Este é o Roteiro Casares, tal como o propuxen no Simposio e como se desenvolveu onte. Queda sobre a mesa a súa posible oficialización (agardemos que o Concello sexa receptivo).
1. Liceo Recreo Ourensán
A súa segunda casa en Ourense. Encontros do Liceo. Os faladoiros e os amigos.
Espazo clave do Ourense do século XIX estudado por Casares: Curros Enríquez, Xoán da Coba. Estatua pendente de XDC, empeño persoal de CC que o concello rematou por non facer.
2. Antigo Pazo do Bispo (hoxe Museo Arqueolóxico)
Na Praza Maior.
Escenario posible de Ilustrísima.
3. Rúa da Paz / Lepanto / Praza do Ferro
Dende o Museo ata a moi achegada Rúa da Paz (antiga Rúa dos Zapateiros). Casas de Otero Pedrayo, Vicente Risco e Xoaquín Lorenzo. Biografías casarianas de Otero e Risco. Deus sentado nun sillón azul.
Moi perto, na rúa Lepanto, casa natal Eduardo Blanco Amor e en fronte, redacción O Tío Marcos d´a Portela, a quen Casares dedicou algún estudo.
Na Praza do Ferro, casa de Florentino Cuevillas, a quen CC admiraba como escritor e investigador.
4. A Revista Nós (antiga casa, hoxe só placa, na rúa de Santo Domingo)
Antiga redacción de Nós e despacho Vicente Risco, que coñeceu CC. Estudos sobre a revista Nós e a súa época.
5. Ubicación da casa natal
Antiga casa, xa derruída, á altura de Cardenal Quevedo, 10 (hoxe Mobles González). Primeiros anos. Casa grande, con oratorio incluído e horta por detrás (ata a actual Valle Inclán), segundo nos contou Javier Casares. Alí estivo os primeiros catro anos de vida.
6. Café Parque
Núcleo de faladoiros ó carón de Risco e grupos intelectuais de Ourense, tantas veces recreado nos seus artigos dos xornais.
7. Antiga sede da Libraría Tanco
Paseo fronte Goberno Militar. Libraría progresista e galeguista da posguerra (Carlos Vázquez). Lugar de traballo do poeta Antón Tovar: o modelo, triste, dun escritor para o primeiro Casares. Moi perto, fixemos mención á placa que marca o local da antiga Sala Auria, memoria sentimental da cidade (aínda que Carlos non era moi bailón, seica) e case enfronte a casa do escritor José Luís López Cid, con quen tamén tivo amizade.
8. Café Miño e La Región.
Núcleo de faladoiros ó carón de Risco e grupos intelectuais de Ourense. Vicente e Antón Risco, Xocas, Trabazo, Gimeno, Manuel Luís Acuña, etc.
Moi perto, máis abaixo, a antiga sede do xornal e libraría de La Región, onde empeza a publicar Casares xa nos anos 60. Tamén traballaron alí, como redactores, Fernández Ferreiro e Arturo Lezcano, e o que foi editor e o seu amigo, Luís Mariño.
9. Cardenal Quiroga (e regreso final ó Liceo)
Restaurante San Miguel (unha das súas entradas): núcleo de homenaxes ó propio Carlos Casares (organizada polo Clube Cultural Alexandre Bóveda) e doutros a figuras da cultura ourensá nas que el participou como os irmáns Quesada, o poeta e compositor Manuel de Dios e ó escultor Buciños.
Moi perto, na mesma rúa, o café restaurante La Mejicana: José Suárez e Antón Risco.
Tamén nesta rúa estivo o cine Mary: Xornadas de Cine das Nacionalidades e Rexións, nas que participou CC.
Outros espazos posibles. Seminario de Ourense. Os cines. Radio Ourense (rúa das Tendas). O derruído Volter do Tucho na praza do Eirociño (Risco e os artistiñas).
34 comentarios:
Mágoa que, por un imprevisto, non me puidese achegar para participar no nutrido grupo que fixo o roteiro casariano o sábado pola mañá, tal como era a miña intención.
Os meus parabéns aos organizadores do congreso, e un saúdo especial para Marcos Valcárcel, Cristina Berg, Xavier Casares, Miguel Anxo Murado e o gran Xoán Fonseca, que están nas fotos.
Coido que a cidade de Ourense ten, por moitos motivos, unha importante débeda con Carlos Casares e que sería de xustiza que o concello oficializase o roteiro e o sinalase debida e dignamente.
Sería tamén un motivo máis para incentivar as numerosas excursións de centros de ensino de toda Galicia que xa acoden a Ourense para facer o roteiro d´A Esmorga, iniciativa na que tamén tiveron un papel sobranceiro Marcos, Afonso Vázquez-Monxardín, Manolo Figueiras, Benito Losada e demais amigos do xa inexistente Clube Cultural Alexandre Bóveda.
