Adolf(o) Domínguez, "Arbeit mach frei"
En Auschwitz podíase ler o lema 'Arbeit mach frei', dito en romance galego 'O traballo faravos libres'.
FRAN P. LORENZO
En Auschwitz podíase ler o lema 'Arbeit mach frei', dito en romance galego 'O traballo faravos libres'.
FRAN P. LORENZO
Galicia Hoxe, 04.02.2010
Na diatriba ultraliberal e meritocrátrica de Adolf(o) Domínguez –onte no Forum Europa Tribuna Galicia, celebrado en Santiago–, botei en falta algunha referencia a Lenni Riefenstahl, a realizadora alemá que filmou, en 1935, a moi impactante e sublime película Triumph des Willens (O triunfo da vontade). O triunfo da vontade é, ademais da crónica en imaxes do congreso do Partido Nacionalsocialista, celebrado en Nüremberg en 1934, a icona visual do nazismo, un filme propagandístico, encargado polo propio Adolf Hitler. O Führer fica alí retratado na súa paroxística grandeza, sempre nun contrapicado que enxalza o seu poder sobre a masa entregada, primeiros planos de nenos arios que sorrín no colo das súas nais e hordas uniformadas nas que se dilúe o individuo até desparecer. Para o mal da humanidade, para vergoña de todos os futuros, aquel esperpento ideolóxico cristalizou nunha constelación de pequenos infernos, os campos de concentración e de exterminio. Na boca dun deses pozos do horror, en Auschwitz, podíase ler o tétrico lema Arbeit mach frei, dito en romance galego O traballo faravos libres.
En decembro pasado alguén roubou o rótulo –duns cinco metros de lonxitude e cincuenta quilos de peso– e marchou con el, despois de arrastralo pola neve. O letreiro foi recuperado fisicamente pero estou certo de que onte, á vista das palabras de Adolf(o) Domínguez no Forum Europa, moitas e moitos deron en pensar que o modisto ourensán subtraera a alma desa consigna para gravala na porta das súas fábricas e talleres deslocalizados, como reclamo comercial das rebaixas ou para estampala nunha serie de camisetas de U: El trabajo os hará libres.
Como confío bastante na calidade do zume de laranxa que serven no Hostal dos Reis Católicos, conclúo que a alocución de Adolf(o) Domínguez –as peticións desaforadas de despedimento libre e sen trabas, a chamada ao anticipo electoral urxente, a súa cínica defensa do empresariado aniquilador e o denigrante retrato que fai das relacións laborais en tempos de crise– responde a algo máis intrínseco. Algo estraño, inapreixábel, definitivamente escuro, poida que xenial, que se cifra en opcións estéticas de difícil comprensión: o estilismo capilar das súas sobrecellas ou os exquisitos modelos de temporada para cans e mascotas burguesas.
Poida tamén que eu estea cheo de prexuízos. Iso seguro. Que me empeñe en defender conquistas sociais máis propias doutra era e que, de maneira inxenua, aínda me indigne pola explotación dos traballadores –unha das bases máis sólidas para o crecemento do sector téxtil, iso debería sabelo el–. Esa mala educación miña, tan tendente á paridade entre as persoas –vaia peste a igualdade, vaia delirio!–, é a que me impide deglutir con boa cara a defensa do mérito de Adolf(o) Domínguez, que converte o traballador en man de obra escrava e sen dereitos e que parcela a sociedade nun práctico e bipolar sistema de castes: capaces e incapaces, triunfadores e desposuídos, emprendedores e vagos/chupópteros, superdotados e parvos, empresarios/mesías e escoura obreira con baixa por depresión, que cada día debe gañar o seu dereito a permanecer. O triunfo da vontade, nin máis nin menos. O imperio dos mellores, a aristocracia da raza, versión polígono industrial ourensán. A valentía moral do subvencionado, o mesianismo dun mesías que ninguén agardaba e que un día decidiu resolver a crise económica con métodos que evocan a Solución Final do seu tocaio Adolf, pero en versión prêt-à-porter.
franpl@galicia-hoxe.com
En decembro pasado alguén roubou o rótulo –duns cinco metros de lonxitude e cincuenta quilos de peso– e marchou con el, despois de arrastralo pola neve. O letreiro foi recuperado fisicamente pero estou certo de que onte, á vista das palabras de Adolf(o) Domínguez no Forum Europa, moitas e moitos deron en pensar que o modisto ourensán subtraera a alma desa consigna para gravala na porta das súas fábricas e talleres deslocalizados, como reclamo comercial das rebaixas ou para estampala nunha serie de camisetas de U: El trabajo os hará libres.
Como confío bastante na calidade do zume de laranxa que serven no Hostal dos Reis Católicos, conclúo que a alocución de Adolf(o) Domínguez –as peticións desaforadas de despedimento libre e sen trabas, a chamada ao anticipo electoral urxente, a súa cínica defensa do empresariado aniquilador e o denigrante retrato que fai das relacións laborais en tempos de crise– responde a algo máis intrínseco. Algo estraño, inapreixábel, definitivamente escuro, poida que xenial, que se cifra en opcións estéticas de difícil comprensión: o estilismo capilar das súas sobrecellas ou os exquisitos modelos de temporada para cans e mascotas burguesas.
Poida tamén que eu estea cheo de prexuízos. Iso seguro. Que me empeñe en defender conquistas sociais máis propias doutra era e que, de maneira inxenua, aínda me indigne pola explotación dos traballadores –unha das bases máis sólidas para o crecemento do sector téxtil, iso debería sabelo el–. Esa mala educación miña, tan tendente á paridade entre as persoas –vaia peste a igualdade, vaia delirio!–, é a que me impide deglutir con boa cara a defensa do mérito de Adolf(o) Domínguez, que converte o traballador en man de obra escrava e sen dereitos e que parcela a sociedade nun práctico e bipolar sistema de castes: capaces e incapaces, triunfadores e desposuídos, emprendedores e vagos/chupópteros, superdotados e parvos, empresarios/mesías e escoura obreira con baixa por depresión, que cada día debe gañar o seu dereito a permanecer. O triunfo da vontade, nin máis nin menos. O imperio dos mellores, a aristocracia da raza, versión polígono industrial ourensán. A valentía moral do subvencionado, o mesianismo dun mesías que ninguén agardaba e que un día decidiu resolver a crise económica con métodos que evocan a Solución Final do seu tocaio Adolf, pero en versión prêt-à-porter.
franpl@galicia-hoxe.com
90 comentarios:
Impresentable artigo. A liberdade de opinión de Adolfo Dominguez debe ser inmaculada. É precisa xente que diga en voz alta o que pensa sen valorar ben se é politicamente correcto, para facermos un debate seguramente preciso, imprescindible sobre a reforma do mercado laboral e como carallo se sae da crise, máis alá de ocas e vacuas proclamas imposibles tipo "A crise que a pague o capital".
A liberdade de expresión do articulista non debería escorregar polo recurso fácil da onomástica insultante e da comparación cos campos de concentración. Adolfo Dominguez se cadra aparécesenos como paroxismo do liberalismo, e, daquela, lonxe, por suposto, da economía planificada do nacional socialismo. Fascista parece máis o insulto e o bloqueo do debate posible no canto da discusión das ideas que presenta. O autor do artigo, parécemo, parte desa concepción errada da acusación ao empresariado de todo mal. Esa frase de que Adolfo Dominguéz fai unha "cínica defensa do empresariado aniquilador" paréceme terrible. Non señor. Se cadra era bo recordar nestes tempos de tribulacións os "Pactos da Moncloa" e a outro Adolfo, Adolfo Suárez, como exemplo de onde está pode estar a saída da crise. Seguro que o autor do artigo estivo tamén en contra daqueles pactos que noutrora sacaron España do caos económico. Sen compartir moitas das cousas ditas por AD, rechazo esa burda comparación con Hitler que só descualifica a quen a fai.
Quitoume da boca, señor Etxe, con algunhas matizacións, o que eu pensaba responder a ese artigo. Súmome en conxunto a el. Renuncio a matizacións.
Concordo basicamente co dito por Etxe.
Súmome en conxunto ó que di Etxe, aclaro, por se acaso.
Vaia por diante o respeto as opinións, incluso as teses dos libertaristas que avogaban porque o estado non protexese a quen non puidese costear isa protección.
Pero é que Adolfo Dominguez é un caso distinto, é un incoherente convenienzudo, el, ser rubor recibiu diñeiro e outras prebendas do estado, que claramente ían contra a igualdade na liberdade de mercado. El transgrediu a lei confecionando en obradoiros clandestinos, el, sen ningunha fidelidade coa sociedade que o fixo rico, deslocou as súas empresas onde os salarios eran mais baratos. Non hai nin asomos dunha etica empresarial en Adolfo Dominguez, que agora arrímase a político que mais quenta. E amigos, ou partimos da máxima de que o mundo de empresa non debe ter ningún referente ético, ou do contrario non díria nin Etxe, nin XMD tanta opinión descerebrada.
No que si estou dacordo e comparto é no uso banalizador e descontextualizado da Shoah.
É que hai unha gran verdade no que di Adolfo Domínguez: a cris é culpa dos traballadores. Se non nos decatamos diso, nunca poderemos saír dela e tampouco nunca o nacionalismo excederá o 20% dos votos
No facebook do Arume eu dixen que Adolfito está imbuido do xeito de producir no sector téxtil. Un sector que desaparece do primeiro mundo e pasa ó terceiro mundo.
Agora o vexo e afirmo: AFortunadamente!.
Eu teño conciencia de que estou formando rapaces para que non traballen en cadeas de montaxe, eses traballos alienantes onde che cronometran o que fas, ( existen cronometradores de profesión), lugares onde por chegares tarde un minuto descontanche un cuarto de hora sólo son posibles en algunas cadeas de montaxe decimonónicas como son as do téxtil. NOn é Adolfito, o fillo do sr. Adolfo, é a maneira de producir que o condiciona.
O Fito fala século XIX, o que él demanda é adaptado ás súas fábricas que efectivamente non teñen cabida eiquí e se deslocalizan porque os chineses traballan 12 horas por un euro. Normal.Cona, acabo de decatarme de que non podía ser de outro xeito.
O Fito é un burro que ignora outros sectores de producción en occidente, tremendamente creativos e con aportes de plusvalía altísimos. Quedou estancado, rancio, xeneraliza a todos os traballadores o que él quere na súa pobreza de espírito para os seus. Virollo!.
Ten moito de ególatra, de artista frustrado e o seu falar alén de pobre, ceñido a unha cativa e triste realidade, está máis enfocado a chamar a atención e provocar ca en propor solucións.
