10 sept 2009





Virtual, meu amor. Pensar, amar e sufrir nos tempos das novas tecnoloxías

Ana Bande Bande

Quen de entre nós non querería disfrutar da vida en parella conservando todas as vantaxes que dá a vida en solitario? A web social (Facebook, MySpace, Second Life, etc.) ven ofrecernos exactamente isto. Sentírmonos próximos e —o que é máis importante— seren recoñecidos sen perder o noso sentimento de independencia. Eu podo comprometerme ou liberarme cun sinxelo clic, encontrar doadamente novos interlocutores e ata resucitar os mortos. Mália todo, as novas tecnoloxías non nos procuran acougo. Porque se por unha banda agochan as pexas da separación física, pola outra fánnos dubidar da dispoñibilidade dos nosos interlocutores. Por iso seguimos reclamando as mesmas respostas unha e outra vez: Onde estás, que fas, estás só/a? Do mesmo modo que o faciamos co teléfono. Con este tipo de observacións tan sinxelas, Serge Tisseron fai un repaso á incidencia das NTICs no xeito de nos relacionar (Virtuel, mon amour. Penser, aimer, souffrir, à la l´ère des nouvelles technologies, París, Albin Michel, 2008).

A súa lectura non achega moita novidade a quen estea afeito a un emprego crítico das redes sociais, mais trátase dunha reflexión imprescindible para comprender un cambio tan drástico na sociedade coma calquera dos que obrigaron a procurar un novo nome para designar unha etapa histórica diferente. O autor, pola súa condición de terapeuta, pode partillar unha morea de casos reais que ilustran situacións nas que, cun mínimo de humildade, podemos ollármonos a nós mesmos, ou veren representadas situacións relacionadas con esta "explosión do virtual" que se repiten ao noso redor. Non se trata dunha visión pesimista, todo o contrario, o autor defende o uso positivo dos espazos virtuais para enriquecer as nosas relacións reais.

Non podemos negar que a comunidade virtual é, para moitos, tanto ou máis importante que a familia ou os colegas de traballo ou do instituto, e algúns ata “casan virtualmente” sen necesidade de se ver nin de se tocar, pois o corpo físico deixa de ser a referencia para o reencontro. Os psicólogos atenden casos de depresión por abandonos “virtuais” e hai numerosos síntomas do perdidos que podemos sentírmonos neste contraditoria realidade virtual que nos arrastra. Lembrades aquela curiosa noticia dunha muller que pedira o divorcio ao descubrir a relación do seu home cunha guapa avatar de Second Life e que, ademais, contrarara un avogado na propia plataforma virtual?


6 sept 2009


O asasinato de Laura
XOÁN ANTÓN PÉREZ LEMA

Galicia Hoxe, 06.09.2009

Unha vez máis, un asasino machista matou unha muller na Galiza. De se confirmar a certeza da confesión do seu antigo mozo, estariamos diante dun asasino que pensou que a vida de Laura non se podía de- senvolver se non era vencellada á súa propia. Que pensou que, por ser Laura da súa propiedade, había matala se quería excluílo por sempre da súa vida. Como en tantas outras ocasións, de se confirmar esta tan probábel autoría, un home matou a muller que compartiu a súa vida cando ela decidiu romper con el e comezar unha vida distinta. Para os violentos machistas, o único xeito que teñen as mulleres de garantir a súa vida ou integridade física é renunciar ao exercicio da súa liberdade.
En calquera caso, esta morte terríbel amosou a gravísima inconveniencia de retirar as denuncias baseadas en feitos delituosos reais por meras conveniencias persoais, veciñais, profesionais ou familiares. Un violento machista é un delincuente que cómpre pechar no cárcere ou afastar efectivamente para prever a violencia na denunciante, na súa contorna e mesmo noutras posíbeis e futuras vítimas femininas.
Tamén vimos a serenidade na manifestación de dor e de solidariedade coa familia da veciñanza e amizades de Laura. Un comportamento solidario e maduro, propio de sociedades democráticas avanzadas que se abstivo desas apelacións á pena de morte ou á vinganza que temos visto tantas veces noutros países e territorios do Estado. Por unha vez, os galegos demostramos unha madurez moral e cidadá que non sempre se dá nos momentos posteriores a un asasinato.
Alén das especialidades da prevención e represión de lacras como a violencia machista ou a pederastia, convén mirar máis polas vítimas. Cómpre irlles recoñecendo ás vítimas de calquera crime violento os mesmos dereitos a respecto das vítimas do terrorismo. E nomeadamente ás vítimas da violencia machista, que se ten revelado tan cualitativamente asasina como a ETA, só que nunha cantidade moi superior. Dereitos para facilitar a resocialización, a reinserción laboral e educativa e mais a terapia psicolóxica para estas vítimas do crime.

5 sept 2009



CAIXAS GALEGAS

Fontes de máxima solvencia do sector financeiro consultadas por LD dan por feita a futura fusión entre Caixa Galicia e Caixanova. A operación estaría avalada pola Xunta para manter, por riba de todo, a "galleguidad" das caixas da comunidade que goberna Alberto Núñez Feijóo.

En cambio, dende as entidades negan a operación.

Segundo estas mesmas fontes, a entidade CG está a barallar diferentes opcións

En calquera caso, fontes do sector dan por pechada a futura fusión que permitiría ao Goberno rexional de Feijóo manter a "galleguidad" das caixas de aforro galegas fronte a posibles operacións que chegan dende Madrid (Caixa Madrid) ou da Comunidade Valenciana (CAM ou Bancaja).

Isto non casa ,se miramos ven.....
Segue no aire a idea do PP, e Feijóo no encrucillada!

A Xunta ten a vontade de anunciar a súa posición respecto dunha posible fusión entre Caixa Galicia e Caixanova «ao seu debido tempo». A intención do Executivo de Núñez Feijoo é agardar ata finais de setembro ou outubro

Amigos de Marcos (A debater)

3 sept 2009





ARUME DOS PIÑEIROS
Cabezas Pensantes.Vanessa Lodeiro

Concordan as análises críticas das pezas dramáticas do século XVII español en afirmar o profundo reaccionarismo de todas elas, sobre a base innegable de que todas conclúen co trunfo do estatus social e político dominante e co castigo da subversión ou da rebeldía de calquera signo. Esta afirmación pode valer, con todos os matices que agora non veñen ao caso (mesmo coa negación da mesma), para obras de contido político, estea ou non encuberto ou agochado con metáforas e traslacións oportunas. Pero para as comedias lixeiras (as de capa e espada ou de enredo), esa consideración aínda resulta menos sólida, xa que o que busca o espectador non é ningunha mensaxe sobre a inviolable constitución do réxime social senón a participación durante unhas horas nun conflicto (do que pode aventurar o final) que interesa nos seus propios termos. De feito, ben mirado, o nudo principal dunha obra de teatro do século XVII, aínda que remate de acordo con certas premisas sociais e, sobre todo, con certas expectativas poéticas que admitimos baixo o nome de happy end, amosa un mundo descomposto, repleto de fendas e tachas, que anuncia, se non hai remedio (e sempre hai porque existe o deus ex maquina das comedias), ruína. A xente acode ao teatro para ver ese conficto, para asistir ás leas entre os protagonistas. Quere que a resolución do problema quede para o último momento. Mesmo despreza ese final, porque no fondo resulta esperable. O poeta, se quere trunfo, éxito, fama, precisa enardecer e alimentar a polémica. Se non o fai, corre o risco de ver marchar pola porta aos seus queridos espectadores. Debe manter a tensión dramática, despois de urdila co artificio que a experiencia lle permite e co engado de enredos ou falsas identidades.

