Vacacións para moitos/as
Moitos e moitas amigos/as andan xa de vacacións e tamén se notou no blog estes días. Pois que o pasen o mellor posible todos eles e elas. A min (e a miña familia) tócanos, como sempre, en agosto, datas nas que o blog estará paradiño e nas que nunca publico nada tampouco na prensa. Por exemplo, o amigo Monxardín anda polas Irlandas, un ano máis, con 35 alumnos/as de ESO e Bacharelato do Instituto de As Lagoas: dan conta das súas andainas no blog AslagoasenIrlanda.
LA BELLEZA
-
Paisaxes con música
de
Emilio Blanco "Milucho"
La belleza
Segundos fuera (1989)
*Luis Eduardo Aute*
Hace 5 días
13 comentarios:
Nas vacacións anda moita xente, pero os nosos políticos non descansan. Non sei se é verdade ou amplificación esaxerada do xornal, pero, según FV de hoxe, Domínguez (fale con el, amigo González, dealle consellos) pide 800000 euros anuais para consolidar o seu papel de teniente de alcalde, para gastos de protocolo, asesorías e representación. Estaremos de vacances (algúns/algunhas), pero alerta seguimos.
Boa sorte para Monxardín's boys and girls.
O certo é que estou algo impresionado coas previsións de gasto das novas corporacións municipais. Eu penso que os xestores públicos deben gañar, gañar ben; e que a xestión debe estar ben planificada e ben orzamentada. Pero que de doce concelleiros do PSOE en Lugo nove teñan dedicación exclusiva (un alcalde, cinco salarios do equipo de goberno, tres concelleiros por cupo) sáeme moito, por exemplo; o salario do alcalde anda preto dos catro mil cincocentos euros brutos (14 pagas), que me parece cantidade razoable; o dos concelleiros case chega aos tres mil cincocentos, e aínda xa depende. O tal reparto, aprobado en pleno polo PSOE e o PP, inclúe outras tres dedicacións exclusivas (duas PP, unha BNG) e tres parciais (a mesma distribución). Despois veñen equipos e persoal de confianza; e gastos non salariais, que non foron determinados nin sei se serán.
E Lugo, ben se sabe, non é Vigo. Obviamente, 800.000 son moitos euros, aínda que eu non podo darlles dimensión local. O que si que vexo -nalgún que outro blog- é certa obsesión co Santi Domínguez; todo é ben dicilo.
Non vaia pensar que eu poño o dedo só no amigo SD, pero o de hoxe, que é portada no FV non lle convén. Concordo con vostede na vergonza dos gastos de representación, das decisións tomadas por arbitrariedade con cartos que son de todos. A mín, os salarios dos concellais é o de menos: o de máis son os gastos incontrolabeis en protocolo, en representación, en publicidade.
Uns días antes das eleccións coincidín nun bar co actual alcalde de Vigo. Entrou pouco despois o concellal Chema Figueroa. Como estivera cheo o local, decidiu marchar, pero eso non impediu que o camareiro, de xeito extraordinario, á vista de tanto famoso, me confiara as mil e unha variedades de facer pasar unha factura dun xantar dominical coa familia coma gastos de representación coa sola modificación da data da comida para o luns. Pola boca daquel camareiro pasou boa parte da corporación saínte e algúns da entrante, coa mesma teima: non pagar cos cartos seus, senón cos cartos de todos. Eu creo que neste asunto non é que teña que haber, por suposto, transparencia: ten que haber restricción radical deste tipo de gastos. Pero non o verán os nosos ollos, amigo González.
Tén vostede o 200% de razón,senhor Arume dos pineiros.
E si sóio foran eses os cartos malgastados,aínda podíamos darnos todos cunha pedra nos dentes...
Mr Troll ágrafo
Unha cousa que me ten escandalizado nos últimos días (un escándalo, digamos, en termos retóricos) é o descubrimento en Vigo por parte do novo alcalde de que o presuposto está xa comprometido para o resto do ano. Por suposto, convén airealo, por se acaso.
Pero eu pregunto: o goberno dun concello, non é fiscalizado día a día? Non ten que dar conta con regularidade constante do que gasta e deixa de gastar? Cómo fai un goberno para evitar o control? E, en fin, onde estaba a oposición cando trataban asuntos económicos? A que veñen agora estes grititos de monxa ou monxe alporizada/o? Que a Corina gastaba máis do que tiña era visto, pero por que non o viron os opositores? Alguén mo pode explicar? Eu nono entendo.
