Dende esta noite e ata o domingo andarán por terras ourensás un amplo colectivo de xornalistas galegos e españois, nun encontro organizado pola Federación de Asociaciones de Periodistas de España e a Federación Galega de Asociacións de Periodistas.
Os actos están concentrados en Ourense, Celanova (venres 12), Allariz (sábado 13) e Ribadavia (domingo 14), con intervencións de Fernando González Urbaneja (presidente FAPE) e outros xornalistas (entre os promotores galegos está o amigo Luís Menéndez Villalva, que nos convidou a participar). Haberá tempo para unha visita guiada ó barrio xudeu de Ribadavia e para dúas breves charlas sobre "Curros xornalista" (que impartirá Marcos Valcárcel, Celanova, Casa de Curros, venres 13, 13,30 h.) e "Vicente Risco xornalista" (Fundación Risco, día 13). (Adxuntamos programa completo en Comentarios)
6 comentarios:
FEDERACIÓN DE ASOCIACIONES DE PERIODISTAS DE ESPAÑA (FAPE)
FEDERACIÓN GALEGA DE ASOCIACIÓNS DE PERIODISTAS (FEGAPE)
ENCONTRO OURENSÁN
OURENSE, CELANOVA, ALLARIZ, RIBADAVIA
12, 13, 14 OUTUBRO 2007
Xoves 11/10 – Jueves 11/10:
-19.00-20.00 h Chegada dos participantes ó Balneario de Laias (rúa Vía Termal, 1 - Ctra. N120, Laias-Ourense)
-21.00 h Presentación oficial: Recepción no Salón Nobre do Concello de Ourense
-21.30 h Cea no Liceo Recreo Ourensán
Pernocta: Hotel Balneario de Laias
Venres 12/10 – Viernes 12/10:
-10.30 h Recepción no Concello de Celanova
-11.00 h Sesión de traballo das executivas de FAPE e FEGAPE na Fundación Curros Enríquez
-13.30 h Charla sobre Curros Enríquez na súa Fundación
-14.00 h Xantar de autoridades, congresistas e acompañantes en Celanova
-16.30 h Visita guiada ó Mosteiro de San Salvador de Celanova
-22.00 h Cea de autoridades, congresistas e acompañantes en Ourense
-Pernocta: Hotel Balneario de Laias
Sábado 13/10 – Sábado 13/10:
09.30 h Sesión de traballo da Comisión de Garantías e Asuntos Profesionais (FAPE) no Balneario de Laias
-11.00 h Rolda de prensa de Fernando González Urbaneja, Presidente de FAPE, e directivos FAPE-FEGAPE no Centro Caixanova (Ourense)
-12.00 h Visita ó diario La Región (Polígono de San Ciprián)
-13.30 h Recepción no Concello de Allariz
14.00 h Xantar de autoridades, congresistas e acompañantes en Allariz
-16.00 h Visita ó casco monumental de Allariz e á Fundación Vicente Risco
-17.00 h Charla sobre “Vicente Risco, xornalista” na súa Fundación
-22.00 h Cea de autoridades, congresistas e acompañantes en Ourense
-Pernocta: Hotel Balneario de Laias
Domingo 14/10 – Domingo 14/10:
-10.30 h Visita ás instalacións das Adegas Viña Costeira (Ribadavia)
-12.30 h Recepción no Concello e visita guiada ó Barrio Xudeo de Ribadavia
-14.00 h Xantar de autoridades, congresistas e acompañantes en Ribadavia
Entidades colaboradoras: Xunta de Galicia-Consellería de Innovación e Industria, Deputación de Ourense, Inorde, Concellos de Ourense, Celanova, Allariz, Ribadavia, Fundación Curros Enríquez, Fundación Vicente Risco, Caixanova, Caixa Galicia, Bodegas Viña Costeira.
A estes xornalistas profesionais, ademais da morea de millóns que reciben como subvención das arcas públicas, tamén lles sufragan as paparotas e as viaxes turísticas.
E logo quéixanse da profesión!
Chamóu o periodista ,por Nadal,ó embaixador inglés nos EE UU:
-¿Qué lle gostaría por Navidad,embaixador?.E sexa xeneroso consigo mesmo,que o merece.
-Boeno,eu non preciso de nada,pero por decirlle algo,gostaríame recibir unha caixa de bombós.
Ó outro día sae na prensa unha reportaxe coas fotos e respostas dos diferentes embaixadores:
-España: Paz no mundo,prosperidad prá todos,etc...
-Francia: Fin das guerras,etc...
-(Outros países,igual, etc...)
-Inglaterra: unha caixa de bombós.
Mentres uns van de turismo e paparotas, na RTVG o panorama está que arde.
Co permiso de don Marcos e de Don Perfeuto, pego ligazón co blog de Perfecto Conde:
O affaire Carlos Vázquez
E haberá ocasión de coñecer / ler / escoitar a tua participación? (non sendo alí, claro).
Pois non vai ser doado, querida amiga Torre de Babel, porque non levarei a miña intervención por escrito, redactada. En calquera caso empregarei datos e citas doutros traballos meus xa publicados e que espero colgar cedo nunha web que me andan a preparar.
Publicar un comentario