Creo que esta é a verdadeira estratexia dos grupos que procuran a perda de valor do galego nas institucións, despois de varios anos de acordos unánimes sobre a preferencia e a hexemonía do idioma galego (como lingua propia e lingua a conservar) nos distintos niveis da administración pública. Onde non hai problema algún, o político do PP (avisado e experimentado noutros enredos semellantes) trata de urdir conflicto. Non procura un fin determinado, a pesar das apariencias, non. Entende que o interesante é a polémica, a creación dun estado de ánimo en perpetuo debate. Desatende o final (aínda que necesita presentar unha proposta que sabe de antemán vencida) porque sabe que o que move (como os casos de honra no século XVII, que “mueven con fuerza a toda gente”) é o caso, o enmarañamento (o nudo) do asunto. O desenlace xa se verá: a verdadeira finalidade dunha proposta como a de López-Chaves hoxe* é a de provocar a lea e prolongala ata que o vencimento da peza, alá polas novas eleccións municipais, dea os froitos desexados: o aplauso dos seus por maquinar semellante alboroto. Que diso se trata.



25 ago 2009




A gripe A: graciñas Portugal

AFONSO VÁZQUEZ MONXARDÍN (Galicia Hoxe:25-08-2009)

Se lembran, que seguro que si, cando foi aquela cousa do Prestige, os mariñeiros dicían que escoitaban o servizo meteorolóxico e mariño de Portugal pois daba datos máis precisos e certeiros que o servizo español e que se fiaban máis dos portugueses. Así é.

Pois o sábado 22 pasado estaba eu exercitando un dos pasatempos de verán que máis me seducen, ir á libraría Nós de Sanxenxo e comprar prensa portuguesa pois alucinantemente ao longo do ano en Ourense non hai ningún sitio onde se poida encontrar, cando vin unha entrevista que me deu cobiza.

Na contraportada do Jornal de notícias falaba o sr. Jaime Nina, á sazón director do departamento de doenzas infecciosas do Instituto Nacional de Saúde, que é o organismo que entende do tema da Gripe A, por outro nome, AH1N1, na nación do sur. Os ollos claros, suévicos se cadra, a mirada tranquila e directa e o sorriso escéptico que aparecen na foto e as declaracións tranquilizadoras xeraron en min confianza. Bo vento do sur.

El viña, loxicamente, a sacarlle ferro ao tema. Dicía que se deben limitar os diagnósticos só aos cadros clínicos graves e deixar de dar antivirais aos contactos próximos -excepto, claro, grupos de risco- e non obsesionarse coa contención do virus.

Pregúntalle o xornalista que pode acontecer coa fin da prevención. E contesta que a epidemia está a decorrer da forma que se prevía. E aclara textualmente "Esta é uma gripe normal. E de aquí a dois anos, tudo indica que vai ser a gripe sazonal, vai substituír á actual. Aconteceu com a gripe asiática (A H2N2), que fez desaparecer á anterior, que era uma estirpe AH1N1. E, quando veio a gripe de Hong Kong (H3N2), desapareceu a asiática. E a de Hong Kong está activa desde 1968 até agora".

E o xornalista insiste se a suspensión da prevención non vai favorecer unha maior propagación e aclara: "Na fase inicial, fazia todo o sentido tentar evitar a propagação do virus numa perspectiva de contenção. Agora que o virus ja ultrapassou a contenção, sería mosoquismo político e deitar dinheiro fóra, continuar a conte-lo."

Nós, superviventes do Ébola, das vacas tolas, da gripe aviaria, do cambio das tarifas eléctricas, das facturas da telefonía móbil, das ocorrencias políticas de verán, debemos ter fundadas esperanzas en sobrevivir á gripe deste ano que seica vén un pouco adiantada. Así que moita calma, un pouco de cama, algo para baixar a febre, uns agarimos e un libro para cando xa poidamos abrir os ollos. Menos mal que nos queda Portugal. Para tranquilizarnos. Muito obrigado, don Jaime.

É un vídeo en Youtube e non podemos acreditar -supoño que ninguén pode- a súa veracidade. Pero posúe a innegable certeza e a lóxica interna, da coherencia da súa mensaxe






15 ago 2009

Vigo derrota á OTAN
Miguel-Anxo Murado
La Voz de Galicia, 15/8/2009

Hai que felicitar á Policía Local de Vigo por esa vitoria militar que conseguiu contra a OTAN. Como saben, a coalición multinacional, que ten unha flotilla de barcos de guerra na ría mal aparcados, quería establecer unha cabeza de praia, literalmente, en Samil, posiblemente coa intención de apoderarse da cidade olívica. Pero os municipais rexeitáronos combatendo ferozmente entre as sombrillas e os balóns de Nivea. Bravo, pois, polos axentes, que se suman así á longa lista de pequenas organizacións de baixo presuposto que conseguiron poñer en fuga á OTAN, ese organismo que naceu para defendernos dun ataque da URSS en Europa e que por iso, loxicamente, está despregado no Congo.
A OTAN pediu desculpas polo sucedido (aínda que eu non quedo convencido de que non o volvan intentar) e o alcalde Caballero, obsesionado con xustificar o seu apelido, viña dicir que se un conduce borracho a toda velocidade e logo se desculpa, xa vale e non pasa nada. Ben está sabelo. Tomen nota os vigueses desta xenerosidade edilicia. Pero eu penso que a OTAN, ademais de desculparse, faría ben en aproveitar este novo fracaso para revisar as súas tácticas e obxectivos.
Primeiro: a OTAN debería ser máis modesta e non medirse con forzas superiores en experiencia e motivación, como os talibáns afgáns e a policía local viguesa. Segundo: a OTAN tería que valorar o grao de apoio que teñen esas forzas entre a poboación civil. Por exemplo, debería saber que en Samil, no verán, hai miles de bañistas inocentes que, aínda que polo xeral desconfían da policía local a causa das multas, póñense da súa parte tan axiña como algún neno resulta ferido por unha zodiac. Terceiro: hai que revisar os procedementos operacionais. Por exemplo, agora xa sabemos que ir bébedo como un can non mellora a eficacia de combate das tropas. E cuarto e último: a OTAN ten que ter claros os seus obxectivos políticos. A pregunta é: ¿pódese establecer unha democracia moderna pola forza en Afganistán e en Galicia? En Afganistán levan oito anos e aínda non o lograron. ¿Que lles fai pensar que en Galicia ía ser máis fácil? ¿Non sería mellor empezar por medidas pacíficas, como a reforma do voto emigrante? É unha idea que lanzo.
Polo que se refire a nós, celebremos este momento de triunfo, a primeira invasión por mar que Galicia repele con éxito desde María Pita. Repitan todos comigo: «Gloria e o honor aos heroes de Samil».

