1000
MIL
UN MILLEIRO
Millenta
Primeiros 1000
Comunícolles que a anterior entrada, As marabillas de Galicia, fai a número 1000 das escritas neste blog dende que este seu amigo decidiu abrilo, aló por marzo de 2006.
Graciñas a todos e todas por estar aí.
O VENTO É UN CAN
-
Vento de noite
O vento é un can sen dono,
que lambe a noite inmensa.
A noite non ten sono.
E o home, entre sonos, pensa.
E o home soña, durmido,
que o...
Hace 1 día
10 comentarios:
Permítame decirlle que este blog si que é unha das marabillas de Galicia. Parabéns, noraboa, beizóns a tutiplén.
eu tamén voto por estas uvas, e espero que permanezan na solaina durante todo o inverno por se non temos boa colleita, que espero que sí. Parábéns a tódolos seareiros tamén deste espazo que o enriquecen tanto e ¡viva o mestre auriense! hip! hip! ¡HURRA!
Un agasallo para Marcos Valcárcel neste milenario:
Parlami d'amore, Mariù
Non habería que ponher "um miliario virtual"?
Non atopéi ningún en iutub.
De noite,vou a Chaves,e roubo a "pedra das naÇoes" da ponte sobre o Támesis pra poñela no blog.
Por certo,Marcos,non sei se conhece a anécdota de Otero Pedraio e o Támesis.
Ó parecer foi inspector de educación.Unha volta foi inspecionar unha escola a Verín.Entróu na clase e preguntóulhe ó profesor de qué era a clase.Dixolhe,de Geografía.Moi ben.Pregunto de geografía.Tí,rapá.Cómo se chama o río que pasa po eiquí por Verín.O rapá non o sabía,e sopláronlho de atrás,pro entendéu mal e dixo "O Támesis".E dice él: Moi ben,home.Qué lhe tén que envidar o Támesis ó Támega.Aprobado.
Pois penso que se non o milleiro, eu lin cando menos 950 e tantas. E por cada unha delas tería que deixar aquí un agradecemento. Mil artigos mais!
Noraboa, e como dixo o outro, outras mil primaveras máis.
1000 UVAS NA BOCA x sabe dios cantas uviñas dentro = menudo empacho que levas, ourensán!!!
como fermenten todas...
ou borracheira ou macroúlcera (porque algunhas foron perigrosas...mais outras do mellorciño, que para iso somos da zona do Ribeiro e do Mencía!!)
Noraboa, compañeiro
Yoli ;-)
Graciñas a todos pola vosa amizade e constancia. E polos agasallos musicais. E polas vosas palabras. Sabedes que esa amizade (e admiración) é tamén mutua: Arume, Ana Bande, Torre de Babel, Xaime, Moralla, Troll, etc.
Por certo, creo que xa escoitara (non sei onde) a anécdota de Otero, que é magnífica: nunca suspendía a ninguén, xa saben. Así calquera ten alumnos/as que o recordan a un sempre. E para ben...
Fermoso miliario. Poña (cando menos) outro na vía das súas letras, faga o favor. Seguiremoslle pedindo máis. Parabéns
Noraboa, Marcos.
Publicar un comentario