O ROTEIRO CARLOS CASARES EN FOTOS (grazas, Trebolle)
A crónica do acto en La Región (na versión en papel inclúe un plano)
Nas fotos de Trebolle pódese recoñecer, entre outros, a Cristina Berg, Javier Casares, Xoán Fonseca, Ana Carballal, Xoán Fonseca, Iago Martínez, Miguel A. Murado (Fundación Casares) e Fernando Román.
Nota: os risos da primeira foto, a máis inferior, teñen explicación: iniciamos o Roteiro coincidindo con todo o barullo dunha voda en Santa María Madre. Case nos botan a nós arroz tamén.
17 comentarios:
Non está mal a crónica de EL PAIS.
Case me quitástedes o protagonismo da miña boda, cago en vós.
O Román, o máis "peito de lobo", sen bufanda nin gorra, coa camisa aberta. A gorra do Fonseca, auténtica, sen "capar" e todo. Se algún día a subasta nalgún acto benéfico, eu puxo por ela o primeiro.A Concha, con gafas e plumífero azul, parece soportar bén o frío. Non me extraña: na súa Viana do Bolo natal, fai moito máis frío no inverno. É mestra de galego na E.O.I. Leva pouco en Ourense, e xa está en todas.
E o Bouzo, con bufanda verde, gorra e gafas.Mira onde vai estar. Outro armadanzas.XDD. Foi colega do Pepe Blanco en tempos estudantís. Ai qué carallo.
Nada, nada. As guías turísticas que inclúan eses roteiros nas súas páxinas. E Marcos, facendo de guía. Non sei se terá problemas de incompatibilidade. Pois entón, xa saben os do BNG onde poden emplear outro "trifásico".
Simpática Cristina Huete coa súa crónica da "liturxia". Convertido eu xa en "sacerdote", terei as portas do ceo medio abertas, non?
Xa me rín eu tamén coa palabra, esta mañá. Era mellor "sumo sacerdote".
Onte estiven lendo unha novela inglesa, "Moonstone". Na india colonial, unhos ingleses roubaran un valisoso diamante dunha estatua sagrada. Os sacerdotes que a custodiaban viaxaron a Inglaterra, pra recuperalo, deixando mortos etc, hasta que a pedra volvéu ó seu sitio.
Imaxinen o argumento: Unha mafia americana rouba unha estatua ourensá pra vendela a un goberno corrupto. O Sumo Sacerdote Marcos Valcarcel, O Fonseca, O Etxe, con pasaporte falso entran nese país e rematan por recuperala. Escollan o estilo: Ian Fleming, Leslie Charteris, Frederick Forsyth, John Le Carré...
Ei quí está a novela esa:
A pedra-da-lúa
Vostede i eu temos as portas medio abertas polo nome que temos: Somos tocaios de dous dos guionistas da película. Non sei se estarán de folga eles tamén.
Agora que din o de medio abertas. O outro día unha xenialidade da ministra de Educación. "Cando nós chegamos, a situación era a dun vaso medio baleiro; agora o vaso está medio cheo. Velaí a gran diferencia."
E quedou tan pancha. Ou tan Merce.
Non mo creo, arume.
Sería de por máis.
Debe querir decir que o vaso se está enchendo, en vez de valeirándose.
Medio lleno
Fíxome, amigo Etxe, buscar a frase e, ademáis, dubidar. Pero velaí con outra expresión (admito), pero non dirá que invento:
P. Ministra, ¿el vaso está medio vacío?
R. ¿El de la educación? Medio lleno. Estaba medio vacío hace nada. Podemos seguir llenándolo.
Tamén pode ser que o facundo Juan Cruz fora responsable da frase. Escribir tanto e de tantas cousas é o que ten.
É o que ten a retórica de arquivo. Dispor permanentemente de repertorios, e a falta de tempo como realidade e coartada, levan a que a xente repita, non imaxine. Tampouco non sei se a Mercedes Cabrera é unha eminencia expresándose.
En efecto, non é difícil atopar en eminencias a frase esa de que a situación deu un inesperado xiro de 360 graos. A tópica invade as nosas cabeciñas cos miolos atrapallados.
Seguro que Da Coba sácalle punta (con perdón, á vista da pluma de Feijoo) a ese movemento circular.
O dos 360 graos igual o dín adrede. Parece unha daquelas frases dos tratantes das feiras, que parecían decir unha cousa e decían a contraria, pra engañar ós paisanos.
A mín o que máis me manca nos oídos é cando dín: A "tónica dominante" na reunión foi tal...
Hai máis aiquí , do castelán
Publicar un comentario