18 feb 2008


DIÁBOLOS, CILINDROS, CAMPÁS…
La Región 18 febreiro. Imaxe: As Tres Gracias, 1530, de Lucas Cranach O Vello.

Tallas. Como vostedes xa saben, hai uns días o ministerio de Sanidade presentou o primeiro estudo antropométrico da poboación feminina feito en Europa. Disque as tallas habituais da roupa das mulleres non se corresponden en moitos casos coas súas formas naturais e afírmase que o 41 por cento das españolas tiñan problemas ata agora coas tallas da roupa. Os consumidores aplauden a medida e o estudo será enviado agora á industria téxtil para que adapte os deseños á realidade. Oxalá sexa efectivo: iso favorecería a todos, fabricantes e consumidores. O estudo tamén esculcou na relación das mulleres co seu corpo e concluíu que a maioría están bastante satisfeitas, agás un tramo da adolescencia (16 a 19 anos). Preocupante pode ser constatar, á vista doutros problemas ben coñecidos, que o 70 por cento das mozas cunha delgadeza severa están en cambio moi satisfeitas co seu corpo.
Morfotipos.
O citado estudo, realizado con datos de máis de dez mil mulleres de todo o Estado e presentado polo ministro Bernat Soria, tamén establece tres morfotipos dominantes na poboación feminina do noso país: os chamados cilindro (medidas de peito, cinturas e cadeira similares); diábolo (perímetro de peito e cadeiras simétrico e cintura máis estreita) e campá (dimensións de peito e cintura semellantes e as cadeiras máis anchas). Os nomes dos tres modelos molestaron nalgúns sectores: eu, ignorante destas cousas, non sei de onde os sacaron, pero supoño que será unha terminoloxía habitual ó respecto. Tamén dixeron que o modelo cilindro abrangue ó 36 por cento das esculcadas, sendo dominante nas mulleres máis novas; un 39 por cento veríanse retratadas no modelo diábolo, con máis presenza entre os 30 e os 60 anos, e un 25 por cento, no modelo campá, que é o maioritario entre as mulleres de máis de 60 anos.
A beleza na Historia. Eu non sei nada disto, repito, pero creo que ninguén debera sentirse molesto coa nova taxonomía. Porque nada hai máis variable na historia que o propio concepto de beleza e diso falamos hai unhas semanas neste recuncho. As mulleres de Rubens seguro que caían no morfotipo cilindro, incluída a encantadora Helena Fourment, a súa segunda esposa, que tiña 16 anos cando casou co gran pintor barroco e que tantas veces lle serviu como modelo nos seus cadros. O mesmo pasaría con moitas mulleres retratadas por Durero ou por Tiziano. En cambio, serían consideradas anoréxicos algúns corpos esqueléticos que representaban o ideal da beleza para Jan Van Eyck no século XVI. Cando retratan mulleres que representan grandes virtudes (Eva, a prudencia, a xustiza, etc.) autores como Lucas Cranach ou Hans Baldung Grien escollían corpos máis ben redondos, con barriguiñas prominentes e amplas cadeiras, na liña do morfotipo campá. Estes artistas europeos, en cambio, pintaban a Morte (no topos das Tres Idades, por exemplo) cun corpo esplendoroso digno dunha modelo de hoxe na Pasarela Cibeles. En fin, que non se contenta o que non quere.

26 comentarios:

Anónimo dijo...

Entre os homes está ben claro que as tipoloxías, entre outras, poden ser:
Bocoi
Pinabeto
Filusmia
Trompo
Táboa de lavar.

Anónimo dijo...

Non sei como fixeron selección das modelos de talla; pero unha filla miña caeu dentro de tal selección, e a partir de tal deume a impresión de ser seria. Esperemos que dea bos resultados.

E para homes, ¿onde queda aquel corpo triángulo?

Anónimo dijo...

No aspecto físico,quédome coa taxonomía de Arume d.p.Pero psicolóxicamente,vostedes non coñecen aínda a figura do "metroemocional" ou estas outras:Casatus,etc..

Anónimo dijo...

Da interesante taxonomía descuberta por XDC, con qué tipo se sinten máis identificados?

1.- Homo Escapatus: Se pasa la vida seduciendo mujeres sin dejarse atrapar por ellas.

2.- Homo Atrapatus: Tiene alrededor de 50 años y final cede a las presiones de la mujer.

3.- Homo Casatus: En lugar de divorciarse se consigue una amante.

4.- Homo Asustatus: No quiere escaparse y por miedo termina casándose con la mujer equivocada.

5.- Homo Mariposatus: El bello, con novias por todas partes, que atonta a sus presas con facilidad (parecido al escapatus pero con más glamour).

6.- Homo Florerusatus: Narcisista obsesionado con el aspecto físico.

7.- Homo Sacrificatus: El tipo que necesita una mujer por quien sacrificarse, cuando en realidad es él, el que necesita desengancharse de la necesidad de ayudar al resto.

8.- Homo Amantis: Como amante es fabuloso, pero como marido un desastre.

9.- Homo Damiselatus: Seduce pero no asume las consecuencia del juego de seducción, es el hombre más afeminado.

10.- Homo Re-evolutionatis: El nivel anterior al metroemocional.

Anónimo dijo...

Ou sexa que xa non hai homo erectus? E o ecce homo? E o homo homini lupus?

