O primeiro libro en galego (enquisa e exercicio de memoria)
A propósito do indicado embaixo por "Hormiga", que afirmaba que A galiña azul, de Casares, fora o primeiro libro que lera en galego. Se lles apetece e lles parece pertinente, aquí quedan dúas ou tres preguntiñas:
Lembran o primeiro libro que leron en galego?
Onde o conseguiron: mercáronllo os pais, na biblioteca ou llo deron como lectura obrigada na escola (isto só para os máis novos, claro)?
Un libro en galego que lles agasallara un mozo/ moza en tempos arredados?
E, para os que teñan idade, o primeiro libro en galego con que agasallaron ós seus fillos?
LA BELLEZA
-
Paisaxes con música
de
Emilio Blanco "Milucho"
La belleza
Segundos fuera (1989)
*Luis Eduardo Aute*
Hace 5 días
19 comentarios:
O principiño, de Saint Exupery. Tradución: Carlos Casares Mouriño.
Lembro, si. Foi o Cousas de Don Daniel. Tería eu como 13 ou 14 anos. Foi un regalo de meu pai.
COMO CALQUER OUTRO DIA:Camilo G. Suarez-Llanos
Paisano e coñecido
Arredores, de Antón Tovar. Unha primeira edición da vella coleción Salnés, mercado na praza maior de Ourense. Unha fermosa descuberta para un mozo de Ourense do barrio de San Francisco que non sabía que aquil veciño de boina, que andaba sempre a correr detrás dun can era o grande e querido poeta Antón Tovar.
Comezando o curso 1969-70, un compañeiro de aula publicou o seu primeiro libro; miña nai deume os cartos e merqueino: Xuntos cara ó mañán, Xesús Rábade Paredes.
Crerano ou non, pero unha moza que tiven regaloume a revista Nós, os seis volumes por xunto. Certamente impresionante.
Á filla maior? Antes de empezar a ler, non lembro. Lendo, se cadra foi Polgariño.
O primeiro do que teña conciencia: Longa noite de pedra. A mín deume pola poesía (antoloxías e cousas do estilo) e polo teatro (representei de moi novo O ferreiro de Santán de Varela Buxán no papel estelar do boticario), aínda que tamén papei, a modo e a anacos, a obra completa de Castelao en Akal.
Ía poñer, porque o conservo na casa con dedicatoria do autor ("Cunha aperta do seu compatriota"), A terra prometida de Xesús Rábade Paredes que viñera por As Pontes daquela. Pero parecía excesiva precisión. E cando vexo o de Saavedra, pensei na curiosa coincidencia.
A min igual que o Saavedra, deunos clase no Instituto, Xesús Alonso Montero, polo que era moi doado que che "recomendara" libros da Biblioteca.
O primeiro libro que recordo mercar, debeu ser polo 70 foi unha antoloxía poética que alguns dos nosos compañeiros, Rabade Paredes, Dario, Xulio e Xesús Manuel López Valcarcel, Xabier Rodriguez Barrio, Antón Grande, Claudio Rodríguez Fer, etc do que seguramente XMG, que ten memoria de cabalo recordará.
Asterix e Obelix, para eles e para mín.
Os tres primeiros ,propostos por o profe que impartía un cursiño de galego, que merquei e que lin: Memorias dun neno labrego de Neira Vilas.
O porco de pé - Vicente Risco.
Origem certa do farol de Alexandría - Joam G Seixas.
Unha persoa moi querida regaloume nun Nadal, alá in ilo tempore: Unha ducia de galegos de Víctor Freixanes.
O primeiro libro foi O catecismo do labrego de Lamas Carvajal. Tíñao meu pai. O segundo, unha antoloxía poética, mercada por min. O terceiro, Percival e outras historias, de Ferrín, na Biblioteca Pública. Logo...
Agasallos de mozas? Moitos. Pero agora mesmo non lembro o primeiro (desculpas sinceras a quen corresponda).