13 ago 2009

Cando?

CRAIG PATTERSON

Galicia Hoxe, 13.08.2009

Cando se van decatar os cidadáns galegos de que un ensino impartido maioritariamente en galego non representaría unha ameaza para a capacidade dos seus fillos de dominar o castelán, nin ningunha manobra para impoñer un estado monolingüe na Galiza? Erran os estudos sociolinguísticos imparciais ao afirmar que un sistema educativo en galego achegaría máis vantaxes ca desvantaxes a nivel pedagóxico, en especial ao fomentar a capacidade do alumno para aprender mellor? E se fose unha ferramenta útil para a promoción e protección da lingua galega, tan terrible sería? O galego é tanto a lingua ameazada coma a chave dun ensino galego superior. Ningún goberno nin ningún atentado contra o idioma vai mudar esa realidade. Os mandatos son longos, pero non tanto como os procesos históricos.

Cando se vai deixar de falar desas e daqueloutras normas lingüísticas, cando hai asuntos ben máis importantes por tratar? Por que non declaramos unha moratoria de 20 anos sobre estes debates, baseados máis ca nada en personalidades intelectuais e políticas, e dedicamos esa enerxía a eidos máis urxentes?

Cando vai poder contar Galicia cunha televisión que promova a variedade do galego oral, que se afaste dun galego importado dende Madrid e que coloque en cargos de autoridade persoas de distintas ideoloxías políticas? Cando van poder os xornalistas galegofalantes agardar que os artigos que entregan en galego non sexan censurados nin se transformen alquimicamente en castelán?

Cando se vai dar de conta a sociedade galega de que ao seu presidente lle interesa máis chegar a ser ministro de Fomento en Madrid có benestar a longo prazo dos intereses galegos? No mellor dos casos, as afirmacións recentes do señor Feijóo sobre a españolidade de Castelao representan unha lamentable ignorancia. No peor, unha falta escandalosa de respecto pola intelixencia da sociedade galega. E que foi o que empurrou a Castelao ao separatismo en contra da súa vontade federalista e ibérica? A imposición lingüística, cultural e política en Galiza doutros intereses sobre os intereses orgánicos e chaves da nación galega.

Cando vai haber un presidente norteamericano de raza negra, capaz de superar o herdo terrible dos anos Bush e de unir unha nación dividida?

Cando?

6 ago 2009



A portada norte

Afonso Vázquez-Monxardín

Temos unha catedral impresionante. Fermosa. Orixinal. Dinámica. As portadas norte e sur, o Pórtico do Paraíso, o ciborio, a claustra nova, o retablo de Cornelius, a éxtase barroca do Santo Cristo Ese románico transición gótico que foi mudando desde a tripe ábsida á xirola actual Certamente por moi próxima que a teñamos non debemos deixar de admirala e mimala. Así, fixemos desde sempre e o 3 de xuño de 1931, grazas á sensibilidade republicana polas cousas da arte, foi declarada ‘monumento nacional’.

Só os máis vellos do lugar lembran xa o vello coro no centro da nave maior (foi removido en 1937 e trasladada a sillería á capela do Santo Cristo e ao pé do altar maior). Pero moitos recordamos a última grande intervención, a construción da escaleira da fachada oeste, a da Praza de San Martiño, cousa que foi alá polo ano do noso señor de 1972.

Sabemos tamén que a nosa catedral ten pinta de castelo. Sobre todo desde que lle liberaran e refixeran as ameas da súa fachada sur. Estas e os torreóns danlle unha aparencia compacta e case civil. Así, tamén é coñecido que foi lugar de ‘encastelamento’, de acobillo, de refuxio nas liortas nobiliares e cidadáns da fin da idade media. Nunha destas, a portada norte sufriu o indecible. Foi no enfrontamento entre o Conde de Lemos e o de Benavente en 1471, tal e como nos conta na súa fermosa e recomendable web de visita virtual elaborada polo Bispado de Ourense.

Ben. Pois témola abandonada. Tamén a portada norte está abandonada. Hai moitos anos, contra 1963, fíxose un tratamento moi bruto consistente nun baño de cera quente para impermeabilizar a pedra. Por iso -máis que polo lume dos combates Lemos-Benavente- é polo que ten ese ton escuro. Pero a humidade seguiu subindo por ósmose polo interior e a pedra foi amolecendo e arestora está esconchando. Se un ve as fotos de hai uns anos e observa a realidade actual das dúas figuras das columnas, colle medo.

É imprescindible unha actuación decidida para que non se esfarele de todo. E se cadra valorar a reposición ¿por que non? dos fustes decorados das dúas arquivoltas na parte oeste ou as cabezas que faltan xa de vello. E limpar o tímpano que hai por riba da fachada, na escena do descendemento da cruz que ao redor do pobre Cristo hai, digámolo finamente, vinte centímetros de ‘guano’ e todo tipo de obxectos-lixo enganchados nas puntas escorre-pombas.

Portada norte e Capela de San Xoán, habémosvos pór na lista con San Francisco, Banco de España, e cárcere vello, para cando veña de novo a Ilustración. Se é que algo queda daquela.(La Región:04-08-2009)

3 ago 2009

Os bárbaros

MIGUEL ANXO FERNÁN VELLO

Galicia Hoxe, 03.08.2009


Lembrarán vostedes o emblemático e en certa maneira enigmático poema de Constantino Kavafis "A esperar polos bárbaros", obxecto de múltiples disquisicións e lecturas. E permítanme agora que eu, para lle dar sentido ao que realmente quero expresar, parta da interpretación que da metáfora kavafiana realizou o Premio Nobel de Literatura J. M. Coetzee: toda unha parábola, como ben entende Enrique Gutiérrez Ordorika, sobre unha civilización cega e despótica que exhibe constantemente a súa cruel impudicia sen que sexa percibida polos seus tristes súbditos. O caso é que os bárbaros, no seu sentido máis negativo -non no sentido da "liberación" kavafiana-, xa están entre nós. Sempre estiveron aquí. Eu teño comentado nalgunha ocasión que, mentres presidía a Xunta de Galicia Manuel Fraga Iribarne, os "bárbaros" autóctonos sempre se mostraron caladiños, de cabeza baixa e a viviren un certo estado de hibernación. Mais agora, amosando o seu perfil máis recoñecíbel, toman xa a iniciativa e a súa desvergoña e impudor brillan coma nunca, e acaso só os "tristes súbditos" semellen non percibir tal cousa. Vaia un exemplo. Un señor, que é doutor en Teoloxía Moral e profesor de Bioética, afirma que os galegos valoramos, e moito, o galego, como valoramos -engade- a torre de Hércules, o pazo de Fonseca ou as cantigas de Alfonso X, como un elemento do noso pasado, digno de ser coñecido e aprezado, "pero nada más". E despois sentencia que, estándomos como estamos nunha época de globalización, todo o que sexa reforzar a comunicación entre os seres humanos é correcto e todo o que supoña seguir mantendo reinos de taifas é incorrecto. O idioma galego é para este señor "un elemento do noso pasado", digno de ser coñecido e aprezado -concede o magnánimo doutor en Teoloxía Moral-, "pero nada más". E nese "nada más" está a condena a morte do idioma propio de Galicia, pasando por riba da mesma legalidade e desprezando a humanidade inmensa -literatura galega contemporánea incluída- que o noso idioma é quen de lle ofrecer ao mundo.

