En La Voz de G. len as bitácoras galegas, seica
Hoxe mesmo, en La Voz de Galicia, proponse un curioso concurso para elixir a palabra galega máis fermosa. Os lectores poden escoller ata o 17 de maio a que consideran máis eufónica ou harmoniosa: curiosamente, en toda unha páxina de información, nin sequera unha liña para lembrar que este concurso xa se fixo na blogosfera, proposto pola bitácora de Francisco Castro ("A canción do náufrago"). Eu mesmo publiquei unha recente andoliña sobre o tema. Non é a primeira vez que sucede (lembren aqueloutra dos nomes das vacas, e outras): unha idea interesante do mundo dos bloguers, unha información coincidente ao cen por cen co que sae na rede (case sempre sen asinar polo xornalista) e nin sequera unha mínima mención ao pai da idea. Seica na Voz len as bitácoras galegas, aínda que non paguen dereitos de autor...
Silvia Nanclares, Nunca voló tan alto tu televisor
-
Buenos días, amigas. Después de cuatro años sin escribir aquí es un enorme
placer estar vivas y poder dar pasos atrás para reiniciar algunos sistemas
qu...
Hace 4 días
1 comentario:
Máis do mesmo, non por favor. Estou farto desta chorrada de elixir a palabra máis fermosa: qué falta de imaxinación e qué repetitivos!
Publicar un comentario