22 abr 2007




CEN ANOS DE HISTORIA CULTURAL: 1963

Primeiro Día das Letras Galegas
Nace a revista Grial
Nacen Castrelos e Ed. Do Castro
Historia da Literatura Galega Contemporánea (Carballo Calero)
O segredo do humor (Celestino Fernández de la Vega)
Poemarios de Pura Vázquez, María Mariño, Díaz Jácome, Guerra da Cal, Anxel Sevillano, Delgado Gurriarán, Emilio Pita, etc.
Raíz e Tempo, radio en galego, por Xoana Torres.
Nace a AC. O Facho.
Cen Anos de Literatura Galega, exposición en Lugo, da man de Alonso Montero.
Vicente Risco na cultura galega, de Ramón Lugrís

Ánxel Fole e A. Cunqueiro na RAG
Nace o Partido Socialista Galego (PSG) cunha forte presenza de intelectuais galegos.
Moren Vicente Risco, Gonzalo López Aberte, Antón Valcárcel, Manuel Gómez Román, Vidales Tomé, Xosé Rubinos, María Dolores Díaz Baliño, etc. E nacen ...

4 comentarios:

Anónimo dijo...

Cita neste recordatorio o señor Valcárcel un libro e un señor nos que se ten reparado pouco. Refírome a Ramón Lugrís e ao seu "Vicente Risco na cultura galega". Creo que nunca se escribiu un libro tan bo sobre Risco coma ese, quitando os capítulos que lle dedica Carlos Fernández (o de Vigo, non o da Coru)en "O vento do espírito". Eu nunca cheguei a coñecer a Lugrís, que vive en Londres dende os anos 60, onde foi para traballar na BBC. Sei que estivo aquí hai uns poucos anos, dando unha conferencia sobre Europa, pero non me coincidiu ben para ir velo. Era o discípulo máis avantaxado de Piñeiro e unha especie de "segundo de a bordo" deste nos anos 50 e primeiros 60. Sabe algún de vostedes algo máis de Lugrís? Coñeceuno algún persoalmente?

Marcos Valcárcel López dijo...

Do personaxe,Ramón Lugrís, e en concreto deste libro, hai moi poucoe escrito, efectivamente: tamén nisto a nosa memoria histórica (recente) é limitada. Supoño que libro e personaxe non cadran coa versión hoxe canónico deses anos no nacionalismo galego e noutros ambientes culturais...

Anónimo dijo...

De Lugrís aínda fala Franco Grande n'"Os anos escuros". Supoño que se esqueceu como se esquecen outras cousas: uns por designio -o que sexa, de quen sexa, outros por prioridades. Quen se lembra de Ernesto Guerra da Cal?

Anónimo dijo...

Por certo, Leituga, eu non hai moito que lin unha entrevista a Ramón Lugrís e foi n' "A Nosa Terra"; estou case seguro. Lamento non poder dicirlle o número.