12 jun 2009



* CULTURA
Marcos Valcárcel recibe a Medalla Castelao polo seu traballo divulgador
A investigadora Tarsy Carballas, o internista xefe no Chuac, Fernándo Diz Lois, e o tradutor Pérez-Barreiro Noia pechan a lista de premiados
Xornal.comActualizado 12/06/2009 - 02:37 h.

A Medalla Castelao é, polo de agora, o último do refacho de homenaxes que está a recibir o investigador, articulista e divulgador Marcos Valcárcel (Ourense, 1958) durante os últimos meses polo seu traballo. ?O seu nome foi incluido onte na lista dos cinco gañadores do máximo galardón que concede o goberno galego, anunciada onte tras a celebración do Consello da Xunta, xunto á científica Tarsy Carballas, o xefe de Medicina Interna no Complexo Hospitalario da Coruña, Fernando Diz-Lois Martínez, o fundador do Museo do Pobo Galego, Luciano García Alén, e o tradutor Fernando Pérez Barreiro, responsable da primeira obra teatral de Shakespeare publicada en galego.

Cando aínda ten fresca a súa visita a Santiago para recoller o Premio PEN Clube de Galicia, o ourensán Marcos Valcárcel recibe esta medalla que a Xunta reserva para aqueles persoeiros “merecedores do recoñecemento do pobo galego no ámbito artístico, literario, ou en calquera outra actividade humana”. Ademais, en novembro do ano pasado recibiu unha homenaxe en Ourense, honras para o que é un dos maiores expertos actuais na cultura galega dos primeiros anos do século XX.
No eido cultural, destaca tamén o nome de Luciano García Alén, que foi un dos fundadores do Club Nacionalista Alén Nós. Creou o Museo de Pontevedra xunto a Filgueira Valverde e foi o primeiro presidente do Museo do Pobo.
O premio naceu no ano 1984, por mor do retorno a Galicia dos restos de Castelao. O seu decreto de creación sinala que “a perfección ou a tracendencia das obras” dos galardoados debe ser o froito da entrega “dunha vida” e da “fe na cultura, na historia e no ser dun pobo”.

RECOÑECEMENTO
A senda do devanceiro
Tarsy Carballas, Fernando Diz-Lois, García Alén, Fernando Pérez-Barreiro e Marcos Valcárcel reciben as Medallas Castelao 2009
AXENCIAS . BARCELONA
Marcos Valcárcel
FOTO: Axencias
As Medallas Castelao serán neste 2009 para Tarsy Carballas Fernández Fernández, Fernando Diz-Lois Martínez, Luciano García Alén, Fernando Pérez-Barreiro Noia e Marcos Valcárcel López. O anuncio foi realizado polo presidente galego, Alberto Núñez Feijóo tras a reunión do Consello da Xunta, que aprobou o decreto que establece estes galardoados, aumentados polo novo goberno a cinco despois de que o bipartito os rebaixase a tres.(En Galicia Hoxe

Marcos Valcárcel, distinguido con la Medalla Castelao 2009
La Región:Redacción digital - - 11-06-2009
El Consello de la Xunta aprobó, en su reunión semanal, la distición del historiador y escritor ourensano Marcos Valcárcel con la Medalla Castelao 2009.
El ourensano Marcos Valcárcel, doctor en Geografía e Historia y catedrático de Lingua e Literatura Galegas, será distinguido con la Medalla Castelao 2009, según informaron fuentes de la Xunta tras la reunión semanal del Consello, reconociendo de este modo una vida dedicada a la cultura donde destaca su larga trayectoria como investigador, erudito, divulgador y dinamizador de la cultura gallega, así como su faceta como articulista en prensa.

Entre los galardonados con el distintivo también se encuentran la profesora Tarsy Carballas Fernández, el doctor Fernando Diz-Lois, el médico y etnógrafo Luciano García Alén y el traductor Fernando Pérez-Barreiro Noia.

11 jun 2009





García Alén, Tarsy Carballas e Marcos Valcárcel, Medalla Castelao 2009
O recoñecemento nesta edición tamén inclúe a Fernando Diz-Lois Martínez; e a Fernando Pérez-Barreiro Noia.
O Consello da Xunta aprobou, na súa xuntanza desta quinta feira, o decreto polo que se conceden as Medallas Castelao 2009, unha distinción que se lle outorga a aqueles galegos e galegas autores "dunha obra merecente do recoñecemento do seu pobo no eido artístico, literario ou de calquera outra faceta da actividade humana".

Deste xeito, o Goberno acordou distinguir este ano a investigadora Tarsy Carballas Fernández; o doutor e internista Fernando Diz-Lois Martínez; o médico e etnógrafo Luciano García Alén; o tradutor Fernando Pérez-Barreiro Noia; e o investigador e divulgador da cultura galega Marcos Valcárcel López.

Os premiados, un a un
Tarsy Carballas é doutora en Farmacia pola USC, e profesora de Investigación no Instituto de Investigacións Agrobiolóxicas de Galicia. Ten máis de 230 publicacións, e na actualidade traballa no eido da predición dos incendios forestais e a rexeneración do solo queimado.

Fernando Diz-Lois Martínez é un internista que, segundo contan dende a Xunta, "a pesar da súa fama", decidiu ficar no país. Dende 1973 é xefe de Departamento de Medicina Interna do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña, labor que compaxina coa docencia universitaria.

Polo seu lado, Luciano García Alén é médico e etnógrafo, alén de fundador e primeiro presidente do Club Nacionalista Alén Nós e patrono fundador do Museo do Pobo Galego. Con Filgueira Valverde e o seu irmán Alfredo García Alén participou nos anos 50 a 70 na organización e desenvolvemento do Museo de Pontevedra. Dentro da súa actividade a prol da cultura galega resaltan os seus traballos e investigacións sobre a olaría popular.

Fernando Pérez-Barreiro Noia é tradutor do inglés e chinés. Foi membro dos equipos dos servizos exteriores da BBC en Londres, profesor en varias universidades británicas e xefe dos Servizos de Tradución da Organización Internacional do Café. Tamén é autor da primeira tradución dunha obra teatral de Shakespeare para o galego e das primeiras traducións directas do chinés para o galego.

Marcos Valcárcel López é doutor en Xeografía e Historia e catedrático de Lingua e Literatura galegas no ensino secundario. Conta cunha longa traxectoria como investigador, erudito e divulgador da cultura galega. Autor de numerosas publicacións e cun constante labor xornalístico, dende a Xunta destacan a creación dun seu blog, As uvas na solaina, que sinalan coma "un dos lugares da internet máis activos de Galiza".

Agustín Fernández Paz

MIGUEL ANXO FERNÁN VELLO
Galicia Hoxe, 11/06/2009

Entre tanto ar viciado, mentiras e descaro político que vivimos e sufrimos -engadamos aquí tamén ousadía e procacidade-, brilla por si mesma a personalidade dun escritor que acaba de pronunciar un Discurso. O Discurso. En singular e con maiúscula inicial. Elegante e sumamente afábel, discreto e sempre construtivo no seu ser e no seu estar, Agustín Fernández Paz, o autor do Discurso, é, sen dúbida, un dos grandes autores literarios do noso país, ben aprezado polos seus lectores, que son numerosos, e moi recoñecido fóra de Galicia, con libros traducidos, por exemplo, ao árabe ou ao coreano e, por suposto, ao castelán ou francés, entre outros. Agustín Fernández Paz, que non hai moito tempo recibiu o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil, foi o encargado este ano de pronunciar o discurso que, con motivo da celebración do ditame dos Premios Xerais, centra os actos que teñen lugar de xeito solemne e literario arredor de ditos premios, "institucións" de alto valor que organiza a editora do mesmo nome. O profesor Fernández Paz titulou o seu discurso Oito doas para San Simón -a festa literaria tivo lugar na Illa do mesmo nome- e foi quen de construír unha "obra oratoria" que, neste ámbito ou rexistro, na miña opinión, pasará a formar parte dos grandes textos literarios do noso tempo. A "peza" literaria de Fernández Paz contén verdades profundas e certeiras sobre o noso idioma propio e sobre a creación literaria que del emana, mais o río oratorio creado polo autor destas Oito doas para San Simón posúe, ademais dunha linguaxe transparente e fluída, un ritmo verbal e unha "poética" definida que o converten nunha referencia estética, sen dúbida, e tamén nun relatorio conmovedor -provisto de "intelixencia sentinte", como quería o filósofo- cunha ben establecida base ética na súa práctica discursiva e interpretativa. Nestes tempos ateigados de falsidade e demagoxias, o Discurso de Agustín Fernández Paz é un bálsamo e unha luz no medio dun posíbel novo "tempo de pedra" que comeza a se albiscar.




