8 jul 2007


Os paxaros nas uvas.

Pan por Pan domingo 8 xullo. Imaxe de Miró: paxaros.

Falamos onte daquel “paxaro mixiriqueiro” que lle gustaban as mozas de pelo roxo e non foi o único. Como amosa un estudo de X.R. Mariño Ferro os paxaros, cheos de plumas, teñen unha evidente connotación sexual feminina: “O paxaro de María/ ten cara de condanado,/ polos lados é peludo/ e polo medio arregañado”.
E se ós paxaros lle gustan as uvas, poden entender vostedes esta cantiga tan ousada: “O paxaro de María/ foime ás uvas do bacelo,/ todo paxaro ten plumas/ e o de María ten pelo”.
No entroido de Cacheiras cantábase isto: “A miña Jacinta/ tenvos un niño,/ e teno gardado/ para o meu paxariño”. Onde se despraza a connotación sexual cara o home.
Nesta cantiga portuguesa a imaxe é dupla: home (canario) versus muller (merlo): “Menina, prenda o seu melro/ que me vem ao meu quintal; / se lhe solto o meu canario,/ o seu melro fica mal”.
(P.S.: Graciñas ó amigo sr. Troll Ágrafo que cumpriu a súa palabra e deixoume no Liceo ourensán o agasallo que aquí me anunciara, unha copia do Cancioneiro de Casto Sampedro. Quedo moi agradecido ó meu anónimo amigo).

28 comentarios:

Anónimo dijo...

O paxaro, cando chove,
mete o rabo na silveira.
Así fai a boa moza
cando non hai quen a queira.

Tamén popular, supoño.

Anónimo dijo...

Dame non sei que falar do "passer" de Catulo, con tanta poesía popular, pero para mín que Catulo tamén lle tiña gusto á metáfora aviar. E supoño que ao termo real tamén.

Anónimo dijo...

O simbolismo sexual dos paxaros vese hastra na Biblia,onde se fala dun paxaro de quén empreñóu a nai de non séi quén...
Mr Troll ágrafo

Anónimo dijo...

Outro exemplo é o da ciconia que trae ós béibis...
Mr Troll ágrafo

Anónimo dijo...

Calquera cousa (máis ou menos) alongada e calquera cousa (máis ou menos) redondeada e de fronda capilar, vale para analoxías. Os simbolismos fálicos e vaxinais son infinitos.

Anónimo dijo...

Non ten por que desmerecer, a poesía popular, do confronto cos clásicos grecolatinos. Tocante a Catulo, se o poema do passer admite comparanza con versos paisáns de sentido oculto (ou cantiga de escarnio dese estilo), o dedicado a Ipsitilla trae o terminante aire do explícito -novem continuas fututiones- en verso anónimo ou escarnio con mal dizer.

Anónimo dijo...

Esas "novem continuas fututionem" recorda aquela expresión (totalmente apócrifa) atribuida, en galego, a Valle Inclán: a de "sete polvos sen desenconar", con perdón.

Anónimo dijo...

Passer, deliciae meae puellae,
quicum ludere, quem in sinu tenere,
cui primum digitum dare adpetenti
et acres solet incitare morsus,
cum desiderio meo nitenti
carum nescio quid libet iocari,
et solaciolum sui doloris,
credo, ut tum gravis acquiescat ardor,
tecum ludere sicut ipsa possem
et tristis animi levare curas!


Paxaro, delicias da miña amiga,
co que ela rebulda, aniñándoo no seo,
ó que lle achega o sámago, ó piarlle,
e punxentes bicadas incirra,
cando ó meu nitente degoiro
lle prace abandonarse a non sei que capricho
e conforto fuxidío da súa dor,
para sosegar, de certo, esta ardencia mortal;
se puidese rebuldar contigo, coma ela,
e alivia-las coitas da miña triste alma!

