27 nov 2009

O furacán catalán
O presidente Montilla agradécelles á prensa e á sociedade civil o seu apoio á "iniciativa histórica" do editorial conxunto de doce xornais en defensa do Estatut
Galicia Hoxe, 27.11.2009


O presidente catalán, José Montilla, agradeceulles onte á prensa editada en Cataluña e a todas as entidades civís a súa adhesión ao editorial conxunto de apoio á constitucionalidade do Estatuto catalán, unha iniciativa de doce rotativos cataláns que definiu de "histórica". O xefe do Goberno catalán asegurou, nun comunicado, sentirse "identificado" no contido do texto editorial, que recibiu "con satisfacción".
O presidente catalán agradeceu a publicación deste texto conxunto "tanto polo seu simbolismo como porque reflicte perfectamente a ampla unidade que hai na sociedade catalá na defensa do Estatuto e da vía institucional para expresar os desexos e aspiracións do país".
O presidente catalán reiterou que tanto el mesmo como o Govern no seu conxunto están "comprometidos na defensa do pacto político que os cataláns ratificaron co seu voto". Así mesmo, Montilla afirmou que o xesto das empresas editoriais "supuxo un grande apoio na tarefa de facer chegar toda a voz e a vontade dos cidadáns de Cataluña".
Doce diarios cataláns publicaron onte un editorial conxunto en defensa do Estatut no que subliñan a expectación pola sentenza do Tribunal Constitucional (TC) e advirten: "Se é necesario a solidariedade catalá volverá articular a lexítima resposta dunha sociedade responsábel".
Os principais rotativos cataláns que se sumaron a esta iniciativa iné- dita son El Periódico, La Vanguardia, Avui, el Punt, Diari de Girona, Diari de Tarragona, Segre, La Mañana, Regió 7, El 9 Nou, Diari de Sabadell e Diari de Terrassa e a el adheríronse ao longo do día as tres emisoras de radio catalás, Catalunya Ràdio, Rac1 e COM Ràdio e innumerábeis colectivos. O final do día converteuse nun alude de apoios, non só de partidos, senón tamén de institucións civís e económicas, así como de medios de comunicación e incluso de miles de internautas en foros e grupos en Facebook.
A dignidade de Catalunya é o título do editorial conxunto no que se recorda que o TC leva tres anos de "lenta deliberación e de continuas escaramuzas tácticas que danaron a súa cohesión e erosionaron o seu prestixio". Recordan os rotativos cataláns que coa esperada sentenza sobre o Estatut será a primeira vez, desde 1977, que o alto tribunal se pronuncie sobre "unha lei fundamental referendada polos electores".
O TC "foi empuxado polos acontecementos a actuar como unha cuarta Cámara", segundo este editorial no que se recorda que dos doce maxistrados que compón o tribunal, "só 10 poderán emitir sentenza", xa que Pablo Pérez Tremps foi recusado e Roberto García-Calvo faleceu.
Ademais, subliña o artigo, dos dez xuíces, "catro seguen no cargo despois do vencemento do seu mandato, como consecuencia do sórdido desacordo entre o Goberno e a oposición".
Tras recordar os "puntos de fricción" do debate, como a definición de Cataluña como nación, o catalán e as relacións entre o Estado e a Generalitat, advirte de que "unha parte significativa do tribunal parece estar optando por posicións irredutíbeis".
"Hai quen volve soñar con cirurxías de ferro que cernen de raíz a complexidade española", asegúrase no artigo editorial.
Os rotativos consideran que coa sentenza do TC está en xogo "o espírito de 1977" que fixo posíbel a transición española e expresan o seu temor de que se estea preparando "un verdadeiro ferrollo institucional". Neste punto, recordan "un dos principios vertebrais do noso sistema xurídico, de raíz romana: Pacta sunt servanda. O pactado obriga".
Advirten da preocupación que hai en Cataluña sobre esta cuestión e afirman: "Hai unha crecente fartura por ter que soportar a mirada irada dos que seguen percibindo a identidade catalá (...) como o defecto de fabricación que lle impide a España alcanzar unha sonada e imposíbel uniformidade". "Non estamos, advirten os rotativos, ante unha sociedade débil, prostrada e disposta a asistir impasíbel ao menoscabo da súa dignidade".
AS DECLARACIÓNS
O PSC rexeita un cumio de líderes
O PSC rexeitou a proposta do líder de CIU, Artur Mas, de celebrar xa un cumio de líderes sen esperar á sentenza e aumentou na súa demanda a Mas de que renegue de pactar cun PP que é, na súa opinión, quen presiona ó TC e "agrede" a Cataluña. O secretario de organización do PSC, José Zaragoza, avalou o editorial publicado de forma conxunta por unha ducia de diarios con sede empresarial en Cataluña.
Para Lleida a sociedade é forte
O voceiro de CIU no Congreso, Josep Antoni Duran Lleida, cualificou de "exemplar e envexable" o editorial e advertiu de que a sociedade catalá non asistirá "impasible ó menoscabo da súa dignidade". Duran destacou que o editorial é "claro e respectuoso". "Non estamos ante unha sociedade débil disposta a asistir impasible ó menoscabo da súa dignidade", recalcou e pediu o "liderado" para Cataluña.
Carod-Rovira: "É un feito singular"
O vicepresidente da Generalitat, Josep Lluís Carod-Rovira, cualificou de "feito singular e positivo". "O editorial pide respecto para a libre opinión da sociedade catalá expresada libremente nas urnas e fai tamén unha reflexión xeneralizada dicindo que xa basta de segundo que tipo de situacións", engadiu o vicepresidente da Generalitat. "Celebro moito este editorial preventivo antes da sentenza do Tribunal Constitucional".
Ciutadans pide respecto ao TC
O PPC e Ciutadans non avalaron o editorial. A presidenta do PP catalán, Alícia Sánchez-Camacho, pediu "respecto" polos que, como os populares, queren un Estatuto catalán "plenamente constitucional", e recordou que "a dignidade dos cataláns pasa por solucionar a crise económica". Albert Rivera, presidente de Ciutadans, cualificou de "inaceptable" a "presión" e acusou a Generalitat e a CIU de "aproveitarse" dos xornais.
Os sindicatos aplauden a idea
Os sindicatos CCOO de Cataluña e USOC aplaudiron onte a iniciativa de doce diarios. CCOO alertou das "frustracións e incomprensións" que podería xerar unha sentenza negativa que recortase as competencias da principal lei catalá, provocando "aínda máis desafección entre a cidadanía e a política". O sindicato insta a non esperar a sentenza para despregar as súas potencialidades.

