28 feb 2009

Xornada de reflexión
Quintana, seguro de si mesmo: "O PP quere destruírme, pero cando difaman o BNG avanza", di

galicia hoxe 28-2-09

"Cada vez que menten, o BNG crece. Cada vez que difaman, o BNG avanza", advertiu o cabeza de cartel nacionalistas, quen pediu ata o voto "da xente honesta de Galicia" que votou ó PPdeG e que "está escandalizada e arrepiada pola campaña de suciedade". "Pídolles o voto a todos os cidadáns de ben, ós nacionalistas e ós que non o son, ós que falan galego e ós que non", continuou e sentenciou que apela ó voto dos que "levan Galicia no corazón e que queren unha forza política propia que faga que se respecte" o país. Quintana advertiu de que Galicia "non pode ser un país falto de democracia", para o que receitou "votar BNG" mañá e garantiu que os nacionalistas están "dipostos a traballar nos momentos difíciles ó lado da xente, como sempre se caracterizou".
Xa pola noite, no último acto e co pavillón olívico ateigado de xente, Quintana sentenciou que "non chegamos ata aquí para parar" e chamoulle ó voto masivo. Parafraseando a Basilio Álvarez, o "cura amigo dos traballadores", reclamou "máis carbón" para que a "locomotora da liberdade e da democracia" arrancada hai tres anos e medio "siga camiñando".
"O 1 de marzo vai ser o auténtico Waterloo do señor Rajoy porque aquí empezou a derrota de Aznar tras o "Prestige", e aquí vai ser tamén o enterro de Rajoy"

"Quen di que en Galiza se persegue o español é un marciano"
E Beiras reapareceu no mitin derradeiro
O ex portavoz nacional do BNG, Xosé Manuel Beiras, que se mantivo á marxe durante toda esta campaña electoral, decidiu onte sumarse a ela para despexar calquera tipo de dúbida sobre o seu apoio ó Bloque nestas eleccións galegas. Beiras estivo no último mitin do día maratoniano de Quintana, en Vigo.

61 comentarios:

Anónimo dijo...

XOSÉ MANUEL PEREIRO Elecciones 1-M
Norman Mailer y el lobo
XOSÉ MANUEL PEREIRO 28/02/2009


Vota Resultado 26 votos
El 7 de noviembre de 1960, John Fitzgerald Kennedy le ganó las elecciones presidenciales a Richard Nixon. Días antes, el escritor Normal Mailer le envió una carta a Jacqueline Kennedy: "Permítame expresar que deseo estar equivocado en mi miedo a la noche del día 7. No estoy de acuerdo con su marido respecto a Cuba [JFK era partidario de derrocar al régimen cubano], creo que se dispone a cometer un grave error, pero votaré por él, de todas formas. Creo que es más importante que nunca que gane. Es sólo que he perdido ya gran parte del placer de emitir el voto...".

La noticia en otros webs
webs en español
en otros idiomas
"No estoy de acuerdo con su marido, pero votaré por él porque creo que es importante que gane"
En esa situación Mailer parece estar parte del electorado gallego, uno de cada cinco, creo recordar de las últimas encuestas. Así que ayer, último día hábil, todos los candidatos se esforzaron en ganarse las últimas voluntades. Bien, no sólo los candidatos. Los medios tienen dos días más y ayer en ABC, casi la mitad de los artículos de opinión versan sobre las elecciones gallegas, en concreto sobre lo del yate. El más poético, del género de viajes, el de una tal Mónica Fernández-Aceytuno, comienza: "En el aire, Galicia tiene una tierra muy oscura, como hecha con la hojarasca de los siglos...". También en La Voz de Galicia se esmeran en aclarar sus preferencias. Dentro del género "la Biblia explicada a los niños", César Casal explica que "el Bloque no se ha hecho más realista por llegar a la Xunta. El Bloque, como su nombre indica, es monolítico y su forma de actuar es muy simple".

