24 may 2009



Dedos de Pedra (III).
Xoán da Cova para As Uvas na Solaina.
Acuarela de Dedos de Pedra.Foto Inferior.
(Localizada por indicación de Lobo Neghro no bar de Santiago Rguez.-Foto superior-.Cartelle.)
Dedos de Pedra tiña unha rara habilidade para conseguir traballos do difícil mercado da música da animación en directo . Esta que vos conto non é máis ca unha entre unha chea de outras similares. Pasaba eu unha noite diante dun de eses "pubs" con pantalla xigante , que tan de moda estaban a principios dos noventa. A música ambiente soábame extrañamente familiar, anque non coñecía o tema concreto, e decidín entrar. Cal é a miña sorpresa ao ver a Dedos de Pedra ,e o seu teclado, na pantalla xigante de video. De alí era onde proviña a música. Os clientes do pub, fundamentalmente parexas xóvenes que se amaban nos sofás, non prestaban ningunha atención ao feito de que o músico da pantalla non fora ningún coñecido ídolo de masas, nin que a realización do video estuvera lonxe de ser profesional. Dedos de Pedra falaba có propietario do local animadamente, con un "cubata" na man. No mostrador, os vasos vacios de dous ou tres que xa foran "escoados", por usar a su propia terminoloxía. Convencera ao hosteleiro de que aquel video podía supoñer unha "bomba" musical no seu local e conseguira venderllo. Por unha cantidade que non puden determinar, pero que, sospeitéi, podería estar na orde do precio das bebidas "escoadas". Eu "alucinaba" vendo cómo o propietario puña o video unha e outra vez ,mentras Dedos de Pedra lle facia ver detalles que se lle esqueceran comentar nos visionados anteriores. Toméi algo con eles, e Dedos de Pedra saéu logo conmigo á rua, pra seguir tomando algo noutro lado. Propúxenlle ir hasta Xinzo, hasta o pub "Cocos", de moda naquela altura. Non parecéu moi interesado, pero cando lle dixen que o propietario era amigo meu, aceptóu de inmediato. Arrancamos cara Xinzo. Non me preguntedes cómo, pero no tempo que tardéi en ir nun momento dado ao servizo, xa tiña convencido ao meu amigo de que o seu local era o máis axeitado que vira nunca para ter actuaciós en directo. Dedos de Pedra tocaría alí tres noites á semana, a partir da semana seguinte. Eu volvía a estar asombrado, vendo como charlaban animadamente, ultimando os detalles. Volvíamos cara Ourense cando, tras distinguir o enorme cartel luminoso de un coñecido hotel das aforas , díxome: "Vamos parar a tomar algo no bar de ese hotel, para celebrar que conseguín traballo no pub do teu amigo". Eu sabia que o hotel tiña un "piano bar". No quero facer moi largo o relato, e contaréi brevemente cómo foi o resto da noite. Dedos de Pedra pedíu permiso para tocar o piano e montóu un show alucinante, coa colaboración de moitos dos clientes que se atopaban alí tomando unhas copas. Un dos máis animados, que rematóu por cantar varias canciós en catalán, resultóu ser o propio director do hotel. Dedos de Pedra foi contratado para tocar todos os días, mellor dito, todas as noites, naquel piano bar. A oferta, tanto en número de días como na cantidade económica apalabrada, era mellor que a que acababan de facerlle en Xinzo. Tuvemos que volver ás terras do Limia, a última e hora e a toda velocidade, para que Dedos de Pedra poidera cancelar o compromiso previamente adquirido no pub. O propietario xa baixaba as persianas cando chegamos apresuradamente. Non lle parecéu moi ben, pero ao final aceptóu que a "competencia" lle levara ao músico, có que xa contaba para darlle un empuxón definitivo ao seu local. Cando chegamos a Ourense, xa á deshora, propúxome que foramos tomarlle a última a algún outro lado, pero eu xa non aceptéi. Eran demasiadas emociós para unha soa noite. Dedos de Pedra tocóu no piano bar do hotel Auriense unha larga tempada, protagonizando unha chea de situaciós alucinantes, algunha das cales podería ser obxeto de relato nunha próxima entrega.

5 comentarios:

Anónimo dijo...

Como que empezo a estar ata os collóns de Dedos de Pedra e das veleidades narrativas de X. da Cova nos últimos tempos. Era moito mellor cando aclaraba cousas que ninguén sabía, como un Iker Jiménez do blog. Pero agora a xente, en troques de facer entradas "ad hoc" para unha páxina coma esta, dedícanse a facer "pinitos" máis ou menos felices (algúns son bós, admito, pero non é este o espacio idóneo) literarios e tocan os collóns (en caso de lector masculino) ou a pituitaria (perdón, perrecha) en caso de lectora (feminina, por suposto, como dixeron no 23F).

xdc dijo...

Da serie "Dedos de Pedra" sólo queda un, Anónimo. Aguante un pouco máis, ghoder, que así prepárase de paso para unha eventual guerra psicolóxica.

lobo neghro dijo...

Xán, desemúleme pero eu xa lle dixen que non gosto das acuarelas do músico. Ou "múseco", ou "pentor", pero as dúas cousas a un tempo sonlle difíciles de facer ben.

Boeno, élle opinable.

Por outra banda, non sei que tanto relacionar o ser un "perdidiño" con ser artista. Sí, houbo xenios atormentados, pero eu creolle aghora máis na disciplina do traballo.

Como dí o meu pai, veume o "conocemento" ós corenta anos, como ó Bernaldino.

lobo neghro dijo...

Fala o Xulio Drabal de organizarmos un contubernio en Cartelle na tapería do Santiagho, o fillo do Manuel; boa xente.

Camiño inicíatico de ida, a ruta dos lobos, antes chamada dos castros.
Volta, "a la terminación", pola estrada ben malladiña, ghuiados por os que non beberan.

XDC dijo...

Eu vou logo na burra, Lobo, que me trae para casa soa, inda que eu bebera.