Medalla Castelao para Marcos Valcárcel

Marcos Valcárcel (Ourense, 1958), doutor en Historia Contemporánea, é catedrático de Lingua e Literatura Galegas. O seu traballo de investigación céntrase na historia política do galeguismo en relación con Ourense e a historia cultural da cidade: A prensa en Ourense e a súa provincia (1987); Ramón Otero Pedrayo. Vida, obra e pensamento (1988); A cidade da Xeración Nós (1996); Pé das Burgas. Estudios de historia, literatura e xornalismo (1998); "Ourense, a gran cidade literaria", en A memoria de Ourense (1999); Ourense, craro río, verde sol. A cidade na voz dos seus poetas (2001); Carlos Casares, punto de encontro (2002); etc. Publicou ademais Xoaquín Lorenzo. Vida e obra (Xerais, 2004) e preparou a edición da Poesía en galego de Antón Tovar (2005). Membro correspondente da RAG, forma parte das Fundacións Carlos Casares e Curros Enríquez e dirixe a sección de Literatura do Liceo de Ourense. Colabora nos xornais A Nosa Terra, La Región e Galicia Hoxe. E autor do blog as uvas na solaina.

A Medalla Castelao foi creada no 84 con motivo do retorno a Galiza dos restos de Castelao, o 28 de xuño. Levouna ese ano Ánxel Fole. Despois recibírona Camilo José Cela, María Casares, Fernando Rey, Amancio Ortega, Nélida Piñón, Roberto Verino, Amancio Prada, Pura Vázquez, María Victoria Fernández España, Amancio Amaro, Fernando Ónega, Adolfo Domínguez e o grupo Milladoiro (A Nosa Terra 11/06/2009)

PAN E COITELO/Bieito Iglesias "El Correo Gallego":
Etnografía
O dicionario de uso do español de María Moliner define étnico como "relativo a razas ou propio dunha raza determinada", pondo un exemplo bastante exótico: "Caracteres étnicos de los papúes". Agrega máis dúas acepcións: xentilicio e pagán. Pola súa banda o dicionario da lingua galega de Isaac Alonso Estravis recolle os significados anteriores pero engade que étnico pode referirse simplemente aos moradores dunha rexión ou país. Todo isto vén a conto de que o Departamento de Estado de USA seica nos caracteriza aos galegos como grupo étnico. Raza humana galaica non hai unha vez superado o celtismo do seculo XIX, aínda que en compensación inzan razas de bichos de toda pelaxe: vacas de raza rubia galega, can de palleiro, galiña de Mos, etc. Ignoro se os papúas son razudos (coraxudos), pero nós máis ben pecamos de sarniamornias, eufemismo vernáculo que designa a covardía. Pagáns si somos, sobre todo de impostos que Feijóo prometeu baixar aínda que unha vez empoleirado na Xunta esquecese as súas promesas. Imaxino que aos vixilantes das esencias patrias (da patria española, home non!) se lles abriron as carnes con esa intromisión dos EEUU na cuestión identitaria: desde o apoio norteamericano á independencia de Cuba nunca tal se viu. Supoño que Aznar telefonaría a Bush para que rectifiquen e o ex presidente desculparíase alegando que non pode facer bo do negro okupa da Casa Branca. Quizais a cousa non sexa para tanto se pensamos que alá na Terra das Oportunidades abundan os restaurantes étnicos, así chamados todos os que ofrecen na ementa algo máis que hamburguesas. A etnicidade entendida ao modo do Tío Sam parécese moito ao parque temático, con folclore e cociña típica. Así pois, se a vostede lle gusta o caldo de nabizas requentado facilmente incorrerá no nacionalismo étnico. Se amais fala galego, vélese de Rosa Díez. Non haxa medo de que por iso nos invadan os marines. Os americanos non son tan ruíns nin tan fatos.

10 jun 2009








A lingua derrotada

A opción de se dedicar á escritura en Galicia (enténdase: á escrita en lingua galega), aínda non goza da consideración social que se pode respirar noutras latitudes, cando o certo é que, grazas ao labor de quen escolle este modo de expresión estética, o noso país aínda segue vivo, con vida cultural propia e diferenciada, por máis que ferido en múltiples partes vitais.

Moitas veces, por enredar, nunha brincadeira algo macabra, téñome proposto imaxinar que, de súpeto, desaparecesen a lingua e a literatura galegas. Que Galicia se entregase, cansa e derrotada, á lingua de Castela ou á lingua inglesa, ou ás dúas xuntas, queimando todo o patrimonio literario nas cacharelas de San Xoán e renunciando así á súa propia enerxía para se botar en brazos do alleo, cara ao que tanta querencia ten, por certo.

Imaxinar a reacción da sociedade, se un día aparecese nos medios de comunicación que os nosos escritores e escritoras, todos, unanimemente, renunciaban a seguir escribindo, dando dese xeito por rematado e fracasado para sempre o ciclo que se abrira con Rosalía, e dispostos a continuar a súa vocación noutras linguas.

Antóllaseme que quizais o xogo habería ser algo así como o que fixo Orson Welles o 30 de outubro de 1938 na radio, cando con impresionante realismo levou a cabo unha adaptación da novela de H.G. Wells, A guerra dos mundos, provocando o pánico en Nova York e Nova Jersey, onde moita xente tomou por verídico o que estaba escoitando sobre unha invasións de naves marcianas que viñan aniquilar os Estados Unidos e os seus habitantes con gases velenosos.

No meu xogo non imaxino, dende logo, unha reacción inmediata tan radical como a dos ianquis, pero tampouco non acabo de poder imaxinar un encollerse de ombreiros, unha abulia xeneralizada e perdurábel ou mesmo un aplauso minoritario entusiasmado con semellante catástrofe. Non acabo de ver iso no meu pesadelo de vixilia e, quizais polo afán de procurar un final feliz, vexo a troco un vagaroso balbordo social nacendo e medrando mesmo dende os individuos e os sectores máis recalcitrantes e belixerantes contra o galego; un desacougo que había rematar engordiñamente nun clamor pedindo que as cousas volvesen ao seu e que os nosos escritores seguisen para adiante na angueira de construír unha literatura coa que poder presumir fóra de Galicia. Mesmo a furibunda (seica) bilingüista Gloria Lago de seguro que amosa certa fachenda cando a poñen na tesitura de ter que se definir dediante das súas amizades nas praias de Valencia, Cataluña e Euskadi ou nas piscinas esteparias castelás, dicíndolle a Montserrat ou a Jordi, a Ainoa ou a Iñaqui, a Almudena ou a Isidro, que ela tamén leva na súa bagaxe cultural algo propio que presentar, e a certeza de poder dicir que os galegos temos unha lingua milenaria recuperada e cultivada nunha literatura que nada ten que envexarlles a outras moitas. ("¡Ay, hija! pues nosotros también te tenemos una lengua propia y mas una literatura muy buena").

