
Cine, Cine, Cine...
Bos días estes para ver cine. Mellor, bo cine. Diario dun escándalo, de R. Eire (o director de Iris), non defrauda: pode lembrar nalgúns momentos A calumnia, de William Wyler.
Lejos del cielo, de Todd Haynes (xa a vira en DVD, revisámola en TV) non é Douglas Sirk, pero f
ai todo o posible por achegarselle. E conta con Julianne Moore, garantía de estar pegados á pantalla, creo que é unha magnífica actriz, mesmo nestes papeis aparantemente "con pouca substan cia".
ai todo o posible por achegarselle. E conta con Julianne Moore, garantía de estar pegados á pantalla, creo que é unha magnífica actriz, mesmo nestes papeis aparantemente "con pouca substan cia".E anda polos quioscos, por se alguén aínda non se decatou, unha oferta (só 10 euros) desas dúas xoias que son Million Dollar Baby, de Clint Eastwood (outra vez), e Mi vida sin mi, de Isabel Coixet: a escena en que o médico lle comunica a protagonista, sentados nun corredor do hospital, sen atreverse a mirarlle a cara, que ten un tumor, xa é antolóxica da historia do cine. Digo eu.



6 comentarios:
Nin eu mesmo faría unha elección mello! En serio, moi boa selección.
Moi condescendente coa selección o sr. gran crítico de Cahiers du Cinema. Un poquito de humildade, porfa.
O certo é que nin se trata dunha escolma sistemática. Só a coincidencia de dúas películas vistas nestes días máis outras dúas que saen en DVD e que me encantaron cando as vin. E supoño que PGV pode coincidir con eses criterios. Se a vostede non lle gusta, sr. Anónimo, qué lle imos facer!! Se quere propoña a súa "escolma": ten espazo para iso. E logo opinamos.
Unha boa oferta de kiosko é o triple dvd, con versións orixinais, de Matrimonio á italiana, Divorcio á italiana e Ciumes á italiana, por 12 euros. Marcello, Sophia e Claudia. Para pasar mellor o findeano.
O de gran crítico non iba polo señor Marcos, senón polo Gómez que dixo que nin el o podia facer millor. O da humildade era para el e non para Marcos, un tipo cojonudo.
A miña nai tivo cancer e dic´xeronllo duha forma moi animal e á CARA
Bicos YOLI
Publicar un comentario