4 comentarios:

apicultor dijo...

Realmente admirable a reacción da sociedade civil catalana. Igualiño que aquí, oiga, cando foi o do non nato novo estatuto, igualiño. Como, que di? Que non se enterou de tal cousa? Pero en que mundo vive? Ah, si, claro, en Galicia (ou Galiza, ou bella región del noroeste).

detective crepuscular dijo...

Señor Apicultor, veño de pasear a teckel, comprar a prensa (El País, La Vanguardia, El Público, fáltame o Faro) e comprarlle uns "crusáns" pequeniños de chocolate para a moza (hai que darlle boa vida aos vástagos e vástagas). Digo que veño, e non é verdade, xa hai rato que viñen, que que me levantei ás 8:30 horas para porlle unha pouca de orde á casa, que onte tivemos os pintores e non lle digo o Kaos que quedou. Que ten que ver isto co fío da dignidade e do clamor estatutario? Iso mesmo me pergunto eu. Vaime perdoar e permitir cair na frivolidade de comentar calquer cousa antes que falar desa obviedade da fraternidade xornalística e da fortaleza da sociedade civil catalana e da adhesión/adesión/adesão da maior parte dos municipios á mentada editorial e do pouco que importa para o caso a lexitimidade ou non lexitimidade do Tribunal Constitucional e a sempiterna hostilidade desa España tétrica e excluínte que non entende nen entenderá nunca as mais elementais pulsións que bulen niso que se dá en chamar biodiversidade. Alá eles, a vida cuotidiana catalana transcorre "lonxe" do que pensan certas instancias e partidos políticos españois, que mesmo parecen viver acastelados nos biosbardos constitucionais e na belixerancia, incomprensión, insolencia e insurxencia mais brunéticas e arnaristas, como se o legado político do Caudillo fose inamovíbel. Claro que a famosa "desafección" que estamos a viver choca contra varias bandas que non podemos ignorar e por iso eu prefiro manterme no ton de Sergi Pàmies que figura mais abaixo, porque se teño que dicer todo o que penso prométolle que lle botan a tranca á Solaina. Para non insistir en tan escabroso asunto, torno á frivolidade dos "crusáns" do principio. Pois si, tiñan na panadería un "crusán" xigante, que desta vez e pensando nestes días pasados e en mañá, non me resistín a perguntarlle á señora se era de verdade ou mentira. "Pois claro que é de verdade", respondeume. Acaboume informando de todo e aí están os dous quilos de peso, o pouco menos dun metro de largo e os 13 € de prezo, e que si era para grupos. Afinal díxenlle que lle puxera un papel co texto "É de verdade", porque a moita xente pasáballe o que a min min, como así se puxo de manifesto. Así que xa sabe, señor Apicultor, vostede prepare unha excursión soláinica, que eu compro o "crusán" xigante para a paliza "estatutaria" de mañá ao Real Madrid Constitucional. Por non falarlle do caso dos condóns rachados (ouviu, ouviu ben), que publicaba onte El País de Catalunya (con ny e non con ñ, que non acaban de entender que aquí é así). Para escarallarse. Só lle poño un cachiño: "Entre septiembre y octubre de ese año, con intención de menoscabar la paz y tranquilidad familiar de la mujer, David penetró en diversas ocasiones en casa de Eva, según las calificaciones del ministerio fiscal. Descolocó diversas fotografías y agujereó diversos preservativos..." Non lle parece a vostede, señor Apicultor, que o que pretenden o T. C. é a España cañí é "penetrar" e "agujerear" o preservativo estatutario catalán?