2 ago 2009

Ortega contra Cardenal

LUÍS GONZÁLEZ TOSAR


El Correo Gallego, 02.08.2009

Coñecín a Ernesto Cardenal en setembro de 2002, en Tromso, Noruega, preto do Ártico. O autor da Oración por Marilyn Monroe era un dos convidados especiais a un congreso no que o vento, a friaxe, o lazo e mailo carambelo protagonizaron tanto coma poetas, novelistas, dramaturgos e demais literatos alí reunidos. Viña de vello a miña curiosidade por un home rebordante de paixón, fiel ao Evanxeos e a Karl Marx, como tantas veces el ten dito. Quizais por iso, cando o vin baixar dun autobús, aterecido, tremelicando de frío, vestido a penas cunha camisiña -a típica cotona nica-, calzado con sandalias, a cabeleira branca saíndolle da pucha metida até os ollos, semelloume un espírito despistado recén chegado do alén. Alí, en Tromso, merquei o seu irónico libro de memorias Vida perdida, que fun debullando mentres seguía ao crego revolucionario por recitais e intervencións públicas. Souben así que nacera rico pola casa, que vivira a bohemia de mozo e que participara na revolución do 54 contra Somoza. Tras aquel fracaso ingresou en Gethsemani (Kentucky, EE.UU) nunha comunidade de trapenses contemplativos. Ordenado cura con 40 anos, estableceuse na illas Solentiname onde fundou un grupo cristián vencellado ao FSLN. Co triunfo sandinista chega a súa etapa de ministro de Cultura, até que en 1987 forzárono a pechar o ministerio por falla de orzamento. Cardenal foi quen de aturar, de xeonllos e ante os ollos do mundo, a mala hostia do pontífice da cristiandade que, rubio de xenreira, arremetía contra a Teoría da Liberación. Agora, con 83 anos, suspendido ad divinis, o escritor está sendo perseguido por Daniel Ortega e a súa muller, Rosario Murillo, sátrapas do poder no país dos lindos lagos, o que chora de dor. Non só van contra Cardenal, a ofensiva exténdese a outros significados escritores sandinistas como Sergio Ramírez e Carlos Fernández Chamorro. Incrible, pero certo.

31 jul 2009

Moitos parabéns!!!

O escritor Manuel Rivas entra na Real Academia Galega

O autor d'Os libros arden mal substitúe a Camilo Gonsar na institución


Xornal.com, 31/07/2009

O escritor Manuel Rivas foi nomeado hoxe membro electo da Real Academia Galega, e ocupará a vacante producida polo falecemento en novembro de 2008 do académico numerario Camilo González Suárez-Chairos, máis coñecido como Camilo Gonsar, segundo informou esta institución nun comunicado.

Rivas, nacido na Coruña en 1957, é licenciado en Ciencias da Información pola Universidade Complutense de Madrid e traballou como colaborador para diferentes medios.

A súa faceta de escritor foi galardoada cos premios Torrente Ballester de Narrativa en 1995, o Premio Nacional de Narrativa en 1996 ou o Premio da Crítica Española en 1998.

29 jul 2009



Monxardín:Reflexións da súa viaxe a Xerusalén

Cans e piscinas
Afonso Vázquez-Monxardín
28-07-2009:”La Región”


Os viaxeiros modernos antes de marchar a un lugar descoñecido procuramos dar unha volta por alí desde o aire co google earth ou mellor a vista de paxaro, se é que a hai, co bing.com/maps, por iso de ir tomando contacto.

Eu claro, fíxen o propio antes de marchar a Xerusalem e decateime, en primeiro lugar, que a definición de Israel non é a mesma que a de Galicia. Seguramente por cuestión de seguridade ou seguranza que me gusta moito esta segunda e vella palabra, os perfís da realidade física están máis esvaídos. Ou sexa, as cousas de alí non se ven tan claras. Se cadra é simplemente así a constatación da realidade. A realidade é bastante difusa.



AFONSO VÁZQUEZ MONXARDÍN
(Galicia-Hoxe:28-07-2009)

Dietética identitaria
Falar fálolles moito de comer pero é cousa que fago tamén todos os días. E como acabo de chegar de terras estrañas, unha das primeiras cousas que se fai é comparar. Que se vai alá máis calor, que se a vida é máis barata, que se a xente viste así ou asado, que se comen disto ou destoutro. Estes días lembreime de Estrabón. Saben vostedes coma min que o grego cando describía os galegos do seu tempo -ou do tempo de Posidonio de quen el apaña a información- dicía que eramos un pobo bárbaro sobre todo por razóns culinarias: bebiamos cervexa no canto de viño, comiamos fariña de belotas, usabamos manteiga en vez de aceite e ao sentarmos na mesa faciámolo xerarquicamente en vez de todos mesturados como corresponde co democrático acto do xantar. A cervexa na cultura mediterráneo-atlántica existe desde os faraóns de Exipto. As clases máis desfavorecidas de Grecia ou Roma gozaban co seu uso e tiñan o viño por máis refinado, elegante e caro. Tal que hoxe. A ver quen ousa pedir unha mariscada con cervexa.

PREMER

E
premer

24 jul 2009

A todos os amigos e amigas

A todos os lectores e lectoras

A todos os contertulios

FELIZ 25 de XULLO de 2009

Día de Santiago

Día de Galicia

Día Nacional de Galicia

Día da Patria Galega

23 jul 2009

Luar

BIEITO IGLESIAS
El Correo Gallego, 23.07.2009
Con motivo do corenta cabodano da chegada do home á Lúa (a muller aínda non chegou) os medios de comunicación interrogan a persoas famosas querendo saber como viviron aquel acontecemento. Eu non son así tan famoso como para que me poñan no presenteiro cando chegan estas efemérides, pero contareilles de calquera maneira a lembranza que gardo do evento. Non souben nada da alunizaxe ata o día seguinte por carecer a miña casa na altura de radio ou televisor. Sospeito que algo parecido lle sucedeu á mor parte da humanidade asentada en Asia, África, Illas de Oceanía ou certas partes de América Latina. Se os astronautas trepasen o chan lunar en hora menos intempestiva, tería seguido a fazaña na radio do Perfeuto en paz estea, muiñeiro e veciño conectado ás ondas mentres moía centeo na pedra albeira ou mesmo con noite, cando aproveitaba para picar as moas e escoitar de paso Ustedes son formidables. O rapazolo que eu era facía moita vida no muíño entreténdome con esas audicións, co pan e o millo que entraba pola moxega e saía moído pouco despois, cos pósters que adornaban as paredes (da selección española que lle gañara a Rusia ou dun Ajax de Ámsterdam que logo faría historia con Cruiff).
Cando á mañá seguinte me informei da proeza, un fito na carreira espacial, compartillei o meu entusiasmo coa avoa Josefa e esta enfriou a miña excitación coa súa incredulidade. Non cría en Deus, para canto máis nos americanos. Díxome que a Lúa levaba aí no ceo desde sempre e ninguén poría o pé xamais no satélite. Coñecinlle que interpretaba o simple intento de alunizar como unha profanación e a conquista do espazo como cousa de aluados.
Axiña cantarían Los Tres Sudamericanos La luna, la Luna ya está en el bote e a xente esquecería que había que trasfegar o viño e sementar o fruto coa lúa vella.

