1 dic 2009


Salón de Otoño parisino.
Alfredo Conde.El Correo Gallego.1.12.2009.
.............................
Cadro de Modesto Trigo.

..Está acostada sobre una manta roja que sobrevuela Barcelona. Está desnuda y dormida. A la izquierda del cuadro se ve la Sagrada Familia, la de Gaudí, entiéndase, y a la derecha ese falo inmenso y recubierto de pequeñas y azules piezas de mosaico que los de aquí llamamos el carallo y los de allí creo que le dirán canut. No sé. Habrá que preguntar. Pero espero que la imagen se acomode. La sombra de la manta voladora, se diría más bien del cobertor flotante...

22 comentarios:

Anónimo dijo...

Spanish, non, fagan o favor.

Anónimo dijo...

Spanish, NON, fagan o favor.

Anónimo dijo...

Manda carallo que dexeneración lingüistica. Este blog está intransitable.

Iacobus Von der Stein dijo...

Anónimo das 5:13, 5:14, 5:23, 5:32 qcdpc.

Anónimo dijo...

Iacobus Von der Stein: qcdpcatt

Eumesmo dijo...

Why not? Can´t you understand it?
It´s quiet similar to galician. Try it. Go for it. It´s easy. Everybody can understand it, even people with so little brains like you, Mr. "anonimous".

SurOeste dijo...

Que besta é este A. Conde, imaxínoo relendo o artigo e emitindo unha especie de "jojojjojojojo" satisfeito. Sal groso.

Iacobus Von der Stein dijo...

Xa vexo que o anónimo entendeu perfectamente.
E digo e afirmo que a responsabilidade de que Alfredo Conde escriba en castelán e por eles e xente como eles.

Trueiro dijo...

En A. Conde non hai mais do que soberbia, e mala baba: pode escribir un ano, criticar a todo e a todos, e non atrevesrse a dar un nome...ca! iso si que non! non vaia ser que...

Anónimo dijo...

O que ten A Conde é moito conto, é un señorito snob. Ninguén o torturou para que se pasase ao español, seica!!

2pr2 dijo...

Conde é un vasalo de quen lle paga, agora o Pp non vai de galeguista, e el tampouco. Ún vendido.
Iacobus di unha grande tontería.

lamento dijo...

Sempre os mesmos ataques ad homimen. País de cainitas!

Anónimo dijo...

Cain=Conde.

lamento dijo...

Tontín = anónimo.

Anónimo dijo...

que güai.

Anónima dijo...

Paifocos de curta ollada que non vai máis alá do seu embigo, é dicir, a ningures.
Desexaría me respondera alguén responsable deste blog á seguinte pregunta:non se admite escribir, neste blog, noutra lingua que non sexa a galega ou só non se tolera escribir en castelán.
Non é A. Conde santo da miña devoción, pero non se pode confundir o cu coas témporas.

amigos de Marcos dijo...

Somos varios os que poñemos posts sen coordinación ningunha, sempre coa mellor das vontades. A lingua propia do blog é o galego. Iso non impide que calquera se poida expresar nos comentarios na lingua que queira e que, ocasionalmente, tamén se colguen artigos en castelán. Nada temos en contra do castelán e menos aínda dos castelán falantes ou castelán escribintes. Si temos, en cambio, contra os galegofobos e contra os que tentan discriminar e menosprezar o galego. Creo que falo en nome de tod@s. Mais a lingua vehicular do blog é o galego, e a lingua que potenciamos e, se é mester, defendemos é o galego. Sobran os motivos.

Un saúdo.

Xosé M. González dijo...

Sempre se publicaron aquí artigos en castelán. Posiblemente a maioría deles non serían de galegos; e non lembro ningún de escritor ou articulista pasado -se cadra non sobre dicir que explicitamente- do galego ao castelán.

O perfil (militancia sería palabra que aquí non queda mal) lingüístico e histórico do blog é bastante notorio. É un blog galego, e o senso da palabra é lingüisticamente inequívoco. Tamén é políglota en determinados sentidos e medidas. Portugués, en medidas diversas, é prolongación ou paralelo de galego. Castelán aparece, e tamén outros.

Alfredo Conde tería os seus motivos, eu sempre lamento o feito de que se perda un escritor galego (da literatura galega), e o resto está como está. Galicia, célula de universalidade: vindo de quen vén, tendo en mentes o amo desta casa, igual non sobra reiterar o lema.

Anónima dijo...

Agradezo que Amigos de Marcos deran resposta á pregunta que facía no meu comentario do día 5, pero a verdade é que non me convenceu demasiado, quizais sexa culpa miña, son bastante teimosa, e non da resposta deles.
O blog comeza hoxe con dous artigos, certamente interesantes, en perfecto castelán (ocasionalmente, dicían vostedes, admítense artigos en castelán). Hoxe foi unha desas ocasións e pregúntome (non lles pregunto) se a temática tamén ten que ver e non só a lingua empregada (o artigo de A. Conde era aséptico, cáseque parvo).
Mágoa, xa sei de que vai o choio.
Saudiña e cante o melro

Anónimo dijo...

Colgar artigos en español publicados en España, debido ao seu interés, non me parece rexeitabel pero publicar artigos dun escritor renegado en Galicia paréceme toda unha toma de partido.

E o partido parece ser o P.O. Partido Oportunista.

amigos de Marcos dijo...

A ver. Creo que se deron explicacíóns suficientemente claras. Aquí non se tomou partido e menos por ese parvo Partido Oportunista. A colocación do artigo en castelán de Conde foi unha iniciativa concreta dunha persoa en particular que é amiga de Marcos. Non sei quen foi, pero si podo asegurar que o fixo coas mellores das intencións. Foi algo puntual.

A colocación dos dous artigos en castelán fíxena eu. Parecéronme interesantes para someter a debate, con independencia do idioma no que estean escritos. Proceden do xornal "Público" que, como é público e notorio, está escrito en castelán e publicado en Madrid. Sería moito pedir que os traducise ao galego, francamente.

Non hai, pois, ningunha estratexia de incorporar sibilinamente o castelán ao blog por parte de ningún dos amigos de Marcos. A posición xeral, explicada nunha entrada anterior, creo que é moi clara. De cando en vez, cando cadre, ao chou, poden aparecer algúns artigos en castelán, como sempre se fixo nesta casa. Non hai máis.

Boa noite a todos.

arume dos piñeiros dijo...

Por favor, amigos de Marcos, a que esperan para poñer a entrevista/celada de Monxardín en Galiza-hoxe?
Parabéns a Vidal Vilaverde por transcribir enteiros os divertidos retruques do entrevistado.