BLANCO AMOR, ENGAIOLADO
Andoliña xoves 6 decembro
Andoliña xoves 6 decembro
O martes pasado, no programa da cuarta homenaxe a Blanco Amor, organizados polo PEN Club en Auria, tiñamos un acto previsto diante da súa estatua na praza do Bispo Cesáreo (si, o mesmo bispo que denunciou a Curros). Cando chegamos aló, quedamos todos abraiados, organizadores e estudantes: o Eduardo estaba encadeado, engaiolado entre cables de luces de colores e estreliñas de nadal.
O escultor Xosé Cid, autor do monumento, xa quería escapar de alí avergoñado pola falta de respecto ó patrimonio monumental. Por sorte, a concelleira de cultura, a nacionalista Isabel Pérez, reaccionou enérxica e en menos dunha hora localizou ós culpables daquela trangallada e mandou desmontar aquela estrutura impertinente: non era o lugar, dende logo. Só lle faltaba un Papa Noel bailando ó seu carón.
A cousa deu que falar. Dalgún xeito, o Eduardo segue a protagonizar anécdotas e brincadeiras despois de morto. Un meu amigo, Xohán da Coba, vendo en positivo a cousa, di que o Blanco Amor parecía asolagado nunha esfera armilar, no centro do mundo: o ónfalos. Pero o escritor xa é centro per se, sen luceciñas decorativas. Os adobíos comerciais, se queren, mellor na fachada do Corte Inglés.

6 comentarios:
Na fotografía vense malamente as estreliñas e os atributos nadalescos. Vanme tildar de herexe pero eu concordo con Da Coba na súa mirada positiva: non me pareceu mal o choio, pero seguro que en vivo e en directo a cousa rechama ata o escándalo. O que fan as fotos.
Supoño que os psicólogos industriais atoparían unha relación directa entre o número de ventas de nadal e o emprego de todas esas técnicas tales como "villancicos" (españois) postos a toda pastilla, alumbrado especial, guirnaldas, bólas decorativas, etc. Por que será que compramos máis entre o ruído e a furia? Por que unha tenda chea de xente atrae máis compradores que outra baleira? Por que compramos mazapáns se todos sabemos que son intragábeis (aínda despois de achuchalos)? Por que Papá Noel/Santa Claus/San Nicolás ten agora unha chaqueta de cor bermella cando aparecía tradicionalmente de verde-moco (ou pistacho)? Por que se non regalamos quedamos mal e se regalamos axendas ou colonias aínda quedamos peor? Por que substituímos os menús tradicionais de nadal (bacallao, coliflor, capón) por estranxeiradas insípidas que xa non cumpren a función de "comer algo distinto"?
Pois eu débolle ser un becho raro. Porque non me gusta comprar con ruído e furia, non entro en tendas cheas de xente, non merco mazapáns, agradezo que me agasallen cunha colonia (das boas, of course) e sego comendo un menú tradicional.
As xeneralizacións é o que teñen, que só dan conta dunha parte do conxunto.
Imaxes similares:
Esta
Ou esta
Ou esta
Qué tranquiliña,lendo
EBA mirando prá lúa
moeda galega,con EBA dentro
EBA con tiracoios
EBA sacudíndose de porriba os arames
Como non daba salido,EBA sentóuse
Eiquí, o EBA é o que emite a luz
EBA-Mefistófeles
A de EBA mirando pra lúa,que da error, é esta (a ver agora)
EBA forma parte da xaula
Pois non.Está eiquí:a escultura que pón "omphalos"
Publicar un comentario