Xente no rodicio, de Xósé Neira Vilas, emprestado da biblioteca de Monforte.
Algún dos autores que di o Xaime (non sei se todos) figuran aquí. Dese libro e outros xa se falou nesta casa.
O espello na serán, de Otero Pedrayo
Eu tamén,o catecismo do labrego. Compréino nun posto de libros nunhas festas de San Francisco. Había moitos da colección "O moucho".
Un familiar ,emigrado na Arxentina,pasaba unhos días na nosa casa,e púxose a follealo. Escomenzóu a mexarse coa risa e díxome:
-Este lévoo eu. Toma cartos pra comprar outro que eu alá non podo compralo, e tí compras outro. Mira eiquí: "Benaventurados os pobres, porque todos mallarán neles", JAJAJAJA.
Os cartos dábanme pra comprar tres ou catro. Non repetín o libro.Collín,"A caza" e non séi cales máis.
Aínda lembro algús refráns da "caza":
-Falar sen pensar é tirar sen apuntar.
-Se eu fora bó cazador
e tivera boa escopeta
cazaría unha perdiz
desas que gastan peineta.
(Este último non o entendín no seu día)
-Ben sabe o demo qué polvora gasta.
-Eu andiven moito á caza
nunca vín unha carriza
non sei se foi polos cáns
ou pola miña preguiza.
O libro tiña tamén moitos contos de cazadores, consellos de caza, fábulas, etc...
Prometo un post sobre o tema, en canto teña algún tempiño. Xa deixei un sobre primeiras lecturas por aí atrás: das enciclopedias ós tebeos. Os meus primeiros libros en galego sairon algúns, moi poucos, da casa. Outros da Auriense e logo da Biblioteca do Instituto masculino (hoxe B.Amor). Entre os primeiros estiveron o CATECISMO DO LABREGO e os poemas de ROSALÍA. Logo viñeron, de inmediato, os poemas de MANUEL MARIA e CELSO EMILIO FERREIRO, en dúas edicións portuguesas, de Razâo Editorial. E os CEN POEMAS, escolmados por Alonso Montero; FALEMOS GALEGO, de Castrelos; etc.
Nalgures debería ter aínda unhas follas con notas miñas sobre aqueles libros, arredor do 73-74, nos meus 15-16 anos.
A miña filla tivo, como é lóxico, dende que aprendeu a xuntar letras, libros en galego: imposible lembrar o primeiro. Sei que houbo moitos contos pequeniños, creo que de Sotelo Blanco, e outros de Xerais. De Xabarín case toda a colección: só leu algúns, claro. E de Galaxia, da col. Árbore e O Principiño e as Cousas de Castelao e moitos máis.
Tamén ten uns cantos dedicados, para ela (a través miña): p.ex., un de contos de ambiente cubano en galego, de ANISIA MIRANDA, mercado en Fisterra, nun verán e asinado por ela, que andaba por alí, e varios de AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ, MARILAR ALEIXANRE, RAMÓN CARIDE, XABIER P. DOCAMPO e outros.
Eu creo lembrar, pero xa non estou seguro, que o primeiro debeu ser ou ben "Longa noite de pedra" ou "Os cen mellores poemas da lingua galega", de Alonso Montero. Despois xa chegou Dieste con "Dos arquivos do trasno".
Á miña filla maior, creo que o primeiro que lle dei para ler en galego foi "¡Puag, que noxo!", un textiño moi eficaz de Fina Casalderrey, que prende rapidamente a atención dos nenos a través da atración que estes sinten polas guarradas.
Atendendo á invitación de Marcos para responder esta preguntiña:
Non lembro cal foi o meu primeiro libro en galego. Sei que houbo dende ben cativiño libros infantís galegos no meu cuarto, mais non recordo específicamente ningún. Do que si teño lembranza é dos Astérix en galego dende sempre na miña casa, pero mais que lelos, ollaba para os debuxos.
Publicar un comentario