22 mar 2007

Boas ideas (aínda que a destempo)

Está claro que pasar un tempiño pola oposición libera a mente e permite albiscar novas ideas. Vexan como o PP, en tempos tan viaxeiro por América, presenta agora iniciativas máis novidosas e orixinais:

El PPdeG propone suprimir los viajes institucionales a la emigración 100 días antes de la campaña electoral (El Correo Gallego)

16 comentarios:

Anónimo dijo...

Eu vou máis alá (e que me perdoen os fíos invisibles): por que poden votar os emigrantes? por que é tan difícil que voten os inmigrantes? Non o entendo.

Anónimo dijo...

Absolutamente de acordo.
Totalmente imposible.

Anónimo dijo...

Parto da premisa de que un sistema democrático ten que ser integrador, pero non unha máquina de conceder gratuitamente dereitos políticos sen ningunha contrapartida.

Penso que baixo determinadas condicións moi concretas se debería conceder o dereito ao voto aos emigrantes e inmigrantes.

Por exemplo, e sen esgotar as condicións, ocúrreseme así de súpeto que os primeiros, ademais de posuír a nacionalidade, acrediten a estancia de X días en Galicia cada ano e un coñecemento do sistema político español (a todos os niveis); ou que os segundos estean empadroados, teñan a nacionalidade e coticen á Seguridade Social, ademais de que acrediten un coñecemento do sistema político español (a todos os niveis).

Non sei, isto ocúrreseme a bote pronto e quizais algún sexa moi discutible.

O tema dá para moito debate.

Anímoos a que puñan as súas impresións.

Anónimo dijo...

Cando falo de inmigrantes, estou empregando un termo coloquial, para entendermonos sobre a orixe da xente que chega aquí. Pero desde o momento que se instalan, deixan, para mín, de ter esa categoría: son cidadáns con todos os dereitos.
Os emigrantes, pola súa parte, deben votar no lugar onde se atopan, porque teñen que decidir como queren vivir os catro anos seguintes da súa vida nese país que os acolle.
No caso das eleccións municipais o caso é aínda máis claro. Non son capaz de entender como unha persoa que vive todo o ano en Suiza, Venezuela, Arxentina ou en Rodrigatos de Obispalía pode decidir quen goberna unha vila ou unha cidade de Galicia por teren unha vivenda ou estaren empadronados. O primeiro que fixo meu pai cando nos trouxo a Galicia foi empadronarnos: o primeiro día. Esa era a nosa nova casa.

Anónimo dijo...

Como se nota que vostedes (arume, Etxeokai) non saben o que é ser emigrante... Non saben os sacrificios que teñen que facer algunhas persoas coma min para poder seguir exercendo o meu dereito a voto en Galicia...

Anónimo dijo...

Podemos saber por onde anda? Por que quere votar en Galicia?

Anónimo dijo...

Eu o dos emigrantes aínda o podería aceptar: en parte por respecto a casos coma o do Swann, por moito que se cadra non fan moita norma.

Ora ben: como me explican a min que os fillos e netos de xente que viviu en Galicia resolvan, se cadra, co seu voto, quen vai gobernar o concello de Lugo? E, por exemplo, decidir se se constrúen ou non cinco moles de nove pisos a carón das Costas do Parque Rosalía de Castro, que no seu día posibilitara o PP e agora non queren parar Orozco nin o seu goberno?

Desculpen o localismo, xustamente chego dunha concentración en contra do despropósito. Cinco edificios tapando parte da panorámica sobre o val do Miño.

Se o queren ver, visiten www.parquerosalia.es.

Anónimo dijo...

xosé m. gonzález:
coñezo ben Lugo, entre outras cousas porque teño algunha familia alí. A cidade cambiou moito, e para ben, nos últimos dez anos. A mediados da década dos noventa a impresión que me daba a cidade era a de estancamento: por exemplo, o comercio estaba como parado. Abrías a billa e saía auga de cor "chiculate". Xa daquela algunhas cousas non tiñan (nin teñen agora) amaño. Por exemplo, a quen se lle ocorreu levar a N-VI pola beira do Miño, e logo vir detrás e edificalo todo, incluída esa feira de mostras fantasmagórica.
Por esa época entrou de alcalde un tipo do PP que non o fixo moi mal, pero como non se levaba ben co cacharro ("cacharros, botellas e cascos"), non repetiu nas seguintes muncipais, situación que aproveitou un tipo espabilado (pero non listo) para facerse coa alcaldía. Sabe moi ben saír na foto (Touriño aínda é un aprendiz) e "enrollarse" coma unha persiana contándoche o conto. Iso si: non di nada. Todo son vaguidades, coma os galegos dos sainetes (Touriño nin esa graza ten, e tampouco di nada).
A cacicada que queren facer no parque Rosalía de Castro non ten nome. Lugo aínda ten que explotar os seus recursos turísticos cos concellos limítrofes, pero non pode facelo taponando unha vista impresionante do río. Se queren levantar ladrillos que tiren a estación de autobuses (ese sitio no que entras e parece que estás na Galicia de 1960). Quen poñan a cidade no mapa turístico das Españas. Saes fóra de Galicia e ninguén sabe que hai unha muralla romana que podes arrodear, e non che cobran como en Ávila para ver catro pedras medievais.
O que comento non me impide recoñecer todas as cousas positivas que se fixeron nestes últimos anos. Fundamentalmente: a peatonalización, as áreas recreativas onda os dous ríos e o acondicionamento da muralla.