Se eu non estivese seguro de que este habería ser o final verdadeiro, como podería amencer todos os días e saír á rúa a respirar o noso aire en terra queimada, sen lilas, nin orballo, nin outra primavera?.ANXO TARRÍO VARELA:Galicia Hoxe-10/06/09
Utopía romántica

¿Hasta qué punto nuestros momentos románticos están determinados por la representación del amor en el cine y en la televisión? ¿En qué medida un paseo bajo la luz de la luna es un momento de romance perfecto o simplemente una simulación de lo ideal visto una y otra vez en las pantallas? De hecho, para algunas personas el amor romántico es el último refugio para la autenticidad en una época cada vez más tecnocrática. Para otras, ese tipo de amor representa una ideología que esclaviza a la mujer, un síntoma de la muerte de la esfera pública o un modo de evadirse de la responsabilidad social. En esta obra Eva Illouz no pretende ser una voz más entre las que exaltan las virtudes del amor o lamentan sus deficiencias. Por el contrario, su objetivo es esclarecer los términos del debate analizando cómo se conecta el amor con la cultura del capitalismo tardío y sus relaciones de clase.El capitalismo avanzado -afirma- es una entidad de dos caras: por un lado, fomenta la incorporación de todos los grupos sociales al mercado, y crea así un espacio simbólico común muy poderoso, unificado por las esferas del consumo y de los medios masivos, y, por otro lado, fragmenta a las clases sociales en grupos cada vez más reducidos, segmentados por su estilo de vida o sus modos de consumo. Eva Illouz plantea que las definiciones del amor romántico se entrelazan con esa dualidad: el amor romántico se ha convertido en un elemento íntimo e indispensable del ideal democrático de la opulencia, pero también "ha patrocinado los mecanismos de dominación económica y simbólica que funcionan en la estructura social". Analizando las imágenes que definen nuestras ideas de amor y de romance, Illouz estudia cómo las concepciones del amor se solapan con el mun do de los clichés y con las imágenes de lo que ella denomina la "utopía romántica", utopía que vive en el imaginario colectivo y se basa en las representaciones que unen las actividades económicas y amorosas en rituales de amor y matrimonio.

Eva Illouz El consumo de la utopía romántica. El amor y las contradicciones culturales del capitalismo, Buenos Aires, Katz, 2009.

9 jun 2009




A Medalla Castelao, que distingue a obra de cidadáns galegos no campo artístico, literario, doutrinal ou calquera outra faceta da actividade humana, foi creada polo Goberno galego en 1984 para conmemorar o retorno a Galicia dos restos de Castelao o 28 de xuño dese ano. Segundo se recoñece no Decreto de creación deste galardón, "a perfección, o simbolismo ou a transcendencia das obras é o reflexo dun traballo conscientemente realizado con entrega e con fe na cultura, na historia e no ser dun pobo". A Medalla Castelao debe servir, pois, de exemplo á obra daqueles galegos que deben ser guía para futuras xeracións que queiran seguir engrandecendo a realidade de Galicia.

Logo daremos os PARABÉNS.....................

Ourense: Desfeita dos nacionalistas, que perden dous terzos dos apoios das municipais

Xornal.com, 09/06/2009

Se a nivel galego, as eleccións europeas non se celebraban no mellor momento para o BNG, na cidade de Ourense a contorna xa anunciaba uns resultados complicados para os nacionalistas, que ao final foron desastrosos. Xoganddo ata coa condición de forza representativa, o Bloque descendeu ata o 6,3 por cento dos sufraxios, unha marca con aire de desfeita que supón baixar oito puntos en só tres meses e o que é peor, trece en dous anos, os pasados dende as locais de 2007.
No diagnóstico do pobre balance do BNG é de obrigado recordo os importantes problemas internos da formación na capital ourensana, que se reflectiron no Goberno municipal que encabeza o socialista Francisco Rodríguez pero que só afectaron ao sector nacionalista do mesmo. Tras a dimición da concelleira de Termalismo Marta Arribas chegaría a renuncia do tenente de alcalde, Alejandro Sánchez Vidal. Agora, o novo equipo encara dous anos costa riba na procura da resurección. No PSdeG, existe certa alegría polos resultados, “os mellores en porcentaxes dos socialistas galegos nas cidades”, segundo o alcalde. Recollendo boa parte do baleiro do BNG, acadou o 40,1 por cento dos votos, superando nunha décima aos seus compañeiros de Vigo. Pola súa banda, o PP segue á alza e pensa en recuperar a que foi a súa praza forte.

ANTÓN LOSADA

Hai alguén responsable?
Galicia Hoxe, 09/06/2009

Disque andan os tres partidos argallando argumentos para ver de facer máis vitoriosos os resultados europeos en Galicia. Os números habilmente torturados confesan o que sexa, pero o único certo é que, sen insistirlles moito, só contan que PP e PSOE quedaron como estaban en marzo, e que o BNG se esnafrou contra a realidade de ir buscar votantes onde non os hai, logo de ter sacrificado o seu mellor activo electoral, Quintana, sen recambio preparado. Alguén deberá de asumir a responsabilidade polas erradas decisións tomadas. Ou vai ser o propio Quintana o único que teña a dignidade de dimitir por asumir a culpa dun mal resultado?






Agora, a enquisa

Unha vez oín a unha nobre ecoloxista británica contestar displicente a un xornalista que lle preguntaba sobre a actitude dos medios de comunicación ante determinado problema. Ela, con ese arrancar tatexo propio dos ingleses educados viña dicir que era tan pouco elegante falar da postura dos medios como do tempo, porque eran cousas que quedaban lonxe do que estaba na súa man e non quería perder un segundo pensando no tema. Se cadra esaxeraba un pouco, pero algo de razón tampouco lle faltaba.

Así, convirán comigo en que decisión de realizar a enquisa lingüística aos país -independentemente do que pense cada un dela- non está na nosa man. Foi, claro, cousa do goberno para cumprir unha promesa electoral e ver de buscar o camiño para saír do souto no que se meteron... a ser posible, sen entrar noutro. E como inflaron na campaña a GB, agora son nalgunha medida reféns das súas lixeiras palabras de axitación.

Pero ben, nada disto me interesa arestora porque pertence ao pasado. O caso é que os opostos aos avances da lingua galega, sen dúbida, van tratar de facer uso da enquisa na máxima medida. Así pois, a cousa, hoxe por hoxe, parece simple: debemos mobilizar -e podemos dicir sen connotacións, de xeito amable-á maioría social favorable á lingua para que se exprese nos impresos onde se nos consulta aos pais de fillos en idade escolar. Non nos debemos opor á realización da mesma, aínda que falemos das súas evidentes deficiencias, pois sería admitir dalgún xeito que os galego-amantes estamos en "minoría". Si, creo, debemos explicarlles aos outros pais a importancia de que contesten, a pesar de todo, de acordo co sentido común. Claro que, vistas as preguntas, é difícil saber cales serán as respostas "correctas". Explícome. Preguntas hai catro. Tres redundantes e unha rara. A rara é "¿Está de acordo con que se impartan materias en inglés?". Si ou non. Falta "depende". En Galicia, creo, hai 61 centros de ensino medio que imparten materias bilingües con inglés. Ou sexa que o inglés está na aula pero non de forma exclusiva. On the other hand I"m pretty sure that, unfortunately, we do not have nowadays enough teachers with the suitable level of english to do it... and I prefer not to think in the linguistic resources of our politicians...

En fin, as outras preguntas poden ter trampa. ¿Que pasaría se as opcións 1 e 5 saísen manifestamente reforzadas (todo en galego, todo en castelán)?¿Poderían usalo como "xustificación teórica" para pensar na disparatada segregación? E a terceira pregunta (lingua das probas orais e escritas) tamén carece do razoable "depende da lingua vehicular usada na clase" e a resposta "indistintamente" parece deixar a cousa só á exclusiva elección do estudante. En fin, na enquisa supoño gañará o 3, 3, 3, 1 e así estará o trámite cumprido e a cuestión igualmente aberta en canal. Cumprirá daquela sentar a falar. Sen eleccións á vista e co verán por diante non é mal escenario para recuperar calma e folgos.