22 jul 2009

Aló, Presidente!!! Aló

ANXO TARRÍO VARELA
Galicia Hoxe, 22.07.2009

"Non sei como tratar un asunto desta entidade. Un asunto que percibo como de extraordinaria importancia política e que porén chega á cidadanía a través dos medios como unha especie de minucia protocolaria e festiva á que non hai que prestar maior atención. E malia todo, este discurso de Feijóo podería estudarse en calquera escola de retórica como paradigmático en varios planos: discursivos, performativos e ideolóxicos". Estas palabras emitidas por Arturo Casas no seu blog (landoas.blogaliza.org) o día 19 de xullo referidas ás que Núñez Feijóo pronunciara o día nove, paré­cenme dunha seriedade hermenéutica que ben merece algunha glosa nesta modesta columna a fin de que a súa improbábel lectura oriente a quen lea a consulta en liña da minuciosa disección que o profesor Casas fai das palabras do Presidente dende os presupostos teóricos, entre outros, da Análise do Discurso.
Xa no seu día me chamara a atención o titular con que Galicia Hoxe saía en portada o día dez deste mes sobre a citada intervención que a véspera fixera o Presidente da Xunta de Galicia nun acto tan sinalado como o da conmemoración do 25º aniversario da creación do Consello da Cultura Galega (CCG). Alí pode lerse: "Feijóo espeta diante do CCG que Galicia non está no monte Medulio". Hai neste magnífico titular dúas palabras nas que non sei se o lector do xornal reparou pero que resumen á perfección a estrutura discursiva de fondo sobre a que está elaborado o texto que prepararon os colaboradores do señor Presidente. Por unha banda, está a forma verbal en presente histórico (nunca tan negativamente oportuno): espeta, do verbo espetar, que en todas as súas acepcións ten os mesmos significados tanto en galego coma en castelán, pero que neste contexto vale por "Dicir ou facer algo dun xeito brusco ou violento; chantar" (Gran Diccionario Xerais da Lingua). A cortesía impediu que os redactores do titular non fixesen do CCG complemento indirecto da oración, cousa doada de perpetrar variándolle levemente algunhas cousas, como introducir nela o pronome enclítico "lle" (non proclítico, Presidente), despois do verbo principal, e pouco máis. E foi oportuna esta redacción porque Núñez Feijóo fíxo de todos os galegos os destinatarios do aviso que, efectivamente, nos espetou en primeira instancia diante CCG, que é unha das sinécdoques representativas do ser total do noso País. E ese aviso, que constitúe de seu, á parte dun insulto á intelixencia, unha obviedade xa ben superada hai moito tempo, non é outro que o que reza o complemento directo: "Galicia non está no monte Medulio". E velaí a outra palabra (mítica) que eu quería salientar: Medulio. Unha palabra que, na intención de quen lle elaborou o discurso ao Presidente e, xa que logo, do Presidente mesmo, vale tanto como dicir "durmida", "aló no pasado remoto", "resistencia aos cambios", "anacronismo", "fóra de actualidade", "pechazón autista", en definitiva, todo aquilo que o PP dá por sentado que nos define, incluído moi especialmente o empeño en non querermos desaparecer como Nación diluídos nun concepto trangalleiro, aqueloutrado e doente do Estado Español nin renunciar á nosa lingua a favor do castelán. Pero mellor conecten con landoas.blogaliza.org, que non está no aló, senón no acó dos tempos.
Antón Figueroa, estudoso de Literatura Comparada

‘As traducións son obrigadas para estar no mundo'

Manuel Xestoso. Para comprender a complexidade da relevancia dun fenómeno tan aparentemente sinxelo como a tradución, ninguén máis indicado que Antón Figueroa, un dos estudosos da literatura comparada con máis prestixio do noso país.

A Nosa Terra, 19.07.2009

‘A verdadeira lingua de Europa é a tradución”. Esta afirmación de Umberto Eco deixa constancia do relevo que están a adquirir a importación e exportación de textos dentro da configuración do campo literario europeo. A apertura e o intercambio con outros culturas comezan a prevalecer no imaxinario do continente como procesos enriquecedores para a lingua e a cultura propias e, ademais, contribúen a fomentar o sentimento de respecto polos produtos culturais de países “pequenos”, non sempre considerados en pé de igualdade cos procedentes das grandes potencias. Tamén en Galiza a tradución está vivir un período de gran crecemento que se materializa non só na proliferación de textos traducidos nunha medida até o de agora descoñecida, senón tamén nun aumento dos profesionais da tradución, de coleccións –a Biblioteca Compostela de Narrativa Europea de Galaxia– e mesmo de editoriais especializadas en literaturas doutras latitudes –como Rinoceronte ou Urco.
Para comprender a complexidade da relevancia dun fenómeno tan aparentemente sinxelo como a tradución, ninguén máis indicado que Antón Figueroa, un dos estudosos da literatura comparada con máis prestixio do noso país. Algunhas das súas obras –como Diglosia e texto ou Lecturas alleas– supuxeron un auténtico descubrimento da potencialidade dos estudos de literatura comparada para a comprensión do funcionamento de sistemas literarios coma o galego. Como explicar –e explicarnos– a importancia que están a adquirir as traducións na modernización da creación literaria?
“As traducións teñen incidencia no sistema literario a través de dúas liñas” –declara. “En primeiro lugar, estarían as traducións feitas con criterios artísticos, que afectan ao que poderiamos chamar o campo de produción restrinxido, é dicir, ao conxunto de poetas, narradores, críticos e intelectuais en xeral que están máis intimamente ligados á creación. As traducións, supoñen para eles o achádego de novas tendencias artísticas e de usos novidosos da lingua fronte aos que teñen que reaccionar. Dá igual que as asuman, que as rexeiten ou que as ignoren: en calquera caso, a literatura propia resulta afectada polo paso dese novo fenómeno e abrolla renovada como consecuencia das diferentes respostas que os creadores lle dean ao seu descubrimento.”
Figueroa chama a atención sobre o feito de que o texto procedente dun sistema literario distinto ao noso lese –en maior ou menor medida– fóra de contexto. Cando lemos a última novela de Orhan Pamuk, por exemplo, perdemos referencias á actualidade, á tradición literaria na que o texto está inscrito e mesmo a certos usos da lingua que poden ter implicacións estéticas e que colocan a obra nun lugar ou noutro dentro desa tradición. “Isto, que en certo modo supón unha perda, ten tamén un aspecto moi positivo que e é que se chega á literatura dunha maneira máis pura, menos condicionada por elementos externos á creación propiamente literaria. Creadores e público, ao enfrontarse deste xeito a outras formas de entender o literario, aumentan o seu caudal estético e coadxuvan a concibir novos vieiros para a literatura propia, novos usos creativos da lingua”.
“En segundo lugar, están as traducións feitas con criterios máis comerciais, dirixidas ao gran público. Nos sistemas literarios pertencentes a países con linguas minorizadas, estes traballos adoitan ser valorados positivamente polo feito de que poñen en circulación o idioma, permiten ampliar as súas aplicacións e incrementar os seus usuarios.” Por exemplo, fenómenos de importación cultural que teñen pouca relación coa literatura seria poden converterse en fitos na estratexia de promoción da cultura. Figueroa cita casos como o da serie de debuxos animados Shin-chan, que tivo un enorme impacto no público infantil. “En circunstanciais normais, estes produtos comerciais adoitan xulgarse negativamente dende os ámbitos da creación cultural. Mais, en sociedades con linguas minorizadas, os seus efectos poden ser moi proveitosos para a normalización lingüística e, daquela, obteñen un valor engadido na apreciación das minorías cultas. O mesmo sucede coas obras consideradas ‘comerciais’: narracións adscritas a xéneros importados como o policial ou á novela histórica obteñen a indulxencia da elite cultural polo labor que exercen na captación de novos públicos para textos escritos na lingua propia.” O recente caso das novelas de Domingo Villar poderían constituír un bo exemplo.
“En todo caso”, apunta Figueroa, “esta división é puramente teórica e, na práctica, unha tradución feita con criterios comerciais pode influír na creación literaria. E, aínda que é menos frecuente, outra elaborada con criterios artísticos pode ter efectos positivos no alargamento dos usos lingüísticos.”

