11 oct 2007

en poleiro alleo

no xornal Galicia Hoxe (11 outubro), Suso de Toro, na Revista das Letras, converte un infarto en literatura
e interesante entrevista co politólogo José M. Rivera:

Diso pódese tirar que Galicia é unha nación?
Galicia é culturalmente unha nación. Pero hai que deixar claro que ser unha nación no século XXI é moi diferente ao que eran as nacións no XIX. Non é nación porque teña un sistema político propio, senón porque ten elementos de lingua, de cultura, de identidade, de vontade de construción de país que a posibilitan para selo, pero non no sentido nacionalista.

¿De nación igual a estado?
Claro. Non no sentido de que nación significa algo que vaia máis aló da construción do país pola súa cidadanía. Nación no aspecto construtivista da identidade, que non anula que España sexa tamén unha nación, e un poida sentirse que é, ao mesmo tempo, membro da nación española e da nación galega.
Nación no sentido das identidades compartidas e non exclusivas.
(...) (...)
Galicia superou a mentalidade de sociedade dependente e subvencionada?
Este é o gran reto do país, e estámolo superando. En 2006 creáronse 35.000 postos de traballo e este ano o dobre. Cada creación dun posto de traballo é unha expresión de confianza do país en si mesmo. O depósito de confianza da xente no futuro de Galicia é maior hoxe que o que houbo en toda a súa historia. Temos que facer un esforzo para que os nosos mellores recursos humanos non emigren. Crear un espazo competitivo para os sectores económicos máis potentes. Ir a un sistema produtivo de maior calidade, que dea máis valor ó coñecemento e innovación, que permita que estas xeracións moi formadas teñan o seu sitio en Galicia. O gran salto que vexo é o interese das institucións para que o país sexa o motor do propio país.

¿A sociedade galega é máis progresista que conservadora?
Non teño ningunha dúbida: Galicia é máis progresista que conservadora. Os emprendedores e os mozos son máis progresistas que conservadores.
¿Que transcendencia teñen na rúa os conflitos que xorden entre os socios do Goberno?
Teñen unha transcendencia menor. En todos os gobernos sempre hai un grao de conflito interno. O Goberno do PPdeG era monocolor, e o seu nivel de crise foi alto e chamativo.

36 comentarios:

Anónimo dijo...

Máia que convertir un infarto en literatura, para min é moito mellor convertirr a literatura en infarto. Non é este o caso.

Anónimo dijo...

Máis que...

torredebabel dijo...

é unha historia arrepiante cun remate arrepiante. Estou a ler, neste momento, as "Conversas con Suso de Toro" e ainda non entendo como é que hai xente que pode darse o luxo de criticar a calidade da súa obra. Pero bueno, imaxino que levan a razon os que din que para gustos están as variedades.

Anónimo dijo...

É ben fácil de entender: porque hai xente á que non lle gusta. ¿Será delito?

Anónimo dijo...

Aquí, neste blog, xa se formularon razóns argumentadas sobre a escasa calidade da escrita de Suso de Toro. Pode un estar ou non dacordo, pero non é un luxo criticar, amiga Torredebabel. A pesar de que a maioría, polo que se ve polo índice de ventas, pensa que é un grandísimo escritor, digno de figurar no canon da literatura galega contemporánea se mesmo miramos os programas de estudio.

Anónimo dijo...

A min o que escribe ou ben non me gusta ou ben me deixa indiferente. Tamén é certo que non lle lin a última novela. Pero se a experiencia previa me indica que seguramente non me pague a pena lela, o normal é que non a lea.

Que non sexa un escritor do meu agrado (e doutros), non implica que non poida ser loado por outros, xaora.

Pero criticar non é un luxo, senón, se cadra, unha necesidade. Claro que a perspectiva da amiga Torre de Babel desde Buenos Aires é ben outra, e é normal que así sexa: todo o que se fai desde Galicia e en galego parécelle ben. Quizais se vivise aquí e tivese un coñecemento máis día a día, apreciaría a necesidade da crítica.

Anónimo dijo...

Suso de Toro non luciu en certos debates mediáticos; por esa mostra o del non parece ser a retórica, certamente. É capaz de escribir e publicar cousas mediocres coma "Morgún"; pero non me parece moi lóxico estimar globalmente mediocre a quen escribe "Trece badaladas".

