De profundis
Eu aínda non a puiden ver, pero todas as referencias son excelentes. Tamén esta de Xosé M. Sarille, hoxe en El Correo Gallego:
De profundis podería ser a derradeira viaxe de Urbano Lugrís para dentro de si. Un descenso do vello pintor deica o seu mundo, soñado nas fonduras que eles iluminan. Reinventan as formas e os sons de moitos grandes músicos e pintores que foron. Hai unha irmandade entre a música e a pintura que se asentan no sincretismo, buscando nos dous casos a influencia dos antepasados e dos artistas actuais. O eco de Gaos e Montes, de Emilio Cao e Quiroga. A cor de Patiño e Maside, as formas de Castelao. Un cre ver os rosas mariñáns de Francisco Lloréns, os contos máxicos e a arte do pobo. E todo sen palabra falada.
Estréase estes días nos cinemas de Galiza. Está feita a partir de mil e pico óleos que despois se desenvolveron na computadora e dunha música que se expande e envolve a todas as almas vivas do mar e dos ouvintes. Ver este filme é tan forte como atoparse por primeira vez diante da obra de Luís Seoane ou das prosas de Rafael Dieste. Unha película perigosa para os colgados, os traspostos e os cegos de cidade (artigo completo).
LA BELLEZA
-
Paisaxes con música
de
Emilio Blanco "Milucho"
La belleza
Segundos fuera (1989)
*Luis Eduardo Aute*
Hace 5 días
4 comentarios:
Irei vela porque Miguelanxo, aparte de ser un debuxante xenial, é unha excelente persoa. Paga a pena conversar con el un bó cacho: a súa amabilidade e cortesía é proverbial.
Corroboro o dito por Arume. Coñecín a Miguelanxo a través de Benito Losada e tivemos a sorte de coincidir varias veces, mesmo nalgún xantar e cea, tamén con Uxía (esa marabillosa voz que nos agasallou algunha vez coas súas cantigas) e os seus (nosos amigos) Carme López Taboada e Manuel López Rico. Todos eles moi boa xente e xente sabia. E comprometida co país. Un saúdo dende aquí para todos eles/as.
Xa que sai o nome de Uxía (López Meirama), quero aproveitar para facerlle un pequeno homenaxe á alfaia aquela que sacou xunto a Nani García, precisamente, de cancións, entre infantís e tradicionais, galegas. Acompañaba o cassette (qué tempos!) un libro cos textos. Foi un dos agasallos máis escoitados e lidos na miña casa. Onde estará ese disco?
Eu tamén teño ese disco pola casa e moito o escoitamos, sobre todo cando Eire era pequena e íamos de viaxe. Presentámolo no Liceo nun acto ben fermoso, hai bastantes anos. E logo cearamos todos na zona vella de Ourense.
Publicar un comentario