24 nov 2007

viños galegos
Apoiamos esta campaña en favor da etiquetaxe en galego dos nosos viños, impulsada pola Asociación de Funcionaria pola Normalización Lingüística. Xa nos chegou antes a mensaxe (grazas, Pepe), pero non logramos colgala no blog ata que nos chegou por esta vía, en imaxe do boletín dixital da Fundación Carlos Casares.

36 comentarios:

Anónimo dijo...

Non pide que se etiquete en galego, senón que merquemos viños que leven a etiqueta en galego, que é un pouco distinto. Espero que o teor da campaña seduza aos adegueiros, pero moito me temo que aos bebedores non tanto.
Unha pregunta que sempre me fago nestes casos é se quen fai a campaña coñece máis ou menos a resposta do público. Eu moito me temo que non. Pero eso daría para outro debate.

Anónimo dijo...

Pois como non seduza ós bebedores,os adegueiros,xa me entende...

Anónimo dijo...

Ó segundo parrafo do seu escrito,Arume d.p.respóstolle recordándolle que todos eses "xenios" adoitan a estar bén bregados na dinámica do mercado e non comportamento REAL dos consumidores.Demostraron a súa valía no mundo da empresa privada en situaciós altamente competitivas,etc.Ningún é funcionario.
Agora,déixeme rir un pouco...XDDD

Anónimo dijo...

E que fai a Fundación Casares facéndolle propaganda aos viños galegos? Non terá outra cousa da que informar? Non entendo nada.

Anónimo dijo...

Eu xa bastante patria galega fago chapando de cando en vez algunha botelluca de asilvestrado Riparium (o branco; o tinto deixémolo prás ensaladas)

Marcos Valcárcel López dijo...

A Fundación Casares apoia unha campaña en favor da normalización do idioma galego, tamén en asuntos coma este, que son máis importantes do que algúns pensan. E fai ben.

Anónimo dijo...

Poñer en duda a súa eficacia non quere decir que non se considere importante o fin perseguido.Ó mellor todo o contrario.

Anónimo dijo...

Como sinala Xohan da Coba, ao mellor unha pequena subvención aos bodegueiros que poñan as etiquetas en galego sexa máis efectivo que depender da vontade galeguista dos bebedores.
A xente, polo de agora, compra (e bebe) o viño que lle gusta por moitos factores, entre eles o deseño do etiquetado, aínda que pareza marxinal. E pode ser que algún compre por velo escrito en galego. Pero non estou seguro de que ese (creo eu pequeno) número de xente seduza aos bodegueiros para imitalo. Ao mellor esta pequena polémica aínda pode animar máis cá propia campaña. Polemicemos (con em, no con in), logo.

Anónimo dijo...

Hai que ser prácticos, arume. Deixémonos de subvencións... (puñeteira manía a deste país con pedir cartos...). O que pode (e debe) facer as consellerías de turno é chegar a un acordo cos adegueiros: "se poñedes as etiquetas en galego, nós facémobos propaganda dos viños". Xa está. Non hai que dar cartos para nada.

[Hai que dar a coñecer aínda máis os viños galegos: fóra de Gaicia, nos supermercados, atopo moi poucos brancos galegos e moita cousa esteparia realmente infumable...]

Anónimo dijo...

Xa me dirá vostede se non é subvención (chámelle como lle chame) pagarlle a publicidade. Son cartos do estado para unha política concreta. Chámelles como queira, pero é unha axuda directa aos bodegueiros, non unha campaña para os bebedores.
A "cousa esteparia" ataca de novo. Hai uns ruedas caralludos por menos cartos cós viños galegos, cunha relación calidade-precio excepcional: e atrévome a recomendar hoxe domingo un Marqués de Riscal por menos de 7 euros de quitar o chapeu. Os albariños subíronse á parra (perdón polo chiste fácil) en vistas do glamour acadado (por iso venden agora botellas a 3 euros) e teñen difícil competir nun mercado digamos medio. Se o que queren é competir no sector alto e sublime, alí os riscos son maiores.
De todas formas, non sei por que me meto en camisas de once varas, se temos en conta o éxito rotundo dos viños galegos brancos fóra de Galicia, polo menos nun nivel determinado.
(Permítanme unha maldade pequeniña: co PP na Xunta).