Parabéns, pois, a todos.
Non é por nada e non quixera molestar, pero facer ese roteiro de forma exacta conleva a entrada nos restaurantes e cafés respectivos, con xantar, cafeses e tertulias correspondientes. Pero ben vexo polas fotos que tomaron vostedes o frío invernal de decembro. Tamén eu agardo que o Concello non só sexa receptivo senón que pague polo menos as copas. Porque está ben sermos culturais pero non a costa de morrer xeados.
Unha vez máis, Arume pon os puntos sobre os is. Súmome á súa moción: que o concello pague as copas ou, cando menos, os cafés.
A parte da ruta que pasa por bares aínda hoxe existentes, fágoa eu moitas veces. Quizáis demasiadas, en opinión do meu fígado.
Qué encanto a sá do Café Parqué onde se reunía esa xente! Cantas tardes oíndoos falar. Sentábame discretamente entre os curiosos que miraban unha partida de xedrez i escoitaba de paso o faladoiro na mesa do lado. Eles apenas reparaban nun rapá novo, salvo cando non tiñan parexa pra xogar ."Rapá, sabes xogar ó xedrez?. Xógame unha mentras espero por estes carallos que non veñen". Mal imaxinaban quén me ensinara a xogar,xa de bén neno. Se o souperan, non arrancarían con celadas básicas.
O Anton Tovar, sempre metidiño naquela habitacionciña, ó fondo á esquerda, da que será sempre, na miña memoria, "A Librería" por antonomasia: "Tanco". Cantos cartiños de neno, adolescente, xoven, adulto, quedaron alí...
O rótulo de madeira do "Voltaire" téno colgado o "Manoli", no interior do seu mesón, ó lado mesmo. Rescatóuno do edificio en ruinas. Tamén había murales acolloantes e moitas frases con firmas célebres nas paredes. Verdadeira "literatura mural". Moitas foron fotografadas polo "Pichi", que tiña outro bar ó seu carón (aínda existe con outro propietario), antes de que derribaran e restauraran o edificio.
Radio Ourense,na rúa das tendas."Pregúntale a Alicia",moito me gostaba. Vellas instalaciós ás que eu fun de neno, por encargo de páis e abós, pra encargar "Dedicatorias". O meu abó non sabía o título das canciós , entón tiña que escribir un estribillo ou frase característica prá que o encargado soupera a cál se refería. "San Pedro como era calvo le picaban los mosquitos...". Como ría o condanado! Cunha mau apuntaba, con outra cobraba, e con outra cambeaba o disco en antena. Pioneiros da radio. Xa falóu o XM Glz deso.
E desde, logo o cadro con toda esa xente no comedor da "Casa de María Andrea", na mesma plaza, digno de ser visitado. Cantas veces como eu na mesa pra un só comensal que hai mesmo debaixo!
Trabuquéime. A habitación do Tovar en Tanco era no fondo á dereita. Sería un acto fallido?
Os tempos cambiaron? Agora non parece que os creadores estean en contacto os uns cos outros, e co resto da cidade, como o estaban antes, por medio de faladoiros, en cafés e librarías
Agora están en contacto por internet.
Coas suas ventaxas e desventaxas.
Hai quen fala xa do grupo xeración da Solaina.
Unha das ventaxas é poder codearse con grandes firmas. E unha das desventaxas é ter que codearse con calquer pelagatos coma mín.
Como dixo aquel conferenciante: É unha sorte pra mín estar con vostedes hoxe. I é unha desgracia pra vostedes estar hoxe comigo. Non sei se quería decir ó revés.
Fai anos, unhoa amigos meus discutían:
-Onte ceéi en moi boa compañía. Díxolle o outro:
-Eu ceéi en mellor compañía ca tí.
-Que non, que a miña compañía era mellor.
Mediéi pra que non chegaran ás maus.Eles dixéronme: Onte ceamos xuntos.
Parabéns (anque tardíos) para os organizadores/as de tan xusta e merecida homenaxe.
Unha fonda aperta desde o mar fisterrán.
Modesto Fraga
Contáronme que unha vez os "artistiñas" pegaron con pegamento unha moeda na praza do Volter. Desde a barra ríanse da xente que pasaba e pretendía collela. Pero un velliño sacóu unha navalla, despegóuna e levóuna. Cando marchaba coa moeda no peto volvéuse cara os artistiñas que o miraban desde a porta. Fíxolles un xesto obsceno coas máns e berróulles: "A mín non me fodedes!".