Criterios políticos e estéticos
A mestura de criterios políticos e estéticos á hora de asignarlle valores ás obras literarias non é privativa dos sistemas débiles. “En todas as sociedades existe unha certa interdependencia entre o ámbito político e o artístico; cando falamos de unha novela francesa xa estamos a facer unha definición de carácter político na que entran en xogo distintas variábeis que van dende o apoio económico dun goberno á súa produción literaria até a creación dun arquetipo que –no imaxinario colectivo dunha sociedade determinada– responde á necesidade de verse reflectida nos produtos artísticos que orixina. O que varía é o grao de autonomía do campo literario a respecto das circunstancias. Nunha sociedade como a galega, esa soberanía do literario está moi supeditada a condicionantes políticos e económicos: a situación de minorización da lingua, a existencia dun mercado alleo invasivo… No interior deste panorama, as traducións poden ser un elemento que colabore activamente no proceso de autonomización da creación literaria.”
O papel dos críticos reflicte a natureza da recepción que obteñen as novidades vindas de fóra. En moitos casos, relégase a análise literaria en favor dunha acollida política que subliñe a importancia de acceder aos textos alleos na lingua propia. Son numerosas as críticas xornalísticas que fan fincapé nesta circunstancia e que, poñéndoa en primeiro plano, desculpan feblezas estéticas para non interferir na acollida que poida ter a obra en cuestión. “Efectivamente, trátase de crítica política e non de crítica literaria. Eu non digo que unha ou outra estean ben ou mal, pero o crítico debe decidir se fai crítica literaria ou crítica política. Non se poden facer ambas a un tempo, aínda que a crítica literaria tamén ten consecuencias políticas que poden ser beneficiosas para o sistema”.
A tradución non é un requirimento imprescindíbel para a importación de correntes literarias que fecunden a literatura galega. Figueroa recorda o sucedido coa Nova narrativa, cando Ferrín, Mourullo, Gonsar e outros tomaron o modelo do nouveau roman francés e doutras tendencias literarias foráneas “e que se converteu nun fito fundamental no camiño da literatura galega cara á súa independencia da acción político. Coa nova narrativa deuse un paso fundamental para que a literatura galega deixase de ser exclusivamente unha literatura de compromiso –coa lingua, coas circunstancias políticas do país…– e se transformase nun ámbito artístico que producía obras que estaban na mesma liña que o resto da produción mundial, situándose mesmo por diante da literatura española na converxencia coas vangardas internacionais”.
É certo que naquel momento non existían traducións ao galego das obras que se tomaban como patrón pero, na actualidade “a existencia dun corpus de traducións e dun intercambio continuado coas literaturas do resto do mundo é un requisito obrigatorio para estar presente no espazo literario internacional, para que se recoñezan as particularidades da nosa cultura e incluso para que a propia sociedade galega teña máis confianza nas súas potencialidades”. A tradución democratiza o acceso ás novidades e supón o principal medio de acceso a formas orixinais de entender a interacción entre a sociedade e o literario “o que significa, en definitiva, que ten un papel privilexiado no proceso de estabelecemento do prestixio dunha literatura no conxunto da literatura internacional, niso que se deu en chamar a República Mundial das Letras”.

21 jul 2009

Galego e 'mala hostia'

Damián Villalaín

A Nosa Terra, 20.07.2009

Vexo no facebook que se acaba de poñer en marcha un grupo chamado “Máis galego, pero menos mala hostia”. Non sei se a iniciativa terá éxito, pero paréceme que a frase resume con bastante precisión as arelas sociolingüísticas dunha boa parte da poboación. Eu sei que a gran maioría dos galegofalantes urbanos son persoas tolerantes, amables e de trato cordial. En cambio, os señores que saen habitualmente nos medios de comunicación, patrimonializando a defensa do galego, conseguiron labrarse unha imaxe socialmente moi antipática: son os lobos feroces da lingua, dispostos a trabar sen piedade nas pernas dos tibios, dos bilingües, dos diglósicos e de todos aqueles que non pensen exactamente coma eles.
É moi difícil facer simpática e querida unha causa se os dedicados a transmitila ofrecen a imaxe dun pequeno grupo de integristas enfurruñados, con discursos oscilantes entre o vitimismo e a intimidación. Claro que non hai imposición do galego, pero cando un escoita falar determinados deputados ou certos líderes de plataformas lingüísticas, a sensación inmediata é que nada lles gustaría máis que ter poder suficiente para impoñer os seus criterios e as súas verdades reveladas.
A batalla social e mediática do galego precisa novas voces, novas caras, novos discursos. É duro e lamentable comprobar que Feixóo ten certo éxito ao formular esa perversa ecuación que une lingua galega e imposición, lingua galega e xenreira á liberdade, lingua galega e “mala hostia”. E aínda máis duro e máis lamentable é decatármonos de que ese discurso falsario e culpabilizador se nutre dende as nosas propias filas.