Eu propúñalle que vivise un tempo no campus de google para que vise como os creativos non teñen horários, soñan o que lles sale dos miolos, deprímense sen consecuencias inquisitoriales, teñen unha masaxista que os relaxa e chega a multimillonária como eles.
O probe Fito é pouco intelixente. Non paga a pena nin discutir con él.
Ademáis o del é de "equipo multidisciplinar", tratarlle tanto a "ortorexia como a anorexia" que padece.
O Monxardín empeza a deixar de facerme gracia.Tanto conservadurismo xa me fede a cabrón. Antes pensaba que era unha pose, como a do Fito, aghora xa me empeza a parecer perigoso.Tanto afán de gustar os poderosos, outro ególatra ( léase artista) no millo.
Hoxe estamos a falar do capitalismo consciente, da espiritualidade nas organizacións, e estes volven ó dazanove. Látigo. Xefes. Estructuras verticais e orgánicas.
Non me cabe a menor dúvida de que perecerán por non saber adaptárense. Racharán co peso do stress. Precisamos de bambús que se domeen. E máis aló, comunicación inefable alén das palabras.
Perdón Monxergas, pero empezas a merecelo.
pois para min A.D.só ten interese no que póde aportar como fornecedor de emprego e benestar social na sociedade na que desenvolve a actividade. O seu aporte estético é perfectamente prescindible e máis nos tempos que corren.
Se a súa actividade empresarial non é capaz de contribuir a sustentar unha sociedade solidaria, protectora do máis débil(o que inclúe a anciáns, meniños e persoal con dificultades físicas ou sensoriais), de traballadores con dereitos sociais, con asistencia sanitaria e acceso a unha xustiza con garantías, independentemente da sua condición económica. Se non pode contribuir a que isto se manteña, pode perfectamente desaparecer.
O aporte estético baseado no minimalismo zen ( ou o que sexa)sen nada do antes dito non me interesa. É a escuma que antes se leva a maré en tempos de incerteza e dificultades económicas.
Decir(cando tanta xente está a sufrir os efectos da crise) que os traballadores queren vivir sen traballar ou que un non ten dereito a nada que non poida pagar, pode considerarse dereito a libertade de expresión, pero é ben miserable.Sobre todo se temos en conta como se xestou esta crise, quen foron os seus responsable e o papel que xogaron os traballadores (inmigrantes incluidos)
O máis jodido é que o Fito medrou ó socairo do Psoe. Estiven nunha organización estatal do psoe, a organización era unha creación do psoe para controlar un incipiente movemento de masas, un alto cargo visitou comigo a fábrica e afirmoume soto-voce que "financiara" ó partido.
O premio foi aquel viaxe a xapón co Felipe, non sei se a China, abríronlle portas, inzouse nos medios de comunicación a falar das súas "evidencias". Subíu co pesoe dos primeiros oitenta. Mamou da administración o que non podemos contar, ou sí o faremos porque o rural de ourense é moi pequeno..
Mamou e untou. A min non me importa se son as reglas hipócritas do xogo. Mamar e untar son parte do xogo.
O que me fode efectivamente é a súa doble moral. Se for discreto.Nadar e calar. Pero fala-barato. Botafumeiro ó Baltar no momento oportuno, lambe cús do pesoe cando toca.
Parece que se empeña en crear opinión. O dramático é que o seu discurso non ten nada de fresco, non aporta ningunha plusvalía, non é orixinal, é retrógrado.E ábrenlle os micrófonos.
Agora quero saber porque os irmaus se separaron del.
Os irmaus seguen a crear riqueza, traballando ata toupar. Agora ben un meteuse a especulador dos millores inmobles de ourense, o outro non quere saber nada dese campo e alén de crear postos de traballo co primeiro tamén fixo renacer viñedos nos sucalcos de Manzaneda.
O primeiro interven e influe na política, polo menos do pesoe.En tempos do Touriño chegou a gabarse de ter posto ó Pachi de conselleiro. Eso é o que temos.
Pero agora quero saber porque mandaron ás minchas ó irmau, ó Fito. Todos son fillos do señor Adolfo, o auténtico, o primeiro, o creador.
Ourense Caníbal!.
Pois a min tampouco non me parece mal o artigo do tal Fran Lourenzo: retórico na forma pero acertado no fondo. E non creo que lle negue a Domínguez a súa libertade de opinión nin que diga que sexa un nazi. Tampouco que extenda a súa crítica á totalidade do empresariado senón só ao "empresariado aniquilador". Neste punto, concordo co manifetado por UC.
Paréceme incribe que Etxe (e de rebote Arumes e XR Díaz) centre a súa análise crítica non nas palabras e feitos de Adolfo Domínguez senón das ideas do autor do artigo.
É que Etxe e Arume dan no albo, igual que o gran Domínguez. A crise, que a paguen os traballadores, que para iso a provocaron.
Recollo a luva, meu querido Anónimo das 02,04, 00 PM. Mais terá que agardar. Agora non dispoño de tempo para aclarar a miña opción. É cuestión de foco. Parece que o seu está un pouco desviado.
Téñolle hai anos escoitado a Etxe descalificacións contundentes de Fito. Supoño que agora o seu enamoramento do pobo xudeo lévao a esbarar tontamente con opinións que en outro tempo non serían dignas del. Rodolfiño vai de xudeo, de Feijoo cacaréase que se o seu apelido é de converso, e algunhas cousas mais, e Etxe, fai causa onde non a hai. No proceso de aproximación a xudaidade, a Israel e a relixión hai a quen se lle vai a cabeciña e tardan en recuperar a medida das cousas. Disculpabel, pero ollo, as tonterías son sempre tonterías ainda que tamén as poida dicir un listo ou medianamente intelixente.
Saudos Jim.
Que é o que se puxo neste post? As palabras de Domínguez ou un artigo sobre as palabras de Domínguez?
Eu comento o artigo; sobre as palabras de domínguez xa vexo que hai outros que opinan por min. Como parece habitual neste foro. Pero, afeito e todo, confésolles que me dá pena.
Para centrar un pouco o debate, pego aquí unha mensaxe que apareceu no foro de Vieiros:
PIRINDOLO30 03.02.2010 17.14
Sr. Adolfo Dominguez, yo tampoco volveré a comprar prendas de su firma fabricadas en Taiwan por semiesclavos de paises tercermundistas donde ha desplazado usted buena parte de su negocio, mientras recibe subvenciones del estado español por ser un "empresario ejemplar". Usted lo que es, es un conquistador a la vieja usanza, eso es lo que es, no un empresario. Empresario era por citar un ejemplo, John Ford, no usted.
Dudo mucho que sus empleados cojan ese tipo de bajas de las que usted comenta, o hagan cosas silmilares. Eso los unicos que lo pueden hacer en este pais son los funcionarios. Nadie mas. Cualquiera que haya trabajado en la empresa privada española sabe de sobra cuan cierto es lo que estoy diciendo. Poner el culo, es lo unico que se hace en la empresa privada. Y maricón el ultimo. A cambio de cada dia mayor inseguridad laboral, peores contratos y sueldos de mierda.
Si realmente es usted un poquito patriota, traiga usted sus empresas para Galicia, deje de cobrar subvenciones, pague mejor a sus empleados, deles seguridad laboral y trátelos como personas, no como "recursos" humanos. Entre otras cosas porque no son recursos. Son humanos. Igual que usted.
Gallegos como usted, a la vieja usanza, solo saben ser esclavos o esclavizadores. No entienden otro idioma. Es lo que han mamado desde pequeñitos en este pais de acomplejados soñadores de Breoganes que los vengan a liberar de sus males.
Imagino por sus palabras que estará usted de acuerdo con el FMI cuando dice que la solucion al problema economico de España consiste en reducir todavia mas los salarios. Por eso en Galicia, tierra de sueldos, condiciones laborales y pensiones de mierda en comparación a la mayor parte del resto de España, el paro sigue aumentando. Con Feijoo o sin Feijoo.
Vayale a contar ese cuento a quien se lo quiera creer. Aqui somos pobres, pero no idiotas.
Sr. UC:
Estoulle asombrado de que fale tanto dos xudeus sen dicir nada. Un, coma min, pode ser simpatizante da súa achega cultural, técnica, científica,etc. á humanidade, defender a solución de dous estados naquela terra como alternativa politica e punto. A min, relamente, o tema ese da relixión que o obsesiona, traema frouxa. Non lle podo entender sequera a uns que non comen xamón e teñen toda esa cousa rara dun día de descanso que empeza ao saír dunha estrela e cuns comercios que abren despois de saír esa estrela. Esas cousas parécenme raras. Se lles son agnóstico, sonllo desde o cristianismo que é o meu. Hai centos de anos que eran os antepasados? Monos, supoño. Non me mesture unha broca do 8 coa reprodución das orcas no Ártico. Supoño que criticaría a Adolfo naqulunha ocasión, é un personaxe público do que moito se fala cando abre a boca, pero ante todo téñolle unha valoración positiva del e agradézolle que publicase Juan Griego en galego antes que en castelán e contribuíse así a asociar lingua galega e modernidade naquela altura.
E marcho que teño que facer.
PD/ O último post parece dun liberado sindical.
diga que si , Etxe, diga que si. trbajadores al paredón
A rede rebélase contra Adolfo Domíguez por defender o despedimento libre
Diferentes grupos en Facebook chaman a boicotar os seus produtos. O PSdeG tilda o empresario de "explotador" e de "aproveitado".
Adolfo Domínguez xa non está de moda. Se nalgún momento vestir cos deseños deste xastre era evidencia dunha aposta polo téxtil galego, as súas últimas declaracións provocaron o común rexeitamento de moitos dos seus potenciais consumidores. O blogomillo e as redes sociais ferven dende este mércores, cando o deseñador defendía ás claras o despido libre “sen trabas administrativas nin xudiciais” por considerar que provocaría un “aumento de produtividade inmediato” ao motivar as persoas “a gañarse cada día o seu posto de traballo”. Outro regueiro de tinta provocou coas súas palabras nas que aseguraba non crer “nun sistema que permite que unha persoa colla unha baixa por depresión durante un ano”.
“Eu non compro en Adolfo Domínguez”
A que xa é unha das redes sociais máis utilizadas, o Facebook, acolle xa varias iniciativas que promoven o boicot das súas tendas. Así, un grupo chamado “Eu non compro en Adolfo Domínguez” conta xa con máis de 300 membros, que adiantan que “nunca máis” engrosarán os beneficios do xastre galego. Do mesmo xeito, proliferan outros tantos grupos na rede social: “Eu tamén quero que a Adolfo Domínguez o despidan libremente” conta con outros 160 siareiros ou “Boicot a Adolfo Domínguez por explotador e fascista”, outros 30.
