Graciñas
PAN POR PAN domingo 29 outubro
Sentín hoxe a necesidade de dar as grazas. A vostedes, en primeiro lugar, ós lectores e lectoras que me seguen a diario e me fan cómplice dos seus comentarios e suxestións sobre estes breves artigos. En segundo lugar, ós responsables de LA REGIÓN que lles dá acubillo, primeiro na páxina cultural, agora nesta. O próximo mércores cumpro os 5 primeiros anos do Pan por Pan: empezaron o 1 de novembro do 2001, mes e medio despois do 11-S. Dende aquela van unha xeira de case 300 artigos ó ano e un total superior ós 1430.
Cando iniciei esta aventura, pensei máis dunha vez na dificultade de pensar cada día un tema diferente sobre o que opinar: ese medo pasou moi cedo; en moitas ocasións, cando escribo sobre un tema quedan outros tres ou catro na mente que tamén valerían para comentar. Iso xustifica esta miña constancia: a vida, o mundo, son misterios sempre infindos...!
(Imaxe de Renoir)
LA BELLEZA
-
Paisaxes con música
de
Emilio Blanco "Milucho"
La belleza
Segundos fuera (1989)
*Luis Eduardo Aute*
Hace 6 días
6 comentarios:
Grazas a ti polos teus posts e as túas imaxes! esta pintura de Renoir é moi sensual e invita ao sono e ao soño! UNha aperta
Podoche dicir cos teus artigos e O Carrabouxo son algo que endexamais paso por alto nas mañas ourensás. Felicidades por anticipado!
Grazas, Moralla e Roi Queimado, polos vosos parabéns. Vós tamén enriquecedes este espazo cada día coas vosas achegas. Saúdos.
Cinco anos cunha columna diaria de moi bo nivel... Non é nada fácil. Pode estar vostede verdadeiramente satisfeito. Eu felicítoo e anímoo a que siga, polo menos, outros cinco anos máis.
Grazas tamén para Leituga 1 e grazas polas súas visitas, sempre acompañadas de reflexións de interese.
Parabéns, señor Valcárcel. E que cumpra moitos máis.
Publicar un comentario