En el mismo medio, Juan Gómez-Jurado, autor de best sellers mundiales de tema esotérico y religioso, apunta una opción novedosa por si fallan las tradicionales: "¿No será ya hora, Touriño y Feijóo, de ser los líderes que de verdad necesita Galicia?". A la misma conclusión ha llegado, sin tanto mundo, el alcalde socialista de Vimianzo, Alejandro Rodríguez, que en Radio Obradoiro reconoce que le pide a los vecinos que voten por el PSOE o por el PP. "A este paso, al Alejandro de Vimianzo le espera una embajada", comenta Carlos Luis Rodríguez en El Correo Gallego.

Otras voces se dedican a promover la participación, aunque sea "a la Mailer". "Cuando los que inventaron, engrasaron y usaron los mecanismos clientelares acusan de caciquismo al actual Gobierno bipartito y alguien lo cree, algo pasa. Avergonzar a los votantes es la técnica electoral preferida de la derecha conservadora", era la isla de Lourenzo F. Prieto anteayer en La Voz. "Después de décadas (no sólo 16 años) de hegemonía institucional de la derecha, la izquierda social hemos desarrollado un peculiar laicismo político y un enraizado agnosticismo electoral. Ese agnosticismo, grabado a hierro en muchos, deviene ahora en amnesia y desmovilización y es el factor que puede propiciar un retorno de la derecha por culpa de la abstención", coincidía Antón Reixa en Xornal de Galicia.

Las llamadas vienen a cuenta porque, según analiza el sociólogo y escritor Fermín Bouza en su blog El voto con botas, "el PP comenzó con una campaña normalizada que le hizo avanzar y reducir distancias con el bipartito. Pero eso se ha terminado. PSdG y BNG le han visto las orejas al lobo y han reaccionado. Al electorado más difícil del bipartito parece haberlo llamado a filas la campaña negativa del PP". Bouza, gallego emigrado en Madrid, también ha venido, y confiesa en los Grouchos de Manuel Rivas en este periódico: "De esta vez, no tengo buenas vibraciones. Vi al lobo. Sólo hay una posibilidad de que no venga. Que el electorado de izquierdas, esas decenas de miles de personas que aman la libertad, no caigan en una abstención activa como parece que puede pasar. Los resultados dependen ahora mismo de ese 4% o 5% de la población". En ese 4% o 5% de la población, sordo a los políticos, debió pensar el actor Yves Montand cuando dijo: "Aunque no te ocupes de la política, ella se ocupará de ti".

el país 28-2-09

Anónimo dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
Anónimo dijo...

Eu comprobei que efectivamente a campaña suxa do pp conseguíu tensionar á esquerda. Moita xente que hai unha semana se mantiñan a marxe pensando non votar están hoxe dispostas a pararlles os pés.

A campaña rastreira e estreita foi determinante.

Aínda así, mobilizándose o sector ácrata da esquerda, non teño claros os resultados de mañá. Encontrei papahostias pro-Rosa Díaz. E dependeremos das sacas do Chávez, e dos kirchner. Blanquito vai ter que aplicarse moito se quere ser ministro: "manda a saca do sesenta-corenta, comandante Hugo".

E salia o que salia, salen tocados. Xa non vale "máis do mesmo".

Anónimo dijo...

Me resulta simpática la figura de Blanco (PSOE). Es un político hábil y astuto. Es un "Pío Cabanillas Gallas" de izquierdas......

Anónimo dijo...

Máis que hábil e astuto, camarada Filomeno 2006. Hai "intelixencias" inaprensibles e aínda por inventariar. A intelixencia "escolar", na que abundan os contertulios, non é precisamente a máis importante.

Anónimo dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
Anónimo dijo...

EU vou propoñer o cambio oficial de nome da xornada de reflexión, para que pase a chamarse "xornada de racionalización".

O voto é decidido polo subconsciente, é emocional. Durante o proceso de "decisión" o que se fai é "racionalizalo", buscar un ou máis motivos poderosos que xustifiquen o voto xa decidido, superando certas "censuras". Si non se atopa, non se vota.
Nestas eleccións hai suficientes argumentos para "racionalizar" prácticamente calquer decisión de voto. Anque sexan "retorcidas", como a que suxire o Quintana. Por o que haberá seguramente menos abstención.
"Usted lo racionalice bien".

