Noraboa ás dúas alumnas do IES Blanco Amor (non teño aquí os nomes), que acudiron coa súa profesora Soedade, polo texto que leron sobre o "cabaleiro medieval" Eduardo Blanco Amor.
Noraboa a Sandra Campos e Laura Blanco, do IES A Carballeira, polo seu traballo sobre os espazos ourensáns de Blanco Amor.
Noraboa a Gabriel Gavela (fillo de dous amigos, Antón e Rita), do IES As Lagoas (que acudiron co seu profesor, Carlos Varela), polo fermoso texto, tan literario e tan crítico (coa cultura oficial), que preparou para este acto: mágoa que se escaquease e llo mandase ler a un compañeiro (despois apareceu el por alí).
E grazas a Pepe Trebolle pola súa rapidez e xenerosidade de pasarnos estas fotos (clicando nelas pódense ampliar).
Nas imaxes, da abaixo enriba: 1.A bufanda de EBA, inmortalizada en bronce por Acisclo Manzano. 2. Grupo de 2º Bacharelato IES A Carballeira, co seu profesor. 3. Intervención de Clotilde Iglesias na homenaxe. 4. De novo o grupo de A Carballeira.
31 comentarios:
Qué foto máis simpática, na que está vostede có dedo levantando, explicando non séi qué. O chaval da esquera, do fular estilo palestino, mírao con simpatía, debe térlle aprecio. Ténme pinta de ser de orixe arxentino, có cal será un trunfo pra vostede se consegue interesalo na historia de Ourense.
Xa dicía eu que o dilecto anfitrión había andar polo medio nesta literaria movida; pero na crónica televisiva non aparece. Parabén a todos.
Mágoa que o enterro do escritor non suscitase tal unanimidade na homenaxe; lembro a Manuel María como aparente único representante -sen representar- daquilo que sabemos; esquezámolo, logo, despois de lembralo unha vez máis.
Chamábase Gabriel Gavela o alumno do I.E.S. As Lagoas, non Andrés.
E o compañeiro que leu o seu texto, chamábase Iván Testa, que, por certo, leuno con firmeza, boa dicción, pronuncia precisa e voz radiofónica.
Ese apelido Gavela soame moi berciano, non é?
O pai da criatura é Antón Gavela Gesto, alpinista e naturista de nivel, ademais de curtido traballador da sanidade e, sobre todo, excelente persoa. Fora, en tempos, militante do PSG-EG.
A nai da criatura é Rita González, ensinante alentadora de proxectos educativos (fundadora do Colexio Guillerme Brown de Ourense) e hoxe orientadora nun instituto, ademais de boa rapaza. Tamén estivera, en tempos, na mesma formación polñitica.
A mín sóame un Gavela que fora concelleiro na rúa, ou no Barco.
Ese outro Gavela fora alcalde do PP no Barco, coido. Nada que ver, pois, un co outro, nin sequera familiarmente.
Alcalde? Pode ser,si.Eulogio Gavela,creo,sí.
Non. Eulogio Gavela foi alcalde pola UCD. E posteriormente concelleiro polo PSOE como independente. Falecido hai non moito tempo. Curiosamete foi fillo do último alcalde republicano do Barco, que ademáis foi perseguido. Seica é parente lonxano do Antón Gavela, pois a súa familia provén de Valdeorras.
O que eu dicía: bercianos.
Tamén é moi simpática a foto das "fotógrafas fotografadas". Da TVE en Galiza e da Voz. Veteranas as dúas,xa. Qué estarían mirando?
Das dúas fotos que son case iguáis,cal pensan que se fixo primeiro? Eu, a primeira, na que aparece Marcos có dedo levantado. Por varios motivos. O máis obvio, na outra aparece un rapá máis en primeiro plano. Tén máis senso que correra pra incorporarse á foto que pra escapar dela.
Na Primeira mirando...os biosbardos, na segunda a:Autoridade falando.
Ven imaxinado,reviseí as fotos e a do Dedo foi a primeira amigo Xoan DC
Ala outra vaca no millo !!! Os valdeorreses bercianos ???
GABRIEL Gavela: excusas, xa o corrixín, excusas sobre todo porque sabía o seu auténtico nome, pero, coas presas...
Na foto "simpática" levantando o dedo, estaba dicíndolle ós rapaces que quedaban detrás que se achegasen, porque, se non, non saían na foto. E simpática tamén a foto das xornalistas-fotógrafas fotografadas.
Sei que o propio Gabriel Gavela se ten achegado por esta casa: se o fai agora, un saúdo moi cordial e que saiba que o seu texto impresionou a moitos, así nolo repetiron pola tarde. Noraboa de novo.