Arrimouse, tempo hai, a un sol prisático que quenta moito. Polo efecto das vendas, supoño, gozou dunha promoción editorial que non outros. Supoño que de aí vén algunha animadversión e crítica de parte que o estima sobrevalorado. A min paréceme autor estimable.

Anónimo dijo...

Hoxe remata o San Froilán; non dispoño, logo, de tempo para ler a entrevista ao politólogo. Con respecto á parte que o dono da casa marca en negra, lembro -e o propio dono, sen dúbida, tamén- que alguén fixo a campaña electoral do 89 baixo o motto "Galicia non é un país conservador". E aínda que Fraga gañou aquela elección por un, eu penso que Camilo Nogueira tiña e ten razón; aínda que para explicalo habería que lle dar algunha volta ao termo.

Pero eu voume de festa.

Anónimo dijo...

Vaia,X.M.Glz,eso de "baixo o motto" é moi alemán.Eu sempre oín "under das motto...",pero veño de comprobar en google,que hai máis entradas con "auf das motto..."


(Cada cousa que escriben vostedes,por un motto ou por outro,fáime ir a San Google a aclarar cousas)

Anónimo dijo...

Vaia,hai moitas éntradas tamén con "under motto".Debe ser a mellor.EStá claro que as preposiciós volven tolo a calquera en calquer idioma...

Anónimo dijo...

Joer,qué parvo,"under motto" é inglés.A sesta deixóume "grogi"

Anónimo dijo...

E tamén se pode decir "nach dem motto" e "under dem motto" (este debe ser o bó), en "Deutsch".Será mellor que deixe o tema...

lourixe dijo...

Señor Xoan da Coba, a preposición que vostede busca en alemán é "unter" con T.
Señor González, despídame vostede do San Froilán se me fai o favor, que por mor do traballo estou lonxe da terriña!

Anónimo dijo...

Ao amparo da entrevista con Xosé Manuel Rivera, alias "Petene", ¿que me din vostedes do estrepitoso, rotundo e implacable fracaso da convocatoria de Rajoy á "guerra das bandeiras" en Galicia?
Non sei que ocorreu en outros lugares, pero hoxe peguei unha boa volta polo centro de Vigo -lugar de tradicional dominio electoral pepeiro- e non puiden contar máis de unha ducia de bandeiras. E iso que percorrín as partes baixas (con perdón) de Gran Vía e Urzaiz, Colón, Policarpo Sanz, Reconquista, Praza de Compostela, Areal, Rosalía de Castro, Canceleiro, García Barbón, Alfonso XIII, Uruguai e Cervantes.
Seica á "xente normal", esa que Rajoy invoca con tanta frecuencia, non lle parece nin "normal" nin desexable tanta estupidez. A ver se vai ser Rajoy o que non é normal...

Anónimo dijo...

O PP ten un problema básico: ter a sede na rúa Génova, a poucos pasos de Colón e da sempiterna zona nacional, que parece gustarse nese papel. Se es un dirixente do PP e andas sempre por eses lares, o máis doado é ter esa visión anana do mundo. Con viaxar un pouco, mesmo por Fuencarral, xa lles pode valer.

Anónimo dijo...

A desmesura impostada do PP ten o seu prezo: que cada vez haxa máis xente non o tome en serio.

A pateticamente solemne declaración de Rajoy significa un punto de non retorno na dereita extrema española cara unha marxinación política que o vai incapacitar para gobernar cando menos un lustro máis.

(que deus me oiga, que deus me oiga)

Anónimo dijo...

Lourixe,non son nada sen vostede.Claro que é "unter",joer.(Por outra parte,como estes carallos pronunzan igual o "t" que o "d"...)

(Onte tiven cea de borrachos,hoxe festas de "Pilares",mañán a boda dun familiar moi próximo,estóu cheo de alcohol,resacas e sen ganas de durmir...)

Anónimo dijo...

O Mariano Rajoy inicióu fai tempo un periplo consistente en magnificar o que coloquialmente se chaman "chorradas".Desgrazadamente non é o único...

Anónimo dijo...