Selina dijo...

Se na esquerda hai descontento coa clase política, por "algo" será". A abstención é lexítima e é a única arma que se pode usar para castigar unha clase política ancorada no pasado, nas malas prácticas caciquiles e na fenda inmensa que os separa do común da cidadanía. Non hai máis voto útil que impedir que utilicen o teu voto.
Que Maquiavelo negase a posible relación entre ética e política, non pode ser definitorio eternamente. A realidade constrúese en diálogo, pero parece que a algúns non lle interesa nada cambiar as cousas e camiñan por camiños arados por outros. Na política ocorre como no narcotráfico, utilízanse as redes do caciquismo coma os narcos utilizaron as do tabaco rubio. Así as cousas, é imposible que nada cambie ou se cambia é para peor.
Si, síntome pesimista e defraudada.

Selina dijo...

Estimado Filomeno 2006, grazas por entrar ó meu blog, aínda que logo lle xurdise o arrepentimento e borrase a entrada, chegoume vía mail. Saúdos

Anónimo dijo...

Lo borré, porque no sabía si te ofendía que figurase la lengua de Cervantes en tu blog (ahora hay que andar con mucho cuidado para no herir sensibilidades.......)
Saludos.

Anónimo dijo...

Acabo de estar con dous empresarios, un deles inxeñeiro de formación foránea, e non teñen absolutamente nada a ver coa clase política. Están a por toda a carne no asador, están a crear e traballar con un ahínco impresionante, están buscando solucións en equipo, están sufrindo moita angustia....e os bancos néganlles créditos.

Nacionalización de parte do sector bancário , xa!.

Quero ver goberno, afouteza e cambio.

Danme vergonha os políticos.

Anónimo dijo...

Eu mentínlles ós das enquisas da rtvga. Mentide vós tamén. Moede ó revés. Largadelle que votastes ó pp, e nas pasadas ó bloque. Para que se ralamian os fuciños ata as 20:30 h aproximadamente.

Mentide, mentide, que algo queda.

Anónimo dijo...

Non valeu, estou amolado.

bótome á serra.

anónimo da resistencia:

"al monte!, al monte!,
a la sierra!, a la sierra!,
que si hemos perdido la ciudad,
nos queda toda la tierra!".

Anónimo dijo...

Polo que se ve, polo menos para o BNG,a xornada de reflexión é mañá.

Anónimo dijo...

Amigo Arume dP:
Non tiña vostede mala vista, cando decía que non vía a Galiza que outros vían, eh?.

Anónimo dijo...

Bueno. "O home é a medida de todas as cousas". Si un país é fundamentalmente a sua xente, esto "éche o que hai".
____________________________

O "ventilador" do PP foi dirixido cara o PSOE e cara o BNG. Por qué este último partido o acusóu máis?.

_____________________________

A Robespierre perdoáronlle que matara a xente, pero non lle perdoaron que se "pavoneara". Foi "o yate" un pavoneo, realmente?. Ten que parecer honrada a muller do César?. Tuvo realmente algunha influencia o "affaire" do "yacht"?. Tuvo máis importancia o "affaire eólico". Saéu caro o "aire"?. A avaricia rompe o saco?.

__________________________

Tuveron importanza os recentes sucesos en Santiago?. Perdéuse unha oportunidade de ouro de marcar claramente distanzas cós violentos, arriscándose a perder unha bursa de votos en favor de outra,posiblemente máis grande?.
________________________

Por favor continuen a facer preguntas. Para as respostas temos tempo...

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Presentarán mañán as demisións aos seus respectivos partidos?

Anónimo dijo...

Como é que Quintana non demitiu xa? Que está esperando? A que a UPG lle dea a patada no cu definitiva?

Sinto moito dicir isto, pero polo menos Touriño, na súa comparecenza para valorar os resultados, tivo a elegancia de admitir a derrota sen paliativos e os seus propios erros.