Anónimo dijo...

Non se escaquee e defínase.

Anónimo dijo...

Eu,por identificar,identifícome có Escapatus. Pero ser, o que é o ser, creo que son o Atrapatus.

Anónimo dijo...

LEAN,LEAN:

Anónimo dijo...

Si eres campana ¿dónde está el badajo?
Si Pirámide andante vete a Egito,
Si Peonza al revés trae sobrescrito,
Si Pan de azúcar en Motril te encajo.

Si Capitel ¿qué haces acá abajo?
Si de disciplinante mal contrito
Eres el cucurucho y el delito,
Llámente los Cipreses arrendajo.

Si eres punzón, ¿por qué el estuche dejas?
Si cubilete saca el testimonio,
Si eres coroza encájate en las viejas.

Si büida visión de San Antonio,
Llámate Doña Embudo con guedejas,
Si mujer da esas faldas al demonio.

Marcos Valcárcel López dijo...

Magnífica e máis que oportuna inserción aquí, por parte do quevediano ARUME, dos versos do poema "Mujer puntiaguda con enaguas". Pero pediríalles a todos, nestes casos, que non esquezan citar o autor dos mesmos: hai xente que me comenta que os contertulios damos moitas cousas por sabidas e non todo o mundo coñece ben a obra de Quevedo,supoño.
O xenial poeta, unha vez máis, adiantouse ó seu tempo e ó estudo do Ministerio de Sanidade, ben se ve.

Xaime dijo...

Seguindo a terminoloxía acuñada por Médela, son un home ex-erectus, prior-bacus, posterior nullus.

Anónimo dijo...

Don Xaime, vostede desculpará, mais... En román paladino, cal era a súa actitude no que respecta ao uso do lecer focalizado ás barcas 'voladoras'???

Vostede ía ou non nas voladoras... E... Como??... En plan Ícaro??... De paquete??... Non gustaba delas??... Non lle deixaban subir os donos das barcas??... Desculpe, mais estes pormenores son importantísimos.

E que non dou entendido a súa explicación, amigo don Xaime.

Un respectuoso e intrigado saúdo.

Xaime dijo...

Xúrolle que non-o entendo. Eu só expliquei a taxonomía na que me sinto máis cómodo.

Anónimo dijo...

Don Xaime: Eu non fago idea do que é a taxonomía... Soy chatarrero.

Saúdos.

Anónimo dijo...

Coido que o Xaime quería en realidade referirse a mín ou a Arume d.p. cando nomeóu ao Medela.

Xaime dijo...

Están todos errados.
Quixen facerlle unha pequena homenaxe o único que traballa deste blog co moderador que é o Sr. Medela.
Se vostedes se decatan puxen ex-erectus, como o ex-Mar de Aral, ex barco, ex chatarra, ex o carallo bendito.

Anónimo dijo...

Xaime: que fai que non está agora mesmo co grande Ferrán Adrià esfericando o esfericable.

Xaime dijo...

Meu Ben querido Arume: Sabe perfectamente que me encantaría estar co Ferrán pero teño entre máns algo que soa así "Resío, Inexistencia. Servidume de Tellado e de Luces. Actos de mera tolerancia que non é precisamente unha reducción de vodka da ex URSS (adicado a Beria de Siberia)

Anónimo dijo...

Homo Mariposatus fun de mozo:
gustaba solazarme nese luxo.
Constataba tamén o gran influxo
do home Florerusatus no meu gozo.

Andando o tempo fun Homo Escapatus,
mais de Amor e Fogar eu carecente,
decateime do feito fefacente
de mellor facerme Homo Casatus.

Homo Amantis fun daquela, sumiso
aos aforros, ao tresillo, ao estatus.
Mais á noite rompía o compromiso,
investíame de Homo Malcasatus.
E agora, xa aos cincuenta, non remiso,
son homo plenamente Namoratus.

Anónimo dijo...

Versión definitiva, corrixida polo autor:

Homo Mariposatus fun de mozo:
gustaba solazarme nese luxo.
Constataba tamén o gran influxo
do Homo Florerusatus no meu gozo.

Andando o tempo fun Homo Escapatus,
mais de Amor e Fogar eu carecente,
decateime do feito fefacente
de mellor facerme Homo Casatus.

Homo Amantis fun daquela, sumiso
aos aforros, ao tresillo, ao estatus.
Mais á noite rompía o compromiso,

investíame de Homo Malcasatus.
E agora, xa aos cincuenta, non remiso,
son Homo plenamente Namoratus.

Anónimo dijo...

Que xente máis lista
mi madriña.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Eu, se mo permite, amigo Leituga1, propóñolle un verso final así
"Homo son plenamente Namoratus", máis acaído á beleza heroica do último endecasílabo.

Anónimo dijo...

Acéptolle de boa gana a suxestión, Arume.

Anónimo dijo...

Para completar a taxonomía compre que definan as características do Homo Namoratus.
Tamén se podería engadir outro tipo: Homo "A cara de pretender nunca se lle volveu ver" ( ó latín traduzan vostedes que saben mellor cá min) predecesor do Homo Malcasatus.

Anónimo dijo...

¿Pode valer "Homo Escaqueatus", Doniña?

Anónimo dijo...

Pode, pode, Sr.Leituga, pero no me sexa pillabán que vostede, se quixera, podía facer outra lectura.