24 oct 2007

Máis medo.
Pan por Pan mércores 24 outubro
(Foto: Mario Cravo Neto, Brasil)

Tamén meten medo estas imaxes de TV: nun tren de Barcelona, un skinhead pega brutalmente a unha moza ecuatoriana, menor, patadas na cara, nos peitos, todo ante a indiferenza doutros pasaxeiros e sen soltar o agresor o seu móbil nin deter a conversa: de que estaría a falar o monstro?
Os que traballan teñen medo de perder o traballo, escribiu Eduardo Galeano. E os que non traballan teñen medo de non encontrar nunca traballo. A democracia ten medo de lembrar e a linguaxe ten medo de dicir. Os civís teñen medo ós militares, os militares teñen medo á falta de armas. As armas teñen medo á falta de guerras. É o tempo do medo. Medo da muller á violencia do home e medo do home á muller sen medo”, remataba o autor uruguaio.
E tamén me asusta, a min cando menos, a ignorancia ou provocación chulesca: Rajoy, por exemplo, cando nega o cambio climático.

26 comentarios:

Anónimo dijo...

O "mellor" foi o comentario que fixo despois diante da prensa. "La culpa fue del alcohol...".

Marcos Valcárcel López dijo...

As declaracións deste "elemento", co seu estilo chulesco, son tan deplorables como as súas patadas. Insiste moito agora en que el non é racista e a agresión non foi por iso: algún avogado debeulle recomendar esa liña, porque creo que está máis castigada unha agresión como delito racista que á marxe desa condición, non?

Mr Tichborne dijo...

A conversa telefónica si que se oiu, e tamén era de tinte racista: algo sobre mouros e negros.
Agardo que faga moitos amigos "íntimos" na cadea. Branquinhos, iso si.

Anónimo dijo...

Chegáronme por diversas vías (debe estar de actualidade) as declaracións do xuíz de menores de Granada, Emilio Calatayud. Home simpático e campechano, que sabe transmitir, ainda que non comparto cegamente todas as súas ideas.Pero canto menos, é interesante escoitalo. Remataba unha cita de B. Brech (creo que non é de Brech senón de Martin Niemöller, pero iso é o de menos) na que quedei pensando despois de ver a noticia en cuestión:
"Primero vinieron a buscar a los negros, y yo no era negro así que no hablé.
Después vinieron por los socialistas y comunistas, pero no era lo uno ni lo otro así que no hablé.
Después vinieron a por los judíos, pero yo no era judío así que no hablé.
Y cuando vinieron a por mí ya no quedaba nadie que pudiera hablar."

Anónimo dijo...

Non sei se estou ben informado, pero a fiscal que tomou o caso ao principio definiu os feitos como falta. Non entendín ben á fiscal xeral de Cataluña cando afirmaba que a tal fiscal andaba con outras cousas e que non tivo tempo para mirar o tema. Quixo a fortuna (e algo máis, porque non sei se, de poder, alguén obstaculizaría a súa emisión) que houbera cámaras para que a indignación fora evidente. Que podería ocurrir se non houbera cámaras? O tipo estaría pola rúa; a rapaza, sospeitosa, porque denunciar denunciou, e mil cousas máis. Impunidade, en definitiva.
Hoxe mesmo en Vigo hai en riba da mesa unha denuncia dun matrimonio de ecuatorianos contra un policía local que os detivo con varias acusacións (entre outras, resistencia á autoridade), pero sobre todo con violencia e con mostras de racismo. O alcalde anunciou indagacións, pero non había cámaras. Hai anos a policía local deu un "paseo" polos montes a un senegalés para mallar nel. Por iso, foron condenados á cadea, pero foron rehabilitados pola anterior alcaldesa, co beneplácito de boa parte da cúpula policial. Quen vai poñer freno a estas cousas? Parece mentira que aínda teñamos que explicar as cousas máis obvias, amiga Lula.

Marcos Valcárcel López dijo...

LA VANGUARDIA informa hoxe con bastante detalle, case tres páxinas e editorial. Seica a fiscal non acudiu á declaración porque estaba nun caso de narcotráfico e tampouco o xulgado e garda de Sant Boi a reclamou, como se fai nos casos graves. Seica nesas aínda non viran a gravación, esa é a excusa do xuíz. Por iso non se impuxeron medidas máis coercitivas co mozo-monstro.

Marcos Valcárcel López dijo...

O mesmo xornal trae unha reportaxe con entrevistas a especialistas para "explicar" por qué a outra persoa que ía no vagón non fixo nada e, máis aínda, torceu a cara e nin sequera acudiu a auxiliar a moza cando o racista xa marchara. Fálase de medo, covardía, insolidariedade e dunha sociedade egoísta de mozos "con dificultades para conectar cos sentimentos e problemas dos demáis".
Por certo, o presidente ecuatoriano tomou o caso como propio (está de visita por Europa), mandou á ministra de Exteriores a Barcelona e queren contratar a un equipo de avogados para personarse na causa. Esperemos que o mozo-monstro non se saía "de rositas" deste tema.

Marcos Valcárcel López dijo...

Outro dato. Insistindo. As cidades españolas con máis ataques xenófobos: Madrid, Barcelona, Valencia e Zaragoza.
Hai entre 11 mil e 15 mil mozos militando en bandas racistas de ultradereita, potencialmente moi agresivos.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Caso Vigo

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Máis sobre o mesmo caso de Vigo

Anónimo dijo...

