
CEN ANOS DE HISTORIA CULTURAL: 1965. PRIMEIRA MISA EN GALEGO
Nas imaxes un debuxo de Cunqueiro dese ano e X.Neira Vilas.
O ano 1965 foi complicado no ámbito político. A Universidade de Santiago facía doutor honoris causa ó ditador Franco e o seu réxime abatía en marzo, en Belesar (Chantada), o derradeiro guerrilleiro galego, Xosé Castro Veiga, “O Piloto”. No curso 65-66 esa mesma Universidade convertía en materia de ensino oficial a Lingua e a Literatura Galegas e a finais de ano empezaban as primeiras sabotaxes nas obras de construción do encoro de Castrelo de Miño.No ámbito literario, hai que subliñar a aparición de dúas obras narrativas relevantes: Xente no rodicio, primeira obra de Xosé Neira Vilas que aborda o mundo labrego dende unha mirada adulta; e A orella
no buraco (Galaxia), de María Xosé Queizán, encadrada por M. Forcadela na fase de auxe da Nova Narrativa Galega. Precisamente en 1965 aparece na revista Vieiros por primeira vez o nome que marcou a este grupo literario: nun artigo de Xan Sucasas titulado “María Xosé Queizán na “Nova Narrativa” Galega (n.3 da revista).
no buraco (Galaxia), de María Xosé Queizán, encadrada por M. Forcadela na fase de auxe da Nova Narrativa Galega. Precisamente en 1965 aparece na revista Vieiros por primeira vez o nome que marcou a este grupo literario: nun artigo de Xan Sucasas titulado “María Xosé Queizán na “Nova Narrativa” Galega (n.3 da revista).(...) (..)
Os exiliados tamén tiveron o seu protagonismo nunha carta enviada nesas datas ó arcebispo de Compostela en defensa e reivindicación da liturxia en galego, co apoio de 16 institucións galegas de América. Descoñecemos se houbo relación causa-efecto, pero o certo é que o 25 de xullo, Día de Galicia, se pronunciou en Compostela a primeira misa con toda a liturxia en galego, “a misa de Rosalía”, oficiada polo Padre Seixas no Ano Santo de 1965, que acababa de chegar, este crego do seu labor misioneiro por América e co consentimento do Cardeal Quiroga Palacios. Segundo Manuel Beiras, houbo dous precedentes nos anos republicanos, 1933 e 1934, oficiadas polos cóengos Xacinto Piñeiro e Antón López Carballeira, pero naquelas ocasións só a homilía se pronunciou no noso idioma, pois aínda non se podía nin soñar coa liturxia en galego.


No hay comentarios:
Publicar un comentario