AFONSO VÁZQUEZ-MONXARDÍN (Galicia Hoxe -09-06-2009)

7 jun 2009

Tiananmen
por Xulio Ríos (IGADI)
Xornal de Galicia, 06/06/2009.
Polémico cadro :"Discutiendo la Divina Comedia con Dante".
(Razóns en The Telegraph).



Supoñen os sucesos do 4 de xuño de hai vinte anos un punto de inflexión na recente historia chinesa? Sen dubida, tanto empeño oficial en reducir a sua trascendencia indican unha significación fóra do común que deven tanto do propio feito da rebelión estudiantil, un colectivo de especial relevancia para o réxime, como do desafío lanzado a unhas autoridades sumidas nun inusual desconcerto. No imaxinario chinés, a historia ocupa un lugar de especial relevancia. Fronte á obsesión do pasado (Mao) por asegurar a toda costa a pervivencia do seu ideario e proxecto, todas as primeiras figuras, como na China milenaria, preocúpanse de deixar a súa pegada con accións e conceptos no discurso político que lle garantan certo nivel de inmortalidade.
Por outra banda, non se acostuma axustar contas cun pasado que se vai depositando a modo de capas sen aparente contradición, incorporando feitos que só cabe “comprender” no seu contexto a fin de amortecer as súas derivas, deixando pasar un tempo para analizar a súa significación desde a distancia e nunha perspectiva de maior alcance.


No seu día, a crise de Tiananmen significou un indicio claro da perda de confianza social no proxecto inspirado por Deng Xiaoping. Reformista, Deng deixou cair en desgraza aos seus colaboradores máis estreitos (Zhao Ziyang) para afirmar a súa idea de estabilidade valéndose dos conservadores (Li Peng), condición que debía preceder a un novo impulso reformista (1992).
Ao igual que noutros episodios traumáticos da recente historia chinesa (Gran Salto Adiante, Revolución Cultural) é posible que exista unha lectura interna das responsabilidades parciais daqueles feitos, pero non se traducirá en feito público en tanto non se produza un cambio de réxime. O cal non quer dicir que non haberá empeño en reducir as consecuencias máis pronunciadas artellando medidas compensatorias que deixen entrever certa autocritica.
Semellante modo de actuar exclúe per se toda admisión pública de responsabilidade.

Escándalos
por Damián Villalaín
A Nosa Terra, 06.06.2009
Lenzo: María José Leira.
O PP deuse por aludido, aínda sen ser citado, polo bo e moi verosímil video do PSOE para os próximos comicios europeos. A ira que o clip desatou na dereita é talvez o mellor indicio de que os socialistas non picaron en óso. Tamén se escandalizou moito algún comentarista político apuntado á moda do dolorido suspirar pola volta do PSOE ás esencias perdidas.
Cada un ten dereito, sen dúbida, a escoller os seus motivos de escándalo e mesmo a dedicar esforzos a esa curiosa manía consistente en indicarlles aos outros cales son as súas auténticas esencias. Polo que a min respecta, podo dicir que xa me escandalizan poucas cousas e ademais cánsame andar todo o día coas mans na cabeza e “oteando por doquier” (que diría Jaime Mayor Oreja) esencias traizoadas.
Pero, postos a enxergar pedras de escándalo, temos perto de nós unhas cantas que, estrañamente, non parecen irritar a probidade democrática dos meus comentaristas favoritos. Estou pensando no caso do conselleiro este que certifica como rematadas unhas obras case sen iniciar para que as cobre a empresa que dirixía. Ou nas manobras perpetradas por Alfonso Rueda para conservar a súa praza na administración local ao acceder á secretaría xeral do PPdeG. E, como non, no superdelegado de Ourense, quen anda polos xulgados intentando explicar a fraude nunhas axudas europeas das que se beneficiou a empresa da que é apoderado.
E aínda menos mal que só levamos un par de meses de “rexeneración democrática”… Os nosos ecuánimes e sensatos analistas políticos teñen, en efecto, moito do que escandalizarse máis alá dos vídeos electorais. Que ninguén tema que o fagan.


A Santa Enquisación

Conste, para empezar, que me parece lexítimo que o Goberno consulte calquera cousa que queira aos pais sobre os seus fillos. Só faltaría. É máis, creo que debemos deixar de darlle voltas ao tema -non é decisión nosa realizar a consulta ou non, independentemente da valoración que fagamos- e debemos centrarnos en facer o que estea da nosa man para resolvela positivamente. Ou sexa explicarlles aos pais que non hai ningunha circunstancia estraña nos centros de ensino e que é sumamente razoable e positivo que os seus fillos, todos xuntos, sen separación de linguas, teñan a metade, máis ou menos, das materias en cada unha das oficiais para que adquiran, como están facendo sen problema, habilidades en ambas. E cando se poida ir introducindo inglés noutras -a medida que o profesorado se prepare- pois que sexa bilingüe con calquera das dúas linguas oficiais. E insistirlles que moitos dos nosos fillos xa non teñen aldeas familiares de fin de semana nas que escoitar a lingua de Rosalía, pero teñen agora a sorte de ter unha escola que axude a aprender o que nós aprendemos por inercia e incluso algo da súa literatura. E todo o demais é bla bla bla.
Pero permítanme e perdoen, señores, botar unhas risas cunha pequena fábula de terror amable, pois non debemos tomar nada tan en serio que non poidamos rir nesta perra vida. Velaí a vai: Chegan os pais e nais ao IES. Tal o día da Santa Enquisación. Sepáranos por sexos. As nais, cun sorriso malicioso do Enquisador Maior, son conducidas fóra do salón de actos e enviadas para casa. Os pais, un pouco asustados, son sentados a distancia suficiente para que non copien uns doutros. E o Enquisador pasa a explicarse: ‘Meus queridos señores, para garantir que vostedes son conscientes e competentes na cuestión que se lles vai plantear, ou sexa sobre as linguas e a escola, ímoslle facer unhas preguntas previas. E dado que é algo orientativo para o Alto Lexislador, non é preciso que computemos todas, senón que só o imos facer con cen de cada centro, de entre os que superen as preguntas previas de información. ¿Comprendido? Pois imos alá. Primeira pregunta: Nome do fillo ou filla’. Os pais todos sorrín e escriben debruzándose sobre o pupitre e sacando a punta da lingua de lado, como cando eran pequenos. ‘Que fácil’, pensan. ‘Segunda pregunta, ¿en que curso estuda o seu fillo ou filla?’. O dezaoito por cento dos pais rañan a cabeza indecisos. Tres son reprendidos por preguntarlle ao do lado polos cursos nos que van as súas fillas, pois saben que son amigas e deben estudar xuntas. Terceira pregunta. ‘Cite por orde, nunha columna vertical, o nome de todas as materias que ten o seu fillo ou filla’. A maioría poñen cara de susto. Algúns teñen a boca entreaberta e empezan a contar polos dedos. Os menos, voluntariosos, empezan a escribir: matemáticas, lingua española, galego, ximnasia e... e... e.... por aí empezan a engarrar case todos. A uns pais saenlle seis. A outros doce. A un trece. Súan xa pensando no ridículo do suspenso. O Enquisador Maior dispara a última munición: ‘Póñan ao lado do nome de cada materia, a lingua na que hoxe están recibindo esas clases, G para galego e C para castelán. E cando rematen, por último, fagan un comentario razoado dos motivos polos que queren continuar ou cambiar en cada unha das materias a lingua na que hoxe se imparte.
En fin, se alguén opina que as cousas van indo razoablemente ben como están e non quere que lle corrixamos a proba, pode romper o papel e marchar’.
O Enquisador Maior aínda sorría cando o último pai escapaba, ás présas, do salón de actos. Outro centro máis no que os pais confiaban no sentido común.
E agora, fóra bromas, cando lles pregunten, contesten con xeito. Graciñas.