GASTOS DESMESURADOS: O MESmo pasa en todas partes. En Ourense, o concelleiro de cultura pasábase quilómetros do presuposto asignado e sempre andaba a aumentar a débeda do seu departamento, non en cultura especificamente, senón no seu querido Festival de Cine, que proseguirá adiante.
O novo goberno non o vai ter doado. Poucos cartos e un concello inflado a gastos de persoal dende sempre. Co Auditorio, auténtica patata quente, non se sabe qué facer: gasta moitísimo máis do que ingresa. Isabel Pérez, nova concelleira de cultura, fala de implicar ás entidades privadas: o que se di sempre nestes casos, pero a cousa non debe ser tan doada.
As entidades privadas xa bastante fan con pagar os seus impostos...
A fórmula habitual é a seguinte:
Unha administración pública toma calquera iniciativa incluso as que normalmente competen á empresa privada.Fai competencia desleal cun sector privado.Perde cartos por que o fai mal.O pufo páganlho en forma de impuestos o sector privado do que déixou de ganar pola competencia desleal.E logo aínda lhe píden axuda...
Un exemplo concreto: Un concelheiro de cultura trae unha actuación digamos,dun bailarín famoso por que lhe gosta a súa mulher.20 millós dos de antes que os leva o bailarín, o axente,e sabe Dios...As empresas privadas do sector vacíanse esa noite:restaurantes,etc.Non ganan nada é logo apandan con pufo en forma de impostos.ö melhor aínda lhe piden axuda publicitária.
E van e dicen que é que quedamos moi culturizados có bailarín dos colhós...
Mr Troll ágrafo
A min o que máis me fode (e desculpen a franqueza terminolóxica) é que moitos políticos, que debían ter un escrupuloso tacto á hora de manexar os fondos públicos, poidan facer e desfacer ao seu antollo, despilfarrar aquí e acolá, pasar por gastos correntes o que son prebendas persoais ou familiares, etc. Que pase todo iso, que se saiba e que ... non pase absolutamente nada, índose de "rositas", sen ter sequera que devolver o mal gastado, o despilfarrado, o prevaricado ou o metido no peto.
E mentres os comúns dos mortais, se temos a torpeza de esquecernos de declarar ás Facendas (central, da Xunta ou municipal) unha minucia calquera, que caian sobre ti como uns buitres carroñeiros e che dean un pau (penalización ou recargo) que che deixan teso para unha tempada.
Isto, sinceramente, é unha das cousas que máis me tocan os "güevos" (e disimulen, outrvolta, a franqueza).
A franqueza para estes casos permítese e mesmo algún eufemismo como os citados. Ten toda a razón o sr. APC. O que sucede é que os que pagamos somos os burriños que non sabemos ocultar os ingresos como outros máis espabilados. E eu non me queixo que, polas miñas condicións familiares e hipotecarias, tócame a devolver e a propia Facenda mándame a cousa feita. Pero cóntolles que hai uns anos, bastantes, atrevinme a facer eu só a Declaración da Renda. E que pasou? Ó cabo duns meses chamoume Facenda para dicirme máis ou menos que me equivocara (burro!!) e que me tiñan que devolver 40.000 pts.máis (era antes dos euros). Os cartiños víñanme ben, pero durante uns días quedoume unha cara de burro...
Outro exemplo: faise un Auditorio mastodóntico e mal dimensionado con relación ó tamanho e a demanda dunha cidade.Só pra poder facturar comtra cartos públicos toneladas e toneladas de pedra de unha empresa de "casuales" conexiós cun conselheiro.O mastodonte,ademáis consume despóis unha cantidade desorbitada de fondos públicos en base ó seu desmesurado tamanho...Fodidos dúas ou tres veces...
Mr troll ágrafo
Remodelan a sede do Concello para satisfacción da alcaldesa. Chega o novo alcalde e manda parar. Agora queda baleiro o novo edificio. E os cartos gastados, ubi sunt?
E coma esto, case todo. Pero ninguén fai nada.
Un ,por ponher un exemplo,digamos ex, conselheiro que, vamos a ver como o digo,ó melhor,cobraba,cicáis,comisiós dos beneficios dunha empresa de,ponhamos, aviós que facturaban,posiblemente,por horas de voo,digamos,apagando,un suponher,incendios forestáis.Cantos máis incendios e máis dispersos máis facturación,digamos.E un suposto, digamos ,pra disenhar un acto civil de rebeldía e,ó melhor,colher as metralhetas...
Mr Troll incendiario
Dúas cousas fan falta, como mínimo, para que isto sexa unha democracia de calidade. Que todos paguen os impostos que lle correspondan. E que os políticos -e calquera cargo público en xeral- respondan, civil e penalmente, polos seus actos.
Publicar un comentario