Por aquí ideamos un itinerario para o gran Carlos, mentres noutro recanto da xeografía do país se entregan os GaliZa Crea (de novos creadores) ou se falla o Rosalía de Castro de Cornellà...
Feliz estoupido cultural, non si?
Se non me fan a estatua, disfrázome eu de mín mesmo, e ando paseando por Ourense adiante.
Na cidade inglesa de Rochester, nestes tempos de Nadal, hai unha festa na que a xente se disfraza de persoaxes de Dickens. Dickens "inventóu" moitas das "tradiciós" navideñas de hoxe.
Quén se anima a facer unha comparsa con persoaxes ourensáns da realidade ou da ficción? Eses roteiros sí que serían divertidos se os asistentes foran caracterizados de persoaxes de Risco, Blanco Amor, Casares, etc...XDD
Pois eu tamén lamento ben non ter ido por imponderables da administración. E tamén lamento que non me entrase un correo que mandei hai días.
Felicitaba a Marcos, dicía que xa iría ao roteiro cando se oficialice e daba outra idea para seguir atraendo a rapaces a facer desta unha cidade dublinesamente roteirada.
Otero: Casa da rúa da Paz, Fonte da Praza do Ferro, Lepanto, Catedral por medio,-santo cristo, xirola, pórtico do paraíso- Praza da Fonte nova, baixada ao espolón da Praza maior polas escaleiras de Sta. María Madre, Colón ata IES do Xardín, Xardín do Pousío, progreso ata Alameda de Arriba -Estatua de Concepción Arenal- Av. Pontevedra, Sta. Eufemia -onde se bautizou-, Paseo, Cardeal Quiroga- sede do PG Eirociño dos Cabaleiros... etc.
E propoño outra "peformance": Unha comitiva que, de noite i en silencio, coma se fora a "procesión dos caladiños" devolva unha réplica en cartón pedra da estatua de Pardo Bazán ó seu emplazamento orixinal, na data axeitada.
Os norteamericáns, que apenas teñen historia, son nembargantes moi aficionados a esta clase de cousas. Os rapaces estudarían a Historia con outra actitude, se se involucraran na organización desta clase de eventos, e se tiveran que informarse e investigar pra que foran un éxito, mesmo mediático.
Conceución Arenal, quererá dicir Sr. Da Coba.
Se eu fora concelleiro de cultura, xa lle estaba encargando ó Marcos unha seleción de feitos históricos ourensáns pra seren representados dese xeito. Editando un libriño con traxes de época pra cada un. A xente aficionaríase a confecionar eses traxes, coma fan os peliqueiros ou as pantallas carnavalescas, pra participar. Nada de facelos o concello: A xente verdadeiramente interesada faríanos eles de boa gana. O concellopode regalar o libriño, que tamén pode incluir detalles históricos. Moito máis bonito e participativo que o festival de cine dos collós.
Ops.Tén razón, etxe. :P
Pois pasado o tempo, creo que se estivo mal a sacada de Concepción Arenal do vello lugar,como estivo, si serviu para civilizar un pouco as contornas do Palacio de Xustiza e por muller e xurista non está mal lonxe da lei.
Alí, na Horta do Concello, a fonte dá un pouco de frescor no verán, e a Estatua no fondo da Habana, ten rotonda e pedestal para verse... como ten que ser... ¿Imaxinan vostdes o Padre Feixó a pé da xente e sen a sombra da pluma que de pequenos ollabamos?
E el non estarían mellor os cabalos de Oliveira na entrada de Vigo con dous metros de pedestal? Eu creo que si.
Eso que co do colegueo actual, hai castañeiras, leiteiras, raileiros, e vai ti ver que máis...
O feito de que EU non sexa concelleiro de cultura non quita que non podia facerse igual, ollo. XDDD. Xa coñecen a diferencia entre "implicación" (Si...entonces...) "doble implicación" (...Si, e sólo si....) XDDDDD
E queda moi bén esa estatua pra cando hai partido Madrí-Barsa ou se decide a Liga.
Explíquelle o da sombra da pluma do creador do "Teatro Crítico" á xente non ourensá, Etxe, faÇa o favor...XD
Eu agobiado a preparar conferencias e vostedes tendo aquí un agradable faladoiro: volverei a noite para lelo máis de vagar...
A proxección da sombra da pluma que o Sr. Feixoo ten collida con descoido á altura da entreperna, ou a propia imaxe a contraluz, fai que pareza que o crego está, con perdón, tocando o carallo. E nós, de pequenos, riamos.
Pero tamén hai unha sombra na Quintana, dun lugar onde acaba o cabo do pararraios, que parece un peregrino axoenllado, con chapeu e todo...