E que hai de certo niso de que Suso de Toro vai escribir un libro sobre Zapatero.
Por certo, a história de Trece Badaladas e a de Non volvas a min non me pareceron nada novedosas. Se cadra gustei máis de Calzados Lola.

Anónimo dijo...

Que lles parece este decálogo de características do galego e da galega, segundo González Laxe?

1.Ser gallego significa estar dotado de una complejidad psicológica notable. Oscilamos desde la exaltación abierta de nuestros sentimientos hasta el otro extremo, el cerrarnos en nuestras propias coordenadas. En principio somos reservados y seguros, pero enseguida, expresivos.

2.Tenemos una fe especial, pues creemos en el más allá, aceptando las normas tradicionales, y también compartimos creencias basadas en las supersticiones, construidas y trasmitidas en las leyendas.

3.Somos expertos en el arte de la relativización. Dominamos las "zonas grises", de la misma forma que poseemos los rasgos más adecuados para ser elásticos y poliédricos, características no practicadas en otras culturas.

4.Estamos dotados de una gran carga telúrica, por lo que somos acérrimos defensores del medio ambiente y de los valores que encierran la tierra, el mar, el aire y el fuego.

5. Solidarios hasta el final y generosos con el próximo (incluso con el desconocido), ejercitamos un gran desarrollo de los conceptos de ayuda, cooperación y hospitalidad.

6.Previsores en los cálculos económicos antes de adoptar decisiones. De ahí, nuestra capacidad de asumir riesgos y de atesorar riquezas materiales e inmateriales. Somos grandes estrategas de la gestión y del posicionamiento.

7.Nuestras relaciones sociales afirman y solidifican tanto las instituciones familiares como los círculos de amistades. Estos dos ámbitos gozan de las mayores dosis de legitimación y de respeto. Romperlos resulta peligroso.

8. Atesoramos claves y códigos propios que trasmitimos de generación en generación. Reforzamos nuestra identidad diferenciadora frente a las inercias globalizadoras que intentan la homogeneización y la estandarización.

9.Gran capacidad de resignación, lo que no invalida la fortaleza y la energía de la acción frente a la injusticia, la agresión o la alteración de lo que llamamos "o noso".

10.Orgullosos de ser como somos, de pertenecer a un país y de defender "o noso" en lo tocante a cultura y tradiciones, estamos dotados de gran capacidad de resistencia, llegando incluso al enfrentamiento en dicha defensa.

Marcos Valcárcel López dijo...

Interesante decálogo, aínda que non creo moito nisto dos caracteres xerais dos pobos e das xentes. Polo que a min respecta, debo ser bastante galego nos puntos 1, 3, 4, 8, 9 e 10. Nada galego no punto 6 e dubidoso ou prefiro non opinar nos 2, 5 e 7. Pero, en fin, as seis primeiras coincidencias (dun total de dez) debe querer dicir que algo de certo hai en todo isto...

Anónimo dijo...

Pois ten vostede, amigo Valcárcel, un 6,5. Dalle para aprobar, pero olliño para a vindeira avaliación.
Para mín, de tódolos xeitos, como plantexaban Lula Fortune ou Brassens noutro post a propósito da fascistada de Rajoy, o decálogo tamén vale para configurar a psicoloxía colectiva (de existir tal cousa) doutros paises.

Anónimo dijo...

Non sabía eu destes exercicios de galegoloxía a cargo de González Laxe, tan racional e tecnólatra. ¿Seguro que iso o escribiu el?

Anónimo dijo...

Sinceramente, coido que González Laxe é mellor economista (e non foi mal presidente da Xunta, malia a brevidade do periodo de goberno) que antropólogo. Iso de ter columna fixa nun xornal obriga ás veces a enchela co primeiro que a un se lle ocorre, e as ocorrencias non sempre son brillantes. En fin.
Canto á entrevista co tal Petene, non está mal. Non son ideas súas (non é, na medida en que sei del, politólogo prolixo en ideas orixinais), pero está ben saber que sabe facer algo máis que conspirar e facer prognósticos que polo xeral se trabucan (como, por exemplo, para as municipais). Porque, atención: eís un dos persoaxes máis siniestros do Goberno da Xunta. Pero é infindamente máis listo que outros que se adicaron a ameazar por teléfono e a discutir con policías, e así lles foi.