Afonso Vázquez-Monxardín (La Región:06-06-2009)



Rouco va a votar mañana. ¿Te vas a quedar con los brazos cruzados?

Antonio Rico, La Trinchera Digital, 06/06/2009

Antonio María Rouco va a votar mañana. Y su papeleta apoyará a quienes buscan imponer su moral de sacristía, a quienes se oponen a que haya un salario mínimo y unas pensiones dignas, a quienes consideran a los inmigrantes carne primero de explotación y luego de expulsión, a quienes apoyan guerras ilegales, a quienes equiparan el aborto y la pederastia, a quienes pretenden que los trabajadores financien a los ricos, a quienes provocaron la crisis económica, a quienes se aprovechan del caos financiero, a quienes amparan a los corruptos, a quienes viven instalados en la hipocresía y el doble rasero.
Rouco no es el único que va a votar mañana. También se pasará por las urnas José María Aznar. Y Jaime Mayor Oreja. Y Manuel Fraga. Y…
La certeza de que la derecha extrema acudirá en tropel a las urnas puede generar desazón, pero también puede ser un estímulo para movilizarse. Porque la grandeza de la democracia está precisamente ahí: por mucho poder que tengan los Roucos, los Aznares y los Orejas, su voto puede ser compensado por el sufragio del más humilde de los ciudadanos.
El amigo que me sugirió esta columna, Miguel Ángel, acude alegre a las urnas pensando que su voto “anula” la papeleta del cardenal. Pero cada lector puede buscar a su demonio particular porque la lista de nominados es, sin duda, amplísima.
Así que, si en tus planes no figura ir al colegio electoral, piensa que Rouco votará para imponerte la Europa que no quieres. ¿Te vas a quedar con los brazos cruzados?

6 jun 2009

PARABÉNS AOS GAÑADORES:

Premio Xerais de Novela, Premio Fundación Caixa Galicia de Literatura Xuvenil, Premio Merlín de Literatura Infantil
María Blanco.
Outono Fotográfico.2008.
A xornalista Rosa Aneiros (Meirás-Valdoviño, A Coruña, 1976) é a gañadora do Premio Xerais de Novela 2009 con 'Sol de Inverno', dotado con 25.000 euros. A autora, que colabora en distintos medios de comunicación impresos e dixitais, tamén se fixo co Premio Fundación Caixa Galicia de Literatura Xuvenil -- dotado con 10.000 euros--, con 'Ás de bolboreta'.

Así mesmo, o ilustrador, pintor, debuxante e cómico Jacobo Fernández Montañés (Vigo, 1971) gañou o Premio Merlín de Literatura 2009, dotado con 10.000 euros, con 'Mil cousas poden pasar. Libro I'.
Anécdotas co doutor Gallego
por Xoán da Cova.
Foto:La Región.
Inaugurouse hai poucos días en Ourense unha estatua adicada ao "médico dos pobres", o sempre querido doutor Gallego. Penso que non hai ourensán que non teña algunha anécdota que contar da súa capacidade como médico e da súa grandeza como persoa. Tamén espero que non falte un investigador que recolla moitas desas historias para ser entregadas á posteridade. A maioría de elas han falar de curacións case milagreiras, de acertos médicos en verdade sorprendentes. Pero moitas serán anécdotas simpáticas relacionadas co modo tan particular que tiña de tratar os pacientes. Eu vou contar dúas que a min me pasaron.

Tiña uns doce anos e quería ir, con moitos dos meus compañeiros, a un daqueles campamentos de verán que adoitaban a organizarse na época. Entre os requisitos figuraba un certificado médico que asegurase que non padecía ningunha enfermedade contaxiosa. Costara traballo convencer a meus pais de que me deixasen ir e, se lles dicía que me tiñan que levar a un médico para formalizar o trámite, se cadra mudaban de opinión para aforrarse molestias. Daquela, decidín ir só á consulta a lle pedir que mo fixese.

Tras agardar un bo tempo, pois a consulta estaba sempre a rebordar, chegoume a quenda. Segundo entrei pola porta, olloume de arriba abaixo, sen se sorprender de que un rapaz noviño, en principio san, fose ao médico sen a compaña dos pais. Preguntou estrañado: -E logo a ti que che pasa? Cóntolle o caso e contesta divertido: -E ti pensas que tes algunha desas enfermidades? Dixen que non e, mentres escribia o papel, dixo rindo : -Mira que vir ao médico por pensar que estás san! Cando lle preguntei canto debía, dixo que nada, Como todo o mundo ben sabe, xa daquela era o seu costume. Eu, que só tiña unha moeda de cincoenta pesetas, decidín aforrala e marchei sen nada pagar. El seguiu rindo e ollando cara min, acenando coa cabeza a un lado e a outro.

Pasados case dez anos volvín. Viña de sacar o carné de conducir e facía falta, outravolta, un certificado médico para os requisitos burocráticos. Entrei pola porta e, como a outra vez, preguntou: -Pero a ti que che pasa? Conteille o novo caso de burocracia médica e púxose a encher o papel. Nun momento dado, sinalou co bolígrafo a tapa dunha libreta que tiña na mesa, preguntando que cor era aquela. Respondín que era verde. Logo repetiu a pregunta sinalando unha carpeta vermella. Eu non sabía por que me interrogaba daquel modo. El debeu notar a miña estrañeza e aclaroume que tiña que comprobar que non era daltónico, porque se confundía a cor dos semáforos podía facer unha que valera por tres.

Preguntei canto era e volveu dicir que nada. Deixei mil pesetas (do ano 82) na mesa. Rexeitounaas asegurando que era moito, ao que lle respondín que, en realidade, só lle estaba a pagar 400 pesetas, pois as outras 600 eran a débeda de había dez anos máis os intereses. (Non sería mala idea que nos comentarios engadiran experiencias similares co devandito doutor os contertulios ourensáns, para ir creando documentación para ese futuro libro sobre un home esencialmente bondadoso).
PREGÓN FEIRA DO LIBRO DE OURENSE 2009.
Ramón Caride Ogando
Foto "Paseo" do Trompeta. Ourense.
Do blog Madialevo de David Paz Nóvoa.

Amigos e amigas lectores, libreiros e compañeiros de letras, distinguidas autoridades:

Antes de nada o meu agradecemento pola oportunidade de compartirmos este acto.
Para min este pregón é un acto moi especial. Primeiro, porque toda feira do libro ou presentación pública de calquera novo libro –e nesta son moitos os que se presentan- é un acto sinalado. Unha ocasión que sempre ten algo, ou ten moito, de milagre e de prodixio. Aínda que raras veces nos paremos a pensalo, fan falla o traballo, a esforzo, a teimosía e a profesionalidade de moita xente (autores, editores, correctores, impresores, encadernadores, distribuidores e un longo etcétera…) para que calquera libro vexa a luz. Porque un libro é un obxecto de longa supervivencia e de cualidades asombrosas, sempre ameazado e sempre renacente.

Segundo, porque esta é a feira do libro de Ourense, e Ourense, ben o sabedes, non é un sitio calquera. Tampouco para este que lles fala, é moito máis que un universo literario -aínda que tamén e sobre todo, Ourense é un universo literario asombroso: o universo de Blanco-Amor, o de Risco, o de Otero, o de Lamas Carvajal e Curros, o de tantos e tantos outros nomes que impoñen, coa súa sinxela mención, unha responsabilidade adicional a esta presentación. Por non falarmos de tantos e tantos escritores e escritoras felizmente vivos, algúns deles con nós neste acto.