Non sabía o do seu enterro, saavedra.
Eu, desde logo, téñoo moi presente. Acódome del cada vez que leo unha mala novela. Penso, daquela, "canto tería que aprender este fulano de EBA!" Logo acórdome dos 16 euros que me custou o mamotreto e mándolle recordos cariñosos ao Sindicato de Mediocres Libreiros Galego.
Vivan os bos narradores. Viva EBA, que morreu semiesquecido duns e doutros.
(Teño certa simpatía polos perdedores...). A zona de sombra, que lle chaman...
O Sindicato de Mediocres Libreiros Galegos vende unhas motos tremendas. Cres que levas unha Harley e logo resulta que nin unha puta Rieju é: todo máis, un Vespino trucado: mete moito ruído pero non pasa de 60kms/h "llaneando"...
Marcos, se coñece a Gabriel Gavela González dígalle que lle pase o seu texto para colgalo aquí nun post, porque, polo que di del, semella moi interesante e é mágoa que os demais non o poidamos coñecer.
Ademais, teño noticias de que o rapaz xa ten gañado algún concurso literario para xoves. Así que estaría ben dar aquí a primicia dun novo escritor en cernes.
Para os da cow in the corn.
Xabier Lago Mestre
Os límites xeográficos do Bierzo son máis doados de recoñecer. Estamos arrodeados por serras montañosas que marcan os lindeiros coas rexiois veciñas (Castela, León, Asturias e Galiza).
Pola outra banda, coñecemos ben os confíns do Bierzo nos distintos períodos históricos. Así, durante o antigo réxime -séculos XVI ao XVIII-, a provincia do Bierzo incluía tamén a xurisdicíón de Lucillo (na Somoza astorgana), a Cabreira Alta na gobernación da Cabreira e o norte de Valdeorras na merindade de Aguiar, mentres que restaban fóra os concellos de Laceana, Ribas do Sil de Arriba e de Abaixo (actuais municipios de Palacios e Páramos respectivamente). A posterior provincia de Vilafranca do Bierzo abranguía a comarca de Valdeorras, A Cabreira Baixa e os concellos de Páramo e Palacios, amais de terras estremas en Visuña, porto de Manzanal e Cruz de Ferro.
O pleno desenvolvemento do sistema capitalista na segunda metade do século XX supuxo a creación dunha área funcional do Bierzo que exerce a súa influencia económica sobre as comarcas veciñas, casos de Valdeorras, A Cabreira Baixa, Laciana e As Nogais luguesa. Os servizos que presta O Bierzo a eses territorios son: sanitarios, educativos, ferroviarios, comerciais, lecer e demais. Isto permítenos dicir que hai unha rexión funcional do Sil-Este que supera os límites xeográficos e históricos do Bierzo.
Esta peculiar problemática xeográfica podería reforzar as relaciois interterritoriais se se transforman as vías de comunicación de hoxe. Comentamos que a futrua autoestrada do eixo transcantábrico uniría máis Laciana e O Bierzo, outro tanto supoñería a estrada entre Ponferrada e A Seabra zamorana a través da Cabreira, unha nova oportunidade de desenvolvemento socio-económico para esta montañosa e illada comarca estremeira. O mesmo acontecería coa proxectada autoestrada entre Monforte e Ponferrada. Esta última facilitaría máis as comunicaciois entre O Bierzo e Valdeoorras, e incluso coas comarcas de Quiroga, O Bolo e Trives tamén. É dicir a rexión do Bierzo-Sil Este abranguería unha área funcional máis ampla cá actual.
Locomotora económica
O Bierzo pode facer de locomotora económica respecto de todo o espazo rexional visto. A presencia dun centro urbano forte, caso de Ponferrada, é fundamental para o desenvolvemento endóxeno de todas as comarcas veciñas, capaz de evitar as excesivas dependencias doutros centros urbanos máis alonxados. Sempre será mellor certa dependencia económica e funcional dunha cidade media, teimamos en Ponferrada, que doutras urbes como A Coruña, Vigo, León ou Valladolid.
Outra problemática interterritorial do Bierzo formula a necesidade de reforzar a protección medio-ambiental dos espazos naturais que compartimos con Galiza. Referímonos a Os Ancares, serras dos Cabalos e da Enciña da Lastra, as ribeiras do Sil, o Camín de Compostela, o Camín de inverno por Valdeorras, a Vía Nova romana que vai a Oporto, etcétera. Non resulta convinte a protección institucional destes espazos de xeito infividualizado, pola Junta de Castela e León, Deputación leonesa, o Consello Comarcal berciano ou Xunta de Galiza, por mor dos atrancos que supoñen os lindeiros interautonómicos. A dita protección medio-ambiental, así como a etnográfica ou cultural-lingüística, as vías de comunicación, a promoción turística estatal ou internacional e demais ámbitos precisan de políticas conxuntas entre Galiza e O Bierzo.