No blogomillo tamén se suceden os comentarios. Así, un dos blogueiros máis lidos en Galiza, Perfecto Conde titula o seu último croque “Adeus, Adolfo Domínguez, adeus”, no que cualifica ao que unha vez fora “vestidor orgánico da progresía española” como “un auténtico reaccionario”: “Pois mire, don Adolf, o seu posicionamento político chéirame a podre (...) non volverei darlle un peso a gañar no que me queda de vida”.
Para o PSdeG, “sempre viviu de subvencións”
Xa no eido estritamente político, as respostas tampouco se deixaron agardar. O secretario de organización do PSdeG, Pablo García, subliñou que o modisto “sempre viviu á conta de subvencións, mentres explotaba os seus traballadores” e a súa empresa “non se caracteriza pola defensa dos dereitos dos seus obreiros”.
García pregúntase se Domínguez “quere que os traballadores teñan no Estado Español as mesmas condicións laborais que os seus empregados en Asia ou en África”.
Francamente, paréceme que UC e Lobo Negro deron mellores razóns sobre as declaracións de A. Domínguez que os seus defensores. Durante moitos anos A. Domínguez beneficiouse de subvenciónss e de "comprensión" da súa política de emprego irregular e de deslocalizacións pro domo sua, e agora pretende demonizar as políticas asistenciais e de protección social dos que tanto lle axudaron. Comprendo que os que pensan que o valor (no sentido da economía clásica) chanta na iniciativa privada estean de acordo con el. Pero os que pensamos que o valor chanta no traballo, non temos máis remedio que pensar que, neste punto concreto, é un pouco "jetas".
Señores, aquí non está pasando nada que, dalgunha maneira, non soubesemos que había pasar. Nada. En certo modo, todo estaba anunciado. Don Carlos Marx debe estar escachando coa risa ou arrincando as barbas coa rabia. Non o sei.
Os calificativos que se lle queiran poñer a Adolfo Domínguez non cambiarán nada o seu discurso. Discurso que, dito sexa de paso, non ten nada de orixinal ou sorprendente -¿sorpresivo?-. Fiado á memoria, establecerei entre dez e quince anos o tempo que vai desde que o señor presidente da Voswagen -disimulen a escrita- formulou as mesmas teses. Exactas.
Ben, hai quen sostén que a posibilidade de facer unha revolución -REVOLUCIÓN-, de poñer en marcha un movemento de índole política, económica e social que propicie un CAMBIO auténtico, morreu no xa lonxano e mítico Maio do 68. Daquela, seica, o Partido Comunista Francés puido tomar o poder e non quixo. ¿Por que?
A min o que me preocupa é a parálise social, das bases, dos pobos, diante dos signos evidentes de descomposición de todo un sistema.
Por exemplo: ¿como é posible que o pobo británico non asalte o Parlamento e expulse de alí a toda esa caste de ladróns que din que o representa? Se cadra non arranxaban nada, pero, polo menos, dábanse o gusto.
As crónicas dán conta de que a indignación é moi grande, tan grande, que a fiscalía se ve na obriga de actuar e pensa procesar a catro ou cinco deses ladróns. ¡Catro ou cinco! E os partidos que os acollen negaranlles o dereito a presentarse ás próximas eleccións. Xa está. Asunto amañado. ¡Por favor!
Falei de Gran Bretaña como podía falar de calquera outro sitio, por suposto Galicia e España.
Ía dicir que o tema xa me aburre, pero non é verdade. Non me aburre. Preocúpame, e moito. E apaixóame, tamén. Desde hai longo tempo.
Falouse aquí de liberdade de expresión. Está ben. Respectemos a de A.Domínguez. Respectemos tamén a do autor do artigo. Se quere sacar a pasear a Hitler e o Holocausto, alá el. Xa vimos como para reivindicar o dereito a chorar a morte da Ibense, un establecemento expendedor de xeados ou xelados ou gelatti -a ver se levamos o farelo e deixamos a fariña- pódese mandar ó carallo a memoria histórica. Non pasa nada.
Levamos demasiado tempo instalados no colesterol. Vivimos na opulencia. Todo está devaluado. Hai inflación axiolóxica, ética e estética. Moita inflación. Aínda que se confunda con progresismo.
Pero xa abonda. Non me gustan as oracións fúnebres. Para iso xa tíñamos a Bossuet aló no quinto de Bacharelato Superior.
Eu estou entrando nos sesenta e dous, e téñolles varias cousas importantes que facer. Teño que ler Las Benévolas, de Jonathan Litell, teño que ir ver La Carretera, que veñen de estrenala nos cines de Lugo, gustaríame ver Invictus, a pesar de que algúns din que é un proxecto fallido, e penso ir ver mañá El Mercader de Venecia, representado por Darek Teatro, a compañía de Fernando Conde, aquel primeiro membro de Martes y Trece que abandonou. E tamén teño que seguir vendo como as miñas fillas son cada día máis mulleres, máis feitas, máis cabais, e como a miña neta medra diante dos meus ollos abraiados. E teño que ir dar un longo paseo co meu corpo pegado ó da miña muller coa que levo compartindo proxectos desde hai corenta e dous anos. E tamén teño que ir dar unha volta por Begonte, para constatar unha vez máis que, malia todos os atrancos que lle botan, a Natureza cúmpre os seus ciclos indefectiblemente. E nos con ela.
Saúde para todos. Eu dimito.
EXTE: Non vou a entrar no debate verbo das declaracións de señor Adolfo. Non entendo de rebuznos. Pero agradecerlle a A.D. que publicara en galego Juan Grigeo antes que en castelán e apurar esa gratitude falando de modernidade, é a animalada máis grande que escoitei en literatura. A modernidade literaria non ten que ver co idioma: moderno foron Cunqueiro, os trovadores medievais, Rosalía e cantos autores son quen de facer algo intelixente, distinto e novidoso nese eido. E, xa levando a asunto ó seu extremo, que Adolfo Dominguez publicara Juan Griego, en castelán e en galego, é un delito literario que a vida non pode perdoar. Cun feixe de novelas de Paulo Coelho, é o peor que saíu dunha imprenta dende que ese artefacto revolucionario nos proporcionou literatura. En definitiva, oxalá non a publicara xamais. En segunda definitiva: ¿castelán=modernidade? Meu Deus. Por eso, digo eu, cando a Biblia traduciuse ó castelán, foi universal. A fin de contas, esa merdiña de certos idiomas, o hebreo, o latín, o toscano de Dante... Línguas menores. Ata que se traudciu ó castelán, a Biblia era un libro menor, coño, úns apuntes de catro tolos. Non me foda... Perdón: no me joda, que é máis moderno.
A mín sempre me fascinou chegar a desentrañar o proceso psicolóxico que levou a un meu tío salido da aldea e da humildade, traballador arreo e peón que ascende a unha escala media, a ser de dereitas.
Non teño outra explicación máis sinxela que a de que quixo ser como os ricos que vía en Donostia.Un proceso de mimesis e adaptación. Erróneo por suposto, él nunca sería como eles.Hai unha pátina que se adquire con tres xeneracións de perseverancia.
Non entendo como grandes masas de desherdados que cheghan á sociedade de consumo nos setenta se fan de dereitas.
Pensan ingresar no clube con votarlles?.
Hai unha definición de rico que me ghusta moito. "Aquel en cuxa casa levan tres xeneracións duchándose". Esto vai para unha burguesía Vasca de Neguri e Catalana. Cantos o serían en ghalicia. O Adolfo Domínguez fundador, o pai, plantou un día o petolo nunha poula de torgos en Cernado de Manzaneda, tiña 17 anos, e decidíu marchar a cataluña. Fíxose sastre. Pode que os seus tataranetos cheguen a ricos, pero os seus fillos por moitos cartos que manexen non se liberan da orixen, nin con cen mil estudos que lle boten.
Xa os sociólogos e psicólogos estudaran a pegada da orixe dos emigrantes nas tres xeneracións dos afincados en uesei.
Eu creo que ó Fito, quen lle tocou levar o nome do pai e lle abriron os micrófonos naquela década prodixiosa necesitada de novas voces, foiselle a olla de vanidade. Nunca soñara verse nesa movida nacional. Os irmaus, tan do proxecto como él, desbastan un traballo bestial e silente na nova empresa Lonia Textil. Non cacarean.
Supoño que tamén entrarán nas reglas do xogo.
Perdón, nun comentário anterior trabuqueime. Como vostedes saberán primeiro é untar, despois mamar, e non ó revés.
Quen non unta non mama.
Todo está inventado.
Como o seu feliz eslógan do que tanto presume.
Pobre tipo, hai que axudarlle a superar os padecementos que ten. Por suposto, eu súmome ó boicot.Eso fan nos países máis evoluídos.Que o coma zara ou outra empresa máis digna onde os empregados podan deprimirse libremente. E lles den masaxes, rendirían máis.
Coitado o Adolfito.
O modisto ourensán sabe que aquela bonanza económica protagonizada pola mesocracia sociata xa pasou e non volverá. A clase política xa non volverá vestirse co uniforme de A. Domínguez. Non é casual que se decida a distanciarse publicamente do PSOE cando o goberno cheira a cadáver. É un oportunista. E, no terreo ideolóxico, un cosmopolita pailán, deses que prefiren falar da ecoloxía planetaria antes de darlle seguridade social aos seus traballadores máis inxustamente precarizados. Presume de culto, pero con ese enfoque pseudoaristocrático -compartido, por certo, con esgrevios persoeiros da cultura galega- que entende a cultura como un campo por riba do conflicto social, como se a mera pronunciación da palabra cultura o absolvese de explotar inmisericordemente a moitos dos seus traballadores. Unha calamidade.
Sr.D.Xoán Ramón Díaz, non dimita, oh, quédese por eiqui.
Por que o P.C.non colleu o poder no post-maio 68?
creo que está analizado e publicado: porque se está de puta madre na oposición.
Se non te botan nunca, trinta anos de oposición, é ben mellor que ghobernar. Ghobernar é arriscado, tamén facer empresa.Ghobernar desghasta.
Se che pagan ben, máis dietas, máis...por estar na oposición , mira que ben. Alén diso hai prebendas non computadas: colocas mellor ós fillos que non é pouca cousa, chingas todo o que queres se o desexas e con facilidade, cómese ben...moi primario, si, moi humano.
Cada vez máis vexo a necesidade de xestos de xenerosidade e sacrificio. Saber deixalo. Como fixo o Ánsar.
Ou seremos nós quenes teñamos que aclarárllelo. Oito anos e que maduren outros. Teríamos un tecido social xigantesco de xente bregada coa dificultade do entendemento, respeto do contrário e negociación.