Anónimo dijo...

Eu xa asinei o manifesto do Parque Rosalía de Castro, aínda que non son lugúes. Pero agora quixera propoñer un asunto, coido que importante, que enlaza directamente co dito incialmente nesta entrada.

****

O tema da inmigración é abondo complexo e, coido, non se poden solucionar dende visións anxelicais, amigo Arume.

Eu son partidario do que se veñen dando en chamar "virtudes cívicas" democráticas (prudencia, razonabilidade, civilidade, tolerancia, respecto á lei, liberdade e igualdade, xustiza, solidariedade, responsabilidade, profesionalidade, "patriotismo": cfr., Pedro Cerezo Galán, ed., “Democracia y virtudes cívicas”, Madrid, Biblioteca Nueva, 2005).

E, aínda que todo é matizable, considero que non pode haber dereitos sen obrigas, e viceversa. E, por favor, que non se entenda isto na acepción vulgar “liberdade vs.libertinaxe”, pois está nas antípodas do meu pensamento.

Dende hai algúns anos, un dos debates recorrentes –transversais a esquerdas e dereitas- é a cuestión da inmigración e até qué punto pode ou debe haber consesión de dereitos aos inmigrantes. Para entendérmonos fixemos, de entrada, a clásica distinción de T.S. Marshall entre dereitos cívicos, políticos e sociais.

Xorden, daquela, moitas cuestións. Entre outras e sen esgotalas: Conceder de inmediato todos os dereitos ou facelo procesualmente? Todos ou só algúns? En que medida e proporción? Que custes teñen para os “nacionais” tales concesións de dereitos? Eses custes son asumibles cultural e financeiramente? Portas abertas á inmigración indiscriminadamente e concesión automática de dereitos? Regulación da inmigración e como? Son “iguais” todos os inmigrantes procedan de onde procedan? Asimilación, integración ou multiculturalismo? Etc., etc., etc.

O asunto, xa ven, é complicado de máis. E xa sabemos por experiencia que a problemas complexos non valen solucións simples.

Anónimo dijo...

Eu non entro en consecuencias culturais de asimilación, integración ou multiculturalismo. Ese é debate que se ten que dar sempre. Eu falo dos dereitos de asistencia médica, asistencia educativa, sindical e, do que se trata este post, de dereito a votar nunhas eleccións. Non vexo maior dificultade neste asunto. Outra cousa son as cuotas, a limitación de entrada ou outra política de entrada de persoas que veñen doutros países. Estou a falar de que, tan pronto como estean regularizados burocráticamente, podan exercer os seus dereitos como calquera cidadán. A miña non é visión anxelical, senón coherente coa miña posición sobre os emigrantes. Eu quero que decida sobre o goberno as persoas que viven de continuo, de forma permanente, nise territorio. Que sexan cidadáns dese país ou, para sermos máis literais, da cidade correspondiente.

Clara Flor dijo...

Arumes dos piñeiros, imaxino que gústalle a histoira, entón sabe que os simbolos da nosa identidade foron creados na diáspora, o himno, a bandeira, en Cuba, identidade simbólica, mire.

Penso que a visión que ten da emigración é xusto a consecuencia das consecuencias do sistema. E Galiza só a Galiza territorial ou vai mais alá, somos as persoas que a compomos con independencia das fronteiras? Onde están as fronteiras nun mundo globalizado? No telón de grelos?. Os que pagamos impostos en Suiza, Bèlxica, Franza pero tamén en Carballo, Vigo ou Gondomar dobremente, e queremos seguir galegos porque a nosa identidade chámanos e contribuimos en ambos lugares, non temos dereito a partiicpar?. Nós, a xente da diáspora, ou unha boa parte estamos tan informados como calquera dos que viven ai. As remesas que enviamos dan ainda un balance positivo. Moitos non votamos nas municipais por coerencia pero non estamos dispostos a renunciar aos nosos dereitos de participar como galegos? Falamos en galego fora das nosas fronteiras, enviamos cartos, e moitos fomos botados polos sistema pola politica. Exiliados, emigrados, trasterrados. E ante esto, quen é mais que quen?. Por qué se nos cuestiona a nós como individuos e non a un sistema e a Lei Orgánica de Réxime Eleitoral Xeral de forma colectiva?. E sobre a diáspora americana, é certo que está lonxe. Pero eu quixera que vira a identidade consciente ou inconsciente, galega, que ten a xente, sua dor,seu desarraigo, suas frustraccións. Vidas cortadas, familias transnacionais. E doado falar,por eso, os de fora, para solucionar as dúbidas que queira. Se o mellor de todo é participar, ve, non estamos tan lonxe de atopar solucións mixtas.

