Drama e traxedia.
Pan por Pan xoves 11 outubro
Falamos onte dos bechos que nos rodean e quedamos en que hoxe lles falaría da leoparda e o babuino. Non, non se trata dunha fábula nin dunha lenda oriental (hainas preciosas). Trátase de que tecleen en San Google as palabras “leoparda” e “babuino”: o primeiro que encontrarán é un vídeo de National Geographic que ben pode cualificarse de impresionante. Non lles conto de que trata: mellor que o descubran vostedes mesmos. Só dicirlles que ten os ingredientes todos do drama e a traxedia clásica: violencia, sangue, medo, amor, supervivencia, tenrura, etc. E logo virán as preguntas. Como estas: Podemos afirmar con seriedade que os animais carecen de sentimentos? E logo non soñan coma nós? Podemos manter imperturbable a nosa visión androcéntrica que nos sitúa no centro do universo, á marxe dos animais e do resto dos seres vivos que nos acompañan nesta viaxe?
4 comentarios:
Volvo recomendar este libro,do que xa contéi algunha vez que me encantóu cando adolescente.O seu autor foi Premio Nobel no 1973.
O ANEL DO REI SALOMÓN
Está moi ben eso de "visión androcéntrica",pero as feministas vanlle esixir inha visión "ginecéntrica" (maxino que non "xinecéntrica",que ven do grego,non do latín)
A leoparda levando ao babuino con sumo cuidado e dous chóferes de autobús levando bébedos a uns cativos. Sen dúbida, hai que aprender moito.
Boeno,é que era leoparda,non leopardo.Se o chófer fora choferesa,era diferente,como din en Portugal...
Publicar un comentario