Aceleraríamos ese proceso dándolle oportunidade a moitos máis. Oito anos e rúa, non te envicies que veñen outros.
A xenerosidade é un ben escaso nos políticos, así como a afouteza, a claridade e a entrega.
Eso sóname as compoñentes do ¿¿¿Amor???.
En troques de comodidade, ambición, posesión.
"Impresentable artigo. A liberdade de opinión de Adolfo Domínguez debe ser inmaculada.", afirma Etxe. Pois a min paréceme ben sensato e atinado. E se á liberdade de opinión de Adolfo Domínguez lle xuntamos a liberdade de despedimento que demanda, entón debe ser dobremente "inmaculada". Se queremos ser mais libres e aptos para os tempos que se aviciñan, concédanme a liberdade de despedir os escravos que traballan nos paraisos fabrís que teño espallados polo mundo adiante, falou o oráculo da liberdade. O desfile militar da liberdade sen trabas nen complexos polas estradas de Cormac McCarthy. "... onte, á vista das palabras de Adolf(o) Domínguez, moitas e moitos deron en pensar que o modisto ourensán substraera a alma desa consigna para gravala na porta das suas fábricas e talleres deslocalizados, como reclamo comercial das rebaixas ou para estampala nunha serie de camisetas de U: El trabajo os hará libres." Camisetas de U ou camisetas da U(pg), á que pentencera naqueles tempos xa lonxanos. Pero o tempo pasa e a exultante e insultante liberdade dos triunfadores ameázanos como un desfile enxordecedor de masas uniformadas e consignas liberais. "... Adolf(o) Domínguez, que converte o traballador en man de obra escrava e sen dereitos e que parcela a sociedade nun práctico e bipolar sistema de castes: capaces e incapaces, triunfadores e desposuídos, emprendedores e vagos/chupópteros, superdotados e parvos..." E a Etxe parécelle isto "terrible"? Non sei, moito me dá que o señor Etxe non debe ter "despedidos" no seu entorno familiar mais directo e por iso fala con tanta liberdade a favor da liberdade de expulsión dos escravos dos paraisos dourados nos que só pensan en porse de baixa por depresión. Adiante eses batallóns de modistos uniformados na procura da liberdade inmaculada.
Arume, as palabras do Fito provocaron reaccións emocionales en algúns de nós.Xeneraron unha caste de door que fai que entremos ó trapo sen considerar outra peneira posterior.Creo que o artigo sobre o Adof nos esvarou sen máis.
Ese mecanismo tamén existe e está presente máis do que pensamos.
Necesitamos descargarnos emocionalmente máis do que razonar.
Por o que sexa tes un autocontrol emocional moito máis alto. Somos diferentes, non hai nada máis alén diso.
Tu valías para político, e dígoo no mellor sentido da palabra. Es equilibrado, tes potencia intelectual e de traballo, non te descontrolas emocionalmente,non che vexo ambicións e vanidades que colmen carencias..
Anímate oh.Ti e Xaime Dapena faríades un tándem caralludo.
La patronal respalda una reforma laboral "positiva y en la buena dirección"
Zapatero entrega a los agentes sociales su plan para modernizar el mercado de trabajo
El presidente de la CEOE, Gerardo Díaz Ferrán, ha sido el primero en comparecer en La Moncloa tras la reunión en la que los agentes sociales han recibido de manos del Gobierno las líneas generales de la reforma laboral para proclamar que es "positiva", que va "en la buena dirección" y que supone "un paso importante hacia adelante". Aunque el documento se ha aprobado esta mañana en Consejo de Ministros, el Ejecutivo no ha querido adelantar su contenido hasta que lo conocieran patronal y sindicatos. Los empresarios han saludado una reforma que esperaban con ansiedad y han apuntado su acuerdo con todas las medidas, aunque echan en falta algunas otras para "modernizar" el mercado de trabajo español. Los sindicatos han aprovechado la cita para volver a mostrar su "profundo desacuerdo" con los cambios en las pensiones y han tenido mucho cuidado en no calificar esta nueva propuesta, aunque han subrayado que no sobrepasa su línea roja y han expresado su disposición al diálogo punto por punto.
El Gobierno quiere encarecer los contratos temporales y primar los fijos
Sindicatos y empresarios, cerca del pacto de salarios
Resumen de la propuesta del Gobierno para la reforma laboral
DOCUMENTO (PDF - 91,5Kb) - 05-02-2010
La noticia en otros webs
webs en español
en otros idiomas
En una comparecencia que ha arrancado a las siete de la tarde y que todavía continúa con los sindicatos, Díaz Ferrán ha señalado que las medidas que contiene, que no ha concretado, son "todas positivas y todas en la buena dirección". Ha avanzado que se iniciará de forma inmediata un "diálogo tripartito constructivo y leal para poder llegar a un acuerdo lo antes posible". Por ello, ha apostado por desarrollar este proceso de diálogo "de manera rápida" y "con profundidad". Sin embargo, no ha querido hablar de "días ni de semanas" pero sí ha subrayado que el acuerdo "lo queremos todos y es imprescindible" y para conseguirlo la CEOE va a hacer el "mayor esfuerzo".
A min as palabras de Domínguez non me gustan e probablemente merecen rexeitamento, pero non ata o punto de identificalo co nazismo (o gusto por elidir o o final do seu nome ignoro se é gratuito). Todo o que un queira, absolutamente todo, pero nunca entendo que teñamos que chegar a ese nivel para censurar a actitude verbal e se cadra laboral de AD.
Eu creo que calquera analoxía cos campos de exterminio frivoliza con escándalo o crime nazi e ao tempo e paradoxalmente neutraliza a seriedade das críticas que seguramente AD merece.
Señor D. Xoán Ramón Díaz (cuanto acento de deus), vostede faga o que lle pete coa sua liberdade, e dimita se llo pide o corpo, cousa que eu non desexo, pero vaia pondo en remollo un Ribeira del Duero ou do Douro que atesoura nas adegas de Begonte para este visitante estival-ocasional de Quitimil (Quitimil: que lle parece, son ou non son un bon detective?). Veña, menos conto e vaia preparando ese líquido para estes tempos líquidos e inmaculados nos que nos tocou mollarnos, así for en Quitimil como en Damil. Ou afogarnos. Ou deprimirnos.
Ves Arume como es moi equilibrado.
Por certo, como se entra ó blog de vieiros?.
"pero con ese enfoque pseudoaristocrático -compartido, por certo, con esgrevios persoeiros da cultura galega- que entende a cultura como un campo por riba do conflicto social, como se a mera pronunciación da palabra cultura o absolvese de explotar inmisericordemente a moitos dos seus traballadores"
Moi boa a descripción a de Jim Morrison. Por suposto que Rodolfito é un jetas, de feito estamos agora falando del que é o que quere para pelotear a Feijoo, non hai dúbida que algo se trae con eles, vai ser mellor obliteralo, non facerlle caso.
Caramba Etxe, pero como dicir:
"Non lle podo entender sequera a uns que non comen xamón e teñen toda esa cousa rara dun día de descanso que empeza ao saír dunha estrela e cuns comercios que abren despois de saír esa estrela. Esas cousas parécenme raras."
e quedarse tan pancho?. Unha cultura entendese tamén polos seus ritos, polo xeito de costruir e vivienciar as súas crenzas, que sempre son históricas. Non sei... desconcertame vostede, as veces non sei se isa impronta obedece a un raptus, a inopia ou a unha excesiva inxenuidade.
"pero con ese enfoque pseudoaristocrático -compartido, por certo, con esgrevios persoeiros da cultura galega- que entende a cultura como un campo por riba do conflicto social, como se a mera pronunciación da palabra cultura o absolvese de explotar inmisericordemente a moitos dos seus traballadores"
Moi boa a descripción a de Jim Morrison. Por suposto que Rodolfito é un jetas, de feito estamos agora falando del que é o que quere para pelotear a Feijoo, non hai dúbida que algo se trae con eles, vai ser mellor obliteralo, non facerlle caso.
Caramba Etxe, pero como dicir:
"Non lle podo entender sequera a uns que non comen xamón e teñen toda esa cousa rara dun día de descanso que empeza ao saír dunha estrela e cuns comercios que abren despois de saír esa estrela. Esas cousas parécenme raras."
e quedarse tan pancho?. Unha cultura entendese tamén polos seus ritos, polo xeito de costruir e vivienciar as súas crenzas, que sempre son históricas. Non sei... desconcertame vostede, as veces non sei se isa impronta obedece a un raptus, a inopia ou a unha excesiva inxenuidade.
Arume é vostede todo un PIJOAPARTE, con todos os meus cumpridos respetos, e non mo tome a mal, porque practico socioloxía internética.
Dimito... de hombre libre y pájaro cantor.
E eu que lle creo que debera ser Quintimil, pero quedou en Quitimil. Saíndo de Palas hai un indicador que pon Quindimil. Debe ser o mesmo. Gustaríame saber se este topónimo ten algún significado interesante. Eu non teño Ribeira do Douro -que xa quedamos que era Douro sen ribeira, e estaba ben bo, por certo- pero algo ha de haber, e senón, auga do pozo que envafa os vasos ou as xerras segundo a sacas, aínda tirando do cubo.
Eu non dimito de nada. A Serafín el Bonito pegaríalle unha patada nos collóns, sempre que non me mallara el a hostias con anterioridade. Dimito deste fío. Adolfo Domínguez non é máis ca un imbécil. Un imbécil que nin sequera ten ideas propias. Un imbécil non pode poñernos a todos nós deste xeito.
E ademais, estou comezando a collerlle certa aprehensión a este blogue. Entramos todos a todas horas, a calquera hora... ¿Que nos pasa? ¿Temos a caralla ó Sol todo o día?
Claro que, nos vellos tratados de Filosofía, dicíase que ela, a Filosofía, nacera do ocio e do asombro. Aqueles elementos que andaban polo mundo preguntándose pola orixe última das cousas non daban un pau á auga, e mentres folgaban asombrábanse de todo.
Non sei quen dixo por aí arriba que un modelo de empresario era John Ford. ¡Animaliño! John Ford foi un dos máis grandes directores do cinema de todos os tempos. O dos coches era outro, que, por certo, segundo contan, tiña unha fotografía de Adolf Hitler sobre a mesa do seu despacho.