Anónimo dijo...

Señor arume:

Hai xeitos de promocionar o viño galego sen que nos coste ren aos galegos, e sen ter que "dar" cartos. Que pasará cando xa non se dean?

A nación hai que construila desde o que bebemos até o que deixamos de beber. Retire, por cargante e deslenguado, o que dixo sobre un viño nacional galego coma o Albariño (perdón, Rías Baixas) e, please-bitte-si'l vous plâit, non mencione, e menos nesta casa determinados zumes de uva agre e matuteiros producidos na metrópole. Se quere quedar ben cos invitados, ou viño branco galego (mesmo un Valdeorras), ou algún deses viños alemás do Rhin (o avó do Albariño) ou de California (os nosos fillos malcriados).

Anónimo dijo...

E que ter´´an que ver os viños de Rueda cos galegos?
algo así como os de california cos de Indonesia.

Anónimo dijo...

Amigo anónimo.Na estantería do Supermercado están xuntos,i entran en competencia na decisón de compra do consumidor.

Fai anos,"plumas Parker" estaba á borde da quiebra.Diseñaban estratexias de competencia con outras marcas de plumas e bolígrafos.Hasta que se deron conta que estaban no "Mercado do Regalo",e cambiaron a estratexia.Cando se compra unha pluma Parkeré pra regalar,non pra escribir.Nese senso,os seus competidores directos son as corbatas,etc.En concreto,os estudos evidenciaron que o principal competidor era "mecheros Ronson".Xa me dirá en qué se parece un mechero a unha pluma.Pois sí.Desde o puinto de vista do consumidor poden ser equivalentes nun momento dado.As cousas,nos mercados,non son tan doadas de entender.
Por certo,moitas marcas de viño están tamén no "Mercado do Regalo",non do consumo directo.Non sei se o teñen claro os adegueiros.Ó mellor é nese mercado onde se pode orientar o das etiquetas en galego.

Anónimo dijo...

Paréceme ben a campaña. Por facela que non quede.

Ora ben, concordo co último post de Arume. Daquela, nisto dos viños eu sónlles ben pouco patriota. Xa dicía Castelao que a Patria non se sinte no bandullo... ou algo así.

Anónimo dijo...

Escolle un viño etiquetado en galego. Eso di a campaña. Imaxinemos por un momento que unhas cantas adegas rioxanas venden en Galicia os seus viños coa etiqueta galega (e non é moi estraño porque me consta que hai ilustradores galegos que traballan para algunhas casas da Rioxa): a miña pregunta é sinxela (e capciosa, obviamente): que prefiren un rioxa etiquetado en galego ou un mencía etiquetado en español?
Nota: como vostedes ben saben, o Eroski vende uns viños de cartón co etiquetado nos catro idiomas oficiais do Estado.

Anónimo dijo...

Que que prefiro? Pois un viño que teña unha razoable relación calidade/prezo. A partir desta sinxela relación, declárome cidadán vitivinícola aberto ao mundo e a súa diversidade lingüística.

Se está etiquetado en galego, pois moi ben, estupendo. E se está etiquetado en cantonés, pois sen problema, para qué nos imos enganar: total... para o que hai que ler!

Xaime dijo...

Unha subzona de Rias Baixas, estaba moi cabreada ca actitude que tomou o Goberno Central do PP, daquela presidido por Aznar, xa que trocara o Rías Baixas por Ribera nos actos protocolarios de tódalas embaixadas do mundo, onde se servía un viño español.
Tal acontecemento que influía notablemente no mercado, xa que amén de tómalo, nálgun caso e sobremaneira na U.E. facíase algún agasallo en forma de botella, tivo segundo os directores e analistas de mercado de Rias Baixas unha influencia negativa, polo que decidiron xogar forte e como o Goberno amigo de Fraga non facía nada, puxéronse en contacto con un partido político galego é ofrecéronlle financiarlle a campaña das pasadas autonómicas.
O resultado foi que algún se foi da lengua e enterouse Alberto Nuñez Feijoo ou outro mandamáis e o Rias Baixas voltou a ser o viño dos coctails.
Se non fora o 11-M, aínda seguiría a ser, agora é Denominación de Origen La Mancha.

