Fraga e o galego: unha máis
No telexornal de TVE-1 de hoxe, mediodía, escoito ao director de cine Alfonso Ungría a falar dun seu documental sobre o tempo e a vida nos teleclubes, xa saben, aquela invención de Fraga dos 70 para ver a tele en colectivo. Alfonso Ungría sacara daquela (se entendín ben a nova do telexornal, collíno ao remate) un paisano galego falando en galego nun deses teleclubes. Fraga seica chamou ao NODO para que o botaran. Non custa imaxinalo indignado e dando voces: falando en galego na televisión!!!
LA BELLEZA
-
Paisaxes con música
de
Emilio Blanco "Milucho"
La belleza
Segundos fuera (1989)
*Luis Eduardo Aute*
Hace 5 días
1 comentario:
Todos temos dereito a evolucionar.
Un día, creo que foi alá por 1976 Fraga deu unha charla en Santiago, na Estila e meu irmán, militante el daquela, dirixiuse a el en galego. A reposta de Fraga foi das de libro... algo así como que o galego estaba ben para falar coas avóas na aldea, pero non para conferencias en espazos cultos como aquel, etc...
Por iso, aprecio especialmente o esforzo feito por este señor que mesmo consegiu falar un galego máis que aceptable.
Se cadra algún de nós falaba de "agudizar as contradicións" e de "estatuto nunca máis, bases constitucionais" desas que redactou Vilas Nogueira, ou dos tempos nos que Pedro Luaces, nos sinalaba o camiño. E coreaba aquilo do pobre Suso Vaamonde de "cando me falan de españa sempre teño unha disputa..."
E berreaba Gora eta por aí adiante ou queimaba bandeira españolas, Eu que sei.
Agradézolle a Fraga a non existencia dun partido franquista e o acompañamento a terreos democráticos da dereita española, esa que agora se afasta perigosamente daqueles ditados. Agradézolle que se identificase ao seu xeito, obviamente non podía ser ao meu, coa terra da que saiu.
Deixemos a Fraga en paz, é historia. O poblema agora, e sempre, son os uqe mandan, que son os uqe teñen o poder.
Publicar un comentario