3 jun 2007

Kim Phuc, o poder dunha foto.
Andoliña 5 xuño


Unha nena espida corre por unha estrada cos brazos abertos, algo caídos, chorando e berrando de desesperación. Ó seu arredor, corren outros nenos e nenas. Tras deles camiñan tranquilos un grupo de soldados: ó fondo a inmensa fumareda dos bombardeos. Esta foto marcounos a todos os que eramos nenos en 1972, cando foi tomada polo fotógrafo Nick Uth. Esta foto e máis aqueloutra na que un home, un xeneral survietnamita, apunta á cabeza a un soldado en plena rúa que logo caerá asasinado. Daquela guerra arredada que un neno non podía entender, queda Vietnam, ese nome, e estas dúas fotos, que simbolizan para nós a dor de centos de miles de persoas e un país arrasado por unha guerra imperialista, a mesma contra a que cantaron nos seus versos Uxío Novoneyra e Celso Emilio Ferreiro.
Hoxe aquela nena de nove anos, que se chama Kim Phuc e sobreviviu á catástrofe, percorre o mundo convertendo esa foto nunha icona contra a guerra e pola paz: diso fala o corpo queimado daquela cativa. Salvouse porque o napalm non lle queimou os pés e puido correr. A foto serve tamén para lembrarnos que hoxe segue habendo, mundo adiante, outros Vietnam e tamén moitos Kim Phuc.

7 comentarios:

Anónimo dijo...

Vai escribindo algo que valia a pena leer ,parece escrito por u adolescente

Anónimo dijo...

Tiña que chegar aquí, tamén, a peste dos trolls. Non queda monte do país libre de plásticos nin, seica, foro civilizado na rede que se vexa libre deles.

Marcos, insecticida.

Anónimo dijo...

Home, un anónimo pouco ilustrado. Que novidade nesta casa!
Neno, marcha.

Anónimo dijo...

Por certo, o outro día vin a Kim Phuc na tele e fala un inglés tan perfecto tan perfecto qeu supoño que vivirá en USA...

Anónimo dijo...

Ten razón González: tardaban en chegar os trolls. Ou será só un que xa fixo unha visita esoutro día?

Un pouco do vello Zeta-Zeta e xa está.

Anónimo dijo...

Eu diríalle ao "troll" que o que el/ela escribiou si parece que o redactou un adolescente unha miga ágrafo.
Así que isto é un troll? O primeiro que "vexo". Desde logo prefíroos aos mosquitos.

Anónimo dijo...

Boeno despóis de darme unha volta por este blog e as súas ligazóns,xa podo diagnosticar o mal da literatura galega e por ende do galego: Moito Góngora e moito Argote e poucos Quevedos e Villegas.Moito vocabulario,sintaxis e recursos e falta de verdadeiras ideas...
Até Breve...

O Troll ägrafo (con "umlaut")