UN ESCAPARATE CHEO DE LIBROS
Andoliña venres 14 decembro
Corría o ano 1967. Xavier Carro e Carlos Casares ían cara a Facultade, cando ían a clases, e cruzando a Rúa do Villar compostelá pasaban por diante da Libraría Porto. Carlos Casares queda apampado diante do escaparate, supomos que ben fachendoso: está todo el cheo de libros galegos, presididos por unha bandeira galega, en concreto do seu primeiro libro de relatos, esa marabilla que se chama “Vento Ferido”.
Contou a anécdota onte Xavier Carro no I Simposio sobre Carlos Casares e contou tamén o ambiente do faladoiro daqueles mozos que sempre estaban a falar de libros, ademais do seu compromiso político: fixos eran Casares e Carro, e Luís Mariño e Fernández Ferreiro (“Pepiño de Ramuín”). Ás veces andaban por alí tamén os artistas Xulio Maside e Ventura Cores e o profesor Benito Varela Jácome. Os do PCE facían faladoiro aparte, detrás deles.
Todo ese mundo está no substrato de “Xoguetes pra un tempo prohibido” e do mesmo fixo o profesor Carro, que tamén formou parte del, unha magnífica análise. E dos libros que lían: ademais dos sempre citados (Kafka, Proust, etc.), autores dende o Juan Goytisolo de “Señas de identidad” ata “La edad prohibida” de Torcuato Luca de Tena.

7 comentarios:
¿Xavier Carro o de "As calexas do Cigurat"? Magnífico libro. Máis que recomendable. Pensei que andaba por Levante. (Se non o é, publicito a outro Xavier Carro...)
A anécdota do escaparate é preciosa.
Non sei quén me contóu unha experiencia semellante, ó ver o seu primeiro libro nun escaparate. Nese caso era só un exemplar. Pero parecía encher todo o espazo, deslumbrando cun aura especial,a rúa, a cidade, o mundo, o universo enteiro.
(Aquel libro tan especial e luminoso habería que poñelo nun pesebre, escoltado por un boi e unha mula).
Que sentirían vostedes ante un escaparate cheo de exemplares do libro, por exemplo, "Camino" ?
Yo me derretería del gusto. Y si hay una foto del autor se me caerían las bragas a plomo.
Unha pregunta que me corroe a ialma: foi "Xoguetes pra un tempo prohibido" escrita ex-profeso para tentar gañar o importante premio que gañou?
Para R.R.: Xavier Carro estivo estes días connosco e é un tipo fenomenal, a súa contribución ó Simposio foi fundamental. Vive en Alicante (o ano pasado fun alí convidado por el) e como profesor xa case emérito da Universidade. Xa xubilado, hoxe ten outro Lector de Galego no seu departamento.
PARA EX-CONCURSANTE:
"Xoguetes..." foi unha novela decisiva na vida de Casares e naceu moi á marxe do premio citado. De feito é case unha rendición de contas existencial con certas cuestións da súa vida, da súa familia e do nacional-catolicismo imperante.
Teño notas sobre todo o Simposio, que me gustaría colgar aquí, sequera fragmentariamente. Pero cando poida: esta semana foi imposible, tres ponencias seguidas (luns, xoves e mañá luns de novo). Bastante fixen con achegarme ó blog de cando en cando...
Publicar un comentario