20 jul 2009

EL FINAL DE LA INSIGNIFICANCIA

Emilio Silva
Diario Público, 18 de julio de 2009

El 16 de julio de 1938 el Boletín Oficial del Estado franquista publicaba una orden firmada por Ramón Serrano Suñer: “Al cumplirse dos años de la lucha trémula y gloriosa que el pueblo español sostiene para salvarse de su muerte como Nación”. Así declara que la conmemoración del glorioso alzamiento debe llevarse a cabo el día 17 de julio, que será el Día de África en agradecimiento a las tropas de Marruecos; el día 18, que será feriado a efectos mercantiles y de trabajo; y el día 19, que se proclama “Día de la revolución nacional contra la supresión de las servidumbres a que la decadencia y el liberalismo habían sometido a España”.
Terminada la guerra en 1939, la maquinaria de la dictadura inició su ajuste de cuentas. Se aprobaron numerosas medidas reparadoras para quienes habían padecido el “terror rojo” o luchado junto a los militares sublevados: puestos en la administración pública para toda la vida (Ley sobre provisión de plazas de la Administración del Estado con mutilados ex combatientes y ex cautivos, BOE 01/09/1939), pensiones para los que habían muerto apoyando al general Sanjurjo, en su golpe de Estado de agosto de 1932 (BOE 24/07/1939) o una amnistía para quienes habían cometido delitos contra la Segunda República que pudieran considerarse afines al movimiento (la violencia de la extrema derecha) desde el 14 de abril de 1931 hasta el 18 de julio de 1936 (BOE 30/09/1939). Además, se llevaron a cabo exhumaciones de fosas comunes con el dinero de todos pero sólo de “víctimas de la barbarie roja” (BOE 17/05/1939).
Sobre ese espíritu se edifica un apartheid que divide la sociedad; miles de familias son obligadas a despojarse de su identidad, de su pasado, de sus ideas, de sus sueños, para tratar de esquivar la mirada del vigía.
El 18 de julio se celebró de manera oficial, por última vez, en el año 1977, después de celebradas las elecciones, pero los privilegios que adquirieron los golpistas y sus colaboradores a la sombra de ese espíritu sembrado de terror han alcanzado nuestro presente.
Hace unos meses, en una reunión de familiares de desaparecidos por la represión franquista, una mujer pide la palabra, se levanta, despliega un papel con nerviosismo y habla: “En mi pueblo hay una fosa”. Uno por uno lee los nombres de los enterrados en ella. Después, con la voz entrecortada, añade: “Ahora me callo porque me ha dicho mi madre que los lea, pero que no me signifique”. Entonces se sienta en silencio porque su madre le ha pedido que no opine ni se muestre cercana a esos muertos; en fin, que se comporte como si fuera insignificante. Esa fue y es aún la historia de miles de familias de desaparecidos, presos, exiliados, depurados y todo tipo de represaliados. Lo fue durante 40 años de dictadura y lo está siendo a lo largo de más de tres décadas de democracia.
El látigo franquista no se detuvo, con la colaboración de muchos miles de ciudadanos recompensados. El 1 de abril de 1959, al inaugurar el Valle de los Caídos, el dictador Francisco Franco alerta sobre una posible debilidad en el ejercicio de la represión: “No es época en que se puedan desmovilizar los espíritus después de la batalla, ya que el enemigo no descansa y gasta sumas ingentes para minar y destruir nuestros objetivos”.
Termina la dictadura y los violadores de derechos humanos evitan las consecuencias penales. Los gestores de la transición acuerdan además que la ignorancia sobre el pasado reciente sea una política de Estado, por lo que millones de ciudadanos no estudian nada que tenga que ver con la dictadura, quiénes formaron parte de su aparato de control y tortura o lograron importantes fortunas y sobresalientes carreras aprovechando su corrupción política, económica e ideológica.
Tras las elecciones municipales de 1979 llegan al poder local partidos que habían sido clandestinos. En La Rioja o Navarra se abren fosas comunes. Se trata de un movimiento creciente, sin apoyo institucional y apenas político, truncado el 23 de febrero de 1981, cuando el teniente coronel Tejero grita en el hemiciclo del Congreso, pistola en mano: “¡Quieto todo el mundo!”. Miles de familiares que habían iniciado el camino hacia la rehabilitación pública de sus seres queridos regresan a la insignificancia, por miedo a que despierte con fuerza el espíritu del 18 de julio. De ese modo, los franquistas añadieron a la impunidad política y jurídica que habían conquistado con la Ley de Amnistía de 1977 otra impunidad imprescindible: la social.
Tuvieron que pasar dos décadas para que la generación de los nietos, que no aprendieron en los colegios su historia reciente, buscara a sus abuelos, exhumara sus fosas, los reconociera públicamente e iniciara un cambio en la patológica relación que ha mantenido nuestra sociedad con el pasado de la dictadura. Desgraciadamente, miles de hombres y mujeres que construyeron nuestra primera democracia y la defendieron de un golpe militar han muerto ignorados por las instituciones.
Lo que ha ocurrido en los últimos años: los homenajes, la apertura de fosas, la posibilidad de completar el duelo después de 70 años, las personas que por fin han perdido el miedo, el intento de apertura de diligencias en la Audiencia Nacional, los miles de nietos que buscan expedientes, que entrevistan ancianos, que se emocionan al escucharlos, que devoran libros y documentales para saber, que han llenado Internet de preguntas y respuestas, la ayuda que cientos de voluntarios están prestando a miles de familias, todo eso es el camino que hemos comenzado a recorrer para llegar al final de la insignificancia.

Texto de Emilio Silva, presidente de la Asociación para la Recuperación de la Memoria Histórica www.emiliosilva.org Email: emilio1965@gmail.com