Vemos pois como as relaciois tradicionais entre as distintas comarcas do val do Sil-Este poden reforzarse aínda neste comezo do século XXI. Os límites históricos da provincia do Bierzo e os actuais da recoñecida legalmente, en 1991, como Comarca do Bierzo son superados xa pola capacidade de influencia funcional e socio-económica da nova rexión do Bierzo-Sil Este. Neste sentido cómpre establecer xa unhas relaciois estratéxicas de futuro prioritarias con Galiza, capaces de articular un desenvolvemento sostenible, coordinado e articulado para toda esta ampla rexión.
Para Apicultor: andamos na precura dese texto de GABRIEL GAVELA. Se o conseguemos, estará a disposición de todos vostedes aquí.
Which are the ones, Arume?
O artigo de Lago (que de Vieiros vén; título: "Os límites permeables da rexión berciana") é ben interesante e espero que poida conectar con sensibilidades representativas por aló. Con todo, a incidencia directa de Ponferrada como centro non sei se alcanzará a terra das Nogais, uns vinte quilómetros máis preto de Lugo, e para acó do porto.
Un amigo anónimo escribiu máis arriba "Ala outra vaca no millo !!! Os valdeorreses bercianos ???". Daí viña a transcripción do artigo de Xabier Lago en Vieiros. O que non di Xabier é se esa "comarca" sería galega, castelá ou berciana, así como comunidade autónoma e ceibe.
A mín tamén as Nogais fáiseme un pouco duro desde un punto de vista orográfico, pero tendo en conta as comunicacións, igual non tanto. Cos Ancares (ou coa metade) igual é máis evidente.
Escribín Xabier con exceso de confianza pois non o coñezo. Sírvanse sustituilo polo nome enteiro ou polo apelido.
Entendo que Lago Mestre (xa unha morea de anos representando a galeguidade lingüística aí ao lado) non propón tanto institucionalizar unha comarca coma establecer sinerxias -síntoo moito, tiven que empregar o palabro- entre o Bierzo e maila Galicia oficialmente definida.
Non sei como está a estrada que vai de Piornedo a Suárbol e Valouta, pero dáme a impresión de que tampouco non debe ser moi doada a conexión; de Doiras a Vilafranca, estando relativamente preto, moi fácil tampouco non era. Así e todo, a relación, intercambio, etc., non é que sexa posible, é que se resulta útil e beneficiosa a xente farao e as institucións terán que seguilo.
O Bierzo galego? Tempo e veremos. Dáme a impresión, con todo, que -sen contar o histórico e cultural- podería haber máis base sociolóxica para iso (agora mesmo) ca para unha unha Valdeorras llïonesa que seica reclama algunha instancia; polo menos, nalgún foro internético algo se le de vez en cando.
Alégrame moitísimo saber do interese que teñen vostedes neste meu texto. Agradézollo moito. Xa ten o texto o meu profesor Carlos F.Varela e el mandarallo, segundo me dixo, ao Sr. Valcárcel.
Espero que gusten do texto. Mais a ver se debido a esta situación de espera vanse crear expectativas que logo non sexan acadadas.
Sería para min un pracer que o texto suxerira críticas ou opinións enfrontadas, pois xa o escrito foi redactado, en parte, con ese fin.
Graciñas outravolta.
Un saúdo.
Non se preocupe, amigo Gabriel, que de seguro que o seu texto será abondo suxestivo e, desde logo, ha de estar moi ben escrito.
Para dicir tonterías e obviedades xa están outros. Véxase, como exemplo, a seguinte declaración: "Eu non fago literatura galega, fago textos de Xurxo Borrazás".
Debeu quedar herniado de tanto darlle ao caletre para chegar a esa conclusión. Nivelazo o que se gastan algúns novos escritores!
Tranquilo, gabriel. Xa me encargo eu de poñer a parir o texto, cando o colgen.
Apicultore: hai un sitio no inferno para vostede (tamén hai outro para min, pero espero que estean en andares diferentes)
Perda coidado, Swann, que de que esteamos separados no inferno xa me encargo eu. Teño relación directa e permanente co meu íntimo amigo Satán.
Veeeñaaa.Non se alporicen...
Poreilles minipisos a todos.
Asdo. SATAN
Publicar un comentario