Quintana, non.

Síntoo polos (neo-)quintanistas deste blog, pero a "moderación" e o autonomismo non son a solución do BNG, que leva en caída libre desde que marchou Beiras. Si, Beiras. Si, e Camilo Nogueira Román tamén.

O BNG é un partido pequeno, sen apoios nos medios de comunicación, e sen o paraugas dos Zapateros e Rajois. Parte, polo tanto, dunha situación de inferioridade na súa proxección electoral con respecto aos outros. A única maneira de compensar esas eivas e subir electoralmente sería que tivese os mellores cadros, os máis preparados, e os candidatos máis brillantes. Porén, ves os caretos de toda esta xente (empezando por Quintana e rematando na UPG) e bótaste atras.

Se, ademais, teimas nos erros do PP (enchufismo, clientelismo barato, Gaiás, etc.) e non queres ou non te atreves a cambiar Galicia de arriba a abaixo, cumprindo o que prometiches, pois os resultados van ser estes. Pensaban que ían ser o recambio do PP, facendo paparotas cos vellos! Pensaban que a solución dos problemas da gandeiría galega ía solucionalos o banco de terras! Crían que inaugurando catro galescolas en catro anos ía aumentar o número de nenos cuxa lingua inicial sexa o galego!

Primeiro perderon os concellos (Vigo, Ferrol) e agora o poder na Xunta. Fixeron - co PSOE - moi pouco por cambiar este país de arriba a abaixo e o pobo pasoulles factura.

Que medidas adoptaron estes catro anos para reindustrializar Galicia? Sanearon as rías? Cantos quilómetros de autovía inaugurou o bipartito? Canto avanzaron as obras do tren de alta velocidade? Por que seguimos á cola de España en PIB? Por que o crecemento vexetativo en Galicia é case nulo? Por que non investimos máis en educación que as outras comunidades? Por que seguen a saír mozos formados en Galicia a traballar fóra?

Que vai pasar agora co estatuto de Galicia? Non quero nin pensalo...

Anónimo dijo...

De tanto subir costa abaixo,o bng, perdeu. (17-13-12)
A hipervisibilidade mediática non é rendible.

Anónimo dijo...

Quintana na comparecencia, escrutado xa os resultados, mostrouse como é:
UN DESCEREBRADDO.

Anónimo dijo...

Quero recoñecer aquí o importante papel daqueles electores que axudaron a retirar ao quintanismo da circulación.
Quintana, como prometiches, no caso de que perdeses votos, vaite, dimite, desaparece, e contigo todos eses trepas, oportunistas e xentes sen escrúpulos que quixo entregar ao pais.

Onde están os votos das túas queridas velliñás que che fixeron a puñeta.
Onde están os votos dos bilingüistas que te sacaron a lingua.
Ondes están eses votos de dereitas que ías arrabuñar.

Onde están eses votos que depreciaches, por radicais, ideoloxizados, por excesivamente nacionalista, están na túa conta e contan, ao cabo, mais do que desexas.

Onde están os votos deses papanatas a galega que se ían deixar camelar polos teus slogans vicepresidencialistas
"eu son anxo quintana"
Espartaco -Quintana
Barak-Quintana
Allende-Quintana

Onde están eses votantes que non se ían deixar influir polas opacas concesións eóllicas?, polo paseo coa bandeirola española de ricacho noa iate?. Porque todo era intoxicación e non había opacidade nas concesións nin disfrute de novo rico.
Onde?, onde?, Quintana, Onde?

A que conduciu ese nacionalismo de proximidade, que todo o cambiaba para que todo seguise igual.

Quo fuches Quintana!

Anónimo dijo...

Resultaría gracioso, se non fose patético, ver como aqueles que non votaron por Quintana sexan agora os primeiros en pedirlle contas todos indignados. Eis casos de Arume e de Bender, se non me trabuco.

Anónimo dijo...

