3 jun 2007


Arredor do pai Miño
Agora mesmo rematei un traballiño, para unha revista-programa das Festas do Corpus de Ourense, que se titula "O Miño afia o azul e segue a viaxe", título prestado duns versos de Euxenio Montes. É un xeito de viaxe literaria-sentimental ó Miño da nosa infancia, dos da miña xeración, e tamén dos escritores. Máis adiante colgarei aquí o texto: de momento vexan unha das fermosas fotografías que ilustrarán o traballo.

17 comentarios:

Anónimo dijo...

Amigo Valcárcel, non hai dúbida que vostede é o novo herdeiro do Otero do Ourense dos anos sesenta e comezos dos setenta.

Coma el, non se nega a colaborar en nada, mesmo se presta a dignificar un humilde programa de festas coa súa pluma.

Parabéns.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Eu que me bañei tantas veces no Burbia ao seu paso por Toral de los Vados camiño do Sil, recordo estas imaxes como parte tamén da miña infancia. Na mesma auga que chegaría, moitos embalses mediante, a Ourense.

Nuca dijo...

Lembro que a miña ledicia dos baños fluviais da miña infancia eran a anguria da miña nai que tíñalle medo os remoiños do río. Os do mar eran maís sosegados, pero sen curmáns

Anónimo dijo...

Os remuíños do río todos os anos comían o seu tributo...
Ainda lembro cando un deles -onda os Caños, ao lado da unión do Loña-papou a un neno veciño e coñecido... Noites desacougadas ante unha desgracia incomprensible.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

En Toral, ao caír da tarde no Bierzo por Xuño, nas choupeiras e co cheiro a cervexa con gaseosa, era a felicidade.

Anónimo dijo...

A min nunca me gustou bañarme nos ríos, nin tampouco me deixaban. Apenas teño, logo, tales remembranzas. Quizais estea vivo por esa prevención: nunca se sabe que sería de nós se en vez de facer A, fixeramos B ou C ou D ou...

Unknown dijo...

Toral de los vados, por ali lembro algunhas merendas de neno, lugar paradisíaco, tanto como Leiro ou o lonia, so que con mais horizonte.
Jimy de Rairo

Anónimo dijo...

Jimy de Rairo, non sei cantos anos ten, pero de andar polos 46 coma mín, nesas merendas tivemos que estar ben perto.

Anónimo dijo...

Os amantes do río Burbia o seu paso por Toral non sei se son coñecedores de que existe hoxe , á beira do río, un área recreativa , de reciente creación, que conta con piscinas, merendeiro e ata pavillón deportivo.Parece bastante respectuosa co entorno natural ,esa é a sensación que produce ó ser vista dende a estrada que conduce a Ponferrada.

Xabier dijo...

Eu si me bañei moito no río Miño por non dicir moitísimo. Veráns enteiros case tódolos días (coa excepción dalgunha tempada no mar). Teño 44 anos e polo tanto non lembro esa foto que pon Marcos aínda que sí o meu pai. Dende sempre coñecín o encoro de Velle no que incluso dispuñamos dunha embarcación a motor. Normalmente ibamos ata Barra de Miño pero nalgunha ocasión chegamos ata o encoro de San Pedro no Sil. Pola miña experiencia bañandome en todo ese percorrido nunca atopei o Miño perigoso. En anos, como dicía, xamáis tivemos o máis mínimo incidente. Por contra sempre considerei máis perigoso o rio a partires do encoro hacia abaixo. Por exemplo esa zona dos Canos. O que sí lembro moi ben é que a auga estaba case sempre moi fría.

Anónimo dijo...

Señor Arume poida que si, eu ía coa familia dende Ponferrada, cidade, a cidade para min mais importante xunto con Roma, onde se pode facer arqueoloxia das emocións e do tempo amarrandose a materia da historia e respirando un ar que fala de infinito dende o castelo dos templarios até o Palatino, ou lingueteando on xelado pola praza Nabona.

Anónimo dijo...

De neno, eu bañábame no Miño case en liña recta desde a casa (costa abaixo, e co desvío) ha de haber dous quilómetros). De mozo, fun expulsado pola contaminación un quilómetro ou dous contra as aforas da cidade. Máis tarde, dez quilómetros, ata a Santa Sabel de Outeiro de Rei e Manuel María. Duraría ata arredor do 1990.

Arestora, socio recente do Clube Fluvial, vólvome bañar perto dos inicios. Pero non todos os días: só cando a auga non trae certa escuma equívoca; e con máis satisfacción (polo recuperado) ca acougo. O pai Miño necesita unha voltiña.

Anónimo dijo...

Non sei se o anónimo último é jimy de rairo, pero podo asegurarlle que de Ponferrada (ese paragone con Roma é para almas demasiado emocionadas, coma as nosas) tamén eu ía. Que xuños, con cereixas de corullón, mellores cás do jerte. E sen patriotismos.

Marcos Valcárcel López dijo...

Benvido, amigo Arume. Todo foi ben na revisión, non? Tíñanos a todos un chisco preocupados, como poderá comprobar noutro fío.

Anónimo dijo...

Ben achado, amigo Arume:

May you always be courageous,
Stand upright and be strong,
May you stay forever young.

Xabier dijo...

Voltando ao tema do Miño hai un libro que xa teño citado nalgunha ocasión e que explica moi ben como era o aproveitamento que se facía a altura de Velle, como eran as artes da pesca, as embarcacións etc. Estou a falar do libro "Parroquia de Velle" da autoría de Cuevillas, Vicente Fernández e Xoaquín Lorenzo, publicado en 1936 polo Seminario de Estudos Galegos e reeditado felizmente en 2005. Nos tiñamos dito libro na versión orixinal na casa de Velle e recordo que fora unha interesante descuberta a súa lectura sendo aínda un rapaz xa que pasabamos alí o verán e parte do outono. Por outra banda consérvase un interesante mapa no Arquivo Histórico Provincial de Ourense sobre o Miño a altura do encoro de Velle no que se detallaban as propiedades que alí tiña a orde de Alcantara. A eles pertencía a casa protexida hoxe por patrimonio que podemos ver diante da horrenda nave que levantaron para as piraguas nese mesmo encoro. Dita casa só conserva orixinais daquela época os muros da bodega da parte norte. Tamén direi que toda a toponimia que aparece en dito mapa da orde de Alcantara aínda se conserva hoxe mesmo. Otero Pedrayo ten un breve artigo sobre esa encomenda.

Anónimo dijo...

A Salam maalekum,Marcos Valcárcel,sama xarit bu baax...
Man,dama kontaan,sa xibaar ci Africa tey sax,moo tax.Jerejef...
Wante...
Tey 10-7-2007 besu Portugal itam.Jàng na ko ci suurnal "Galiza Hoxe"...
Ba beneen yoon...

Man, xamuma bind...