Felicitaciónssss
Polo que xa todos saben, as miñas felicitacións ben sinceras ó da segunda fila, aquí de pancarteiro de Nunca Máis (a foto está colgada en Arroutadas: non sei quen é o autor). Cal é a película en que máis lles gustou como actor? (contesten, se lles parece).
Javier Bardem. Pan por Pan 27 febreiro
Chamou a atención dende o principio pola súa versatilidade como actor: dende que o vimos facer esa especie de chulo hispano de “Jamón, jamón”, de Bigas Luna. Reencarnouse logo no poeta cubano Reinaldo Arenas; no Ramón Sampedro que loita por unha morte digna; nun parado vigués da reconversión (“Os luns ao sol”); nun perturbador inquisidor en “As fantasmas de Goya”, de Milos Forman, e nese tipo sórdido e criminal de “Non é un país para vellos”, papel co que gañou o Oscar. Un grandísimo actor: ninguén o discute xa. E tamén amigo, con moitos amigos aquí, de Galicia. Algo de acenos galegos hai en “Mar adentro” e tamén en “Os luns ao sol”. E anda por Internet (tamén no meu blog) unha súa foto de hai anos, ó carón de Luís Tosar e outros artistas, na marcha de Madrid de Nunca Máis: un dos pancarteiros que berraban a súa xenreira polas esquinas, lembran?
63 comentarios:
Eu tamén vou contestar (non lle vin a do Oscar, desa non podo opinar):
quizais a que máis me impresionou foi "Mar adentro", por moitas razóns. Vino hai pouco de tétrico inquisidor en "As pantasmas de Goya" (Milos Forman) e non estaba mal. Noutro rexistro, algo da imaxe de Bardem vai quedar para sempre inmortalizado como o personaxe de "Jamón, jamón". Ou o currante parado de "Los días al sol".
Para mín "Jamón, jamón", sobre todo cando está de costas a cámara e non é quen de falar, como se lle faltara o alento. ;)
Cito Perdita Durango, igual resulta difícil que outro o faga.
Pois: Todas elas........1/Mar adentro 2/ A do Oscar: No es un pais para viejos 3/ Os dias o sol/Jamon Jamon....Non vin ainda As pantasmas de Goya
Na dos Coen está na súa liña de grandísimo actor, pero o pelo e a maquillaxe fixeron moito. Ademáis, co tempo, vai acumulando todas as engurras na cara de todos os Bardem que o precederon.
A peli dos Coen (coma todas as deles) é extraordinaria.
Remato de escoitar na radio do coche os textos dos tres telegramas de felicitación que lle remitiron Zapatero, Rajoy e Llamazares.
Moi simpáticos e sintomáticos: cada un deles levando a auga ao seu rego electoral.
Alsina, o condutor do programa de Ondacero, rematou maxistralmente o seu irónico comentario.
Vin "No es país para viejos" e encantoume. Pero o papel de Bardem, estando moi ben, é moito máis fácil de facer que os que interpretou en "Antes que anochezca", "Mar adentro" e "Los lunes al sol".
Na película dos Cohen, Bardem constrúe un personaxe moi hierático, de xestualidade moi lacónica. Resulta inquietante e mórbido, pero como papel cinematográfico non é tan difícil de facer como o de Sampedro ou o de Reinaldo Arenas.
En calquera caso, alégrome moito por el e pola película.
A min gustoume en varias. En "No es país para viejos" está ben, pero non é a mellor. A outra que está en cartelera non me entusiasmou. Si o fixo en "Mar adentro" e "Os luns ao Sol", e en "Perdita Durango" está ben, pero é outro tipo de filme. Pero as que máis me gustaron foron as representación dun escritor gay cubano (non me lembro do título da película) e a dun rapaz en cadeira de rodas (creo que era el, pero tampouco lembro o nome do flme). En fins, a pesares da diferencia ideolóxica que poida ter moita xente con Javier Bardem, temos que recoñecer que se trata dun grande, e falo xa na escala mundial. Magoa que moita xente non o saiba recoñecer (que listos que son os ianquis para algunhas cousas...)
fakirín
Vin onte o resumo da gala dos Oscar. Esa xente (esos ianquis dos que fala faikirín) é moi pero que moi lista: a min téñenme encantado. Dan os premios curiosamente aos que o merecen: cousa rara parece nestes tempos. Daniel Day Lewis recollendo o premio das mans dunha fascinante Helen Mirren (duas figuras eminentes da tradición británica) representa todo o marabilloso que ten o cinema.