Só hai que reformar o sistema e ver que nós, emigrantes galegos somos algo mais que un voto.

Apertas de duas galegas de centroeuropa e saudos ao dono da casa.

Anónimo dijo...

Alégrame saber que hai xente que mantén con Galicia vencellos de todo tipo, mesmo en forma de impostos, que é o que dá dereito a votar nas eleccións. Pero supoño que lles ha gustar votar en Suiza ou no país onde se atopen, e mesmo, coma dixen, na Maragatería, porque alí pasan a maior parte do tempo. Que queiran votar eiquí pareceme estrano. A mín, que podo dicir que son fillo de inmigrante en Galicia, que deixou calquera relación política co seu lugar de orixe. Os outros vencellos de natureza sentimental, familiar ou cultural van mudando, pero poden permanecer máis ou menos intactos (máis ben estes segundos). Os dereitos políticos decaen: os meus pais xamáis votaron no territorio onde naceron e viviron moitos anos. Porque creron que o lugar onde vivian era o lugar onde debían exercer os seus dereitos. NOTA: Se vives e estás empadronado noutro lugar de España, máis afastado en tempo (e case en cartos) que, por exemplo, hoxe Londres, non podes votar en Galicia. Un que viva noutro país, sí. E ademáis van buscalo, como Rosanna Arquette a Madonna, desesperadamente.
Apertas moi sentidas para esas dúas galegas de centroeuropa que asinan con nomes tan fermosos, de doncelas medievais.

Anónimo dijo...

Simplificando moito.... eu penso que nas eleccións Municipais solo deberían de votar os residentes nese Municipio...e que postos a buscar dar representación ós galegos do exterior creemos unha circunscrición propia para todos os que estean fora de Galicia..... Respecto a algunhas propostas... asáltame unha dubida ¿Realmente todos os que descoñezan o sistema político español (a real ou a escrita?) non deberían de poder votar ou esta limitación solo tería que ser esixida para os emigrantes? e da Seguridade Social...non tería moitas repercusións para cidadáns que non cotizan? e por que votan aquí a xente con domicilio fiscal no estranxeiro.e. Por que temos que por criterios subxectivos ós cidadáns se logo os seus representantes actúan tantas veces subxectivamente e sen rigor..e se alguén analiza cada caso e decide que pode votar e quen non..( isto gustaríalle a moitos)

Xa postos.... reivindico que pasen todos largas temporadas no exterior....iso si sen cobrar dietas que logo xa se sabe...

Asinado: ¿Paga a pena votar?

Anónimo dijo...

Ademais doutros erros, esquecín algúns signos de interrogación.... síntoo...eran as presas para coller o avión que me leva a Uruguai a pasar a fin de semana

¿Paga a pena votar?

Anónimo dijo...

Sería bo reconsiderar o tema na distancia. Hai moitas clases de emigrantes. A Madrid ou Barcelona -que veñen seguido e coñecen as cousas polo miúdo- a Europa, que veñen nas vacacións... A América,que non veñen case nunca.
Xa non falemos dsa nacionalidades de fillos e netos.
Eu son partidario das portas abertas para os descendentes. Quero como inmigrantes preferentes aos García, Piñeiro ou López de Buenos Aires, por seren máis fáciles de integrar.
Someter aos emigrantes americanos á tensión de decidir é incomprensible. Debemos ser solidarios con eles por moitas razóns históricas e humanas... Son un tema de Estado. Non poden basar a súa razón nunha forza electoral que pode chegar ao disparate de decidiren os nosos gobernantes, cando a súa relación coa terra, coa administración galega e dos concellos é tan distante.
Xa hai os consellos asesores da emigración, como voz dos emigrantes ante as embaixadas, que se podrían reproducir a nivel de Oficinas galegas ou así.
Podíase falar tamén de representantes específicos, un deputado americano e outro europeo, ou o que fose -eu sería contrario, pero ben.
Pero mesturar os seus votos cos meus para ver se é alcalde d'Ourense o Poli, o Alex ou o Paco, paréceme un disparate.
Ademais o que se aforraría en gastos dos políticos que van de pesca ás praias cariocas.

(PD As eleccións de Riós, leste de Ourense, desde hai anos, decídense en Río de Janeiro, onde van os candidatos do PP e do PSOE a facer campaña entre os trescentos votantes alí censados). Manda truco na Habana... ¿Na HAbana? Imos alá... que algun galego queda...

Anónimo dijo...

Hoxe o amigo Suso de Toro, a quen lle dá, señor valcárcel, todas as semanas tema para a súa columna, ataca o tema. E repite cousas que aquí sostemos. Pero non chega ao cerne do asunto: di que non é malo ir buscar o voto, senón a forma. E por que non pensa a inversa: se non houber voto, non habería nin viaxes, nin festas, nin corrupción nin vergonza escandalosa.
Agora que, pensándoo ben, igual a distancia é mellor para elixir alcaldes: está demostrado que por estar moi perto dos cidadáns algúns alcaldes acaban por aceptar amablemente os inconvenientes (en forma de billetes de 500 euros) que tal cercanía comporta.