A tradución -modificada nun par de miuidezas- é de Xosé Manuel Otero Fernández (ed. "Catulo. Poemas", Clásicos en Galego, Santiago, 1988). Por certo que o tradutor e editor, en nota a este poema e referente ao paxaro, indica: "Agasallo que os amantes lles facían ás súas donas: pardal, xílgaro, canario, etc. A presumible obscenidade do poema aventurada polos Humanistas é rexeitada pola crítica moderna". Lin nalgún sitio que xa Marcial interpretara a tal obscenidade.

Anónimo dijo...

32
Amabo, mea dulcis Ipsithilla,
meae deliciae, mei lepores,
iube ad te veniam meridiatum.
Et si iusseris, illud adiuvato,
nequis liminis obseret tabellam,
neu tibi libeat foras abire,
sed domi maneas paresque nobis
novem continuas fututiones.
Verum, siquid ages, statim iubeto;
nam pransus iaceo et satur supinus
pertundo tunicamque palliumque.


Por favor, miña doce Ipsitila,
miña delicia, miña feitiña,
invítame a bota-la sesta onda ti,
e se me invitas, bótame un cabo:
que ninguén peche a porta,
e que non se che antolle saír,
agarda na casa e disponte
a chingarmos ata o desmaio.
Pero, se che prace, invítame xa,
xa que xantado e farto, deitado,
furo túnica e palio.


O anterior carmen é o número 3; este vén da mesma fonte. Por certo que a cita anterior do Arume escoitei eu atribuírlla, in praesentia, a un curioso mindoniense, que coñeceu e tratou Cunqueiro, apelidado Lence Santar. Este non dixera nove nin sete, eran algúns menos, pero a si atribuídos e con non sei cantos anos enriba. Ou sexa, propio ou adoptado, dito ou fazaña de similar alcance.

Anónimo dijo...

Señor arume dos pinheiros ,tén vostede razón.Fai tempo lín unha frase que dicía algo así coma: No mundo todo é ou cóncavo ou convexo,sempre podes ver o sexo...
Volvendo ó caso da ciconia,o mito primitivo falaba de que deixaba ó rapáz meténdoo có seu longo pico pola cheminea...
Máis simbolismo con relación ós paxaros: No inglés,falar de "paxaros e abelhas" é un eufemismo que sign-i-fica falarlhe ós rapaces da reprodución sexual humán...
Hai un idioma africain no que a expresión "paxaro nun árbol caído" siñifica algo así coma "un rapaz nunha mulher fácil".Pro non séi se se refire a unha mulher tan fácil como pra que a seduza un rapaz,ou se a mulher fácil quedóu prenhada cun rapaz.O caso é que hai unha polisemia: a mesma verba denota un paxarinho ou un rapá pequeninho.En realidade con esa verba queren dicir calquera cousa pequeninha ,en diferentes contextos.Tamén ós comprimidos farmacéuticos,as pastilhas,lhes chaman igual, "nenos".Tamén,a expresión do árbol caído é a mesma que prá "mulher fácil".Levi-Strauss estaría encantado...Na linguaxe,hai outros mundos...

Mr Troll ágrafo

Anónimo dijo...

Por certo,XM Glz,

Anónimo dijo...

Por certo,XM Glz. encantóume o poema....
Mr Troll ágrafo

lourixe dijo...

Moi ben. Ides gañando puntos no tema do erotismo, habedes tirarlle as córes a unha mociña timorata coma min. E iso que non sei latín! ;-)
E ainda non sacastes as analoxías da seducción (pombiña-gavilán).

Anónimo dijo...

Que a crítica moderna rexeite o do paxaro (xílgaro apuntan as traduccións) de Catulo como metáfora do membro creo que viril (de vir, viris) pouco importa, porque así o leron, con boa ou boísima intención, desde o momento en que saiu. Agasallos de paxaros eran frecuentes, pero o da moza de Cadelo/Cachondo (pode que a mesma Ipsitiña) éralles da mesma materia cá aquel que no Decamerón de Pasolini (creo lembrar) collía con agarimo unha bela doncela na terraza da súa casa.

Anónimo dijo...