Eu, recoñecible anónimo (o do patético o delata), non estou nin por asomo indignado.
E repase ben o que escribín: "Presentarán (plural) as demisións (plural) aos seus respectivos partidos (plural)?"

E non fago causa persoal desto: o que eu vote non ten que ver co que eu vexo.
E digo o que me peta: faltaría máis!

Ari Schreiber dijo...

que palliza nos meteron, jasús!

Anónimo dijo...

Eu non coñezo a traxectoria política, ou simplemente parapolítica de case que ningún dos contertulios que asoman por aquí. E non me parece que sexa a eles a quen haxa que xulgar. Si me parece apreciar certa precitación nos comentarios dalgúns dos que falan neste fío. Moitas das preguntas que se fan, referidas soamente á campaña electoral, penso que teñen ben pouca relevancia. O problema é bastante máis profundo. O problema comeza, con efectos retroactivos, naturalmente, nese triunfo incuestionable do PP cun 70% de participación.

Eu non vou dicir máis. Repetirei aquí o que me dixo esta mesma mañá un home sensato e desencantado, que milita ou militou, non estou certo, no BNG.

"QUEN SEMENTA CHÍCHAROS NON PODE RECOLLER PATACAS"

Din que escribir maiúsculas en internet é berrar. Eu póñoas non por berrar, senón porque non sei como se fai aquí para poñer negrita ou cursiva.

E quero dicir unha cousa máis. Só unha: hoxe, aínda que o resultado está moi lonxe de ser o que eu quixera, síntome moi satisfeito e reconfortado. O meu pobo demostrou unha innegable madureza e sabiduría político/electoral.
E engadirei que lamento moitísimo non ser quen de poñer en pé nestas pasadas eleccións unha plataforma contundente a prol do voto en branco.

Ese sería a verdadeira mensaxe para eses tres lampantíns.

¿A rexeneración ten que empezar polo castigo?

¿Haberá que aceptar que non hai rexeneración posible?

Perdoen, se en algo lles faltei.

Anónimo dijo...

Xa que os políticos non nos serven, que empece a funcionar a sociedade civil!

Anónimo dijo...

Eu penso que quen lle dixo a Quintana (e a Touriño) que dimitise(n) foron esas ducias de miles de cidadáns que no 2005 votaron por eles e que agora o fixeron polo PP. Nin máis nin menos.

Anónimo dijo...

Desculpe, don Arume, por entender mal a súa mensaxe. Ten razón no que di: usa o plural, está no seu dereito e non está indignado. Non é ese o caso do casposo troll que agora lle dá por asinar como Bender, tan dado sempre a acoitelar a todos aqueles que non lle fan caso.

Anónimo dijo...

Chámeme o mesmo, 609847879, que hoxe é Rábade.

Anónimo dijo...

Ben é posible que o factor determinante sexa a crise económica. Cando se toca este eido a xente non perdoa.

Non hai outro, non veñades con chuminadas de fotos, moiños, prensa. Os que gañaron fanno igual, levan moitos anos facéndoo. Non penso que únicamente a mediocridade, a falta de democracia nos partidos, a falta de cadros, a xestión deran cabo da alternativa bi-partita. Non. Porque non dan cabo do PP se fan parecido?.

Sigo a pensar que é a crise económica.

De feito o grande error estratéxico de Touriño, nestes momentos dame pena e solidarízome con él por a dignidade e door con que asumiu a derrota, o grande error foi non adiantar as eleccións antes da degradación sen fondo na que estamos a caer.

Eu percibo todo-los días un aumento de angustia. Ah, pero os do pp teñen a solución?. Non, é unha xigantesca reacción emocional contra os que ghobernan.
Despois engadiremos máis consideracións.

O mesmo sucede cos alumnos, vinlles aturar auténticos profes desquiciados e paranoides, ata que lle tocan a nota. Entón pasan factura, brutalmente. E se non lle tocan a nota?. Non pasa nada, mantéñen ós ineptos indefinidamente.

Tocáronlle á nota ós electores. O fodido é que non foron os que ghobernan. O capitalismo aglosaxón amoral non o inventamos nós.

