MOCIDADE, LINGUA, O LATÍN
(Andoliña 15 marzo. Imaxe do debuxante-guionista Robert Crumb)
Escoito na radio que en Francia o Ministerio de Educación prepara un plan para afortalar o vocabulario dos seus alumnos e alumnas dende a educación infantil. Co obxectivo de que os nenos aprendan, antes de chegar á Secundaria, sequera unha palabra diaria e que esta palabra sexa de contido abstracto ou diferente das que usa na súa contorna habitual. Crin escoitar que as primeiras palabras suxeridas eran "Amor" e "Semellantes". Fermoso proxecto: non estaría mal copialo se queremos que os nosos mozos saiban dicir algo máis que “flipado” e “guay”. Agás excepcións, a pobreza do léxico dos mozos é alarmante: é o tributo a pagar ó Moloch da televisión-lixo, a xerga dos móbiles e a estulticie ambiental. Pobreza tamén en castelán, non só en galego: ignoran case todos os cultismos, ás veces idénticos nas dúas linguas.
Ou iso ou restauramos o vello Bacharelato con máis anos, do que algúns docentes seica teñen saudade. Con latín para todos. Xa saben que nos seus últimos días, enfermo, Otero Pedrayo foi visitado na súa casa da rúa da Paz polo ministro de Educación daquela hora, creo que Cruz Martínez Esteruelas. Don Ramón só lle deixou un mandado, con toda a vehemencia que puido: “Cóideme do latín, señor ministro”.
P.S.: Chámame o amigo Xoán Manuel Salgado, un dos grandes oterólogos deste país, e faime decatar dun pequeno erro neste artigo xa publicado (tamén na prensa). O que Otero lle dixo ó ministro naquela ocasión foi exactamente "Salve o grego, señor ministro", porque andaban a preparar un decreto que o eliminaba do ensino ou algo así. En canto mo dixo Salgado, deille a razón: así o lembro eu tamén e pódese documentar nas hemerotecas. En calquera caso, o sentido da anécdota, enmarcado na miña columna, non varia gran cousa.
LA BELLEZA
-
Paisaxes con música
de
Emilio Blanco "Milucho"
La belleza
Segundos fuera (1989)
*Luis Eduardo Aute*
Hace 5 días
9 comentarios:
Pois manteño dous blogs abertos porque me trabuquei e preferín non borrar ningún, non desbotar un ou outro... simplesmente foi por iso.
O de cinema, en principio era para adicar cada día unha entrada a unha personaxe. Curiosamente saíron dous actores- o Dean e a Monroe- e un realizador bosnio- Kusturica-...
O outro está adicado a estados de ánimo, da alma... encántame escribir e como tal neste ás veces deixo un relato, un vídeo- o de hoxe foi o do concerto de Mariza en Londres cantando a canción de Amália Povo que lavas no rio-, ou calquera pensamento que xurda do meu maxín...
No que respecta á túa entrada de hoxe... estou dacordo co plan... é certo que deberiamos coidar máis os cultismos... as letras en xeral...
eu por acaso estudei latín e grego... pero cada vez somos menos os que aprezamos as letras- debido a un futuro complicado fronte as ciencias e a tecnoloxía-.
Ars et littera dura...
que dure a letra... literatura...
saúdos desde lisboa
Supoño que es máis novo ca min e supoño que a túa presenza en Lisboa será temporal por motivos de estudos ou traballo, en calquera caso permíteme envexarte por pasar un tempiño da mocidade en Lisboa, unha cidade tan fermosa e tan chea de suxerencias culturais.
Non só os rapaces teñen un vocabulario pobre. Escoito unha e outra vez a José Ramón de la Morena, un dos xornalistas (sic) mellor retribuídos do momento dicir iso de "El Real Madrid llegó en olor de multitudes. Ou mesmo a Javier Marías, un dos louvados literatos do momento, ter escrito "lo golpeó con sendas(?) manos".
Se falásemos tamén do nível de matemáticas entón si que choraríamos.
É bastante posible que de vinte ou trinta anos a esta parte os rapaces desenrolaran máis a intelixencia visual/espacial que a lingüística. As razóns son fáciles de entender.
Unha das cousas máis curiosas que coñezo é a publicación nas portadas dos xornais principais de Italia do texto latino que cae en Selectividade, cun titular do tipo Ovidio en Maturità, que, desde logo, emociona.
Polo que di Mendiño, totalmente dacordo: por qué sempre nos fixamos en lingua? Qué ocorre noutras disciplinas de ciencia exacta ou natural?
Unha das cousas máis curiosas que coñezo é a publicación nas portadas dos xornais principais de Italia do texto latino que cae en Selectividade, cun titular do tipo Ovidio en Maturità, que, desde logo, emociona.
Polo que di Mendiño, totalmente dacordo: por qué sempre nos fixamos en lingua? Qué ocorre noutras disciplinas de ciencia exacta ou natural?
Conta vostede sempre unhas cousas asombrosas, e marabillosas, de Italia.
A do ano pasado pode atoparse en http://www.repubblica.it/2006/06/speciale/altri/2006maturita
Unha cousa que ten tanta trascendencia social debe ser tratada polos xornais (neste caso de tirada en Galicia) con esta puntual adicación. Unha pequena visita a este recuncho permite saber máis da educación ou da formación cultural dun país ca moitas elucubracións teóricas.
Hai algo moi importante que teñen en común as chamadas "linguas mortas" coas matemáticas:Potencian fortemente a capacidade de "transferencia de aprendizaxe" do alumno.Este concepto pedagóxico é fundamental.Queñes non o coñezan,non perdan ocasión de "profundar" sobor del na Rede.
(O de "profundar" é un guiño a aquel relato que remataba "agora xa non profundas,por que o coñeces todo"... )
Publicar un comentario