d.c. dijo...

O de Pàmies póñollo aquí, que no anterior non foi aceitado.


Millet & Montull (2)
Sergi Pàmies - 27/11/2009

Las imágenes de Jordi Montull jugando a tenis han provocado cierto malestar entre las almas sensibles de los contribuyentes. Indigna ver a un delincuente confeso disfrutando de unos momentos de relajada libertad. A Fèlix Millet, en cambio, se le critica que siga visitando los mejores restaurantes de la ciudad (¿escandalizaría menos que los restaurantes fueran malos?). En una tertulia radiofónica, oí al ex diputado Josep Curtom que, con deliciosa contundencia y entonación meridional, afirmó: "Aquestos rateros mos fotran una botifarra a tots els catalans". Entre los aspectos simbólicos del nuevo episodio de esta novela picaresca, me ha interesado la elección del tenis como forma de combatir el estrés prepenitenciario. ¿Qué clase de jugador es Montull? ¿Generosamente demagógico como Noah o impenetrable como Lendl? ¿Respetuoso como Federer o respondón como McEnroe? Dejando a un lado la dimensión tenística del caso, una de las reflexiones que hacen los escandalizados al ver a Montull con su raqueta es: "Después de lo que ha hecho, es una vergüenza que se vaya a jugar tranquilamente al tenis".

Esta afirmación, sin embargo, es parcialmente discutible. Tendemos a preguntarnos qué haríamos en una situación semejante. Si yo hubiera robado a mansalva y estuviera pendiente de que me empuraran, ¿iría a jugar al tenis o me encerraría en mi casa? La mayoría de los que no hemos tenido las oportunidades delictivas y el instinto de Montull y creemos seguir principios éticos más sólidos nos respondemos que seríamos incapaces de ir por la vida con la cabeza alta. Nos avergonzaría salir a la calle y que, en uno de sus prontos, Curto pudiera llamarnos ratero. El error está en considerarnos iguales a Montull y a Millet. Precisamente porque han sido capaces de hacer lo que han hecho pueden ir por la vida tan campantes.

Otro asunto interesante es el argumento que da Pau Molins, el brillante abogado defensor de Millet. Tras recordarnos que su cliente ha devuelto el dinero sustraído (sólo en parte) y que ha confesado sus pecados, recurre a una frase entrañablemente cínica: "El señor Millet no ha matado a nadie", como si tuviéramos que darle las gracias al bueno de Millet. En efecto, no consta que haya cadáveres de por medio pero este argumento me ha devuelto a mis más tiernas infancias, adolescencia y juventud, cuando me pillaban haciendo algo malo (robando dinero del bolso de mi madre, haciendo campana o mintiendo como un bellaco) yo también recurría a esta simpática patraña: "Eh, que yo no he matado a nadie". Por si puede serle de utilidad al letrado Molins, el argumento, lejos de mejorar mi situación como culpable, siempre la empeoró.

Xosé M. González dijo...

Igual cómpre dicilo: Josep Curto (supoño) é dirixente histórico -tarragoní: la província més botiflera?- do PP en Cataluña. Por determinadas trazas, o PP todo debe andar a pretender que nacionalistas ladróns e eles nunca nin a pera dunha pereira.

O Manifest dos xornais, e maila reacción político-social parece pillar a contrapé o conservadorismo español e outros españois. Manda truco falar de presións sobre un tribunal trucado ben se sabe por que trucadores. E as forzas vivas de momento manifestas por aquí, na liña, tanto Feijoo como seica La Voz; digo seica, porque non uso. Partidos?: non sei se son esperados.