Anónimo dijo...

Ao fnal ninguén se atreveu a enxuiciar os viños galegos... e mira que quixen levalos por este vieiro cos meus comentarios... pero nada!

Anónimo dijo...

Enxuizar os viños galegos é como enxuizar aos propios galegos. Hainos de todos os tipos. Poña vostede exemplos e podemos facer catas verbales por esta solaina.

Xaime dijo...

Eu gosto, e poño a mán, polo menos por dous, un ourensán e outro do Bierzo, das frescas, loiras, dozes e aromatizadas. Que tal gusto temos anónimo ?.

Anónimo dijo...

Gustos indefinidos, coma os pronomes "algo", "alguén", "algún". Empecen polas denominacións d'rixe e logo baixen cara as adegas.

Anónimo dijo...

Eu non entendo de viños.Pero pra eso teño á miña dona.Coñece as denominacios de orixe,as bodegas,as añadas.Lembra o que tomamos en tal sitio i en tal outro.En tal fecha i en tal outra.Sabe o que costan no super,e nos retauráns.É a ostia.Curioso,porque despóis case non o proba e bebe auga.Mellor pra mín,que o bebo todo deixándome guiar por ela.Collo cada unha...

Anónimo dijo...

Ola, teño uns minutos, a ver se dou metido unha mensaxe. Estou dacordo, inicialmente, con promomover a etiquetación de calquera cousa en galego, e poñendo cartos. Xa saben que, en tales cometidos, liberalismo e tendencias de mercado sonme conceptos bastante indiferentes.

De viños: hai galegos excelentes e imos a máis; o problema é que se vai a máis en moitos moitos lugares. Obviamente, o Rueda ten unha relación calidade-prezo moi superior aos das Rías Baixas: os que deben ser máis caros e prestixiosos de aló (Palacio de Bornos, colleita especial, en verdejo e en sauvignon blanc) andarán como moito a vinte euros botella, en adega; o Terras Gauda etiqueta negra, supoño que case polo dobre. E o Rueda é un viño excelente, moi gorentoso e estepario; pero fáltanlle moitas das calidades do noso: eu diría que non hai color, e de aí, en parte, o prezo.

Recomendación: alvarinhos de Melgaço e Monção, algún menos de cinco euros, e ben bos.

Recomendación bis: ollo ao Bierzo, e aos reservas que están sacando. Bodegas Peique, seica o Señorío de Tares, que aínda non lle entrei, e outros; xa que o Arume non se modera na provocación, agora provoco eu: son os tintos galegos de crianza.

Xa falamos, váialles ben.

Anónimo dijo...

Non lle entendín a provocación. E ben que o sinto, porque eu sempre entro a trapo. Debe ser o meu espíritu croqueta que me ten empanado.

Anónimo dijo...

Unha cuarta parte das adegas xa etiquetan os seus viños na lingua do país

A Asociación de funcionarios pola Normalización promociona o consumo de produtos na nosa lingua.

Redacción - 13:45 26/11/2007

Dunha ducia de adegas que etiquetaban o viño na nosa lingua no ano 2003 pasouse a 115 dun total de 440 que existen en Galiza. Este foi o resultado de moitos anos de traballo e insistencia da Asociación de funcionarios para a Normalización Lingüística no seu obxectivo galeguizador. Agora, de cada ao Nadal, pon en marcha unha campaña para fomentar entre os consumidores a compra de viño etiquetado en galego.

A campaña, co lema 'Deixa que o viño fale. Escolle un viño etiquetado en galego' aparecerá proximamente nos medios de comunicación para suxerir que se mostre o apoio aos viticultores que apostaron polo idioma, como un xeito de compromiso co galeguismo alén do ritualismo.