A min quixéronme levar á tumba de Mussolini e díxenlles que por alí. Pero si que estiven no Monte Grappa e en Assiago, e teño que confesar que experimentei unha fonda emoción nos dous santuarios da Primeira Guerra Mundial. Logo de estar alí, lin unha morea de libros -de historia e novelas- e vin outra morea de películas sobre a Primeira Guerra Mundial, e mergulleime no espanto. E a partir de aí sentín a necesidade de facer unha inmersión en todos os aconteceres do século XX e sempre, sempre fun bater co espanto, co horror. Si questo é un uomo... Senderos de gloria. Qué bonita a escena na que o australiano autor da novela describe con detalle como unha rata lle come os beizos a un soldado ferido na poza noxenta da trincheira aínda vivo.
¿Sabedes que? Agora mesmo sinto a imperiosa necesidade de ver a John Wayne en Río Bravo. Así que adeus. Vouna poñer no trebello ése. Ó mellor paso a noite mirando películas de vaqueiros. Nunca fallan. Sempre che dán o que esperas delas e moito máis se sabes mirar.
"Rico es aquel en cuya casa llevan tres generaciones duchándose todos los días".
Pequeno matiz "todos los días".
Cantos ricos hai en galicia según esta definición?.Moi pouquiños.
A.D.debeu gañar hai dous anos 13 millóns de euros nese exercício, libres de impostos. E non é nin será rico.
Seghuro que untou ó Feijoo. Porque a estratexia é untalos a todos, por se acaso. Aghora ben, difícil será saber canto a cada quen.
Alguén por aí arriba agradece a AD a súa novela Juan Griego. Habería que saber cantos "negros" de boa fe o axudaron no labor.
Anónimo último, o Adolfito ten un ego tan ghrande que creo que lle deixou a pel escribindo a novela. Ten vaghare abondo.
Hoxe en "El país" ven a devolución dunha subvención por parte do Fito, 70.000 ouros. Eso é pecata minuta.
O mamoneo mor está na xustificación das outras subvencións.Como todos temos vidas muy activas en ecosistemas varios sabemos que se fai inflando as facturas ate acadar o 100% da subvención.Ilegal, pero é.
Ergo, hai máis socialismo do que se pensa. Vivimos nun inmenso estado "social".Onde se subvencionan empresarios, sindicatos, organizacións empresariales, ong's, amas de casa etc..e todos minten en maior ou menor medida.
Reposamos sobre unha xigantesca mentira. Por eso o estado aínda non toupa.
Ben, ó mellor hai que correxir, antes de que nos corrixa demasiado o mercado. Se nos da tempo.
Sí, sí, un pouco de moral Calvinista e estoicismo viríanos ben.
O malo de aturar é que nos dé leccións morales, con propostas indignas, un dos mores aproveitados do reino.
Lamas, que caste de padecementos abalan ó Adolfito?
A moitos fatídialles o éxito e o diñeiro que ten AD. Envexa, pura envexa, se por ter éxito e ser rico, se vai a ser xa un inimigo da humaniade, imosche ben. Hai moita plebe con ínfula senatorial, Tempos!. Un pouco de sentidiño.
[B]NZBsRus.com[/B]
Forget Slow Downloads With NZB Files You Can Instantly Search Movies, Games, MP3 Singles, Applications & Download Them @ Maxed Out Rates
[URL=http://www.nzbsrus.com][B]Newsgroup Search[/B][/URL]
Sinto, amigo anónimo que me chama amablemente pijoaparte, que non respostara onte, pero empeñouse Claudia en dar un paseo: Paseo con Claudia.
Son unha piltrafa humana, a miña vida é un desastre, estou corroido pola envexa que sinto pola fortuna millonaria de Adolfo Domínguez, non dou conciliado o sono pensando no ben que lle vai ao magnate da moda enrugada, calquer cousa que digo ou fago leva impreso o veneno do odio, a marca horríbel da envexa a Adolfo Domínguez.
Concordo con enxurrada. Non se pode criticar o aceno despectivamente aritocrático de A. Domínguez, nin que sexa un aproveitado que re refuxie no sol que máis quenta, nin que deslocalice cando lle pete e manteña unha estructura paralegal de precarios sobreesplotados, porque o que os criticóns somos unha rea de plebeus resentidos. Temos que calar e afirmar, que o sí sempre foi máis eleguante, máis fino e máis fácil que o non.
Adolfo Domínguez é un empresario que "externaliza" os seus servizos, e mesmo que manda a producir a cadeas semiescravas en Asia e Marrocos.
Quere que o despido sexa gratuíto. Eu, como traballador por conta allea (coido que por aquí non debe haber moitos, os máis semellades xubilados ou funcionarios, que non sei se podemos calificalos de "por conta allea", pero si sei que non podemos calificalos de "traballadores"), como traballador por conta allea que levo moitos anos na mesma empresa, ofrecéndolle canas, esforzo, dioptrías e desgaste físico e mental; atópome agora con este empresario que di que me poden botar gratis. Que incluso poden facer, para optimizar, o de despedirme o venres e volverme contratar o luns -que é algo que os empresarios deste país fan para aforrar pagar o fin de semana-.
Eu teño outra solución para a economía deste país: obrigar aos empresarios a declarar todo á facenda pública: coches a nome de empresa, contas de gastos, fundacións, sicavs... todas esas prebendas deben ser eliminadas.
Xa verá o señor Adolfo Domínguez como nun par de días arranxamos esto... porque eso de que os empresarios deste país, de media, DECLAREN GAÑAR MENOS QUE OS TRABALLADORES, manda truco.
E ao señor Etxe: confundir "nacional socialismo" con "nacionalsocialismo", e pretender que os nazis eran partidarios da economía planificada polo estado, é de burros ou de fillos de puta.
A economía é importante, señor Etxe, e con iso non se xoga. O nazismo subiu ao poder apoiado por grandes grupos financieiros como garante contra o comunismo, isto é, contra a planificación da economía.
AD = Pijoapartheid
Pois sinto levarlle a contraria, Loureiro, nunha das súas afirmacións. Os nazis si que estaban a favor dunha economía planificada (máis non ao modo soviético, claro). Ou sexa, que o señor Etxe, de burro, nada. E de fdp, tampouco (tamén se podía ter aforrado este insulto, non cre?). Eu disinto das opinións de Etxe aquí verquidas, mais iso non me parece motivo de insulto.
Estou de acorodo don Loureiro e con Apicultor. Con Etxe en que unha das claves das ganancias de A. Domínguez é a externalización dos salarios ao terceiro mundo. Con Apicultor en que o nazismo é, inicialmente, un fenómeno de clases medias que as oligarquías miraban con desconfianza. En en que o nazismo foi en moitos aspectos planificador; e ao principio, socializante.
Eu estou a favor da deslocalización. E a externalización é outra cousa diferente. Se vos facedes empresarios é unha opción. Exemplo, os departamentos de contabilidade, de recursos humanos, mesmo de comunicación. Con eles e outros tendes dúas opcións, a antiga que é contratar o voso contable con as persoas que precise para facer o seu labor, contratar o psicólogo que vos leve os asuntos de persoal, o xornalista que comunique....ou podedes externalizar, non ter contable e facer un acordo con unha empresa que fagha esa labor.O mesmo con un gabinete de selección de persoal, con algún comunicador ou publicista do exterior que vos faga esas outras labouras. Quen dí estes profesionais tamén pode pensar noutros, nunha empresa de catering en troques de ter unha cantina propia...A min na complexidade dos tempos que corren paréceme o máis lóxico. Se queremos seguir a funcionar como hai cincuenta anos, pois competide vos que a min dáme a risa.
Como son partidario da externalización se tiver empresa, tamén o son da deslocalización por outros motivos. E a economía é abondo complexa, sistémica, e con algo de marabillosa.
Imaxinemos que o Tito-empresário ten cen obreiros máis doce do departamento de deseño , o resto teno externalizado, sexa a contabilidade, a selección de persoal, a loxística…Vende para manter a cento trinta empregados e levar él e os seus socios unha vida de outo standing.
Queima a fábrica, perdón árdelle accidentalmente, e decide prescindir dos traballadores ( en realidade xa o tiña pensado antes de arder a nave dos escravos). Quédase cos doce do departamento de deseño e manda todo o traballo da cadea á china. En china prodúcenlle barcos enteiros, paga un dólar por día de traballo ( 12 horas, non hai sindicatos nin férias, e hai pena de morte para corrupciones varias).Un auténtico choio. As prendas veñen con montós de defectos pero postas eiqui son baratísimas con relación as que producimos nós. Véndeas ó mesmo prezo de antes, os prezos apena baixan, fórrase.
Ten que contratar outra vez unhes operarios para reparar unha porcentaxe de prendas e ten que tirar outras prendas porque non compensa reparalas. Aínda así o negocio é moi lucrativo.
Ven a segunda parte.
Estes empresarios ( no mellor do termino, xente que ten visión de futuro e emprende, arrisca), que deslocalizaron e viron a movida a principios dos noventa fórranse a rebentar e os tontos pan-nacionalistas que manteñen a produción eiquí non dan competido. Estes “nacionalistas” acaban pechando, abandonando a súa cota de mercado ós que se adiantaron.Ós nacionalistas do feito-na-casa se los va a follar el mercado mundial, e se non o queren ver, que queredes que lle fagha?.
Os que se adiantaron deslocalizando e queimando , perdón, as fábricas arden por accidente, gañan a partida. Venden máis, expándense máis, porque fixeron o que tiñan que facer naquel contexto. Teñen que ampliar as naves e meter máis xente para reparar o 15% que os chineses fan mal, tiran outro 8 %, contratan persoal para ter unha produción propia de máis calidade e agora sosteñen 340 postos de traballo en troques dos 130 de cando decidiron deslocalizar.
Se non queredes externalizar e queredes contratar ós vosos sobriños que estudaron “ADE” é voso problema, podedes facelo, pero a práctica non o aconsella.
O que teño claro é que se non deslocalizas te vas al carallo porque tu vecino va a producir muchhhhhhiiiiiisimo más barato que tu y te come ( en castelán que chincha máis).
Perdón, tamén existe a historia contraria: a pequena empresa que sobrevive porque non deslocalizou, pero esa non a sei contar ben.
O que saiba contala ben que levante o dedo.
E vos, tristes funcionarios, se vos virades na tesitura que faciades?.
Engado que estamos a formar alumnos con moito mimo, moita atención, moita igualdade, non violencia, educación para cidadanía, para a ecoloxía…tatarín, tatarán, e despois esta elite de nenos da eso ( anque vos pese e coste moito creelo, a nivel planetario así o é, nenos de elite con todos os seus defectos ); os meus alumnos van traballar nunha puta cadea de montaxe de Tito-costurero?. Nin pa dios!. Se fai falta impórtanse marroquinos, laosianos, papusianos, o que sexa, pero os meus nenos da Eso non caen nesa.
As cadeas de montaxe do téxtil desaparecen do primeiro mundo porque son terceiro mundistas. NORMAL!.
