Xa que abrimos o caixón das fotos...
Mediados dos 90, creo. Entrega duns Premios Losada Diéguez en Boborás. Creo que os premiados eran Fran Alonso e Xosé M. Núñez Seixas. Na foto, pódense recoñecer, de esquerda á dereita: Xoán Fonseca (máis delgadoque nunca), ó seu carón o delegado do F. Polisario en Galicia (creo), Benito Losada (agachado), Concha Costas, a concelleira de cultura, Fran Alonso, M.V., Xosé M. Núñez Seixas (coa garabata vermella), César Ansias (detrás) e Afonso Monxardín.
4 comentarios:
A ver agora se non equivoco o post. A concelleira de Cultura chámase Elisa e xa estivera na corporación como oposición, cando Pachi decía daquel alcalde (que era mestre) que non "daba posto un corcho a flote". O que está detrás creo que tamén era concelleiro, pero non lembro agora o nome.
O lugar é na Almuzara?
Non séi se coñecen ese municipio, de Boborás. Se van por ali, pregunten e visiten un puebliño que se chama "San Bartolomeu", no fondo do val. Paradisíaco.
Que eu lembre, na foto estamos diante dun restaurante que está no centro do Carballiño, onde era a comida oficial do premio. Lembro tamén que ó carón noso comeu un grupo grande de pescadores que tiñan algún certame ou cousa así...
O esclavo
Publicar un comentario