Disimulen. Non é que me dea por facer propaganda. É só para que vexan o tipo de promocións que pode facer un xornal, disque conservador, como La Vanguardia: Lluis Llach, a banda sonora dun país. 20 libros CD (uns 190 euros compradores fóra de Cataluña).
LA BELLEZA
-
Paisaxes con música
de
Emilio Blanco "Milucho"
La belleza
Segundos fuera (1989)
*Luis Eduardo Aute*
Hace 5 días
8 comentarios:
É para facerlle a competencia a "El Periódico", que sacou unha recopilación de CDs de Joan Manuel Serrat. Setembro, mes dos divorcios, dos propósitos de enmenda e dos fascículos.
Por certo, que lles está parecendo a coleción que está sacando La Voz sobre a historia de Galicia?
Eu de momento collín os 3 primeiros tomos, pero sen moito entusiasmo. Nos dous primeiros o material está republicado xa en varios traballos que xa tiña. O de América paréceme máis interesante. Pero o lanzamento pareceume fatal. A edición de LVG pobre, pobre de deseño e ilustracións. E por riba o domingo lanzan tamén o Larousse como promoción: creo que pouca xente vai seguir a Historia ata o final.
Eu collín só o tomo que agasallaron, e, en efecto, é material requetepublicado. Os outros dous non os vin. Algúns tomos serán novidosos como síntese (por exemplo, o de Núñez Seixas sobre a emigración), outros serán simple repetición do xa publicado.
Dá a sensación de que é un proxecto algo apresurado e, desde logo, moi pobre (cutre) de deseño e ilustracións, como di Marcos.
Eu mercarei algún tomo cando me interese e sempre que me acorde. Dos demais paso, que apenas queda espazo onde colocar máis libros.
A mín unha cousa que me chama a atención é a liña editorial de El correo gallego coa leve pero clara inclinación dos seus columnistas cara a dereita e a paralela (traducida, ma non troppo) de Galiza Hoxe coa tamén leve e tamén clara tendencia dos seus columnistas cara ao nacionalismo. Unha mesma cabeceira para dúas concepcións da política galega. Ou tal vez unha mesma escaleira.
Obviamente, non só nos columnistas, senón tamén na liña editorial (deseño de portadas, tratamento dos contidos, liñas e estratexias informativas, etc.), en pouco se parecen ECG e GH. Para Caetano Díaz, o director de GH, debe ser toda unha sorte gozar desa liberdade (quizais pola menor difusión do xornal en galego). PERO esperemos que dure moito.
En relazón a Historia de Galicia da Voz,se é material requetepublicado quere decir que é unha obra meramente divulgativa.Polo tanto,axeitada ós que non teñen ese material requetepublicado coma mín,por exemplo.Vóuna coleccionar.
Eu tamén a estou co9leccionando. Ao non dedicarme profesionalmente á historia, este tipo de grandes sínteses, loxicamente feitas a partir de materiais xa coñecidos, a min véñenme moi ben. E supoñpo que para a maioría dos lectores tamén será algo novidoso. Estou de acordo coas súas críticas ao deseño, convencional, vello, pouco profesional, desmañado. Non entendo como non se esforzaron un pouco máis...
O que escribe Barreiro é exactamente o mesmo texto que xa publicou catro ou cinco veces noutras tantas obras de síntese.
Publicar un comentario