6 dic 2007


Antoni Jutglar
Mestre de historiadores e de estudos sobre o federalismo en España. Lembrouno onte Bernat Muniesa en El País.

En el pensamiento de Jutglar, como intelectual crítico que fue siempre, se combinaron tanto poderosos rasgos de un cristianismo progresista como de un cierto marxismo antidogmático (en cuanto a análisis metodológico del capitalismo), y también dosis de un anarquismo de perspectivas liberadoras, crítico de la política. Por ello, fue siempre un hombre difícil de clasificar, un heterodoxo con ciertos toques unamunianos, e incluso nietzscheanos, que muchos de sus coetáneos y colegas no supieron percibir, o percibieron con inquietud. (...)
Muy polémicos fueron -y siguen siendo- trabajos suyos como la Historia crítica de la burguesía catalana, analizada desde sus orígenes en el siglo XIX: Jutglar concluyó que en los momentos clave de su historia, esa clase social, cuando ha tenido que escoger entre sus intereses económicos y Catalunya, nunca ha dudado de desertar del catalanismo y recurrir a los poderes foráneos del Estado centralista español: una elección que fue masiva al estallar la Guerra Civil. Todavía resuena el eco de Cambó desde Buenos Aires: ¡Cuideu en Franco! O queda el perfil de la figura de Ventosa i Calvell, otro prohombre de la Lliga Catalana, vestido de falangista en Burgos, la primera "capital" de los sublevados contra la Segunda República.

8 comentarios:

Anónimo dijo...

Figura realmente interesante. Achego outra referencia barcelonesa, onde el é citado.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Moi interesante esa cousa que todo o mundo sabe pero parece esquecerse da actuación da burguesía catalanista de antes da guerra afiliada o 26 de xaneiro de 1939 ás filas franquistas que baixaban pola Diagonal abaixo.

Anónimo dijo...

Sería ben, Arume, puntualizar que sería en todo caso unha parte da así chamada burguesía catalanista: a liña Lliga Catalana. A propia Esquerra Republicana de Catalunya debía ter grande apoio, tamén participación de sectores burgueses; e non será necesario evocar aquí o que lle aconteceu a Lluís Companys.

Por cuestións de idade, e ao mellor algunha outra, non debeu ler vde. Los cipreses creen en Dios, de José María Gironella; eu si, xunto coas outras dúas novelas da triloxía, Un millón de muertos e Ha estallado la paz. Peneirando o que haxa que peneirar, na primeira das novelas é ben suxestiva a plasmación ideolóxico-política dunha suposta Girona republicana e prebélica. Lliga Catalana aparece coma o que era, unha forza de dereita, diferenciada das outras polo perfil catalanista.

Anónimo dijo...

Que repouse en paz. Pero, sinceramente, non penso que nin Jutglar nin Muniesa pasen á historiografía como grandes renovadores. O peso do primeiro na historiografía catalana, e non digamos española, da súa época foi moi reducido, e a obra que se sinala como grande referencia arredor da burguesía catalana é moi inferior en subtilidade a "Industriais e Políticos" de Vicens Vives.
En fin, está ben redactar obituarios gabanciosos e sen dúbida debeu ser un carismático docente, pero Jutglar había un cuarto de século que foi historiograficamente superado.

Anónimo dijo...

Parece máis coñecida esa parte heroica da defensa do catalanismo por parte de certos sectores cá propia afiliación franquista de moitos outros, tal vez maioritaria. Ese é o matiz que eu presentaba. O outro (o asasinato de Companys) dábase por obvio.

E, como estou, xa dixen, lendo a Azaña, aforro a estampa non moi positiva que o presidente da república debuxaba de Companys.

Anónimo dijo...

A salvo do que indique o especialista (a do Isildur, por exemplo, sería matización que eu seguiría atentamente), non me parece que a maioría da burguesía catalá optase explicitamente polo franquismo, que o abrazase. Parece obvio para o máis grande capital e empresa, como tamén que outros se acomodaron e aproveitaron o novo marco en funcíón dos seus intereses de clase.

Debeu ser difícil a estadía de Azaña no Palau de la Ciutadella, presidente nominal nunha Cataluña onde o poder real debía andar -simplificando abusivamente- entre o Palau de la Generalitat e os anarquistas na rúa. Polo visto, en persoa Companys recoñecía a súa xerarquía e despois prescindía bastante dela; concepción e estratexia política, eu desde logo -agás a obviedade dun fusilamento dignamente afrontado- teño costume ou tendencia a axustar os panexíricos.

Falando de axustar, adoita ser dificilmente definible a relación Cataluña - España; especialmente espiñento cando todo o poder reside na segunda e é recente a manumilitaresca experiencia, caso do franquismo. Non sei se coñeceron aquel conto de ler en sigla a palabra FRANCO, primeiro ao revés, logo do dereito. Transcríboa aquí:

(Telegrama colectivo):
Obreros Catalanes Necesitamos Ayuda. Remitid Fondos.

(Telegrama de Franco):
Fuisteis Rojos. Ahora Nacionales. Comed Ostias.

Anónimo dijo...

Aínda non sendo especialista, como reclama Saavedra, penso que unha maioría da burguesía catalá se sumou ou se adaptou ao franquismo, por motivos diversos. E mesmo tamén sectores non desprezables das clases medias.

Hai que ter en conta a experiencia traumática sufrida durante a guerra non só pola burguesía industrial, coas súas fábricas incautadas polo poder sindical anarcosindicalista, senón tamén por amplos sectores das clases medias de orde, vendo como, ademais de sufrir moitas privacións ás que non estaban acostumados, desaparecía todo o seu universo simbólico e relacional ante o igualitarismo da revolución na rúa, que tiña, entre outros, un carácter anti-burgués (nun senso amplo) e anti-católico, ademais dunha expresión netamente represiva de todo o que cheirase a burgués. Neste sentido, a vitoria franquista foi sentida como un alivio por amplos sectores da sociedade catalá. Son significativas, a este respecto, as recentes Memorias de Esther Tusquets.

Verbo da Lliga, Josep M. Solé i Sabaté e Joan Villaroya i Font (La repressió a la reraguarda catalana, 1936-1939, Barcelona, Publicacions de l´Abadia de Montserrat, 1989-1990, 2 vols.) calculan que, de entre as 8.360 persoas asasinadas en Cataluña durante a guerra, un mínimo de 281 pertencían á Lliga de Cambó, o que significaba o 3,3% do total e o 16,5% dos identificados politicamente.

Anónimo dijo...

A burguesía catalana vinculada á Lliga optou na súa inmensa maioría, empezando polo propio Cambó, polo franquismo e celebrou como un triunfo propio a entrada das tropas "nacionais" en Barcelona.
Este é un feito que ningún historiador nega, se ben moitos o ocultan ou o colocan nunha nota a pé de páxina.