Ourense é terra de tantos e tantos libros que nomealos sequera sería alongar este acto máis do que prudencia recomenda. Lembrarei só un feito ben coñecido: o primeiro libro impreso en Galicia, en terras de Monterrei, foi feito en 1494, só 40 anos despois da Biblia de Gutemberg, obra considerada o inicio da edición moderna. Este libro que xa cumpriu cincocentos quince anos chámase Misal Auriense, e tampouco se chama así por casualidade, senón porque en contra do que algúns queren pensar, esta sempre foi unha terra aberta ao mundo e amante da cultura.

Decía, así e todo, que Ourense para min é moito máis que un universo literario, é unha paisaxe vital, un xeito de sentir o mundo. Ourense, para os que somos ourensáns, transcende o pensamento nídio da razón e adéntrase en nós polos nos carreiros escuros e vizosos do sentimento. Canto máis cando, por poñer un caso, eu mesmo nunha feira do libro coma a de hoxe, a do ano 1990, para min inesquecible, presentei, na compaña de Darío Xohán Cabana, un dos meus primeiros libros, o volume de relatos de Os ollos da noite. Era a miña primeira intervención nunha feira do libro, e era o meu primeiro libro de prosa, e o primeiro que presentaba en público, e foi eiquí. Abonde isto como mostra, para dicir a débeda impagable que teño con Ourense.

A aquela cordial acollida, cando era recén chegado a estes eidos da letra impresa, seguiron moitas mostras de agarimo e de xenerosidade de Ourense comigo, e coa miña obra. Non vou lembralas todas, sinxelamente quixera lembrar que na maioría destas ocasións foi clave unha persoa sen a que a cultura en Ourense non tería a mesma difusión nin a mesma importancia. Esta persoa de quen estou a falar é Marcos Valcárcel, e nel quixera personificar a miña gratitude.

Terceiro, e non menos importante, porque estamos nunha feira, feira de libros pero feira a fin de contas. E unha feira debe ter sempre moito de celebración compartida, de encontro na rúa, de disfrute e lecer. Unha feira non é, a fin de contas, unha cátedra estática, nin debe selo, senón unha invitación a camiñar, ver, tocar, abrir os libros, lelos; e sobre todo, non convén esquecelo, compralos.

O libro é arte, transmisión de ideas e experiencias, camiño de saberes e artificios, pero tamén unha das nosas grandes industrias. Nas miñas viaxes teño comprobado que aínda hai moito camiño por facer para que no mundo saiban de nós e da nosa cultura; pero tamén que un libro pode ser, moitas veces, o noso mellor embaixador. Cando agasallamos un libro galego no estranxeiro hai dúas reaccións que se repiten moitas veces: a sorpresa polo idioma no que está feito, o galego; pero tamén a calidade formal, o coidado da edición e do deseño do libro galego, ventaxes das que podemos presumir, con razón, polo mundo adiante.

Nestes tempos de consumo rápido e reducción de todo a estatísticas, parece que a lectura esta ameazada, que hai unha crise da lectura. Permítanme dubidalo: a palabra crise xa ten pouco sentido en si mesma, ou significa cousas distintas segundo quen a diga. Como a moeda que se devalúa de tanto pasar de mao en mao, as palabras tamén se gastan. Esa é outra das razóns para facer libros, a de devolverlle a cada palabra o seu sentido orixinario.

Mais aínda que así fose, que a lectura de libros afronte unha fonda crise, pouco nos debía importar. A crise do libro vén de moi lonxe. Como acertadamente sinalou Daniel Pennac hai anos, o certo é que para ler nunca hai tempo, nin tampouco hai tempo para namorarse, nin para ter fillos, nin para cociñar. Non hai tempo para nada que realmente mereza a pena. Entón: ¿por que se seguen lendo libros? ¿por que se seguen editando libros? ¿por que se seguen escribindo libros? ¿por que a xente segue namorandose, tendo fillos etcétera? Pola mesma razón de sempre: como nunca hai tempo para as cousas importantes, segue habendo cousas importantes aínda que non haxa tempo. Son os feitos e os afectos, os fitos esenciais e cotiáns da vida, os que marcan o noso tempo; e nunca ao contrario. Porque o tempo non vale nada en si mesmo. O único que vale é atoparlle ao tempo un sentido.

Ou dito doutro xeito: as cousas importantes da vida non se poden reducir a estatísticas nin a modas, mal que lles pese a algúns. Tampouco os libros. Cando calquera persoa - mozo, neno ou vello- abre un libro estase debruzando nun mundo novo, abríndose a unha experiencia sempre asombrosa e sempre de final incerto, pero en todo caso apaixoante.

Non importa nisto a categoría nin o xénero do libro, nin a encadernación ou o formato, nin o número de exemplares vendidos ou a fama do autor. Nada disto ten importancia no momento da verdade: o momento en cada ún comeza a lectura. Aí xa non caben enganos. Cada libro é unico cando é lido por cada lector ou lectora particular. A lectura é fondamente democrática e a todos nos iguala: non é menor a emoción que experimenta un adolescente que se mergulla na lectura da súa saga fantástica favorita nun mundo de intrigas, trasnos ou vampiros, que a emoción que sinte un investigador que descobre un tratado senlleiro da máis alta filosofia ou innovación científica.

Sen os libros o mundo sería máis triste e máis escuro, non saberiamos que a saudade ten un significado metafísico nin o humor un segredo, nin que cada esmorga é unha viaxe baixo un volcán, que algunha paisaxe pode ser unha bocarribeira, que os esqueletes teñen ollos de vidro, que hai porcos de pé, que os cronopios dubidan da realidade –ou mellor dito é a realidade quen dubida deles-, nin que a terra chá ten longos ceos e longos ríos, nin que un home pode transformarse en cascuda; pero tampouco que os ríos ou as fontes poden decir adeus, ou que varias décadas do pasado século foron unha longa noite de pedra. Mirade: os libros son tan importantes, tan importantes, que deles ata falan os que non os leron xamáis, e moitas veces estes son os que máis falan...

Parafraseando a John Donne, citado ao comezo de ¿Por quen dobran as campás? por Ernest Hemingway, quen sen dúbida nalgún universo paralelo anda estora visitando tabernas e tendas de libros vellos na compaña de Carlos Casares ou de Ramiro Fonte, temos que dicir: “a morte de calquera libro fainos máis pequenos porque todos os libros estan ligados á humanidade”. ¿Que poderiamos decir, logo, dos que alentan a perda dun idioma? Soamente desde a mentira a mantenta, ou desde e estulticia –as dúas se poden curar lendo, por certo- se pode presentar ou defender a perda dun idioma como progreso.

Mais semellantes prantexamentos pasarán, como pasan todas as modas. E falaremos axiña doutras cousas, de outros libros, de outras crises e de outras certezas. Deixádeme rematar con unha certeza, logo. Mentres haxa homes e mulleres que sexan quen de sentir, soñar, imaxinar e sufrir, existiran os libros. Existirán libros alén da súa apariencia: sexan feitos de coiro, de papiro, de pasta de papel ou de pedra, ou de píxeles na pantalla dun computador. Porque a materia real dos libros sempre é a mesma, sabedes cal, é a mesma materia da que están feitos os nosos soños. A mesma da que están feitos tamén a amizade e o amor.

Tamén o amor aos libros que nos reune aquí, e a vosa amizade, que me agasallou este tempo cunha atención inmerecida a estas palabras. Por todo, de verdade, MOITAS GRAZAS.