Eu non critico ó Fito por a deslocalización nin por a externalización nin por terse feito rico. Senón por o seu discurso retrógrado, que non ven a conto, ultraliberal, ignorante de outras realidades no mesmo capitalismo, xeneralizador, mezquino, aproveitado, corrupto. Parte débello a deformación profesional do seu modo de producir, pero parte é da súa personalidade cativa e miserable humanamente.Xa relatei o seu percorrido ideolóxico e como se procede na nosa casta política. Todos!.
Tamén para deslocalizar non todos queimaron a nave. Nave física de produción, non nave metafórica de navegar.
Algúns son tan tiñosos que ata para desfacerse dos traballadores recurren a ese sistema.
Confirmádeme por favor. Os operarios despedidos ( perden o traballo) por “colapso” da nave ( fábrica), non cobran o despido, non-sí?.Que é precisamente unha das cousas que máis me doi do seu discurso: “despido libre”.
Forretas indigno!. Por certo, según Freud estes forróns-agharrados é porque se quedaron na fase anal, non-sí?. Será que non caghan ben. Hai algunha familia así en Ourens.
Sobre as bondades da mundialización.
Tomado do francés: la mondialisation racontée a ma fille, de André Fourgans.
« Coñezo un profesor, verdadeiro prodixio do teclado, que avanta mais e mellor que a súa segredária. Eso quere dicir que lle fora mellor desfacerse da súa encantadora colaboradora et pasar el todos os seus traballos e escritos?. De ningún modo. Para él é máis interesante consagrar o seu tempo e a súa enerxía a reflexionar e investigar e deixarlle a tarefa de pasar os traballos a súa eficaz segredaria.
Razóns?.
A actividade de dactilografar, anque el fose dos máis eficaces coñecidos, ten para o noso profesor un “costo de oportunidade”: todos os brillantes e fundamentais artigos e libros que non podería escribir por culpa do tempo que pasa dactilografando os seus manuscritos.....
Anque nesta tarefa sexa mellor que a súa colaboradora favorita ( xa ten unha vantaxe absoluta sobre ela), ten polo tanto interés en especializarse en actividades propias dun profesor ( ensinanza e investigación) onde ten unha vantaxe absoluto aínda máis importante sobre ela ( é de supor que a teña ).
Este principio aplícase tamén ós intercambios entre nacións e xustifica a esencia do comercio internacional. Dous países gañan si se especializan e intercambian entre eles, aínda que un sexa mellor que o outro...., na produción de todos os bens e servizos. Así, una nación gaña se importa un produto, aínda que este podería ser fabricado dentro das súas fronteiras de xeito máis eficaz que o feito por a outra nación, se con eso se especializa na fabricación de aqueles produtos nos que é aínda máis eficaz.
Eso é a explicación de que o noso ego-nacional non se resinte cando importamos bicis chinesas ou ordenadores yankees!
E por que o noso nivel de vida é entonces superior ó que teríamos se impedíramos a importación de eses produtos para fabricalos “no noso país” xa que temos plena capacidade para facelo.
Un exemplo para concretar: se compras zapatos por 20 ouros, zapatos importados, en troques de pagar 45 a un fabricante nacional, este estará abocado a reducir a produción e a despedir, cecais a quebrar ( salvo se innova, cousa que algúns saben facer). Pero ollo de non deixarse cegar por as aparencias ( a destrución de emprego) ata o punto de non ver máis os efectos agachados pero non menos reais.
Os 25 ouros que aforraches por o teu acto “antinacional” permitiranche comprar un libro, ou agasallarte con un xantar nun bo restaurante, o cal fomentará o emprego no sector do libro e da restauración. O que tampouco vemos é que os 20 ouros recibidos por o fabricante exótico de calzado retornarán dun xeito ou doutro, cecais despois de tribulacións diversas e variadas na economía mundial, na nosa economía baixo a forma de compra de bens e servicios.
Moral: en economía como na vida mesma convén non fiarse do que “se ve”; o que “non se ve” é con frecuencia máis importante”..............
.....Máis adiante engade: “ O vencellamento de intereses mutuos dos países aumenta o seu coñecemento e sabiduría, e mingua as súas gañas de destriparse”....
Perdoen que me incorpore tan tarde e ademais para abundar en algo xa esquecido: o asunto da novela de AD. Lobo neghro non cre que o ego do tío este permitise a axuda de negros para escribila. Pois eu coñezo un (seguro) que lle traballou gratis et amore e lle pegou un bo barbeado ao orixinal mecanografado, e aínda está esperando o detalle, por parte do explotador, de lle envíar ao seu desinteresado colaborador un exemplar dedicado con agradecemento. Perdoen outra vez as molestias.
Esquecíaseme: e o citado barbeado seica non foi só lingüístico, senón bastante máis profundo.
O ton ríspeto e esgrevio que se sinte en xeral, a verdade é que convida pouco ao coloquio.
Se cadra está a socieade tensionada, nestes momentos de crise, en exceso. Este señor debe poder dicir o que queira e cada un debe poder rebaterlle o que queira pero sen perder formas nin elegancia.
Sr. Loureiro, pódome confundir en moitoas cousas non llo nego, pero creo que non debe vostede pretender faltar. Sobre quen apoiou aos nazis alemáns no seu ascenso e mantemento no poder algo sei. E igual que me equivoco eu, ás veces, pódese equivocar un pobo no seu conxunto. Depende, sobre todo, do poder de manipulación dos comunicadores e das sensacións que transmitan, máis que das realidades tanxibles. En Francia, os sociatas perderon depois da semana de 35 horas. Goebles era un xenio tensionando e dirixindo. Por iso me gustan as conversas moderadas e que as cousas ditas para epatar -como as declaracións de AD- sexan contestadas desde a normalidade, calma e tranquilidade.
Ósperas anónimo, o Fito-costureiro é ben máis tiñoso do que pensaba.
Ortoréxico, ano-réxico (non cagha) e tiñoso ( no meu pueblo dícese agharrado).
Probe home.
E canto pía innecesariamente.
Os nazis tomaron o poder nunha situación de crise. En toda situación de crise a economía está dirixida polos estados nalgunha medida ¿ou non vistes aos grandes líderes do liberalimo pedindo medidas dos estados para protexer a economía? As ganancias son privadas, pero as perdas son de todos... Nas crises mesmo os USA -FDR é chamado aínda "comunista" polos neocon ianquis- tiran de planificación, pero iso non significa que sexa socialismo o que se fai.
Os nazis gañaron o poder coa axuda de grandes oligarcas -algúns deles americanos, como os Bush- porque supuñan a protección contra todo tipo de socialismos. Mesturar o nazismo -máximo espoñente do capitalismo- e tentar confundilo co comunismo é hipocresía. O comunismo ten as súas culpas, pero as do nazismo son pura e simplemente a conta do capitalismo.
Xa sei que a historia tende a escribirse segun conveña: teño discutido con católicos que defenden que Hitler era ateo, e nada máis afastado da verdade. Agora algúns pretenden facernos crer que o nazismo alemá mancha ao nacionalismo galego, ou que o nazismo é producido por culpa do comunismo...
E todo isto para defender as babosadas dun mal empresario. Un empresario que ten cobrado subvencións a esgalla para agora reclamar despido libre.
¿Para cando pediredes unha lei contra os contratos blindados de directivos? ¿Para cando responsabilidades penais dos directivos? ¿Para cando os ingresos por beneficios dos cartos dun potentado pagarán a mesma porcentaxe que os meus -nas sicav un 1%, os meus nunha conta de aforro coido que un 20%, non o sei porque ben pouco é o que ingreso por ese concepto-?
Hai malos empregados, dende logo. Todos coñecemos casos.
Pero hai malos empresarios, tamén, todos coñecemos casos, e o babeco de Adolfo Domínguez semella ser un deles.
Hai un certo servilismo en aceptar o que diga un sastre vido a máis simplemente porque ten -ou tivo- cartos. As súas ideas, as ideas dun sastre, son iso, desastre.
E se alguén se ofende porque lle chamen cousas, que non esqueza que neses catro millóns de parados hai caraduras, pero tamén hai dramas humanos de verdade. E hai que ser moi fillo de puta para esquencelo.
"Ti respiras, vives, comes
ponte ao lado dos homes
e non do da primavera..."
Etxe, Claro que o Fito pode decir o que queira, o malo é que hai ditos que amolan moito, firen. Son violencia. E non me estraña que se lle resposte con violencia.
Certo que hai tensión social, e máis que ha de vir. O país enteiro recua. Eu vin recuar a miña economía doméstica con relación ó meu nivel de 1993, aínda hoxe non volvín acadalo.Eu estou a asumir que eso mesmo lle pode pasar a toda unha nación.
Imaxine vostede todo o país recuando, e recuando ata niveles de hai 18 anos. De momento ata niveis de hai 18 anos.
E recuaremos recortándonos as pensións, alongando a edade de xubilación,recortando na sanidade, na educación...inventarán outros impostos.Vostede velle fondo? Estamos en caída libre.
Á contrário de outros eu non lle creo que sexa só mala xestión do pesoe, agora súmaselle a súa improvisación e incapacidade; eu vexo que levabamos moitos anos autoenganándonos, flipando, e sobre todo non querendo ver os alicerces insuficientes da nosa economía.
Con un 22% de fraude fiscal calculado por expertos, non sería mellor encetar as reformas por ehí? como alguén apuntou neste foro. Tocaríalle de seghuro ó Fito que tanto caquexa.
Perda coidado que vostede e eu con nóminas visibles e totalmente controladas de momento non nos afectaría, pero sí afectaría ó "poder real" quen xenera boa parte da economía submerxida.
Os dirixentes políticos son unhes administrativos. Non son o poder.
As solucións do Fito non son solucións pacíficas, son extremistas. Ou é un inconsciente dotado dunha inxente intelixencia-burral, ou está a provocar. Cousa esta última que conseguíu. Falamos moito del.
Na organización do psoe, que levei a nivel galego, medíannos en Madride mensualmente os centímetros cadrados que xenerábamos en prensa.Daquelas os políticos estaban atentos á primeira hora da mañá ó que xeneraran en prensa. Non sei como vai aghora, como se computa. A publicidade é cara. Por eso o dito:"o importante é que falen de un, anque sexa mal".
Se non falan de tí, non existes.
Pero tería que haber unhes principios éticos, que non sexa a conta de laminar ós máis desposeidos, ou propondo a desposesión dos máis humildes. Que discurso máis fácil, burdo e malvado.Eu hasta me atrevería a pensar que o A.D. nin o cree.Sencillamente pode que non teña nada millor que propor.Estiñou.Ou está enfermo.
