A lei e a trampa
Afonso Vázquez-Monxardín
LA REGIÓN 17-02-2009
Arrepíame (horripílame, ou sexa pónme os pelos de punta, por vía culta) o dito de ‘feita e lei, feita a trampa’, porque creo que define bastante o comportamento co compromiso público de todos nós. E inclúome para que ninguén pense que trato de quedar de santo varón e pontificar. Non. O que pasa é que o país é como é.
Por exemplo a campaña electoral. Disque empezou o xoves pasado. Tururú. Todos sabemos que non é certo. Que desque se soubo a data das votacións houbo ducias e ducias de mitins de propaganda político-electoral -de todos os partidos- só que sen, explicitamente, pedir o voto, claro. Feita a lei dos quince días de campaña, feita a trampa de adiantala sen o ‘detalle’ de pedir o voto, o que deixa todo dentro da lei. E como é cousa xeral, non vai ser un deles só o que perda o ritmo. Pero non se preocupen moito que creo que as campañas valen para moi pouco. Dáme o corpo que hai unha sensación de ‘longo percorrido’ de meses que nos sitúa perante a nosa decisión e que por moito que falen, digan, inviten, chouten, prometan, etcétera, a cousa está feita. Incluso para os chamados indecisos -benzón aos únicos que din que pensan o voto- pois estes, de tanto impacto de anuncios, pensan á marxe.E polo dito de ‘feita a lei, feita a trampa’ cada vez se usa máis na fala política o de ‘non é ilegal’ ou ‘quen teña probas que vaia ao xulgado’. Pensemos, por exemplo, nas contratacións de persoal en calquera das administracións gobernadas por calquera partido. A todos lles proe. E por iso témome que se falamos máis de leis que de principios éticos acabemos con finais pouco éticos, dentro ou fóra da lei, cousa que persoalmente, me importa menos, pois sosteño a preeminencia da ética sobre a lei.
Por iso me parece ben a substitución do cabeza de lista do PP e aínda creo que ha beneficiar moito a ese partido. Un pouco de trapallada parece, pero que a política é un pouco trapalleira, xa o temos descontado. O que non teño claro é se é ético ou non que un candidato pillado nas patacas poida entoar o de ‘se va el caimán...’ e baixe da burra -asinou el a renuncia- a metade da carreira despois de terse comprometido a subir no macho. En calquera caso, menos razoable parece -éticamente podería dicir- que se alguén, visto que o señor xa non segue, pensa que o debe tachar e o tacha, pois que se anule o voto. Primeiro porque a intención do votante sería clara, segundo porque hai unha circunstancia extraordinaria enorme, o que está tachando non é un candidato, senon un non candidato que aparece nunha papeleta... Cousa rara, rara, por certo.
En fin, atrévome a apostar a que non han ser moitos os votos nulos, pois a xente non é parva. Isto das eleccións seralles máis ou menos complicado pero a xente bota a quen lle peta. Faltaría máis.
O VENTO É UN CAN
-
Vento de noite
O vento é un can sen dono,
que lambe a noite inmensa.
A noite non ten sono.
E o home, entre sonos, pensa.
E o home soña, durmido,
que o...
Hace 1 día
2 comentarios:
Eso de que vota a quen lle peta vouno poñer en dúbida, salvo que nese "peta" entre "voto a x porque se non...". Que tamén é un xeito de petar. Faltaría máis.
A mín o que non me parece ben é que un señor podia darse de baixa de unha lista electoral, cando xa os papéis están entregados, en aras do exclusivo interés do seu partido. Eu considero que esa lista é unha especie de "contrato" cós electores. E todo o mundo sabe que o primeiro documento contractual, se non é denunciado por ambas partes, é o que prevalece (nos testamentos creo que é o último, o Von der Stein sabe de eso).
Publicar un comentario