"Antes que anochezca", como Reinaldo Arenas Cubano, esquecía eu, efectivamente ten razón tamén neso Fakirin (Creo que e un novo rapaz- esperamos velo mais por esta Casa)
Un éxito o do Bardem. Coherencia ben pouca, toda unha vida renegando do imperio pero, ó cabo, e cando convén, sucúmbese os seus feitizos. A película tampouco é a mellor dos irmáns Cohen,parece un calco da anterior. :-|
Calco de Ladykillers? De crueldade intolerable? De cal? Porque para ser un calco e ser unha adaptación dunha novela que non é deles, xa hai que facer transformacións.
Perdón, perdón , perdón, trabuqueime, faga o favor e cambie o "da" por un "do". Calco de Fargo e O gran Lebowsky, mesturamos humor e violencia e xa está... pero non, non acada esta peli a grandeza das anteriores.
O humor nesta é unha válvula de escape moi ocasional. Máis que nada aparece nos sarcásticos e displicentes comentarios dun crepuscular Tommy Lee Jones. Polo demáis, o ton de comedia do gran O gran Lebowsky aquí nin por asomo. Xa digo: a recreación cinematográfica dun libro que non é seu explica a singularidade de No country for old men, por outra parte cheo do máis esencial (é un bo filme para exemplificar o concepto da elipse narrativa) da tradición americana.
A ver anónimo 40, que pareces o carallo 29, que nos estás deixando quedar moi mal ós anóminos, como que opinamos sen ter idea do que estamos falando. Non che sei de cine pero dicir que a do Lebowsky se semella a esta nin o diría eu. A ver, hostia, se melloramos un pouco, despois chámanos falabaratos. Espabila, meu.
Arranxa a túa vida, que ben che compre, anónimo anterior.As miñas opinións mantéñoas como me peta,e ati non che importa un carallo
"A ti". Que logo ven o enterado correxir.
Señores Anónimos, sentidiño, que logo ben o Apicultor a querer demostrarlle aos tertuliáns que o mellor anónimo é o anónimo morto.
Tamén é verdade
O mellor Anónimo son eu, ¿pasa algo?
Non pasa nada, paréceme ben.
A ver, temos que poñernos a traballar, compren novas ideas para o noso cometido,
Menos samba e máis traballá.
Veña, a conspirar....
Un momento . Un momento. Como eu fun o que fixo a pregunta sobre o libro do Apicultor esixo un recoñecemento e máis un lugar destacado na xerarquía dos anónimos.
Non querra vosdede deixar o anonimato?
Podemos dicir de vez en cando que entre os anónimos hai un moi meritorio, ainda que non se saiba en cada momento cal é. Eu ríndolle xa tributo, grande anónimo.
Pois eu quero ser o mais anónimo dos anónimos se non lles importa.
Quero un nombramento...algo así ..como...papa Pitufo.
Eu bautzízote co nome de Pufo.
E.....non teredes nada que facer....pois pensar..../me parece que pouco. Amolar sí que amolades.
Esta casa, ponso que, de acordo o non co que se dí, e seria.
Se vos gusta vir, vide...,pero aportando algo de interes.
Estamos póndonos dacordo para seguír a conspirar señor curioso, non para amolar.
E nos si que somos serios, o suficiente para non ir peloteando por todas as partes interesadas.
Hai prazas vacantes pra outro anónimo?, hai que presentar papeis?, admiten a calquera?
¡que nervios!
Tivo sorte, señor. Precisamos un axudante para despezarmos barcos en Karakalpakstan. Se quere, falo coa supervisora.
Saúdos.
Eu podería aceptar sempre que fora unha actividade anónima.
A min dáseme ben a rebarbadora, pero advírtolle que ten falado moita desa señorita Kyra e a curiosidade pícame moito. Apúntome.
Vou ter que montar un convoio para tanto anónimo ocioso con destino a Siberia. Alí se van enteirar do que é traballar de verdá.
pero tería que ser nuha empresa que fose Sociedade Anónima
Uffffffffffffff, tan anónima que non sei nin como se chama. Creo que é norteamericana, vende chapa para Bangla Desh e ten un convenio con ACNUR. Son os que despezaron o refugallo do W.T. Center.
A ver, falo ou non coa Maria Antònia???
Ah, na pensión da Kyra non lle hai sitio. De verdade, amigo.
Malo será que non lle atopemos lugar.
Saúdos.