Mira que non hai do que falar!.
Oighanme, e habería que preghuntarlles os da lousa que facturan máis que él.
Por que non opinan?.Se en tempos lle financiaran a campaña enteira ó Fragha. Non falan porque non van de artistas, non necesitan micrófono e probablemente de facelo non improvisarían.
Loureiro faime lembrar que me axudaron a decatarme, aínda recentemente, que o nazismo acontece e nace nun país de raíz cristiá, nun contexto cristiá.
Capitalismo, e cristianismo.
Manda truque.
Grazas a ese análise de a Mundialización que acheguei tamén penso que de cumplirse os desexos do Adolfito poderían cheghar a ter un feed-back incontrolable e fatal sobre as súas circunstancias vitais.
Degradaríase a vida social ate tal punto que lle podería acontecer un secuestro na súa família, que o foderan nunha curva indo para A Derrasa, non podería ir ós ximnasios que frecuenta porque a desprotección ía ser tan grande que o poderían atracar na praza das Mercedes.
Calquer banda de desesperados sen cobertura de desemprego, sen cobertura médica,desprotexidos de todo estaría actuando diariamente. O vício de papear é diario e non se acaba nunca, chacho.
Este é un complexo sistema.Lembro unha imaxen dun emigrante de Carballiño en Panamá. Cada día ó cheghar á casa sacaba o revólver e disparaba ó ar. Era un aviso por se había ladróns dentro, darlles tempo a fuxir e non atopalos na faena.De non ser así as consecuencias poderían ser gravísimas para calquera das dúas partes.
Coas propostas do Bolinguez, dentro dunha dúcia de anos tería que disparar o revólver ó entrar no xardín dos seus chalets cúbicos da Derrasa. E o Bunker tenno feito?.Grazas a deus os nosos chorizos e pícaros lacazáns de momento van comendo do erario público.
Estimo completamente innecesario dicir aquí que cada un é libre de opinar pero tamén debe asumir as consecuencias do seu discurso. Era público e notorio que Adolfo Domínguez era partidario do despedimento libre e gratuíto, pero ata de agora a súa opinión non tivo tanta repercusión - iñoro a causa-.
Cando ata o goberno de ZP está recuando sobre a cuestión, sempre convén sacar unha opinión radical para tirar pola rúa do medio.
No tocante a regulamentación comparada, sen irmos máis lonxe a da UE, a cuestión non prantexa problemas. Os contratos de traballo, suscríbeno dúas partes en liberdade de pacto, que asumen que ese contrato finalizará o día que unha delas queira.
A indemnización por despido é unha cláusula do vello Estatuto dos Traballadores franquista, avalidado polo Sindicato Vertical, e introducido pola corrente social-falanxista do réxime, que non ten parangón en parte algunha.
Sendo o contrato de traballo a conquista máis importante do cidadán europeu do século XX, e que a aplicación non será retroactiva, ningún dos actuais traballadores deberá temer pola súa indemnización, non así polo seu posto de traballo que polo camiño de imos, e doado chegar do 18 % o 20% de paro.
Dito esto, que diferencia existe entre un contrato de aluger e un de traballo nunha sociedade de liberdade de pactos.
O subsidio por desemprego, son catorce pagas de 500 € (+-). Calquer empresario normal se lle dan ese diñeiro, contrata a un empregado, e págalle a Seguridade Social, pero non-o fai polas dificultades para a rescisión laboral e as repercusións que ten un despedimento improcedente.
Non se ten eliminado a xudicialización do despido en España, pola existencia dos Sindicatos, antes Verticais e hoxe Horizontais.
Son o anónimo do asunto da novela de AD. Estou a ler unha tradución portuguesa do libro Gomorra, de Roberto Saviano. Non sabía eu nada dos enormes negocios mafiosos da Camorra napolitana arredor do textil en connivencia coas mafias orientais explotadoras de tanta xentiña escrava. E seica é un libro ben documentado. Fito ten aí tema para outra novela.
Grazas Von der Stein por a achega.
As nosas reaccións son de homes atacados. Precisamos de máis dados sosegados como os teus.É revelador porque nese eido moitos somos legos.Pensaba eu que no contexto europeo todo o despido era protexido.
Ben, Von Der Stein, xa que eres home de leis, confírmame please. Se che arde a nave e os cen traballadores de cadea quedan sen poder traballar, págaslle o despido?.Claro, non hai despido, hai un accidente e a fin abrupta da cadea de montaxe.
Eses operários quedaron no paro.
Entre das causas da rescisión do contrato de traballo, hai unhas que se dín obxectivas. A que ti prantexas, sería unha derivada por causas económicas pola desaparición física do centro de traballo.
Para min que AD non merce toda a atención que lle adicamos, pero sirva para falar dos empresarios galegos, se é que é posibel tal cousa e ser empresario non implica atender o negocio sen consideracións identitarias nin éticas, no actual contexto dun neoliberalismo económico insaciabel. Se un empresario do textil non desloca a súa producción podería seguir competindo? por non falar das conexions que denuncia Saviano da mafia coa industria textil. Como sería o noso empresario respetabel?, sería posibel no mundo actual da empresa?. Existe?
Son todos os empresarios dilicuentes potenciais?
A repercusión mediática (EL País, nomeadamente) que tiveron as palabras de Adolfo Domínguez ten que ver con que criticou moi duramente a actuación do goberno español no eido económico. Veu a dicir que Zapatero e a súa ministra de economía son uns inútiles, cousa que moitos xa sabiamos. O que non entendo é como os apalominados dos sindicatos e a esquerda guai non lle teñen montado unha folga xeral, cando por moito menos lla montaron a Aznar.
Por outra banda, Deus nos libre de preitos e de avogados. E tamén de empresarios que non pagan o IVE, que non declaran o que facturan e que explotan miserablemente aos traballadores.
O dos Avogados e dos preitos, na miña tamén lle pensan o mesmo, anónimo.
A mín, na vida que me tocou, fodéronme moito máis os xornalistas, e os políticos.
Non sei se é apócrifo, pero contaban que ós xornalistas nos sindicatos tíñanos no epígrafe de "oficios varios", xunto coas putas,no caso de estas sindicarense.
Cos advogados pódese cheghar a acordos.
Pero AD é dos nosos ou non é dos nosos?
Pero Arume é dos nosos ou non é dos nosos? É dos tirios ou dos troiáns? Dos modernos ou dos posmodernos? Está co traballo ou co capital? Con Fito ou cos Fitipaldis?
Que mercan vostedes?
Pescanova ou Findus?
Zara ou H&M?
FNAC ou Arenas?
A voz ou Faro?
Citröen ou Volkswagen?
Ikea ou Mercasofá?
Adolfo Domínguez ou Armani?
Hugo Boss ou Mirto?
Pescanova ou Findus?
Eu merco na praza de Lugo.
Zara ou H&M?
Non encaixo ben nas tallas de ningunha desas tendas.
FNAC ou Arenas?
Couceiro.
A voz ou Faro?
Esta pregunta é ben pavera. ¿Que merda compras? ¿Esta merda ou estoutra? ¿E se lle digo que non merco nin leo ningún dos dous? O Faro porque non me chega, e A Voz por hixiene mental. Ás veces o leo, como leo ata o suplemento relixioso do ABC.
Citröen ou Volkswagen?
Máis galego sería URO, pero non me chegan os cartos.
Ikea ou Mercasofá?
Nin o un nin o outro.
Adolfo Domínguez ou Armani?
Tampouco. Vese que non teño nivel para este debate.
Hugo Boss ou Mirto?
¿Máis autores solipsistas, ou?
España ou Eghpaña?
Non, non, Galicia.
Don Arumes, eu se quere dígolle algúns dos artigos, non sei se de de primeira ou segunda nacesidade, que comprei onte e hoxe. Tome nota por se algunha vez lle dá por vir por aquí. Onte á tarde, no Outlet de Conti de Aribau, 57, comprei una camisa Xacus por 5 € e un polo Lacoste por 10 € (marcaba 115 €), si, si, leu ben, 10 €, e se non me cré teño aqui o papeliño que o confirma, o que pasa é que non sei se o porei porque é grande de mais e eu xa non estou para medras, xa medrei todo o que tiña que medrar. Logo, tamén en Aribau, 22, mui perto da praza da universidade comprei EL TERCER REICH de Roberto Bolaño por 12 € (marcaba 18 €). E para non aburrilo con tantos euros rebaixados, hoxe, no Mercat de Sant Antoni comprei, entre outros, EL PAIS DEL MIEDO, noviño de todo, en Seix Barral, de Isaac Rosa, de quen vostede falara tan ben non hai moito, por 6 €. Así que, Don Arumes, eu procuro mercar nas rebaixas. Son un tipo de rebaixas e sen enrugas.
Non me dea vostede esa envexa, amigo detective crepuscular. Está vostede xa conminado a contar que tal o de Bolaño.
Eroski ou Gadis?
Arume non é tirio, que é troián.
PSdG sector Caballero ou PSdG sector Losada?
- Monarquía ou República?
- República.
- Federal?
- Non, galega.
Adolfo Dominguez é un explotador, pero a explotación é beneficionsa para a sociedade, que sería de nos sen empresarios que non se enriqueceran?. Se non se enriquecen pechas as empresas e os obreiros van o paro que provoca un descenso do consumo que remata por deflaccionar a economía resultando os que menos teñen os mais perxudicados, polo que estes son os mais interesados en que os empresarios ganen moito diñeiro, polo que hai que porlle límite as reivindicacións sindicais, os sindicatos teñen que ser comprensivos e colaborar cos empresarios, o fin da empresa é tamén o fin do seu modo de vida, de tantos e tantos liberados.
Sen empresa toda a economía estaría en mans do estado, e por tanto estariamos nun sistema politico totalitario. E queremos un sistema totalitario?, onde sexa unha élite a que controle?, onde non haxa liberdades politicas?
Criticamos o sistema ecónomico, pero non desexamos cambialo, só queremos que funcione razonabelmente como até de agora e que non empeore. Queremos reformas e fantaseamos que as reformas conducen a unha situación mais xusta, cando so parcheamos unha nave moi danada que se vai fundindo guiada por uns bucaneiros inconscientes, sen ningunha visión social de futuro que van queimando a nave coa madeira que foi constuida, son os financieiros, vangarda neoliberal que extenden o seu poder as sedes de todos os partidos.
Vieiros
Diego E. Barros
Putos mileuristas
Foi José Luís Feito o último en sair con que a avoa fuma. Para o responsable de Economía e Finanzas da patronal española a razón da actual crise que soporta o Estado é o elevado salario que perciben os traballadores españois e que, unido ó caro que resulta despedir a alguén aquí fai desto un sindiós de aquí a Nova Celandia.
