O Congreso Manuel Luís Acuña rende homenaxe a Marcos Valcárcel
Abriu fogo Francisco Fernández Rei, cunha conferencia titulada Prestixiando o galego: de Acuña a Valcárcel, centrada na construción do galego literario, do que formaron parte ambos autores e na que fixo un repaso pola evolución da lingua desde Rosalía ata os nosos días. De Acuña destacou que se enmarca «na etapa diferencialista, cun galego moi coidado no léxico, moito del tomado do portugués para diferenciarse das formas máis próximas ao castelán»; mentres que de Valcárcel asegurou que «usa un galego estándar; e sería un crime verlle dialectalismos ou castelanismos».
La Voz de Galicia, 20.11.2009.
Foto: La Región
3 comentarios:
O salón de actos parece o de Trives. E seguides a baixar os alumnos do I.E.S para encher o espazo?.
Unha aldea pequena non da para tanto congreso.
Quen era o Acuña ese?
Ten un libro magnífico: "fírgoas" no que emprega unha linguaxe moi puída, orixinal e de vangarda, sendo popular. No seu tempo era un adiantado. Despois da guerra incivil estivo expedientado de maestro e tivo, para sobrevivir, que por academia privada con un irmau de A. Bóveda ó qua acaban de homenaxear esta semana os do concello de Ourense. A academia Bóveda na alameda do cruceiro que tivo moita sona por boa.
Non volveu a publicar nunca máis.
Merece a pena. O que non dá de sí e facer catro congresos en torno a súa figura, no seu pueblo, Trives, no espazo de oito anos.
Hai financiación, publicación de actas, etc...pero para levar xente levan un autobus de alumnos do campus de ourense ( unha dúcia) con pago de algún crédito, e baixaban os alumnos de galego do instituto.Non sei se siguen a facelo.
Estou farto da españa cañí. Pero ó autor vale a pena lelo.
Publicar un comentario