O único consolo é que cecais con un pouco de traballo vamos conseguir barrer unha banda de sectários e ineptos que se mantiñan ehí. Eu vou comenzar a largar para "depurar" o p. psoe.

Anónimo dijo...

Si sociedade civil, fotalecernos na sociedade civil, eso tamén é democracia.

O blog tamén é sociedade civil, pero temos que chegar a máis xente.

Anónimo dijo...

Os que pensan que o Quin non foi suficentemente "radical" ou "nazonalista" votaron seguramente ao PP,ao PSOE, ou a UPyD.
JAJAJAJJA

Anónimo dijo...

A "chulería persoal" pasa factura. E a chulería "nstitucionalizada" tipo "Tenencia de alcaldía", "Vicepresidencia", e caralladas así, tamén.

Anónimo dijo...

Síntoo, don von der Stein, pero hoxe non é Rábade para min. Hoxe non toca. Tocou o 22, que lle foi unha feira ben cativa, mais o polbo/pulpo estaba bó. Por certo, seguín o seu consello e tomei os callos da Cantina -¡Cantina, que fermosa palabra chea de antigos ecoares!- da estación. Non son de desprezar, non, señor.

Saúdos. Chamareino noutra ocasión. ¿Vale?

Anónimo dijo...

Enquisa das Uvas:

Cal das seguintes persoas é a axeitada para suceder ao Quin ao frente do BNG?:

- O propio QUin.
- Xosé Manuel González, de Lugo.
-Lourixe.
-Lobo neghro.
- Marcos Valcárcel.
-Julio Medela
-Anda Bande.
-Arume dos Piñeiros, previo fichaxe espectacular e mediático.
-Doniña.
-Marcel Swann.
-O mesmo.
-Xaime da Pena.
-Eu mesma.

Anónimo dijo...

Touriño xa presentou a demisión (noticia de agora mesmo). A que espera Espartaco?

Anónimo dijo...

Ósperas!. Faltóume o Apicultor!.

Anónimo dijo...

O Espartaco espera a que teñamos nós decidido o candidato, aiquí, nas Uvas.

Anónimo dijo...

Eu voto por un pacto estratéxico, e a longo prazo, do BNG con tega, os restos galeguistas e democracia orensana, a democracia sana.

Anónimo dijo...

Eu quixera desde aquí felicitar ao sr Baltar, por colocar a dedo aos seus familiares e amigos, por calumniar "que algo queda", e por deixar a Ourense entre as provincias máis prósperas de esta España nuestra.

modo en-hostiado "off"

Anónimo dijo...

Hai un factor para explicar a victoria de Feijoo nada desdeñable: as súas gafas, exactamente igual ás miñas.

Podo certificarlles a capacidade de seducción inmediata que posúen.

Anónimo dijo...

O que estaba cabreado onte e non o disimulou nada (mesmo in crescendo) foi Anxo Guerreiro. Canto máis cabreado estaba (quitándolle a palabra educadamente aos outros), mellor falaba. Foi un dos momentos máis brillantes destas eleccións.

Anónimo dijo...

Enquisa das Uvas:

O Quin tivo unha oportunidade e non soubo aproveitala así que queda descartado.

Apicultor e Arume non dan o perfil porque non son nacionalistas.

Os demais e as demais si o son .

Darémoslle un voto ó González por ponderado. Como suplente ó Medela por entusiasta.

Anónimo dijo...

Estóu de acordo con vostede, Arume, no de Anxo Guerreiro. Penso que entra nas Uvas, a raiz de algús dos seus comentarios durante a campaña.

Anónimo dijo...

Travolta: permítame dicirlle que non ser nacionalista non invalida para ser dirixente do BNG, segundo as afirmacións do seu líder ao comezo da campaña.
Eu creo que tanto Teresa Táboas coma Fernando Blanco darían bó perfil. E non é porque sexan amigos meus do feisbu. Que tamén.

Anónimo dijo...

Marcos V, Ana Bande nazonalistas ???