5 jun 2009

Discurso IV premio PEN Galicia.
Voz da Libertade.
Compostela 22.05.2009.
(Traio unhas líneas escritas por primeira vez, non no ordenador, senón ditadas como o vello Lamas, ditaba a Sánchez, neste caso pola miña dona e compañeira María, quen tivo que facer manuais estas palabras, que máis que nada expresan o meu estado de ánimo e a miña gratitude.)
Excelentísimas autoridades. Benqueridos amigos. Teño que empezar estas palabras cun sincero e intenso agradecemento, o Pen Club galego. Sei canto debo este xesto á amizade e á xenerosidade dos amigos e impulsores do mesmo.
Nos últimos anos tiven a oportunidade de coñecer á inmensa mayoría dos escritores galegos e tamén a moitos autores hispanos e sudamericanos, en encontros do Pen ou do Liceo de Ourense. Á marxe da valía literaria de cada un deles, sempre estimei nos escritores, como simples seres humanos que tamén son, a súa capacidade para a lealdade e a xenerosidade; algún dos mellores escritores do mundo souberon conxugar todas estas cualidades a brillantez e a autenticidade da súa escrita. Creo que ese é tamén o espíritu que preside as actuacións do Pen Clube Galego, institución cultural que teño a honra de pertencer dende hai varios anos.
Á altura de 1973 eu era un mozo de quince anos que me matriculaba nun curso de Língua e Literatura galegas e tiña o privilexio de escoitar en directo a palabra viva de don Ramón Otero Pedrayo, Jesús Ferro Couselo, Xoaquín Lourenzo, ou Eduardo Blanco Amor. Sucedeu isto no vello local na rúa Curros Enríquez da Agrupación Cultural Auriense. O mesmo acontecía nos locais de o Galo, o Facho, o Eixo, Cultural de Vigo, Amigos de Pontevedra e máis de medio cento de asociación culturais de base espalladas polo país. Foi aquel un gran fenómeno de integracións social, organizado polos superviventes do P.G. e os novos nacionalistas dos anos sesenta.
Aquel esforzó garantiu en boa medida a supervivencia real do galleguismo que fixo fracasar os plans xenocidas, cando menos a nivel cultural, dos xenerais franquistas. Nese ambiente político e cultural formámonos a chamada en palabras de Pepe Miranda, Xeración ERGA., espacios nos que convivimos en irmandade fraterna fillos da pequena burguesía cidadá, do campesiñado e da emigración ou dalgúns grupos proletarios. Esas foron as raíces nas que chantou o Movemento Estudiantil Galego e unha parte da contestación político-social do franquismo final.
Dende aquelas datas, inicios dos setenta, ata hoxe mesmo, eu só fun un “xornaleiro da cultura”, en expresión prestada por Modesto Hermida, “xornaleiro” de xornal escaso, pero convencido da necesidade de sachar en man común as terras da cultura galega, eidos que nunca estiveron a ermo gracias ó esforzó dos nosos precursores e dos que viñemos despois.
Nesta viaxe vital tiven moitos Mestres e libros que marcaban o roteiro máis axeitado. Entre todos eles nunca esquecerei o texto “Sementeira” (1958) de don Florentino Cuevillas, oración laica cunha mensaxe ben nídia:. “virán tempos difíciles en que veredes perigar o nos idioma e esmorecer a nosa personalidade”. Pero non desalentedes os que traballades en pro de Galicia, porque calquer esforzó, grande ou pequeño, polo noso país sempre será sementeira.
Nos últimos trinta anos procurei seguir o mandato de Cuevillas en todos os espazos que fun acollido: nas asociación culturais, no xornalismo e nos libros de ensaio e investigación. Descubrín unha literatura vizosa nas súas claves temáticas e variantes estilísticas. Unha literatura forzada no lirismo, o amor á terra e no sentimento de humor, como ben demostraron os clásicos de Nós e da Xeración Galaxia. Velaí as paisaxes das fermosas pastorelas medievais, o berro angurioso do mar a chamada pola morte dunha muller soia nos versos rosalianos, as esgrevias e poderosas paisaxes de Pondal e Novoneira ou a fondura do ser identificado co mar no canto vangardista de Manuel Antonio. O humor, a ironía, a sátira, a retranca están tamén en todos os chanzos das nosas letras: dende o escarnio medieval ó enxebrismo de Lamas e a tenrura e empatía de Castelao, pasando por Vicente Risco, Álvaro Cunqueiro ou Ánxel Fole.
Tamén estivo sempre presente no noso corpus literario o berro en pro da dignidade humana e a chamada á loita en pro dos dereitos dos cidadáns nese río caudaloso parido por Curros Enríquez, Ramón Cabanillas, Celso Emilio Ferreiro, Manuel María, Méndez Ferrín e unha longa ringleira de afluentes. Dende outra perspectiva segue a conmovernes o retrato da dor, a enfermidade e o sufrimento dunha voz auténtica como Luis Pimentel, revelador esencial da fraxilidade da condición humana. O poeta lugués de seguro asinaría como seus aqueles versos contundentes que definían a vida como “un relámpago entre dos oscuridades” en expresión certeira de Vicente Alexandre.
Estes e moitos outros escritores foron os meus compañeiros durante anos. Ningún pintor logrou crear a gama de verdes que Otero Pedrayo deu para describir as nosas bocaribeiras. Quen meditou sobra a responsabilidade dos intelectuais no fanatismo e na intolerancia como Carlos Casares en moitas das súas novelas?.
Velaí, nestas grandes obras das nosas letras, todas as preguntas que paga a pena formular. O lector intelixente sabe que non hai respostas absolutas. E sabe que renegar do concepto de Identidades hoxe só nos levaría a unha imitación ridícula dos modelos culturais españolizados ou americanizados. Segue viva a apelación de D. Vicente Risco en pro da “Soberanía Estética de Galicia”: e sequera a Autonomía Galega debería servir para achegarnos a ese ideal.

3 jun 2009

Un día na vida doutro Solaneiro vs. Second Life.(II)
Elisenda Pla & Júlio Medela
...................
“Pues la verdad es que sentí curiosidad cuando vi tus fotos en el facebook. En un primer momento pensé que eras un intelectual despistado de esos. Cuando leí lo de las atracciones de feria, oscilaba entre el estupor y la risa. Pero qué imaginación tienes, tío. La verdad es que me río de la muerte contigo, Júlio, eres un crack. ¿Por qué no escribes todo esto que me cuentas? Mi marido continúa al acecho de todo cuanto hago y escribo. Dice que me va a tirar el ordenador a la basura. Un abrazo, nene.
..................
“Me ha comentado Ricky Drummond que te ha ido a visitar a Allariz. Que habeis comido juntos, con esos amigos tuyos del blog . ¡Qué envidia! Con ese pescado tan rico que hay en Galicia, y siempre lloviendo. Me comentó que os reisteis de la muerte, y que pilló tal borrachera que tuvo que dormir la siesta en tu casa. Tu mujer debe de ser una santa, jajajjjjajaj. Me hubiese gustado muchísimo comer todos juntos. Quien es el chico ese que toca la guitarra, el del sombrero? Parece un chico elegante. Y cómo te arrimabas a la camarera. Tienes un morro, niño ... Bueno, Júlio, hasta mañana, tengo que dejarte, un beso.
.......................
“Creo que Saskia se ha enfadado definitivamente conmigo. Me da igual. Empiezo a replantearme muchas cosas. Besos, feriante, jajajjjajaj. Millones de besos feisbuqueros y mega-volatineros!!! Jajajjjajajaj.
.....................
“Qué vacaciones de Semana Santa, Dios mío. Siempre lloviendo, siempre, siempre. Menos mal que en la casa de Horcajos no hay zona wifi, me evité llevar el portátil. Qué aburrimiento. Encima, aguantar al plasta de mi cuñado, su suegra, el niño hiperactivo de su primer matrimonio y las atracciones de feria que no me salen del pensamiento. Por fin en casa. Me voy a dormir, si puedo.
..................
“No doy pie con bola en el trabajo, ni en casa, ni por la calle. Saskia Ruíz de Alda ha venido a verme. Estuvimos una hora abrazándonos y besándonos, como dos colegialas tontas. Me pregunta constantemente si me pasa alguna cosa. Como comprenderás, Júlio, no es de recibo contarle a nadie que me paso el día en el face chateando con un volatinero. Van a acabar por echarme de casa, es normal. Ayer entré en el face a medianoche, tenía mono de hablar contigo. Estabas, seguramente, chateando con tus venezolanas. Tienen una pinta de provincianas que es para alucinar. Entras mañana en el face?
.................
“Y no se te ocurra pintarrajearme el muro con tus payasadas, ¿Te enteras? A ver si te piensas que soy una cualquiera, una de esas palurdas con las que estás acostumbrado a tratar. Eres un sinvergüenza integral. Si no han sabido educarte yo no tengo la culpa, ¡Niñato! Y no me amenaces con banearme, porque me da igual; a ver si te atreves, quinqui de mierda. ¡Estúpido!
..............
“Hola Júlio, buenas tardes, besos. No he pegado ojo esta noche, y… Sabía que me ibas a banear. Ni me atrevo a plantearme la perspectiva de no poder chatear contigo. Me muero. Sé que me moriría. Me propuse estar firme, serenarme; me he tenido que tomar un par de tranxilium. Llevo toda la mañana sin hacer nada a derechas. Fui a tomar café. Me olvidé de pagar. Tengo un extraño sabor metálico en la boca. Cuando vi que habías solicitado de nuevo mi amistad, casi me da un vuelco el corazón. Me confundí al tomar la autopista. Cuando me di cuenta, estaba camino de Guadalajara. Qué tontería... El portátil, siempre a mi lado… Qué martirio… Y desde que volvemos a ser amigos, no me sale la risa tonta de la boca. Me paran los de Tráfico, parece que tengo un antiniebla estropeado. Qué curioso, cuando me estaban pidiendo la documentación del coche (no encontraba el seguro), permanecí extrañamente tranquila. Tal vez ya todo me daba igual. Bueno, gracias a Dios, no ha pasado nada, creo que uno de los agentes me reconoció. Entras por la tarde en el face? Besos.