19 jul 2009

MÁIS BNG constitúe unha xestora

Aymerich pide a unión de nacionalistas e galeguistas
O portavoz parlamentario do BNG e líder de 'Máis BNG', Carlos Aymerich, rexeitou hoxe 'refuxiarse no resistencialismo' e apostou por 'abrir' a formación 'á sociedade', traballando 'con vocación maioritaria e de goberno'.
A Nosa Terra, 18.07.2009.
Durante a súa intervención no 'Acto Nacional', no que 'Máis BNG' constituíu unha xestora co fin de consolidarse como corrente dentro do Bloque, Aymerich mostrouse partidario de "escoitar o que a sociedade quere dicir" co obxectivo de poder "trasladarlle ilusión ao pobo galego"."Non queremos adoutrinar", díxolles a uns 300 militantes que recibían cada frase do nacionalista con numerosos aplausos, senón "traballar polo país". Nesta liña, interpretou que o BNG debe ser "capaz de formular proxectos políticos integrais para o conxunto de Galiza".De feito, ao seu xuízo, o "éxito" desta aposta "dependerá de conseguir comprometer todos aqueles que queren facer algo por Galiza" e "reunilos ao redor do gran proxecto nacionalista que Galiza necesita".Para reforzar esta teoría, apelou á "historia" co obxectivo de recordar que "o nacionalismo avanzou cando traduciu o desexo da maioría de vivir con dignidade e confiando nas súas capacidades e recursos propios".“Aguantar o PP moitos anos”Segundo Aymerich, quen avogou pola "unión" de "todos os nacionalistas e galeguistas" na mesma organización política como "garantía de eficacia", non "ofrecerlle apoio" á maioría social levará "aguantar ao PP durante moitos anos", do que xa se viu a súa potencialidade destrutora".Neste sentido, referiuse principalmente ao galego e indicou que "hai un movemento en favor da lingua máis aló das fronteiras do nacionalismo" ao que o BNG debe "unirse sen afán de protagonismo".Tamén aludiu aos traballadores do sector metalúrxico, aos gandeiros, os autónomos e os comerciantes para sinalar que os nacionalistas deben "ofrecerlles alternativas a eles e tamén ao conxunto da sociedade".“Oportunidade” para o BNGAnte este panorama, entendeu que os partidos estatais están nunha situación de "descrédito" social, posto que o PSOE "é capaz de dicir que o financiamento autonómico é un gran negocio para Galiza" e porque as "bravatas" do presidente da Xunta, Alberte Núñez Feixóo, foron reducidas polo líder do PP, Mariano Raxoi."Non podemos esperar que os partidos estatais resolvan os nosos problemas", lamentou Aymerich, quen, no entanto, celebrou que esta situación ofrece "oportunidades" ao nacionalismo. "De nós depende aproveitalas para seguir facendo que o BNG avance".De feito, reivindicou a posición do BNG fronte aos partidos estatais, posto que o seu "único xuíz" é Galiza. Con todo, o nacionalista alertou de que "as súas sentenzas non están sendo boas".
Autocrítica
Neste apartado de autocrítica, Aymerich incidiu na necesidade de que os nacionalistas e galeguistas estean unidos nun mesmo proxecto "nacionalista e de esquerdas"."No BNG isto non sempre é así", admitiu, pero considerou que é "traballo de 'Máis BNG' aproveitar unha ferramenta como o Bloque para traballar por unha Galiza máis xusta e libre".Ademais, rexeitou "botarlle a culpa" á sociedade galega "cando as cousas veñen mal dadas" no ámbito nacionalista e apostou pola reflexión interna das circunstancias actuais e por "pór en valor as conquistas logradas desde a Xunta sen esconder os erros e as equivocacións nas formas".
Labor de Máis BNG
Ante un auditorio dunhas 300 persoas entre as que se atopaban o ex portavoz nacional do BNG e ex vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana; a ex conselleira de Vivenda e actual coordinadora executiva, Teresa Táboas; o ex secretario xeral de Relacións Institucionais Xoán Antón Pérez Lema; e numerosos alcaldes e concelleiros; a iniciativa 'Máis BNG' iniciou hoxe a súa andaina coa constitución dunha xestora liderada polo propio Aymerich e formada por unhas 35 persoas.Nela atópanse tamén representados militantes doutras correntes, tales como o Espazo Socialista Galego, Inzar, Esquerda Nacionalista e o Partido Nacionalista Galego. Entre todos, marcarán os prazos de traballo e evolución e decidirán se, finalmente, se cambian o nome a 'Máis BNG' co obxectivo de integrar todas estas correntes.Segundo indicou Aymerich, esta iniciativa busca "a unión, que non a unidade, de todos os nacionalistas e galeguistas", formular propostas "concretas" para "loitar contra as miserias dun sistema que crea desigualdade entre persoas e pobos" e "traballar para Galiza con vocación maioritaria e de goberno".Nesta "empresa", apostou por "tenderlles a man a todos os compañeiros" da formación frontista. "Máis BNG ten que ser unha fiestra, unha porta aberta para que se achegue a sociedade", proclamou, e insistiu en buscar a "unión" para que "o Bloque represente o proxecto común de ilusión e esperanza que Galiza necesita".

18 jul 2009

'Anxo Quintana quiere convertir el IGEA en una factoría de ideas'

El autogobierno visto desde Europa, un simposio sobre la lengua y un estudio de las balanzas fiscales de Galicia, primeros objetivos ·· El Instituto será en su nueva etapa un foro de opinión sin mezclarse con los partidos.

El Correo Gallego, 18.07.2009. ALBERTO MARTÍNEZ • A CORUÑA
Anxo Quintana accede a la presidencia del Instituto Galego de Estudos Europeos e Autonómicos (IGEA) con la intención de revitalizarlo y convertirlo en una "factoría de ideas", en suma un foro de opinión plural que aporte información al ciudadano y a los partidos políticos, sin ninguna intención de mezclarse en el ámbito de actuación de éstos.
Para ello, y una vez pasen los trámites asamblearios y de constitución de la nueva directiva, en su presentación ayer Quintana anunció tres objetivos para el último trimestre de este año, la presencia de una personalidad relevante europea que hable de su experiencia de autogobierno -"porque no é só unha cuestión do estado español", precisó-, un simposio sobre la lengua en el que expertos de otras autonomías y de estados europeos plurilingües expondrán como se realizó su normalización, y un estudio en profundidad sobre las balanzas fiscales de Galicia.
"Agora se fala de financiación e non é a primeira vez; fai vinte anos Galicia decía que éramos pobres, envellecidos e dispersos, e vinte anos despois segue a ser o mesmo; algo falla", comentó Quintana, quien consideró la gran importancia de definir el modelo económico y de gestión de los servicios públicos del siglo XXI porque "supoño que aspiraremos algún día a no ser pobres e ter unhos perfis normais".
En su intervención, Quintana definió al IGEA como un "instrumento que humildemente quere aportar o seu grao de area o coñecemento do noso país e de posibles solucións para os problemas dos galegos", consideró que es un espacio abierto a la ciudadanía, y afirmó que espera que las conclusiones que se saquen de sus futuros trabajos sirvan para nutrir de información a los todos los partidos políticos.
"Queremos axudar a interpretar o mundo desde Galiza, e traballaremos por un espazo galeguista de colaboración", declaró el nuevo presidente del IGEA, quien matizó que "nin teremos vocación mesiánica nin exclusividade, nin temos a razón nin queremos tela, só queremos ser unha aportación para opinar".
El Instituto tendrá un comité científico divido en diez áreas: sostenibilidad y territorio, servizos públicos, cultura, modernización del sector primario, innovación, administración pública, desarrollo industrial, economía, autogobierno e igualdad.

ESTRENA SEDE
Dirigentes con pluralidad de pensamiento
La junta directiva del IGEA, si la propuesta de su presidente Anxo Quintana prospera, estará compuesta por Benito Fernández González, Daniel Barata Quintás, Antonio Campos Romay, Miguel Barros Puente, Domingo Docampo, Xosé Antón Pérez-Lema, Pablo González Mariñas, César Portela Fernández Jardón, Manuel Martínez Barreiro, Encarna Otero Cepeda, Margarita Ledo Andión, Elías Torres Feijó, Evencio Ferrero Rodríguez y Antón Reixa.
La inauguración de la nueva sede en A Coruña, donde nació el IGEA hace 20 años de la mano de González Mariñas y Pérez Lema, fue muy concurrida y a ella asistieron el portavoz parlamentario del BNG Carlos Aymerich, el vicepresidente de la Diputación herculina Pablo Villamar, el artista Xurxo Souto, o el empresario Gonzalo Pozo, entre otros.
El IGEA tiene en la actualidad un centenar de socios pero la intención es de captar muchos más en pocos meses. Toda la directiva trabaja de forma altruísta, y para financiar las actividades, además de las aportaciones propias, esperan conseguir ayudas de empresas o instituciones .