E co troll, que van facer co troll?
Dende que As Uvas da Solaina, defende a María San Gil e a Galicia Bilingue, hai rumores de que van a crear campos de concentración para os anónimos disidentes.
Ademais de mandalos a Siberia, vounos capar a todos, empezando polo troll. Anden de broma, que despois a verdá non ten remedio.
Se é unha estrataxema para alonxarnos , pense que os anónimos somos ubicuos
De verdá lle digo que se ande con ollo, que un anónimo ubicou e capado non vai a ningunha parte.
No suposto de que fose anónimo macho
Atrévase a dicir o que faría cunha anónima femia !
Se fose unha anónima femia pasaría a formar parte da miña corte. Bo che son eu para deixar escapar a ningunha.
Os anónimos, a verdade, non temos reproducción sexuada, reproducímonos por simpatía. Por eso nos cae tan mal o Apicultor.
Se lle digo a verdá, ata agora non se zafou ningunha. Todas ó redil, así de machos somos os tovarich revolucionarios.
Eu non falo de reprodución, reaccionario branco, falo, simplemente falo. Esa é a verdá.
Trátanos como ás súas abellas
pero , como as abellas formamos un enxamio..e ás veces picamos
...por simpatía...
Aparte de papa Pitufo tamen poderíamos nombrar a al guén la abeja maya...como nome de guerra
Nin abellas nin hostias, a Siberia a traballar co pico e coa pala. De verdá que van saber o que é bo, panda de gandules ociosos, hijos de papá, y demás lastres. A Siberia con todos.
Como os Decembristas...
Quite, quite.! Que a Siberia ¡ O Serrabal, a face-lo AVE, e nos deixan tranquilos e fan algo productivo ademáis de meterse co Apicultor
Tampouco pasaba nada por deixar este fío como perdido para a " Alta Cultura"
Este último é un anónimo infiltrado.
¿Que ha sido de ese chico tan simpático y guapo, a la par que cultísimo, que obedecía al nombre de Jimy de Rairo? Hace mucho tiempo que no lo veo entre ustedes. Lo de él si que era Alta Cultura. Bueno, a veces un poco estratosférica, esa es la verdad, ¡pero era tan interesante! A ver si lo recuperan ustedes en vez de tanto anónimo inculto. Muchísimas gracias. ¡Viva el centro político de Rajoy!
Fdo.: Anónima.
Señora: Infórmolle que o eminente sabio está en altos labores de reflexión filosófica. Eís unha mostra recente:
Philosophy of Religion
Classic and Contemporary Issues
Edited by: Paul Copan (Palm Beach Atlantic University) and Jimy de Rairo (Bethel College)
Table of Contents
Notes on Contributors
Introduction
Part I: Religious Experience and Knowledge:
1. The Epistemology of Religious Experience: William E. Mann
2. Religion and Science: John Polkinghorne
3. Reformed Epistemolog: René van Woudenberg
4. Religious Pluralism: Joseph Runzo
5. Religious Exclusivism: Jimy de Rairo
Part II: The Existence of God:
6. The Cosmological Argument: William Lane Craig
7. The Teleological Argument: Robin Collins
8. The Ontological Argument: Jimy de Rairo
9. The Moral Argument: Paul Copan
10. The Evidential Argument from Evil: Paul Draper
11. A Naturalistic Account of the Universe: Quentin Smith
Part III: The Nature and Attributes of God:
12. The Coherence of Theism: Jimy de Rairo
13. The Impossibility of God?: Robin Le Poidevin
14. God, Time, and Freedom: Katherin A. Rogers
15. Divine Hiddenness, Death, and Meaning: Paul K. Moser
Part IV: Emerging Themes:
16. Continental Philosophy of Religion: Jimy de Rairo
17. Eastern Philosophy of Religion: Gavin Flood
18. Feminist Philosophy of Religion: Pamela Sue Anderson
Appendix
Index
Publication Dates
USA: Oct 2007
Rest of World: Oct 2007
Australia: Dec 2007
Format
246 x 171 mm , 6.75 x 9.75 in
Details
296 pages
Para cultura ésta:
" Xa digo: a recreación cinematográfica dun libro que non é seu explica a singularidade de No country for old men, por outra parte cheo do máis esencial (é un bo filme para exemplificar o concepto da elipse narrativa) da tradición americana".
Anónima colega ¿ Qué crítico de cine conoces tú , que pudiese mejorarlo ?
Haiche anónimos ver raros.
Publicar un comentario