18 may 2009


Na contraportada de El Correo Gallego.es , Xurxo Fernández da conta de que MARCOS recibe do PEN CLUBE o IV Premio PEN/Voz de Liberdade 2008 o Venres no Hostal dos Reis Católicos as 19 horas.

PREMER xml>

MANUEL RIVAS 11/07/2008:

O piñeirismo era unha ecuación simple: democracia + autonomía + europeísmo. E logo unha técnica, sobre todo unha técnica. O traballo coas elites. A sedución das elites. Hoxe toca pesar pan. Así que no balance positivo, dous intres históricos: O movemento contra o aldraxe da discriminación estatutaria e o acadar un consenso para a Lei de Normalización Lingüística, mesmo convencendo á dereita máis de a ceacú

(De: MANUEL RIVAS en Luces “A mesa cósmica de Piñeiro e o HAL de Kubrick”)




6 comentarios:

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Non creo que incomode ao autor deste artigo, o amigo Saavedra, se aquí o traio, sen premer nin nada.


Acaba de tomar posesión un Secretario Xeral de Política Lingüística. Segundo leo, estima improcedente, inconveniente un lugar central para o idioma na preocupación corrente do país; non o tomo a mal, porque se algo lle hai que admitir a Anxo Lorenzo é ocupación e interese no idioma. Pero ignoro como debe interpretarse, xa que a teor do acontecido nos últimos anos a admonición deste vigués o mesmo pode valer unha crítica aos ‘normalizadores' coma ao líder político que o nomea.
Certo é que probablemente haxa cabezas que serenar ou traer a rego. Algo próximo ao estupor, vexo un titular interrogativo de columna xornalística ("Quién votó a la Academia?") quizá suxerindo sufraxio universal para designar os membros da Galega; non é tal, xaora, senón enxeñoso empezo de crítica ao manifesto "Unha lingua para todos", deduzo que por manifestar necesario reforzar a presenza do galego no ámbito escolar. Non menos abraiado, observo como determinado voceiro parlamentario en materia idiomática -posiblemente adecuado para ‘asuntos sociais', de máis ca dubidosa pertinencia no tema presente- connota de verdugo o sociolingüista que Feijoo nomea; por tal e tan regulamentaria circunstancia, colixo, suposto executor (desculpen a ominosa ambivalencia ) de ordes partidarias.
Este barullo lingüístico non o montou a Academia, que presumo ben poderá falar máis ca de gramática e dicionarios. Non un Anxo Lorenzo ao que cómpre desexarlle tanta sorte e finura propias coma tolerancia allea. Nin eu, que escribo na madrugada do domingo, a poucas horas de ir a Santiago para manifestarme. O luns, cando lean isto, haberá máis datos e seguiremos traballando. Con cabeza, oxalá.

ms dijo...

Con ou sen Lorenzo, a derogación do decreto do galego está en marcha, segundo confirmou esta mañá o melifluo conselleiro/consejero de cultura hispano-galega.

Polo que contan as crónicas, na manifestación a prol do vernáculo non estivo representado como partido o PSdG. Eso si, nunhas declaracións Pachi Vázquez "apela o piñeirismo" e di que hai que poñer a lingua "fóra do combate político". Xa llo pode ir dicindo ao seu (ex-?)correlixionario Lorenzo.

Criselda dijo...

Estamos nunha situación ben complicada e moi difícil de resolver. O Sr. Feijoo quere quitarlles o galego aos que se apropian del, é dicir, ao bando contrario. O bando contrario -no que militamos moitas persoas sen siglas e outras con elas- está desexando que Feijoo se apropie do galego e o defenda como algo de seu. Aínda me leve San Pedro se vin unha lide semellante. Se non fose para estar preocupados era para rir. Pero queda moi pouco oco para a risa e para calquera manifestación de sentido do humor vendo o futuro que lle espera ao idioma propio.

Xosé M. González dijo...

Espero os primeiros movementos do Lorenzo, non decretais, para empezar a avaliar o uso da cabeza por esa banda. No tocante á de máis aquí, no magma sensorio-emotivo-reflexivo da manifestación de domingo localizo dous satisfactorios fenómenos: un ponderado Callón, á altura do evento; a volta do achegamento afectivo ao idioma.

Habemos avaliar tamén o uso posterior da cabeza. E grazas, Arume, posiblemente me evitou un traballo. Haxa boa noite.

Anónimo dijo...

O estilo é tremendo. Non o contido. Que interlocutor se imaxinará?. Un si mesmo dirixéndose a un público axexante por recibir a visión dunha realidade que o autor non entende, pero que cree que os outros a entendearn ao retorcer o xeito de nomeala?

Anónimo dijo...

Eu non entendo o que ti dis.