Anónimo dijo...

Quere decir, Arume, que o director de unha empresa vitícola pode ser un abstemio?.

Anónimo dijo...

Refírese ao/á de Don Simón?

Anónimo dijo...

Para a chefía do cotarro galeguista Arume dos Piñeiros sería unha fichaxe mediática, blogueira, gafapastosa. Beleza e serenidade clásicas. Periodos ben construídos. Retranca urbanitas.

Saavedra ou Marcos impoñerían un pouco de sentidiño profesoral entre tanto toleirán que xa está a pedir a volta ás trincheiras, a bufanda palestina e a chupa de coiro dos penenes e divorciados.

Xaime da Pena sería macanudo para captar paisanos nas feiras, nos chigres (normativo "tabernas") e nos despachos dos adevogádevos galeguistas a tempo parcial.

XDC podería andar na procura do voto entre os desencantados da política, os ácratas e os ourensaos en xeral.

Anónimo dijo...

Agora falando en serio. Quintana non pode continuar nese posto. Cando no novo parlamento reclame políticas de austeridade no gasto, ou pluralismo nos medios de comunicación públicos, ou acabar coas prácticas clientelares, non lle prestará atención ninguén. Non terá credibilidade.

O problema é que non vexo a ninguén capacitado para seguir á fronte do BNG, nin vexo a fronte capaz de encarar transformacións internas.

Anónimo dijo...

Entón, o único camiño é a descomposición do BNG nos seus elementos constituintes?

Anónimo dijo...

O QUintana acaba de decir na radio que non dimite.

Anónimo dijo...

Non lles permito utilizar o meu nome en vano, non seña que me fodan unha consellería co Feijoó. Queda dito.

Anónimo dijo...

Teresa Táboas sería boa presidenta. Non a coñezo moito, pero para min ten moitas cualidades: unha non menor é a de representar o voto urbano máis ca outros membros do partido. E sen ese voto vai ser imposible acadar unha maioría de progreso. Non se me escapa que unha muller para candidata, por primeira vez á Xunta, parece ademáis necesario.

No caso do PSOE vexo mal o asunto, a non ser que José Blanco deixe de ser o estratega máximo. Nin Espinosa nin Molina parecen acadar unanimidade. Caamaño podería valer pero necesita (máis) escaparate. E Carmela Silva está ben colocada coma portavoz do Senado e reúne semellantes condicións as de Táboas.

Ten que haber un cambio xeracional, parecido ao do PP. Táboas naceu en 1960 (como Zapatero) e Silva en 1961, como Feijoo e un servidor: a Highway 61 revisited.


Nota: Quintana é un pouquiño maior (pero a tutela do partido representa outra época): en todo caso, non debeu de facer BUP. Seica. Unha fronteira xeracional evidente. ;)

E perdón por esta miña suxerencia.

Anónimo dijo...

Levaba en abstención voluntaria durante todo o día e entrei nas Uvas hai dez minutiños. Repasado o fío, cinco comentarios:

1. Sabía eu que o Quin o ía pagar hoxe na rede. Cando se empezou a ver que o PP podía gañar (eu, xaora non o vin ata mediados da semana pasada), foi unha das primeiras ideas que me veu á cabeza.

2. Dáme a impresión de que a maior parte dos críticos, mesmo fortemente descontentos coa acción gobernativa, ao final votaron. Non só é de agradecer, habilítaos e lexitímaos particularmente para agora expresar a censura.

3. Boa parte da perda forte de voto, tanto no PSOE coma no Bloque, parece radicada en cidades onde a gobernación ou desempeño local acusa claro desprestixio: A Coruña (ámbolos dous), Lugo (PSOE), Ferrol (BNG), Ourense (BNG).

4. Canto ao último que escribiu o Arume: hoxe á mañá lembrei un artigo que publicara eu hai anos n' A Nosa Terra; falaba de que, coa retirada de Beiras, chegara o momento da miña xeración. Parece que, en efecto, os que naceron despois dos cincuenta petan na porta.