Lourixe: acabas de lembrarme aquela belísima canción de Pablo Abraira, que remataba "Y fui paloma por querer ser gavilán". Para mín que APC anda de vacacións e non nos obsequiará cun iutubazo comme il faut. Mágoa.

Anónimo dijo...

No que á terminoloxía científica se refire,o vocablo "passer" define a familía dos gorrións (pardaos,na minha aldeia).Pero de feito a orde taxonómica dos "passeriformes" engloba a todolos paxaros pequenos...
Mr Troll Linneo

Anónimo dijo...

Mesié Arume dos pinheiros,prefiro a de Batalhán,baseada creo que nun poema de Celso Emilio

No niño novo do vento
hai unha pomba dourada

Quén poidera namorala,
meu amigo...

Mr Troll ágrafo

Anónimo dijo...

Pois tén que aprender latín,lourixe,pra diferentes contextos.
Ahí vai un conto:

-Dotor,dígame o que teño.Pro dígamo claramente,non mo diga en latín.
-O que tén é que é vostede un borracho e un glotón.
-Agora dígamo en latín,pra contarllo á miña muller...

Mr Troll ágrafo

Anónimo dijo...

Acabo de lembrar un fermoso conto ,creo que era de Oscar Wilde,no que un rosiñol se espeta na espinha dunha roseira de rosas brancas ,e morre,pra que a roseira coa sangue do rosiñol dé unha rosa bermelha pra que un namorado poida darlha á súa amada.O final a amada recházao o mesmo.Moi triste...

Mr TRoll ágrafo

Anónimo dijo...

E,xa que estamos a falar de maravilhas,rosas,paxaros,rapaces e iutub:

http://www.youtube.com/watch?v=c5IIXeR5OUI

Anónimo dijo...

Eu sempre presto e raudo ás súas ordes, amigo Arume. Mais, infelizmente, non atopei no You Tube a gran versión de Pablo Abraira, senón a dun (mal) e para min descoñecido cantante sudamericano. Pero, en fin, para a letra pode valer. E para exemplo do kitch "sudaca" (perdón polo vocábulo) tamén.

Gavilán o paloma

Anónimo dijo...

A ver,mentes calenturientas,que sodes capables de verlhe algo pecaminoso a esto que tedes cantado varias voltas:

Eu quixera ser merlinho
e ter o pico encarnado
para facer o meu ninho
no teu cabelo dourado

(Non seí se em portugués se lhe chama cabelo ó pelo de todo o corpo ou só ó da testa."Pelo" chámanlho só ós dos animáis...)

Mr Turdus merula ágrafo

Anónimo dijo...

E que me din cando o corazón está tolo?

Bebo & Cigala: "Corazón loco"

Anónimo dijo...

Se non lembro mal tamén había unha italiana "il cuore matto".
¿Quén era o experto en Italia?,¿arume...?

Mr Troll

Anónimo dijo...

Se algún de vós é de Ourense e conhece ó famoso Doutor Liceras,que lhe pída que cante esa do corazón loco (a española),que lhe gosta moito cantala.Pero coidado que pode diluviar...
Mr Troll

Marcos Valcárcel López dijo...

Nunca deixará de sorprendernos, sr.Troll. Eu non trato ó doutor Liceras, creo que ben amigo do escritor Alfredo Conde, pero pagaría a pena escoitar ese CORAZÓN TOLO...

Anónimo dijo...

Non é políticamente moi correcta esa canción do Cigala, pero en fin. Non todo vai ser corrección.
Leo no libro de Évos un amaicer guapo, Aproximación á poesía en lingua galega do Principado de Asturias/es a seguinte bárbara copla:
Chinguilingrín matou a muyer,
féxola en cachos, llevoula a vender.
Todos pensaban que era tocín
i era a muyer de Chinguilingrín.

Anónimo dijo...

Traduzan as lyrics dalgunhos "blues" de Nova Orleáns de principios do XX,i esa letra quédase nunha nana...

MR Troll, goldslumbers fill your eyes...