O tal Feito algo debe saber no tocante a salarios xa que cobra catro: ó que percibe como responsable monetario da CEOE hai que sumar os que ingresa como presidente do lobby das autopistas españolas (ASETA), da súa homóloga europea (ASECAP) e máis do Instituto de Estudios Económicos. Un pluriempregado en toda regra que até un dubida de como fai o tipo para dispoñer de tempo e sair, o pasado martes, a dar unha conferencia de prensa para queixarse dos sacrificios aos que teñen que facer fronte os emprendedores –o de empresarios vende mal en tempos de crise--, para manter a flote as empresas e pagarlle ós empregados un salarios tan estratosféricos que cómpre recortar xa, se se quere sair da crise antes da próxima glaciación.
Polo apretado da súa axenda profesional, a súa queixa saíu o mesmo día no que se fixo público un estudo de Adecco que sitúa os salarios españois un 50% inferiores ós percibidos polos traballadores de países da contorna como Alemania, Reino Unido ou Holanda e, en xeral un 20% menos que o salario medio da UE, segundo Eurostat. Simple aritmética xustificou Feito para quen os 1.600 euros (redondeando polo baixo) de salario medio en España, segundo o INE, están na raíz de todos os nosos problemas. Son cifras “moito maiores” das percibidas en Europa. É o que ten a ditadura da aritmética. Hai veces que dous é máis que catro. Un sempre foi desconfiado coa estatística. En especial coa dos salarios. É como aquel conto de que hai sete mulleres por cada home e hai quen se pregunta quen andará con catorce por aí. Boto unha ollada ao redor e busco entre os meus xente que chegue a eses 1.500 ao mes. Vaia por diante que non coñezo a ningún controlador aéreo. Quitando funcionarios, sóbranme dedos na man e só vexo mileuristas, aquela excepción de hai anos, agora convertida en regra e que resulta que para a patronal está na orixe de todas as desgrazas. De aí que Díaz Ferrán sexa, en realidade, un visionario na procura de solución ó problema. Directamente non pagar. Claro que, ben mirado, van ser ó final os controladores aéreos os culpables da aritmétrica que tanto amola á patronal.
E nós falando dos bancos e da avaricia empresarial que creron que as vacas gordas serían eternas cando a cousa era bastante máis sinxela e a solución estaba diante dos nosos fuiciños. Putos mileuristas.
Mirade, eu metinme no coche e tirei para Begonte acompañado da miña santa, ou ela acompañada por min. Non sei que sería máis politicamente correcto. Encendimos a cociña de ferro, a bilbaína, e unha estufa, fixemos un par de cousas por alí, medimos cantos centímetros medrara a herba, comprobamos que a drenaxe da cortiña funciona ben e marchamos a Damil outra vez. Esta vez comimos fabas con ameixas e raxo "da casa" con patacas fritidas. O viño, sen pai nin nai, é dicir, nunha xerra, de cor tirando a morado e con colar de doas grosas arriba, estaba bo. Fresco, xugetón, supoño que con aromas frutais e non lle medín o efecto retronasal. Despois, mentres a muller argallaba por alí, eu vin, unha detrás de outra, cinco películas, que non penso declarar. Non as vin enteiras. Non. A cachos. Busco a escena que me interesa, véxoa, vólvoa ver e así. Logo marchamos para Lugo e asistimos a representación de El Mercader de Venecia, do grande Shakespeare. Magnífico Fernando Conde no papel do vello xudeu. Magnífico. Nalgún momento estremecedor. Quedei, coma sempre que me arrimo a esta obra, meneando a cabeza, moneando, logo, co asunto do antisemitismo. Shillock, o xudeu avarento e vingativo. Volvimos durmir a Begonte. E durmimos no medio do silencio puro da aldea. Hoxe, traballei toda a mañá no ordenador. (En Begonte non teño internet. Hay wifi na praza do Concello, pero no baixo aló case nunca). Teño un traballo entre mans que dará para varios meses. Un asunto interesante, que me obriga a ler moito, a ver moito cinema clásico, a tomar moitas notas e a reflexionar moito, tamén. E logo a escribir, claro. Chamou a filla máis vella e apuntouse a comer con nós. A miña muller xa debía tusmar algo, porque, mentres eu escribía na cociña, ela preparaba unhas patacas recheas que as borda. Soberbias. Empuxámolas cun tinto de Valdeorras. A neta comeu o seu preparado un pouco antes, e logo saímos os cinco a dar un longo paseo aproveitando unha ratoada de Sol que o respectou enteiro. A palabra ratoada non aparece en ningún dicionario, pero en Begonte está viva. Eu non lles vou dicir ós paisanos, coa cantidade de trienios que suman no uso da lingua, o que é normativo e o que non. Ratoada. Soa ben, ademais. A netiña e mais eu camiñamos xuntos, collidos da man, durante un treito. A netiña ten catorce meses e xa intenta falar. Algunha palabra vai dicindo. Outras inténtaas. Pero ela fala seguido, sen parar, nunha lingua que supoño non estará rexistrada en ningures. Ó cruzar unha ponte sobre a autovía, vimos un can bastante grande perdido no medio dela. Varios coches esquivárono. O meu xerno, que levaba o móbil, ía chamar ó 062 para comunicar o perigo, pero o can colleu unha saída e liscou dalí.
Despois eles marcharon de regreso a Lugo e nos fixémolo contra as oito, para asistir ó último espectáculo da semana de teatro clásico de Lugo: El misterio del Cristo de los gascones. Eu tiña medo de que resultase un peñazo, pero non o era. Ó contrario, pareceume moi bo. E o monicreque, o Cristo articulado, chega a ser entenrecedor.
Sic transit gloria mundi.
Producción malvada na Toyota.
Como está todo interelacionado!.
Estiven a piques de darme de baixa da Toyota cando se publicaran os suicidios de varios dos traballadores queimados e presionados por a compañía.
Para que me mandan unha revista tan bunitiña e tan cariña?.Van ter que deixar de facela coa que lles vai caer encima.
Onte tiven un pesadelo, despertei as cinco da mañá e non dei durmido.
Nunca imaxinara tal película ou conto de terror: vas tranquilamente no teu Toyota e o acelerador non se levanta, espétaste irremediablemente con toda a família. Cálcaselle ó acelerador e este é incapaz de volver ó seu sítio.
É inapelable poque despois de innumerables queixas, un experto de tráfico nos uesei dálle tempo de chamar por móvil e deixar gravada a conversación antes e no momento do percance que lamina os catro ocupantes do seu Lexus (Toyota de luxo).
Aconteceu, acontece, e aghora teremos que reinvestigar moitos accidentes incomprensibles. (Exceso de velocidade).
Que relación ten esto co A.D?.
Pois unha sociedade ultra-liberal, excesivamente competitiva, onde se busca o máximo beneficio sacándollo da pel ó operário quen acaba cometendo erros que teñen repercusión tráxicas en lugares dispares e en principio non é posible relacionalo co feito á presa ou para aforrar.Quen dí operário dí inxeñeiro ou inversor quenes están tamén presionados.Esa ideoloxía perversa e malvada contaxia todo.
O réxime ultraliberal da Tatcher xenerou,que saibamos, o problema das vacas tolas, exprimíuse ó máximo o reaproveitamento de resíduos e metéronlle carne na comida á unhes rumiantes.Nun mesmo contexto de busca do máximo beneficio prescindindo do ser humano e "sálvese quen poda".
E o que non sabemos.
En francia por aforrar fixéronse analíticas de sangue unha de cada dez mostras en troques de facelas de unha en unha, o resultado foron medio millón de persoas contaxiadas con hepatites várias e outras cousas.
Estamos vendidos.
O ser humano precisa dun entorno de protección, de descanso, de seguridade. Por eso acertou o xestor de Mercadona quen promocionou contratos fixos, tratou ben as empregadas con alicientes varios e vai vento en popa.
Polo tanto, eu vou mercar en Mercadona, vou mandar a tomar por o cú ó meu Toyota, non quero saber nada da roupa de A.D, e así seghuido.
Xa que dependen tanto do consumo, interno, externo e medio pensionista, nós consumiremos con moito miramento.
E hoxe cheghei cinco minutos tarde ó traballo de tan baldado que estaba por non descansar ben, non descansei ben porque o accidente do Lexus fíxome moito mal. Afortunadamente niguén me descontou unha hora e cuarto como faría o Adolfo Domínguez. Se o fixeran sería peor, ía estar eu toda a mañá de malo xénio, ía amargar ós meus pupilos, e estaría a rumiar cos sindicatos como vengarme desa violencia.Pode que as miñas defensas baixaran e me entrara unha enfermidade incontrolable.
O ultra-liberalismo é malo para o ser humano. Será bon para o un por cento de psicópatas que invariablemente pare a humanidade.
Podemos ir facendo unha listaxe de todo aquilo que cómpre boicotear. Vexamos: a semana pasada La Voz de Galicia iniciou unha colección de clásicos universales (de Literatura). A primeira entrega eran dous libriños: La Isla del Tesoro e Cuentos de Edgar Allan Poe. Ben. A min interesábame La Isla del Tesoro. Xa sabedes que fago colección de edicións e xa vou xuntando unhas cantas e nuns cantos idiomas diferentes.
Ben, ó que iamos.
Velaí a ficha editorial dun destes libros:
Traducción: Julio Gómez de la Serna.
ISBN(obra completa) Tal
ISBN(6)Cal.
O C metido nun círculo: Editorial Planeta, S.A., 1983
Outro C metido noutro círculo: PMI, S.A., 2008 para esta edición.
Edición: Centro Editor PDA, S.L.
Realización: Multiactiva Creación y Servicios Editoriales, S.L.
Printed in China.
Todos los derechos reservados.
Qué vergoña de empresarios...faite millonario pero non a costa do traballador. Que vaia ó paro e xa verá o ben que se pasa...lamentable o tal adolfo. Non a explotación laboral!!
Un entendido acaba de contarme que o tema da Toyota é unha ghuerra dos yankees, outra máis, porque literalmente perderon fronte ós nipóns no tema automobilístico.
Ese accidente tan ben documentadiño, tan ó xeito, con un persoeiro tan credíbel que ten moi a xeito a tecnoloxía para gravalo de modo inapelable, parece própio da cía para axudarlle á pátria en apuros.
E aínda por enriba, que feo é este Adolfo Domínguez! Xa sei que é unha frivolidade, pero que feo é! Si, xa sei que non ten que ver unha cousa coa outra, pero é feísimo!
O interior reflíctese no exterior.
Pois el tense por guapo.
Publicar un comentario