5. Agradecidísimo a todos vdes.: por candidatarme. Segundo queda indicado, por razón de idade xa non son idóneo: aquilo do arroz. Supoño que tampouco ninguén recandidatará ao Camilo Nogueira (a Beiras xa supoño que si, iso igual dura mentres dure el).

Seguiremos razoando.

Anónimo dijo...

PP votos no ano 2005= 756.562
PP votos no ano 2009= 755.203.
No 2005 pasou a oposición. No 2009 con 1359 votos menos pasa a ter maioría absoluta e gobernará en solitario.
Os votos que lle deron a ganancia non viñeron da esquerda, xa os tiña. Os que perdeu a esquerda e ficaron na casa ou en branco e outras siglas sen representación, ises son os que permiten que hoxe goberne o PP.

Anónimo dijo...

Por facer o análisis neses termos: os que non querían que gobernase este PSOE nin este BNG, pero tampouco queren entregar o páis ao PP. Entre os que me conto.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Os datos de 2005 computan o voto exterior. Faltan eses votos para o PP deste ano.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Faltan algo máis de 100000 votos por escrutar.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

La Coalición PSdG-BNG enfrentada por la ETEA
Los concejales que pertenecen al BNG no se presentaron a la votación del convenio de la ETEA
19:42 VOTE ESTA NOTICIA




EFE
La aprobación del convenio entre el Consorcio de la zona franca para la entrega de los antiguos terrenos de la Escuela de Transmisiones Eléctricas de la Armada (ETEA) enfrentó hoy una vez más a los integrantes de la coalición PSdeG-BNG que gobierna el Ayuntamiento de Vigo.

En sendas conferencias de prensa, el alcalde, Abel Caballero, y el teniente de alcalde, Santiago Domínguez, respectivamente el PSdeG y del BNG, confirmaron que durante la votación del convenio los concejales de ese último partido se ausentaron.

Según Domínguez, esa aprobación del convenio de la ETEA "debilita" a su partido ante la reunión prevista para que la comisión ejecutiva de este ente público analice la posibilidad de hacerse cargo de las reparaciones de las instalaciones entregadas.

Caballero, por su parte, que minimizó la ausencia de los ediles del BNG, instó a que tome la decisión de evaluar esa necesidad de reparar las instalaciones entregadas.

Preguntado sobre si la llegada del PPdeG al Gobierno de la Xunta podría parar el proyecto de la Ciudad del Mar, previsto también en esos terrenos de la ETEA, Caballero dijo que es un proyecto de "obligado cumplimiento".

"No se me ocurre que desde el Gobierno gallego no se vaya a cumplir", dijo el alcalde, quien insistió en que el Ayuntamiento de Vigo recibe los terrenos de la ETEA "a cambio de nada", otra discrepancia manifiesta desde sus socios del bipartito.

"A cambio de nada no", aseveró Domínguez, quien agregó que el convenio establece 11,5 millones de euros de aprovechamiento urbanístico por parte del Ayuntamiento de Vigo, una cifra mayor si el Consorcio no decide arreglar las instalaciones deportivas entregadas.

Anónimo dijo...

Dacova, eu sigo a decir que esto non é estrictamente o que hai. Galicia non é a xente que hai. Tamén é a que non hai. Eu teño máis de media família fora, e non vota. Gustaríame saber canta xente son, os que non hai, que se criaron eiqui e agora están na emigración ( non hai outra palabra), e non vota. Non son os bananeros latinoamericanos.Non.

Alguén ten estatísticas de poboación nosa en europa?.


E se me apurades, galicia tamén é a comunidade de devanceiros "ausentes". Se comulgárades máis con eles ó mellor íanos doutro xeito. Como ides querer pasar dunha cosmovisión orixinal a unha sociedade materialista hiperracional e allea chamándovos nacionalistas?.
Non sei, non sei...

Onte eu boteille 40 pesos ás ánimas. Por nada, porque na miña casa o facían. Estaba eu no enterro dun primiño de 11 anos.

Acredito nas ánimas porque son galego.