Vinte anos do "Boletín Galego de Literatura"

Galicia Hoxe, 03.06.2009

por ANXO TARRÍO VARELA.
Pastor Outeiral.Lenzo.

Corría o mes de maio do ano 1989, o primeiro dende que o Parlamento de Galicia acordara unirse á proposta da Real Academia Galega sobre a figura a homenaxear o Día das Letras Galegas, que daquela recaera en Celso Emilio Ferreiro. Había tempo que no Seminario permanente de literatura galega para o COU nos formuláramos a posibilidade de iniciar unha publicación dedicada "exclusivamente a acoller traballos de Análise, Crítica e Teoría literarias (?) onde o interesado atope información xeral e recente sobre Literatura que lle permita estar enteirado do que ocorre, cando menos, no seu entorno inmediato, é dicir, na área cultural de Occidente". Ese era o desideratum que se emitía no texto de presentación do primeiro número, maio de 1989, enteiramente dedicado a lle facer unha Homenaxe a Celso Emilio Ferreiro, de quen se analizaron diversas facetas da súa musa poética. O propósito, xa que logo, era publicar traballos sobre calquera literatura do mundo ou sobre calquera manifestación artística na que, como o cinema ou o cómic, tivese a literatura unha presenza máis ou menos colateral, máis ou menos necesaria. De feito ese obxectivo cumpriuse abondo e a estas alturas da revista pódense ler traballos críticos e historiográficos sobre moitas literaturas de ámbito internacional.
A revista saíu daquela con deseño do arquitecto Pedro de Llano, renovado sobre esa idea por Alejandro Vidal a partir do número 21, e con ilustracións do pintor Xosé Freixanes. Non se comprometía a ningunha periodicidade fixa e sairía cando houbese material digno dunha publicación universitaria. Só algúns números despois se acolleu a unha periodicidade semestral que mantivo até hoxe en día, cando acaba de aparecer o número dobre 39-40.
Fóra da serie numerada da revista, o BGL contabiliza ademais dúas monografías, unha, de 1992, sobre Álvaro Cunqueiro e outra, de 2002, sobre poesía estonia en tres linguas: estonio, galego e inglés, con primorosas ilustracións da artista estonia Vive Tolli e un título ben suxestivo: Vello ceo nórdico. Poesía estonia contemporánea, baixo o que se recolleron textos de dez poetas daquel país báltico.
Tamén foron monográficos os números 26 (Bibliografía sistemática de Teoría literaria, da enteira autoría de Arturo Casas), 27 (Literatura e cinema), 32 (Literatura infantil), 33 e 34 (Literatura comparada) e 35 (Olladas do cómic ibérico).
Pasaron vinte anos, xa que logo, dende aquel primeiro momento tan ilusionante e o Boletín Galego de Literatura está en plena madurez e continua actividade. Sería moi prolixo enumerar aquí, para agradecelas, a cantidade de colaboracións con que contou, tanto polo que se refire aos textos, enviados nalgunhas ocasións dende as máis variadas latitudes do planeta, como ás ilustración, que, agás en catro ocasións, correron sempre a cargo de artistas con raiceiras galegas. Pola súa parte, o Servizo de Publicacións e a Imprenta Universitaria da USC foron cómplices imprescindibeis nesta xa longa camiñada. Beizóns.

2 jun 2009




AFONSO VÁZQUEZ MONXARDÍN

Hai que calar un pouco

Galicia Hoxe, 5/Maio/2009
Wheatfield - A Confrontation , Battery Park Landfill, 1982.

A frase repetíaa con frecuencia a miña avoa Nemesia. Ela era amante radical da prudencia e da necesidade do silencio en moitas ocasións. Tratábase de lle facilitar un oco á reflexión e á imprescindible práctica da alteridade, se de certo se ten a intención de chegar á comprensión do outro para facilitar a confluencia coas ideas propias.
Creo que o exercicio responsable do novo goberno debería empezar a pór en práctica algo de silencio no que á cuestión lingüística atinxe. Doutra maneira, a perigosa idea de "a derrota do bipartito é a derrota da lingua galega" podería facerse común por causa de palabras non suficentemente medidas e pola proxección que delas fai a prensa. E se isto chega a ser así, non lle arrendo o gaño electoral futuro, porque estou seguro de que o afecto é ben maior que o desafecto -aínda que o afecto sexa calado e o desafecto con trompetiña e bombo mediático- no que á lingua se refire. E non digo eu que non se cometesen erros tácticos na promoción do galego, pero de aí a dicir que a lingua ameazada en Galicia é o castelán, hai o longo treito da verdade á equivocacion. E sería motivo de chanza senón estivésemos falando de algo tan importante como a esencia da nosa personalidade no concerto dos pobos do mundo.
Sei que pedir un pouco de mesura en plena campaña electoral é como arar no mar. Aínda así, cómpre rebaixar tensión e, miren o que digo, despolitizar o tema. É a sociedade civil a que ten que recuperar a palabra sobre a súa voz e proxectar voces distintas. Neste conflito en que Galicia Bilingüe representa de feito un extremo e a Mesa de feito outro, a inmensísima maioría dos cidadáns, creo, non nos identificamos con ningún deles.
Sei con seguridade que moitísimos amantes da lingua galega, moitísimos falantes conscientes e felices da mellora de estatus dos últimos anos e preocupados polo retroceso entre a xente máis nova, non votaron ás forzas do bipartito. Seguro que moitísimos deles están hoxe tamén desacougados, e deben ser capaces todos de buscar formas de promocionar encontros e avances. E como non estamos falando de cousas de broma senón da esencia destilada da nosa historia, da única lingua que naceu nesta bendita terra, debemos pedirlles pois tamén aos nosos gobernantes, responsabilidade e mesura. Como dicía o sábado Manuel González, o secretario da RAG na laudatio como galego egrexio, de Ramón Lorenzo, falando desde a lingua, "nosa é a gaivota, nosa é a estrela e nosa é a rosa". E como dixo Ramón Lorenzo, "Venceremos nós". E digo eu, venceremos porque a maioría social está convencida de querer seguir existindo en canto pobo-lingua. Aínda que hoxe estea calada, espectadora e un pouco asustada con este pin-pan pin-pan, que non é seu.