, non me verá metido en nada no que non podia facer o que me dé a gana, ao meu xeito. Os ambientes previamente estructurados, danme noxo. Cando critico aspectos do sistema funcionarial, non é porque eu os envexe. Tamén, cando critico á monarquía ,non é porque eu quixera ser El-rei. Nin moito menos. Agasállollo a vostede.
Non me gustan os ambientes previamente estructurados.Gústame "estructuralos" a mín. Teño a sorte persoal de vivir nun sistema que o permite. Si vivira en Cuba ou na Rusia estalinista, teríao fodido. Decía un famoso escritor que cando as persoas son libres de facer o que queiran , adoitan a imitarse unhas ás outras. Non é , penso, o meu caso.Que eu diga que non teño os privilexios dos funcionarios, non quere decir que os envexe, nin moito menos. Agasállollos todos, pra vostede, si os quere. A mín góstame "sentirme vivo", pensar que mañá mesmo podio cambear o rumbo da miña vida si me peta. Adicarme a outra cousa si se me "cruzan os cables", etc. A vida é moi curta. Dinme conta cando era novo, e agora véxoo máis claro, ainda. Pero eso é unha cuestión persoal difícil de explicar.
Militar nun partido minoritario, é un xeito de que me deixen en paz os outros partidos, e non ter que darlle explicaciós a ninguén que perteneza a ningún de eles. Nunca militaría nun partido "convencional". Poderame creer, porque ocasiós non me faltaron, en todos. Así, podo opinar sin que os do PP pensen que son do PSOE ou do BNG ou viceversas. Pero eso é unha cuestión bastante ridícula na miña vida. Teño o meu tempo ocupado en cuestiós máis "frikies".
Mire que non hai xeitos de ganarse a vida, neste mundo, facendo o que a un lle gusta, como para facer o que a un non lle guste. Pero eso é como o das mulleres ( ou os homes, no seu caso): a uns cústalles atopar unha, e outros non dan feito. É unha cuestión de actitude ante a vida, de non "comerse demsiado o coco". Non esqueza que non pretendo facer proselitismo de este xeito de enfocar a vida. É sólo o meu enfoque persoal, qie pretendoi aplicar á miña vida, e non á dos outros.
Voulle contar algo. Eu coñezo os movementos "galeguistas", ou "nazonalistas", como todo o mundo, desde os setenta. Nunca me chamaron a atención o máis mínimo. Nomes coma Castelao, Otero Pedraio, etc, dícenme o mesmo que "Doctor Fleming", "Dr.Barnard", etc. Un respeto, e nada máis. Noutro caso, tería estudado Filoloxía galega, ou Medeciña, respectivamente. Nada que ver coa miña vida persoal, en realidade. Os meus "ídolos persoales" son outros. Con todo o respeto, desde logo para tan egrexios nomes.
Ao ter unha certa edade, un empeza a interesarse, polo seu pasado "tribal".Os seus abós, os seus tatarabós. Xa sabe. Cousas da edade. Lembranzas do meu abó, da miña aldea, da primeira lingua que faléi, o galego, coa sua fonética , có seu espíritu particular. Nada que ver con "nenos de papá" que precisan de "superestímulos" (Niko Tinbergen) para non aburrirse, como coñezo desde os setenta, no que ir a unha "manifa" era en realidade un xeito de divertirse, que non veñan con "ideoloxías", mentras eu lle iba axudar, de moi boa gana por certo, ao meu abó nas tareas do campo.
É nese contexto no que eu atopo este blogue. Frecuentado por xente interesante e interesada, cada un por as suas particulares razós, no galego e na cultura galega. Arume. Apicultor. Xosé Manuel González (unha revelación para mín , a proba palpable de que aquela lingua que eu falaba de neno pode ser unha ferramenta intelectual de primeira orde). Marcos Valcárcel, con quen teño unha débeda "intelectual" que él nin imaxina. Medela. Ou vostede mesmo.Cabaleiros. Ao marxe dos "pecados de xuventude" que podian ter, como eu tamén os teño. Esta é outra fase da vida. O pasado, pasado. O que queda de vida é o que importa.En cen anos, seguramente menos, todos calvos. Non sei se me explico, á unha e pico da mañá e con tres "cremas de güiski".
E non me enfado con vostede, home. Si me parara a pensar neso, enfadaríame, como naquela escea de "Casablanca"...

You must remember this.,.
A kiss is justa a kiss

Será hora de ir durmir?

Quén é o que decide a hora de ir durmir?

Imaxino que é un convencionalismo!

Eu teño a teoría de que os ronquidos que facemos os adultos ao dormir, teñen o valor evolutivo de espantar aos animáis que penetraban nas nosas cavernas. Pensaban que eramos leós, e fuxían. Neste centenario de Darwin, teñan os expertod en conta esa hipo-tesis.

Vou roncar. Resonar, como din os portugueses...non Medela?.

Anónimo dijo...

XCD debería de formarse un pouco mais, dese conta de que por aquí a xente ten idea de sociolingüistica e so pode sorri ante os seus comentarios.

Anónimo dijo...

Sociolingüké??

Joer. É que, a mín as palabras de máis de tres sílabas fánseme tan difíciles de abarcar como a aquel persoaxe de Delibes os números maiores ca dez. O "búffer" neuronal dame "overflow".

Voume apuntar logo a clases para sacar o graduado escolar. Non será moi tarde xa, á miña edade?.

Anónimo dijo...

O meu libro do Graduado Escolar pon que vostede tiña que ter dito "debería formarse" no canto de "debería de formarse".

O de "overflow" igual debería decirse en galego "non me da volta a neuroa".