O secretario da asociación, Xosé González, explicou que existe unha receptividade cara a este tipo de campañas a prol da lingua porque hai unha conciencia de país oculta que hai que saber aproveitar. O galego, neste caso, é un elemento de irmandamento e non de conflito. Por iso, a intención da asociación é trasladar esta campaña a todos os sectores relacionados co consumo, pois son os consumidores os que teñen maior capacidade de decisión e os que poden marcar a pauta na normalización lingüística.

A campaña conta co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Consellaría do Medio Rural, aínda que para próximas iniciativas esperan contar co apoio doutras consellarías. A idea é estender a normalización a outros eidos do sector agroalimentario, onde se concentra unha parte importante do cooperativismo galego, uns 30.000 traballadores, segundo González.

Anónimo dijo...

Boh, se non se me pica co de bercianos-galegos, nin sequera en asunto así de transcendente coma o viño, isto perdeu metade da graza que tiña.

É certo que estou en baixa forma; e sen tempo ningún.

Anónimo dijo...

Nin siquera me din de conta. Máis provocador sería que as terras de valdeorras pediran o tránsito para a nova provincia berciana, reivindicación antiga polo caudillo aquel de tarsicia memoria e ben vista pola poboación daquelas ribeiras do sil. Pero tanto me ten: ben ve que en materia de pertenencias sonlle pouco sentido.

Anónimo dijo...

Agora entendín o obxectivo da campaña: queren aproveitar (e convirán comigo en que varía un pouco o sentido da mesma) unha conciencia de país que entenden está agochada: cito "existe unha receptividade cara a este tipo de campañas a prol da lingua porque hai unha conciencia de país oculta que hai que saber aproveitar". Ou sexa: trátase dunha campaña dirixida precisamente a aqueles que consideran importante e destacado que as etiquetas sexan escritas en galego.
Entón non entendo o lema, porque se hai conciencia disto, non fai falta convencelos de que compren o viño por estar etiquetado en galego. Vanno comprar igual.
Perdoen, en todo este caso, esta miña deformación profesional, pero sigo sen comprender a eficacia da campaña.

Anónimo dijo...

Cumplo neste mes de novembro un ano de participación neste blog. Quero darlles as gracias a todos e a todas por facermo pasar tan ben e, por suposto, ao anfitrión por organizar este tinglado para disfrute máximo de quen entramos e participamos a diario. Moitas gracias de novo. E a seguir (mos/en) así

Anónimo dijo...

É un sentimental irredento, Arume. Grazas tamén a vostede.

Anónimo dijo...

Pois vamos felicitarlle a Arume d.p.o seu aniversario no blog:

tanti auguri

Anónimo dijo...

Eu tamén fago un ano neste blog, pero tranquilos, non se levanten. Como son un lobo estepario xa oubeo eu soíño as miñas felicitacións.

Anónimo dijo...

Xa somos dous,Anónimo.Non sabe hasta qué punto me identifico coa persoaxe de Hermann Hesse,en varios aspectos.

Anónimo dijo...

Metínme hoxe a historiador de blogs,que é unha especialidade nova,e penso que localicéi o primeiro comentario de Arume Dos Piñeiros:

Baixen hasta o post "un aunténtico desatre"

Anónimo dijo...

En efecto, aínda que entrara máis tímidamente como anónimo en posts non moi anteriores. Pero cando entrou vostede por primeira vez, aquela mítica vez, que figura nos anais (con perdón) da Historia dos blogs, en que foi alcumado como o troll ágrafo? Conte.

Anónimo dijo...

Vaia.Agora inpónse un traballo de investigación pra determinar cales foron os seus comentarios anónimos anteriores.Interesante,porque ademáis é instructivo lér fíos pasados,coa perspectiva do tempo.Como lér grupos de xornáis atrasados.EU non lembro cando entréi por primeira vez.Sí lembro que entréi provocando.