Pero a nosa é máis auténtica, e menos mexapías -ou chupacirios, como dirían en américa.
¿Á xente non ourensá?
¿Pero en serio que hai vida por aí fóra?
Xa o dubido eu. Con eso está todo dito.
O Etxe ven de abrir outra liña de traballo: As sombras das estatuas.
Tódolos obxetos proiectan sombras diferentes según cal sea a direción da incidencia da luz. Fai anos lín un interesante artigo: o reló de sol DIXITAL. Tratábase de diseñar un obxeto tridimensional de tal xeito que a medida que o sol se movera, a sombra fora proiectando as formas dos números. (A comprensión total do artigo manexaba conceptos da "teoría de fractales" e da "lóxica borrosa").
Quén sabe si certos escultores coñeros non diseñan xa as estatuas pra que proiecten sombras obscenas, etc, como brincadeira. Imaxinen un conxunto escultural que a determinada hora de determinado día do ano proiecte nunha parede unha sombra que diga: Estatua Prevaricada, ou algo así.XDDD
Flipo. Fai anos que lín o artigo, e o aparello xa foi fabricado:
Pinchar
Sr. don Xohan:
Vostede estudou, seica, no Cisneros, no IES As Lagoas, xogou ás cartas con Risco, coñece a moitos dos que andan por estes lares, como ben nos ensina coas fotos, etc. Desaxustes cronolóxicos impídenme acreditar na coherencia de toda a información que nos proporciona.
Creo que está construíndo moi ben o personaxe; ganduxando por aquí e por alá, botando os "señuelos" dos submariños e dos avións israelís -que iavé acompañe- para que sigamos pistas falsas...
En fin, voulle propór ao noso anfitrión Marcos facer un "Roteiro Xoan da Coba", non do que papaba moscas abrindo a boca no escaparate do alfredo romero, nin do do Trampitán... senón de vostede. Inventémoslle nós un pasado, uns escritos, apropiémonos do seu personaxe... Tocamos a inmortalidade....
Esculpir sombras co sol en espazos amplos... na zona da Torre de Hércules... Planos de aceiro cortén recortados...
Proxectar diapositivas na néboa...
Facer música dos ecos do Canón do Sil...
Queda moito por facer...
Todo isto, etxe, é un "experimento sociolóxico-literario", nacido da "vontade de estilo", que racha cos "xéneros literarios e mais os outros" e totalmente fóra do "Sindicato Labrego Literario" oficial.
En realidade, Xohán da Coba é unha loira de bote, aínda de bo ver, que verniza unllas na coiffeur da rúa do (...)
Para cando o premio da crítica para a solaina? Ou a medalla de ouro de Ourense, que non hai cousa máis redundante?
Eu esixo a cota alicuota que me corresponde da devandita medalla, das entrevistas prao terebexo d'Aurens e do papel couché que se mova.
Nunca puden decir que xoguéi ás cartas con Risco, sobre todo tendo en conta que non sei xogar ás cartas, XDDDD.
Esta noite soñéi có Xocas de Cisneros. Debéu ser a conta de falar onte dos relós de sol dixitáis. Lembréi soñando que unha vez faláranos dos QUIPOS dos incas, e do un misterio do seu funcionamento.Agora mesmo estóu analizando as posibles relacións dese trebello có cálculo dixital, con novas ideas suxeridas polas verbas do Xocas, lembradas vívidamente durante un sono tantos anos despóis.Curioso.
Nas Lagóas tamén deu clase López Cid. Abría o libro de língua española por calquera sitio, leía un párrafo calquera i empezaba a desbarrar, normalmente cuestiós de etimoloxía. Eran bén interesantes as cousas que decía, pero o alumnado "desconectaba" deseguida facendo crucigramas e cousas así. Agora penso que estaba de volta e que sabía que,aínda que fixeran crucigramas nas súas aulas, o subconscente dos alumnos retería as súas sabias palabras aportando un coñecemento máis importante có análisis morfolóxico ou sintáctico da oraciós usadas na "jerga dos pedantes" (a expresión non é miña).
Non sei que vos parece pero podería resultar interesante incorporar ao Roteiro Casares o lugar no que estivo ubicado o Cine Barbagelata, na rúa do Paseo. Na novela el situábao "extramuros" da cidade pero certamente estaba no mesmo centro.
Pero a rúa do Paseo non estaba "Extramuros"? Chamade ó Bande ou ó fillo do Anselmo L. Moráis pra que no lo aclare. Ou ó propio Anselmo que, coma cronista oficial, debe sabelo. Ou a ese amigo do Etxe que facía pintadas e cuio pai tamén foi cronista, seguro que tamén o sabe.
Publicar un comentario