Anónimo dijo...

Non deixa de ser altamente curioso que Losada e Petene (ou Petene e Losada) procedan os dous da facultade de políticas e aupados como profesores titulares cun currículo máis ben magro.

Anónimo dijo...

¿Petene "siniestro"? ¿E logo que fixo para merecer calificativo tal? A min paréceme home de trato moi agradable, con sentido do humor, intelixente e construtivo, moi pouco dado á animación sectaria. Outra cousa é que falle nos prognósticos electorais. Pero iso pásalle a máis de un...

Anónimo dijo...

A min contáronme hai dous ou tres anos que Petene tiña alucinados aos de Ferraz pola súa capacidade prognóstica.

O que non está nada claro é se iso fala ben de Petene e mal dos de Ferraz... ou viceversa.

Anónimo dijo...

Leituga 1: Santa Lucía lle conserve a boa vista. Ou a inocencia. O apicultor dá no cravo. E fontes moi autorizadas do propio PSdG van moito máis lonxe nos cualificativos. Ou exalumnos de Cc. PP., que escacharon da risa ao leren a entrevista co grande "intelectual". Si, en tempos o tal Petene gozou dalgún predicamento en Ferraz. Mais semella que todo tempo pasado foi mellor.

Anónimo dijo...

Pero algunha cousiña concreta seguro que poderá contar, amigo Isildur. Cambiando nomes, escenarios e todo iso, tal como fan nos telefilmes ianquis.

Anónimo dijo...

Non sei se será cousa de boa vista ou de inxenuidade. Vostede sabe tan ben coma min, amigo Isildur, que non hai ninguén sobre a faz da terra que lle caia ben a todo o mundo, agás Nelson Mandela. Eu non digo que Petene sexa Mandela, claro, pero si que non é pouca a xente que o aprecia. Polo menos tanta como a que non lle ten estima. Cuestión de opinión, supoño, non de vista.

Anónimo dijo...

Ao respecto, lembro unha desesperada canción de amor de Les Luthiers:

Te amo,
te quiero,
bueno, en realidad,
te estimo... bastante.

(ou algo así)

torredebabel dijo...

sinto responder tarde ao amigo apicultor, pero quixera dicir que certamente leva vostede a razón, a miña perspectiva, dende Bos Aires, faime ter unha ollada lóxicamente diferente á que tería ou podería ter se vivise alí. Pero diferente non quere dicir que vexa ben "todo o que se fai desde Galicia e en galego".
Dende logo, cada quen gosta ou non gosta das manifestacións artísticas e con toda xustiza pode parecerlle ben ou mal o que Suso de Toro (e calquera) escribe. Non falaba diso eu, senón dunha certa afición á crítica pola crítica mesma que -a falta de argumentos (e non falo destas tertulias, dende logo)- critican as gafas, as roupas, ou o horóscopo dun autor á que moitas veces nin sequera leron con atención.
O que dicía ao comezo, opino dende a Arxentina. E iso non me fai menos rigorosa. Todo o contrario.

Anónimo dijo...

Eu, de momento, nunca critiquei a ninguén pola súa roupa ou polos seus lentes. Aínda que todo se andarará.

Por certo, SdT ten uns lentes escuros que...

Anónimo dijo...

O Suso de Toro non escribe mal. O que pasa é que aínda non sabe empregar a elipse.

Anónimo dijo...

A mín chamúme a atención o outro día un detalle.Iba camiñando pola rúa e vin dentro dunha desas furgonetas de empresas contructoras ,entre ferramentas,facturas,etc.,un libro pegado á parte interna do parabrisas.Un albarán doblado facía de marcapáxinas.Era o das badaladas,de SdT.

Por certo non séi se "parabrisas" se dí así en galego.Os ingléses e os americanos chámanlle diferente.Xa saben o chiste:

Un inglés e un americano van nun coche e pónse a chover.Dí o "yanqui":
-Con tanta chuva,non podo ver polo "winshield".
-Dirás "winscreen"-dí o inglés-.Fomos nós os que inventamos a língua.
-Digo "winshield".O automóbil inventámolo nós.

Anónimo dijo...

Qué trapalleiro son.Xa saben que bén escrito é "windscreen" e "windschield".