Non hai enlace a esas páxinas, amigo Arume.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

http://www.lavozdegalicia.es/vigo/2007/10/24/0003_6254540.htm
http://www.lavozdegalicia.es/vigo/2007/10/24/0003_6254541.htm

Anónimo dijo...

Se non o pon ben os enlaces para que poidamos entrar comodamente desde aquí, esquézase do tema, amigo Arume.

Anónimo dijo...

O peor non é se o mozo-monstro se deixóu levar polas súas particulares visceras,senón polo cerebro ocupado por algunha ideoloxía extrana...

Marcos Valcárcel López dijo...

De certo a policía local de Vigo xa non ten boa sona en casos de racismo: supomos que serán individualidades, non o corpo enteiro.
Na radio escoitei ó concelleiro Xulio Calviño dando por boa a tese da policía, que nega todo o dito polo matrimonio de ecuatorianos e aínda di que foron estes quen ameazaron ós policías. En que quedará todo isto? O malo é que a versión dos ecuatorianos, escoitada na tele e radio, e as frases que din que escoitaron son abondo verosímiles, por desgraza.

Xaime dijo...

Cónstame que casos como este hainos a montón a diario en toda Europa, pero a diferencia con éste e que foi gravado e o besta parda foi collido na hallada.
Debaixo de moitas aparentes peleas entre rapazes subsiste o racismo e a xenofobia, pero tamén hai moito matonismo, falla de valores e sobor de todo de educación.
Púxeronme os pelos de punta as imaxes, pero sobor de todo a do expectador inmóvil e cobarde

Anónimo dijo...

Dá medo pensar en que fomos gobernados por este fascista:

No se es español a tiempo parcial. España además de un deber, es una pasión y un sentimiento hondo. No se es español por horas o a tiempo parcial, aunque no siempre estemos pensando en España. (Bien es verdad, Santiago, que lo solemos hacer menos de lo necesario). El ser español lo impregna todo, así de poderosa es nuestra nación. Si llegase a estar en peligro, sería tu propia entidad individual la que estaría en riesgo.

Anónimo dijo...

Perdón: extractos do último libro de Aznar, non sei se escrito por el ou por Sánchez Dragó.

Anónimo dijo...

Ou polo "negro" do Dragó.

Anónimo dijo...

Curriculum do cuñado de Rajoy para a Cidade da Cultura

Anónimo dijo...

Estou negao. Pero non renuncio.
Curriculum do cuñado de Rajuá

Anónimo dijo...

Creo que habería que cambiar o sistema de bolsas e emprego público de arriba abaixo, abaixo arriba e tamén polo medio.
Madia leva que os políticos se queixen de que non teñen credibilidade. Como di meu pai, "Aquí o que non rouba é parvo... e hasta tes menos amigos"

Anónimo dijo...

Un currículum tan extraordinario, tan completo, tan idóneo para o cargo, que desde logo deixa o seu, Arume, ou o de calquera outro, á mesmísima altura do betún.

Non se pode dubidar de que nel se reunían as condicións de mérito e capacidade.

A interrogante está en de qué mérito e de qué capacidade se trataban.

Quizais o contrataron porque os da parte contratante da primeira parte tiveron a "honestidade" de recoñecer a valía dos seus argumentos.

Anónimo dijo...

Amigo Swann, sobre o que vostede comenta dos políticos, a foto da portada de EL PAíS de hoxe co parlamento baleiro, agás unha deputada do PP e o ministro de Economía na tribuna ás 14.15 da tarde, é ben elocuente do respeto que teñen os nosos representantes cos seus representados. E non esquezamos que eran os Presupostos do Estado para o ano que ven: vaites, pataca minuta. Pero xa se sabe: eso non dá rédito electoral. Para que van sentarse alí?
Por certo, o irmán pequeno do ministro morría nesa mesma mañán e o tipo estaba alí defendendo o seu traballo. Ao César o que é do César.

Xaime dijo...

Sabe unha cousa, Arume, cando se sacou esa foto xa estaba todo rematado, votado e amañado, nunca millor dito.
Por certo, pregunto, saben vostedes, cantas emendas do PP, se aceitaron nos presupostos de Zapatero-2007.
Eu constato que por media nos presupostos dos Gobernos de Aznar 96 a 2003, foron admitidas 10 emendas parciais do Grupo Socialista os presupostos, incluido no período de maioría absoluta, sendo a máis importante a que derogaba o famoso decretazo laboral do 2001.

Anónimo dijo...

Home, xaime, non lle vou discutir ese dato. Douno por certo simplemente polo feito de que o dea vostede. Pero se o que quere exemplificar con iso é unha especie de "rodillo socialista" nesta lexislatura, non estou de acordo. O PP foi desta vez "o partido do non". Fíxese vostede como andan institucións como o poder xudicial ou o Constitucional (un caso gravísimo). E que me di da negativa a tocarlle nin unha "coma" á Constitución, nin sequera na reforma do Senado, que probablemente aminguaría moito a posibilidade de arbitrariedades nas negociacións bilaterais entre Goberno central e CC.AA., esas das que tanto se queixa o PP. O único no que accedeu o PP a pactar foi no nomeamento do novo director xeral de RTVE. Polo demais, cero.